10 Novembro 2009
08 Novembro 2009
06 Novembro 2009
BOTE SOLIDARIO
Mañá sábado, nos prolegómenos do Celta-Castellón, teremos por última vez o bote solidario de Celtarras para Jessica, así que os que queran facer a súa aportación inda poden facelo. Durante a vindeira semana xuntaremos tódolos cartos recadados para entregarllos a Eugenio Álvarez.
01 Novembro 2009
O EX-CÉLTICO CÁCERES, GRAVE

O ex xogador do Celta Fernando Cáceres atópase ingresado en «estado grave» tras ser disparado nun ollo durante un atraco.
Cáceres, de 40 anos e xa retirado dos terreos de xogo, foi interceptado en Cidadela, a dez quilómetros do centro de Buenos Aires, por catro homes armados que lle esixiron a entrega do seu vehículo. Ao resistirse ao atraco, un dos asaltantes comezou a dispararlle a curta distancia, e unha das balas impactou no seu ollo dereito. Ademais, sufriu unha fractura na base do cráneo.
«Practicouselle unha tomografía computada na que se confirmou a gravidade da ferida nun ollo e, en forma conxunta co servizo de neurociruxía activa, decidiuse intervilo cirurxicamente de inmediato», comunicou o médico Rodrigo Bau.
«é unha persoa que ingresou cun compromiso de vida importante, e hai que esperar cal é o resultado da operación», indicou o médico, quen engadiu que «a bala non saíu do corpo senón que quedou aloxada na rexión paratemporal dereita segundo a confirmación topográfica».
Cáceres, de 40 anos e xa retirado dos terreos de xogo, foi interceptado en Cidadela, a dez quilómetros do centro de Buenos Aires, por catro homes armados que lle esixiron a entrega do seu vehículo. Ao resistirse ao atraco, un dos asaltantes comezou a dispararlle a curta distancia, e unha das balas impactou no seu ollo dereito. Ademais, sufriu unha fractura na base do cráneo.
«Practicouselle
30 Outubro 2009
UN CELTA DA CASA

Aí os tedes. Oito canteiráns formaron no once inicial do encontro copeiro do pasado mércores disputado en Balaídos, e ben que nos fixeron disfrutar ante un rival da primeira división. Sen lugar a dúbidas, ós celtistas gústanos que a base do equipo sexan xogadores saídos da casa, e as fichaxes de fóra que sexan escasas, pero que marquen diferencias. Saulo, Bustos e Danilo foron os tres únicos xogadores desta instantánea tomada por Eugenio Álvarez que non pasaron pola Madroa, e o certo é que rendiron ó nivel que se lle debe esixir a un xogador foráneo. Este equipo, e o plantel en xeral, está amosando un compromiso co club que facía tempo que non se ollaba, e se a diretiva tivera fichado a un verdadeiro 9 capaz de asinar un importante número de goles en segunda división, agora mesmo este Celta ía estar no campionato ligueiro nunha posición moi diferente da que agora ocupa. É unha mágoa que a falla dun bo goleador faga que estes rapaces procedentes das categorías inferiores non brillen máis. Mouriño, ráscate o peto.
29 Outubro 2009
27 Outubro 2009
CELTARRAS EN PREFERENCIA
Xa está confirmado por parte do Celta. A Bancada de Fondo estará pechada no encontro copeiro de mañá. Ímonos para Preferencia.
CELTA-TENERIFE, ¿EN PREFERENCIA?

Inda que o Celta non o fixo todavía oficial, parece ser que o concello vai levar a cabo unha pequena reforma nun muro de Fondo, polo que é moi probable que esta bancada permañeza pechada no encontro copeiro de mañá ante o Tenerife, e polo que os socios de Fondo seriamos realoxados na bancada de Preferencia. Na outra ocasión na que ocupamos esa bancada nun partido oficial (Celta-Benfica da UEFA), situámonos cara a bancada de gol, onde antigamente situaban ás hinchadas visitantes. De confirmarse esta nova, antes do encontro decidiremos en qué zona da bancada nos situaremos nesta ocasión.
26 Outubro 2009
20 Outubro 2009
19 Outubro 2009
15 Outubro 2009
ÁNIMO CATALÁ

