27 Novembro 2006

CELTA 1-ZARAGOZA 1


Pinto, Ángel, Placente (Gustavo López, 46), Tamas, Contreras, Iriney (Perera, 76), Oubiña, Aspas, Nené, Cannobio (Jorge Larena, 75), Baiano.

Novo encontro como locais e nova decepción. É verdade que enfronte estaba un grande equipo que ocupa actualmente postos de Liga de Campións, pero non é menos certo que tamén xogaron boa parte do encontro cun xogador menos e para nada acusaron os maños esa inferioridade numérica. Unha vez máis, o noso equipo atopouse cun resultado adverso tralo tanto visitante ó pouco de comeza-lo partido, e foi Baiano no minuto 52 quen puso as táboas definitivas no marcador ó aproveitarse dun erro do gardamallas rival. Como xa aconteceu en moitos encontros do presente campionato, o Celta rematou con xogadores tocados. Desta volta foron Iriney e Placente os que tiveron que retirarse do campo con molestias, pero segundo semella, o vindeiro xoves tanto o un como o outro poderán estar a disposición de Vázquez para a importantísima cita europea. Outra nota negativa que nos deixou este encontro foi a expulsión de Gustavo no treito final do encontro, o que lle impedirá viaxar a Mallorca o vindeiro domingo.

26 Novembro 2006

NÚMERO DE CONTA CCCP


Quen quera colaborar cos celtarras represaliados, o número de conta do CCCP para face-lo ingreso de cartos é
2080 0077 13 0000213787

MATERIAL SOLIDARIO


Dende o encontro deste domingo, estará á venda diverso material solidario para recadar cartos para os compañeiros de Celtarras pendentes de xuízo. Animámosvos a que merquedes as nosas rifas, colantes, cd´s de música, e demais material que iremos sacando en breve para apoiar ós nosos amigos.

24 Novembro 2006

VICTORIA EN VIGO, EMPATE EN PALERMO

As contas semellan claras para o noso equipo na procura da vindeira fase da UEFA. Gañando ó Fenerbahçe en Balaidos o xoves qe ven (todos ó campo!!!!!!) e logo sacando un empate na cancha do Palermo, o Celta estaría clasificado independentemente dos resultados que se dean no Eintracht-Newcastle da vindeira xornada e no Fenerbahçe-Eintracht da derradeira.

Pero ademais desa combinación, o noso equipo tamén pasaría o corte con outras, pero neses casos dependendo dos resultados que se produciran neses outros dous choques. Así, o Celta tamén podería clasificarse cun empate ou mesmo unha derrota en Vigo e posterior victoria en Italia, ou gañando en Vigo e perdendo en Palermo; pero con esas tres posibilidades, estariamos sempre a expensas desa carambola. O que sí está claro, é que con dúas derrotas ou dous empates, quedamos tirados.

O mellor é deixarse de lerias e ir a por esa única combinación gañadora. Vencer en Vigo ó Fenerbahçe e sacar polo menos un empate en terras sicilianas. A tarefa semella complicada, pero nen moito menos é imposible.

NEWCASTLE 2-CELTA 1


Esteban, Ángel, Placente, Yago, Contreras, Iriney, Oubiña, Nené (Gustavo López, 74), Aspas, Cannobio (Jorge Larena, 86), Baiano (Perera, 61).
Con esta derrota, ó Celta non lle queda outra que vence-lo vindeiro xoves ós turcos do Fenerbahçe e como mínimo empatar en Italia, á espera doutros resultados. O único dado positivo, é que o Celta todavía depende de sí mesmo, e inda que a cousa non semella doada, neste intre non dependemos de resultados de terceiros. O encontro da semana próxima en Balaidos será a vida ou morte, toda unha final.
Pese ó tempraneiro gol de Cannobio (o número 100 do Celta na copa da UEFA) ós 9 minutos de xogo, nesta ocasión o Celta estivo bastante espeso e moi pouco atinado no seu xogo. A actitude dos xogadores neste encontro en nada semellouse á amosada no encontro de Coruña, o que favoreceu que un Newcastle que apenas fixo nada por gañar, e que nen moito menos era superior técnicamente, se levara os tres puntos e acadara deste xeito a clasificación automática para a vindeira fase. O segundo gol inglés a pouco máis de cinco minutos para o remate do encontro foi, unha vez máis, a balón parado. É unha mágoa que co 0-1 no marcador o Celta non tentara chegar máis á meta rival, porque de seguro que algún gol máis sí que puidera ter caido ó noso prol. Pero o feito, feito está, e agora xa non caben lamentacións do que puidera ter pasado, e só queda pensar no vindeiro encontro.
No outro encontro da xornada, o Fenrbahçe venceu por 3-0 ó Palermo. Con estes resultados, e cos ingleses xa clasificados, as dúas plazas restantes de clasificación quedan moi abertas, con 3 puntos para Fenerbahçe e Palermo (o único dos catro que todavía ten que descansar) e Celta e Eintracht cun punto cadanseu. As dúas xornadas restantes serán Celta-Fenebahçe e Eintracht-Newcastle o vindeiro xoves, e palermo-Celta e Fenerbahçe-Eintracht en decembro. Prométense emocións fortes.

