13 Janeiro 2012

HOXE VENRES, FÚTBOL

Por se hai algún despistado, esta noite a partir das nove temos un novo encontro ligueiro en Balaídos.Tralo parón de nadal e o importante triunfo da xornada pasada en Alcoi, temos que iniciar o ano como locais cunha vitoria que nos consolide nos postos altos da clasificación. Hoxe, todos a unha, Forza Celta.

Unha vez máis, voltaremos sortear unha camiseta do Celta coas rifas que venderemos por un euro nos prolegómenos do partido. Os cartos recadados irán destinados ós compañeiros celtistas sancionados pola Comisión Antiviolencia.