02 Dezembro 2011

CAMPAÑA 1 EURO SOLIDARIO

Dende o encontro de mañá sábado ás seis da tarde ante o Sabadell, poñemos en marcha unha iniciativa que queremos manter ata o remate da tempada, e pola cal sortearemos diferente material do Celta ou Celtarras entre as rifas que se vendan, ó prezo de 1 euro cada unha, durante a previa dos encontros. Minutos antes do inicio do partido sacaremos a rifa gañadora no posto de material. Neste encontro de mañá sortearemos unha camiseta oficial do Celta.

Tódolos cartos recadados irán ós compañeiros sancionados pola Comisión Antiviolencia, polo que pedimos a todo o mundo que colabore adquirindo, cando menos, unha rifa.