23 Novembro 2006

SANCIÓNS

Segundo publicaban hoxe en diferentes xornais, as persoas identificadas o pasado domingo en Riazor polo lanzamento de cadeiras e outros obxectos dunha bancada a outra, así como polo apedreamento dos autobuses nos que se desplazou a totalidade da hinchada céltica (os dous de Celtarras chegaron intactos a Vigo, sen ningunha das súas lúas rachadas), serán castigados con importantes multas económicas e prohibicións para entrar en recintos deportivos en varios meses. En canto ós enmarronados célticos, desta volta non hai ningún do noso grupo, xa que ninguén de Celtarras foi identificado polo mero feito de que pola nosa banda non se lanzaron nen botellas nen cadeiras contra siareiros locais. De feito, tamén lamentamos o lanzamento desas cadeiras contra os nenos que se atopaban na bancada inferior, que tal como sinalabamos na nosa crónica do encontro, son bastante pesadas e ben puideran ter consecuencias graves de coller desprevenido a alguén. Os da Federación de Peñas, que tanto nos teñen criticado en moitas ocasións (con comunicados inclusive, en plan víctimas do terrorismo e todo) deberían controlar máis á xente que mete nos seus autobuses. Houbo ata quen lanzou un bote de fume, pero o que non entendemos é para que o encendeu minutos despois do remate do encontro, e cando o estadio estaba xa baleiro.
Dito isto, aproveitamos tamén para sinalar que nos parece lamentable a actitude de moita xente (xornalistas incluidos), que sen ter nen idea de quen se adicou a arrincar cadeiras e lanzalas, rápidamente sinalaron con dedo acusador a Celtarras como artífice dos incidentes. No Faro de Vigo podiamos ler o luns que se identificara a un siareiro céltico por lanzar cadeiras, e que éste era supostamente celtarra. Pois vai a ser que non, e cando a policía xa tivera que intervir na bancada, nós estabamos todavía retidos nos nosos autobuses nos exteriores de Riuazor. Impresentables, tanto o suposto xornalista como o panfleto para o que escribe.

20 Novembro 2006

CORUÑA 0-CELTA 1


Pinto, Placente, Ángel, Contreras, Yago, Iriney, Oubiña, Aspas (Jorge Larena, 90+) Nené, Cannobio, Baiano.