Estaba cantado, e finalmente así aconteceu. No día de onte, os vividores do Comité de Competición decidiron impor ó defensa céltico David Catalá unha sanción de catro encontros -mais un quinto por acumulación de tarxetas- por participar, sempre segundo a versión do pésimo trío arbitral, na batalla campal que tivo lugar á conclusión do choque entre Celta e Albacete. Finalmente, o Comité de Competición fixo caso ó reflexado na acta do encontro, a pesar de que semella que o colexiado da contenda e mailos seus axudantes non estaban presentes nese intre na zona -así o amosan as cámaras de seguridade que a Policía non quiso ceder ó Celta para a defensa do noso xogador-.
De nada valeu que varios testemuños da liorta afirmaran unha e outra vez -incluído algún membro da expedición albaceteña- que este xogador non agredira a ninguén, ou que o propio Trashorras saíra a dar a cara públicamente autoinculpándose como a persoa que golpeara ó baboso de Notario, o verdadeiro culpable, xunto a outros compañeiros seus como o facha de Salva, da batalla montada no túnel de vestiarios, onde estiveron agardando polo propio Trashorras para agredilo. Curiosamente, o impresentable de Notario recibíu o mesmo castigo, mentres os seus secuaces saíron indemnes. Lamentable.
Agora só queda dar o noso apoio a un xogador que non poderá defender as nosas cores durante un mes de competición por mor dunha acción que se lle atribúe e na que non participou. Desgraciadamente, unha vez máis o Celta é atropelado de forma premeditada, pero dende a diretiva seguirán sen dar un golpe sobre a mesa e sen facer o máis mínimo ruído, deixando que novamente se rían do noso club. Desgrazadamente, é algo xa habitual.
14 Outubro 2009
13 Outubro 2009
11 Outubro 2009
10 Outubro 2009
09 Outubro 2009
HISTORIA DO CELTA DE VIGO

En poucas semanas verá a luz, despois de moitos meses traballando neste proxecto, a mellor web feita ata o dagora adicada ó noso Celta, e posiblemente das mellores a nivel mundial das adicadas a un club de fútbol.
O seu autor, precisamente membro de Celtarras, leva anos recopilando todo tipo de material vencellado ó Celta, e posúe un auténtico museo do noso equipo que ninguén, nen tan sequera o propio club, ten. Agora, todo elo terá cabida nesta páxina (historiadoceltadevigo.net) para disfrute de tódolos celtistas e afeccionados ó fútbol en xeral.
O contido da web vai ser espectacular, e por ela irá aparecendo todo tipo de material, dende xornais ata cromos de tódalas épocas, pasando por fotografías, pósters, calendarios e un longo etcétera, sen esquecernos dunha ampla videoteca e biblioteca, nas que atoparemos algúns vídeos ou libros elaborados bastantes décadas atrás, e que son prácticamente imposibles de atopar hoxe en día. Mentres non estea en rede, podedes entrar no seu facebook para estar ó tanto das súas novidades.
Tal como sinalabamos anteriormente, e como moitos de vós xa sabiades, o autor é un compañeiro do noso grupo, e quen vos está a escribir estas liñas tamén ten a sorte de colaborar de forma directa na mesma. En principio, tamén van colaborar outros celtistas como o fotógrafo Eugenio Álvarez ou Fernando Gallego, coñecido polo seu traballo en Faro de Vigo durante moitos anos.
Tamén queremos sinalar que se esta web puido facerse realidade, foi grazas, en parte, á colaboración económica da Agrupación de xogadores veteranos do Celta, xa que dende a diretiva actual optaron por darlle as costas a este proxecto.
07 Outubro 2009
SALVA NON, FACHAS FÓRA


Este pasado verán especulouse coa posibilidade de que Salva Ballesta, o xogador fascista, recalara no Celta. Por sorte, non pasou de ser un mero rumor, e finalmente marchou para Albacete. Este sábado estará sobre o céspede de Balaídos, pero vestino a camisola rival, por sorte, inda que nos meta tres goles e nos gañe o partido. Non queremos a fachas declarados vestindo -manchando máis ben- as nosas cores, e se non se cae da concocatoria como nas anteriores ocasións nas que debía viaxar a Vigo, teremos a oportunidade de deixarllo claro dende as bancadas.
05 Outubro 2009
SANTI E XOSE EM LIBERDADE!!

Segundo notificaçom que vimos de receber dos advogados, os presos independentistas galegos José Manuel Sanches e Santiago Vigo abandonárom nesta tarde em liberdade a prisom espanhola de Valdemoro. A falta de dados mais concretos a respeito da sua situaçom penal, dos que informaremos em quanto seja possível, apenas confirmar a notícia da excarceraçom de ambos patriotas galegos.
Familiares e militáncia do organismo deslocará-se nesta tarde a Madrid para trazer para a casa ambos militantes.
DEFENDER A TERRA NOM É DELITO!
Familiares e militáncia do organismo deslocará-se nesta tarde a Madrid para trazer para a casa ambos militantes.
DEFENDER A TERRA NOM É DELITO!
Subscrever:
Mensagens (Atom)

