Por segundo ano consecutivo, o Celta conquire levarse os tres puntos do estadio coruñés, grazas esta vez a un gol de Nené no minuto 73 de encontro ó culminar un contragolpe levado a cabo polos nosos xogadores. Pese ás numerosas ausencias, o Celta voltou a amosa-la súa faciana máis seria como visitante, que xa lle supusera con anterioridade sendas victorias en Tarragona, Bilbo e Madrid. Dos 16 puntos cos que conta o Celta agora mesmo, 13 foron colleitados lonxe de Balaidos.
O encontro non tivo moita historia, algo habitual nun encontro de máxima rivalidade como é éste. O Celta semellaba ter controlado o encontro en todo intre, mentres o Coruña non daba unha grande sensación de perigo ante a portería defendida por Pinto. É imposible destacar a un xogador céltico por enriba dos demais, xa que en xeral todos rendiron a un grande nivel.
O Celta estivo arroupado por algo máis dun milleiro de siareiros, moitos deles compoñentes do noso grupo, que como é costume tiraron do resto do persoal desplazado ata Riazor. Boa animación pola nosa banda, e achegamento dos xogadores célticos á nosa zona á conclusión do encontro para agradecernos o apoio durante os 90 minutos de xogo.
Nas rúas herculinas producíuse o típico lanzamento de pedras contra os autobuses procedentes de Vigo, coa conseguinte rachadura dalgunha lúa, pero sen afectar gravemente a ningún dos ocupantes déstes. Dos dous autobuses levados por Celtarras, ningún sufríu desperfectos, e ó contrario que en tempadas anteriores, foron os dous derradeiros buses en acceder ó campo. De feito, cando se produciron os primeiros lanzamentos de obxectos (que saíron na televisión), os nosos membros atopabanse todavía no interior dos autobuses, mentres que nalgún xornal como o Faro de Vigo xa identificaban ó detido como suposto celtarra. Como informadores, un cero, mais como inventores non son nada malos.
Nas propias bancadas houbo intercambio de agasallos entre as dúas hinchadas, inda que a peor parte levárona os locais, e sobre todo os das bancadas inferiores, que continuamente recibiron o impacto de botellas de cristal, cadeiras e outros obxectos. Por certo, que o golpe que se levou algún debeu de ser bo tendo en conta o peso das cadeiras de Riazor, bastante pesadas e nada semellantes ás lixeiras de Balaidos. A policía levouse a varios mozos célticos durante o encontro por suposto lanzamento de obxectos.
Tralo encontro, a retención dentro da bancada de tódolos anos, tempo que se aproveitou para que algúns seguiran arrincando e lanzando cadeiras, estoupando algún que outro petardo, e ata botando un bote de fume que foi a parar ó mesmo córner.

18 Novembro 2006

SORPRESA DOS BLUES

Os membros do grupo ultra máis importante de Galiza, os Riazor Blues, van levar a cabo con motivo do derbi de Riazor un tifo que segundo eles será espectacular, e que servirá para conmemora-lo seu 20º aniversario. A saber con qué nos sorprenden esta vez os nosos amigos do norte, e xa estamos impacentes por velo, porque estes son dos típicos que, inda que custe crelo, sempre se superan a sí mesmos. Supera-lo da pasada tempada será difícil, pero sabemos que poden facelo. Nós confiamos neles. ¿Farán un resumo dos seus 20 anos de existencia?. Pois entón, ata podían facer unha escolma das súas mellores imáxenes con célticas, sváticas, rojiguarras e demais parafernalia empregada nos seus anos mozos, dos que, como se ve, están tan orgullosos e dos que non renuncian en absoluto.

17 Novembro 2006

A SEMANA DE CELTARRAS


Tralo Celta-Recre do pasado domingo en Balaidos, dende diferentes medios xornalísticos da nosa cidade, tanto radiofónicos como prensa escrita, falouse e eloxiouse a actitude do noso grupo durante o encontro, onde como é costume nos malos intres, nunca deixamos de alentar ós xogadores célticos mentres unha boa parte do estadio optaba por asubiar ou marchar do campo. O feito de que varios xogadores do equipo recoñeceran a nosa laboura sobre o propio céspede (con agasallo de camisolas incluido) influíu en que se destacara máis que nunca a nosa actuación. Durante días pasados, puidemos escoitar frases como que son os que máis animan, merécense un 10, xa pode ir perdendo o celta por 7-0 que animan ata despois do partido, que o resto da afición tome exemplo deles...

QUE VEN O CLÁSICO

Dous días quedan para o primeiro clásico galego da tempada, no que o Celta contará co apoio de máis dun milleiro de siareiros nas bancadas de Riazor. A pesares da hora do encontro, da proximidade da viaxe a Newcastle e o custo da entrada, o noso colectivo ten prácticamente cheos os dous autobuses reservados. Isto, sumado ós membros do grupo que tamén se desplazaran nos autobuses da Federación de Peñas, fará que Celtarras sexa unha vez máis a peña celtista con maior representación na cancha do eterno rival. Os que queirades mercar material do grupo, poderedes facelo antes de partir para A Coruña.
No aspecto puramente deportivo, o Celta chega a Coruña con numerosas e importantes baixas, sendo a máis dolorosa a de Gustavo López, que ó igual que na tempada pasada tampouco poderá pisa-lo céspede herculino, pese ás ilusións que tanto el coma nós tiñamos postas en que puidera recuperarse a tempo da lesión que o ten no dique seco dende fai varias semanas, e dese modo reaparecer este domingo. A única nota positiva semella a recuperación de Placente, que con toda seguridade será da partida. Haberá que agardar ó derradeiro intre para saber se as molestias que arrastran Oubiña e Iriney non lles impide disputa-lo encontro. A priori, os servizos médicos do clube apostan por que sí poidan estar a disposición de Vázquez.
O once titular que se nos ocorre é o formado polo gaditano Pinto baixo os paus, con Placente, Ángel, Contreras e Yago en defensa, Oubiña e Iriney como pivotes, e Nené, Cannobio e Baiano como atacantes, coa dúbida de Aspas ou Jorge Larena para o posto que queda. Os outros profesionais do primeiro plantel disponibles para este partido son o porteiro Esteban e Perera. O resto da convocatoria completarase con xogadores do Celta B. Neste senso, o canteirán Jonathan Vila xa foi convocado en varias ocasións en encontros oficiais durante a presente campaña.

14 Novembro 2006

CELTARRAS VIAXE A CORUÑA

Finalmente, a viaxe de Celtarras sairá por 30 euros viaxe máis entrada. Os que xa pagáchedes a viaxe ó prezo anterior, recuperadedes a diferenza de cartos no autobús durante a propia viaxe. Ademais, estase a cobrar 5 euros (voluntario) para realizar unha barra libre de cervexa como en anos anteriores.

Para anotarse, no bar de costume na rúa Falperra. PRAZAS LIMITADAS.

13 Novembro 2006

CELTA 1-RECREATIVO 2

Pinto, Aspas, Contreras, Tamas, Ángel, Oubiña, Iriney (Perera, 77), Núñez (Guayre, 16, Jorge Larena, 82), Cannobio, Nené, Baiano.

O Celta toca fondo en Balaidos. A cuarta derrota ligueira en cinco partidos disputados como locais encenden tódalas alarmas, xa que non é normal acadar únicamente 3 puntos de 15 posibles en Balaidos, cifras típicas dun equipo que estea a loitar por non descender. Únicamente os 10 puntos colleitados lonxe de Vigo, onde só coñecemos unha derrota no mesmo número de partidos, fan que o equipo non estea nestes intres afundido na táboa clasificatoria.

Desta volta, o Celta pecou unha vez máis dos males que ven arrastrando noutros encontros da presente tempada no noso campo. Poucas ocasións ante a meta visitante, falla de ritmo e actitude en moitas fases do encontro, e unha defensa que volta a ser un auténtico colador á hora de defender xogadas a balón parado, e que propiciou que unha vez máis o equipo rival se adiantara no marcador deste modo.

A afición non é quen perde nen gaña os encontros, pero a patética hinchada céltica contribúe en grande medida en causarlle unha grande dose de nervosismo e ansiedade ós xogadores que en nada axuda ó equipo. Conscentes do difícil que é acadar unha victoria na nosa casa, os siareiros deberían achegarse a Balaidos cunha actitude ben distinta, e dispostos en todo intre en empurrar ó equipo para adiante, pero partido a partido demostran todo o contrario, e hai unha maior disposición a asubiar ós nosos e aplaudir os goles dos contrarios. Salvo Fondo e unha boa parte de Marcador, o resto de bancadas caracterízanse precisamente por todo iso, inda que nelas tamén haxa excepcións que se empeñan en animar e non caer no absurdo que é porse en contra dos nosos propios xogadores. Se tan descontentos están, que se queden na casa e punto.
Á conclusión do encontro, a xente seguíu alentando ós xogadores dende a nosa zona, o que motivou que Pinto reclamara a presenza dos seus compañeiros para agradecerno-lo apoio (que sempre o van a ter). Ángel e Oubiña pecorreron todo o campo e viñeron ata a nosa bancada e tamén nos tiraron as súas camisolas.

Ademais desta frustrante derrota, Tamas foi expulsado de forma rigurosa, mentres Núñez e Guayre caían mancados e se unían a longa lista de baixas que farán que o Celta chegue ó clásico de Riazor moi mermado e cunha defensa de circustancias, tendo que completarse a lista de viaxeiros a Coruña seguramente con varios xogadores do filial. Ogallá Placente, que onte se caía da convocatoria no derradeiro intre, e sobre todo Gustavo López, se recuperen a tempo para a cita do domingo. A ver qué acontece. Neste senso, tamén é preocupante a grande cantidade de xogadores que están a sufrir lesións e problemas físicos de todo tipo, algo no que os preparadores físicos e servizos médicos tamén poden ter a súa parte de culpa. Ademais, o estado físico de boa parte do plantel semella bastante baixo, algo pouco normal a estas alturas de campionato.

12 Novembro 2006

CELTARRAS EN NEWCASTLE


A falla de semana e media para o choque que o noso equipo disputará ante o Newcastle, son preto de medio cento de compoñentes do noso grupo os que farán a viaxe ata Inglaterra para arroupar ó Celta neste importantísimo encontro ante o líder do grupo. Destaca-la presenza na nosa expedición de catro membros da nosa sección London, composta por supporters do Celtic residentes na capital inglesa.

10 Novembro 2006

BANDEIRAS GALEGAS Ó LIXO

O tan democrático estado español, o mesmo que demanda diálogo e bos xestos a outros, escribíu un novo capítulo da súa particular visión do que eles entenden como liberdade. Na entrada dos siareiros célticos á pocilga madridista con motivo do Madrid-Celta da pasada semana, a policía española adicouse a roubar e tirar ó lixo bandeiras do noso país que portaban varios dos siareiros do noso equipo. ¿Non é iso provocar?, ¿non lles bastaba con requisalas que tamén tiñan que botalas ó lixo?.
Os argumentos esgrimidos polas forzas da orde e responsables da seguridade do estadio madridista (segundo testemuños e os propios afectados, en actitude bastante chulesca e hostil) para levar a cabo estes feitos, foron do estilo de que eran bandeiras independentistas e por iso non pasaban, e que ademais provocaban ós Ultras Sur, os cales sí que puideron exhibir os seus noxentos trapos con total impunidade e tranquilidade. Non é a primeira vez que isto acontece (o da final de Sevilla xa fora un escándalo), e por desgracia seguirá a acontecer porque así é a súa bonita democracia que nos mata de risa.
Os siareiros desplazados dende Galiza tiveron que pasar por varios controis no seu acceso ás bancadas, os cales semellaban ter un propósito claro: búsqueda e captura de bandeiras da nosa nazón.

ODIADOS

Guardas civis advirtem “crescente rechaço social” contra os corpos repressivos do Estado na Galiza e declaram-se “odiados”
A Guarda Civil espanhola destacada na Galiza continua a fazer declaraçons chamativas. Se o passado dia 6 informavamos da negativa dos agentes ligados a UFGC a interactuar com cidadáns e cidadás galegas que empreguem a língua nacional, onte era a associaçom corporativa ‘Asociación Independiente de la Guardia Civil” (ASIGC) quem chamava a endurecer a repressom contra a mocidade galega, afirmava estar acossada e vinculava a drogadiçom com determinadas “opçons e projectos políticos”.

A sentença do Julgado do Penal nº 4 de Crunha que condena seis jovens galegos por múltiplos delitos de lesons e dous atentados contra seis agentes da força de ocupaçom é a faísca que fai saltar as declaraçons dos militares. Os incidentes referidos ocorrérom na Ponte do Porto (Costa da Morte) em 29 de Junho de 2001 quando jovens da localidade importunad@s por efectivos do instituto armado no seu tempo de ócio respondérom violenta e maciçamente à utilizaçom de armas de fogo polos agentes.

Queremos lembrar ao respeito que 5 meses após o enfrentamento entre @s jovens da Costa da Morte e a força ocupante, esta última filtrara ao diário ultradireitista ‘El Correo Gallego’ um informe interno em que constatava a existência dumha difusa rebeliom social na Galiza contra a presença do instituto armado. Assi, reconhecia, por exemplo, que nos dez primeiros meses do ano produziram-se na CAG mais de 200 agressons, desobediências graves e resistências contra os agentes espanhóis e 169 galeg@s foram detid@s por estes motivos.

“Reflexons”

Os sucessos da Costa da Morte, recentemente sentenciados, assi como a ‘normalidade’ com que em diferentes comarcas do País se produzem agressons mútuas entre agentes e populaçom, deu para a ASIGC fazer umhas “reflexons” de pretensons gerais que apenas podem ser qualificadas de esperpénticas. Começam os guardas civis por acusar o PSOE de nom ter “sensibilidade perante os requerimentos das vítimas do terrorismo” e acusa o partido espanhol de promover “montagens nos meios de comunicaçom acusando a guardas civis pola acçom dum delinquente [sic] que faleceu no quartel da Guarda Civil de Roquetas” e “nom condenar as acçons violentas dos jovens em Camarinhas”.

Reconhecendo que factos como os da Ponte do Porto se repetírom “em diversas ocasions noutros lugares da Galiza” como produto da pressom policial, o instituto armado afirma que “som consequência dum crescente rechaço que certos sectores sociais da Galiza promovem contra a existência das Forças de Segurança do Estado e principalmente da Guarda Civil”. Embora, som incapazes de explicar as causas desse estendido rechaço e acham que a sua origem é “favorecer interesses políticos que aconselham a criaçom dumha Polícia Autonómica” [sic].

Continuando o ‘razonamento’, a ASIGC assegura que “estas ideologias” penetram nas “festas e lugares de ócio” em que participa juventude galega para “consumir álcool, mas também droga”. A constante vigiláncia e a pressom policial da Guarda Civil sobre estas “festas e lugares de ócio” provocaria segundo a organizaçom armada espanhola os enfrentamentos entre jovens e militares “até o ponto de crueldade e ódio que muitas vezes demonstrárom”.

Solicitam mais repressom contra a juventude na Galiza.

Trás constatar o problema operacional que para a força de ocupaçom supom a “disseminaçom dos municípios” e representar a mocidade como “umha multidom de jovens em festa, alterados polo consumo de droga, álcool e música de alto volume”, a AUGC chama a refletir “sobre o rumo que estamos dando às novas geraçons, com a permissividade de certas condutas perniciosas”. A lógica da associaçom leva a reclamar “mais atençons (...) para os agentes das Forças de Segurança, que em definitiva som os peares em que se sostém a estabilidade dum país” (!!!).

“Queremos fazer ver que utilizar os jovens na Galiza como catapulta de determinada opçom política, pode derivar na criaçom de grupos (...) que conhecemos como proetarras”, afirma a AUGC. Finalmente, os guardas civis declaram sem interrogar-se pola natureza da organizaçom armada de que fam parte que “as opçons e projectos políticos, nom podem estender-se numha sociedade, utilizando formas violentas”.

Advertência a navegantes.

As afirmaçons dos agentes do corpo repressivo, além de retratar um mundo do revês em que a vítima se transforma em verdugo, som umha convocatória explícita a apertar a porca da repressom contra a juventude e as suas “festas e lugares de ócio” na linha do que fai a Polícia espanhola nos núcleos urbanos do País. O assalto e expropriaçom de locais sociais e a detençom e processamento de 13 militantes e colaborador@s da AMI realizados há agora um ano pola Guarda Civil poderiam ser, se calhar, o início do novo menu repressivo em que “certas condutas perniciosas” nom se restringem já a certas “opçons e projectos políticos”, mas se estendem a umha mocidade que deve correger “o rumo” de modo maciço por meio da violência e a repressom policial.

Texto sacado da páxina web http://www.ceivar.org

MANIPULACIÓN

Tralo Celta-Eintracht, dende diferentes medios de comunicación da nosa cidade vendéronnos a moto de que os salvaxes hinchas alemáns arrasaran unha zona da cidade e lle zouparan á pobriña e indefensa policía. Nalgún xornal, mesmo xustificabase unha desproporcionada intervención policial porque supostamente lle pegaran con anterioridade a un mendigo. Nós xa sabemos o que é inventar novas contra un cando non se ten nen idea do que se está a falar, e o ben que se lle da a moitos xornais a crear opinións dende novas manipuladas, e isto é o que aconteceu neste caso. Aparte de que non existíu tal agresión a ningún mendigo, quen comezou todo o alboroto foi a propia policía, quen golpeou de forma cobarde e indiscriminada a un hincha do Eintracht que zarandeaba unha farola da Praza da Constitución para que caira unha pelota coa que estaban a xogar e que se lles quedara no alto désta.
Na foto de arriba, enviada por un amigo alemán, ollamos ós antidisturbios, con porra en man, indo a polo hincha en cuestión, o cal estaba de costas a éstes e en ningún intre provocando, ó igual que o resto de siareiros alí congregados. A contundente actuación policial desencadeou unha serie de cargas trala resposta dos compañeiros do agredido.

CELTA 0-ALAVÉS 1

Esteban, Tamas, Contreras, Lequi (Canobbio, 28), Núñez, Pablo García (Iriney, 45), Oubiña, Aspas, Jorge Larena, Nené (Baiano, 49), Perera.
Tralo éxito do pasado domingo na cancha do Madrid, o noso equipo voltou a amosa-la súa peor faciana en Balaidos, onde caeu derrotado por 0-1, dicindo deste modo adeus a unha competición na que, segundo nos contaban dende o seo do clube, estaban postas bastantes esperanzas, o que non evitou que nos apearan ás primeiras de cambio.
O Celta tivo un arreón inicial esperanzador ante un Balaidos semi-baleiro, pero pouco a pouco o xogo céltico foi decaindo en intensidade e o encontro baixou en ritmo e calidade. Tralo gol alavesista nada máis comeza-lo segundo tempo (novamente a balón parado, o que pon de manifesto que este tipo de xogadas ou ben non se traballan, ou se traballan mal durante os adestramentos), o equipo tentou botarse arriba ante un Alavés que se adicou a defenderse con unllas e dentes e sair con velocidade en contragolpe. Houbo ocasións para facer algún gol, como o tiro ó pau de Perera, pero estaba claro que non era o día do Celta. Tamén o Alavés puido aumenta-la súa ventaxe cun penalti ó seu prol na segunda metade, parado por un Esteban que tralo encontro dirixíuse en varias ocasións cara a nosa zona para aplaudirnos e agradecernos o apoio continuo durante os 90 minutos.
É preocupante a falla de pegada do equipo nos encontros de Balaidos, esta vez ante un rival de segunda plagado de xogadores non habituais. Desta volta non poden falar de nervios provocados pola propia bancada, xa que nesta ocasión apenas estabamos 5.000 siareiros, e a hinchada non foi tan hostil cos xogadores como noutras ocasións. Dende Celtarras e boa parte da bancada de Marcador, o apoio ó equipo foi bastante bó, así que non deberían ter queixa ó respecto.

Esta era a quinta vez na que Alavés e Celta se enfrontaban neste torneo, e ó igual que nas catro ocasións precedentes, os bascos fixéronse coa eliminatoria, o que convirte ós albiazuis nunha das bestas negras do Celta no chamado torneo do K.O.

Á mala noite do equipo tamén hai que engadirlle as lesións de Lequi e Pablo García, que a falla de confirmación médica poderían apartar dos terreos de xogo a cada un deles por un período de tempo de aproximadamente un mes. Esperemos que os mancados Gustavo López e De Ridder xa estean a disposición de Vázquez en pouco tempo (segundo a páxina oficial do equipo, o holandés inda tardará en reaparecer, mentres que o arxentino podería estar xa listo para pisa-lo céspede de Riazor).

09 Novembro 2006

O CORUÑA-CELTA, POLO PLUS

O encontro da xornada 11 de liga que enfrontará a Coruña e Celta en Riazor, xogarase o domingo 19 ás 21:00 horas, ó ser televisado polo Canal +, feito que sen lugar a dúbidas restará presenza de hinchas do noso equipo no feudo herculino, xa que unha vez máis, priman os intereses televisivos por enriba dos dos propios siareiros. ¿Poñendo o encontro un domingo a esa hora queren promover o desplazamento de siareiros célticos a Riazor?.
Por outra banda, o prezo das entradas para a nosa hinchada será de 30 euros.

QUE MALA SUERRRRRRRRRRRTE

07 Novembro 2006

OS GOLES NO CUERNABEU



06 Novembro 2006

CELTA-ALAVÉS

Lembrámosvos que este xoves temos en Balaidos cita coa competición de Copa, nunha eliminatoria que neste intre está igualada tralo empate sen goles do encontro de ida no campo do Alavés. Se non lle damos importancia a este encontro, hai bastantes posibilidades de caer derrotados nesta primeira rolda copeira disputada polo Celta na actual campaña.

REAL MADRID 1-CELTA 2


Pinto, Ángel, Placente, Lequi, Contreras, Iriney, Oubiña, Núñez (Tamas, 91), Nené (Aspas, 81), Cannobio (Jorge Larena, 74), Baiano.

Os nosos xogadores acadaron a segunda victoria consecutiva en liga no estadio madridista, despois do 2-3 do pasado ano.
O gaditano Pinto estaba erexíndose como a figura do Celta e do encontro coas súas xa habituais excelentes intervencións, cando o irregular Nené adiantaba ó noso equipo no minuto 36 de encontro ó rematar un pase de Cannobio. Pero a ledicia non durou nen tan sequera 10 minutos, cando no minuto 43 un asubiado Emerson establecía o empate no marcador, nun novo erro defensivo a balón parado da zaga céltica (e xa perdemos a conta de cantos van). Acto seguido, a igualdade ben puido racharse se o inepto de Pérez Lasa, co que Vázquez nunca acadara a victoria ata este encontro, se atrevera a asubiar un claro penalti de Iker Casillas sobre o propio Nené, que ademais ben puidera ter suposto a expulsión do madridista, tal como lle acontecera ó noso porteiro no derbi da pasada campaña en Balaidos. O Real Madrid tamén debeu quedarse cun xogador menos antes do descanso, despois dunha brutal entrada cometida por Diarrá merecedora da vermella directa, pero que o colexiado do encontro pasou por alto.
Durante o segundo tempo, o noso equipo non pasou tantos apuros como no primeiro período, e mesmo tivemos máis chegadas sobre a porta de Casillas, cun sensacional disparo de Nené ó longueiro incluido. Cando moitos terían asinado o empate, o canario Jorge Larena acadaba ós 82 minutos o definitivo 1-2 tras pase dun Ángel que lle roubara o balón a Reyes de forma espléndida.

Esta primeira derrota do Madrid en casa na presente campaña (sumando tamén a Copa de Europa) supón a terceira victoria céltica como visitante no actual campionato ligueiro en cinco saídas, nas que suma 10 puntos. Isto, sumado á victoria en Liexa e ó empate no encontro de Copa en Gasteiz, fainos ser optimistas de cara ós dous vindeiros e importantísimos encontros a domicilio, ante o Coruña en liga e o Newcastle en UEFA.

GRANDE ACOLLIDA


O número 14 de Dende as Bancadas, presentado no encontro da UEFA ante o Eintracht, tivo unha grande acollida e moi boas críticas, no que supón o paso do formato fanzine dos números anteriores a un formato máis de revista ó que se achega nesta ocasión, e que proseguirá en vindeiros números.

03 Novembro 2006

CELTA 1-EINTRACHT 1


Esteban, Aspas, Tamas, Lequi, Angel, Iriney (Núñez, 70), Pablo García, Guayre (Baiano, 70), Canobbio, Nené, Perera.

O noso equipo segue anclado nun mal intre de xogo e resultados, e comezou a súa participación no grupo da morte da UEFA cun empate que nos deixou cun mal sabor de boca, sobor de todo despois de comezar gañando o encontro e de que os alemáns estiveran unha media hora de xogo cun home menos por expulsión dun dos seus xogadores. Os dous goles chegaron bastante cedo. Perara fixo o 1-0 no minuto 11, mentres que Huber poñía o definitivo empate no marcador no minuto 17 de partido. O Celta careceu de ideas e de ritmo para supera-la férrea defensa dun equipo que chegou a Vigo a defenderse e busca-lo gol nalgunha contra. A baixa forma (ou pasotismo) dalgúns xogadores do Celta comeza a ser preocupante. Unha vez máis, cremos que o adestrador (que desta volta sí que puido olla-lo primeiro tempo dende o palco, inda que tamén é certo que para pouco lle valeu) estivo falto de ideas e lento e trabucado cos trocos levados a cabo.

O que tamén é preocupante é a falta de asistencia ó estadio. Onte eramos apenas 10.000 siareiros os presentes nas bancadas de Balaidos, dos cales máis de 1.500 eran hinchas do equipo rival. A directiva debería tomar nota, e trocar, se realmente queren que o campo presente un bo aspecto, a súa actual política de prezos. Pero tamén a hinchada céltica podería levarse un tirón de orellas, xa que inda que os prezos non eran todo o asequibles que quixeramos, un encontro de competición europea coma éste, ben merecera un pequeno esforzo por asistir ós encontros, pero semella que é mellor amosa-lo celtismo diante da televisión. Mal imos por ese camiño.

A diferencia do resto do campo, a nosa bancada sí que presentou un bo aspecto, e animouse como nas grandes ocasións.

O Newcastle, o noso vindeiro rival, situouse como líder do grupo trala súa sorprendente victoria no campo do Palermo por 0-1. Os ingleses sitúanse con seis puntos, mentres que os italianos son segundos con tres puntos. Celta e Eintracht suman un punto cada un, mentres os turcos do Fenerbahçe, que descansaron nesta segunda xornada, quedan como pechacancelas do grupo con cero puntos no seu casilleiro.