31 Julho 2009

Manquiña supports Galicia Bilingüe


Antes das eleccións, mostrou o seu apoio a Galicia Bilingüe. Tanto lle gusta que lle dean caña?

No. Eso es cosa de algunos taraos que no tienen otra cosa mejor que hacer y que van de progres, cuando son los más fascistas y los más totalitarios. Cuando antes no se hablaba gallego, nosotros hicimos teatro en la lengua propia y, si volviesen a prohibirlo, sacaríamos las uñas. Pero ahora las cosas cambiaron y la elección lingüística entra dentro de la libertad de las personas. No se puede usar el gallego como arma y, por mucho que les joda a los señores del Bloque y compañía, Galicia es muy bilingüe.

Tivo oportunidade de ver o vídeo do Youtube no que fan unha montaxe con vostede cantando a canción de ‘La minifalda’ de Manolo Escobar?

No. ¿Cómo se llama?

‘Manquiña supports Galicia Bilingüe’.

Pues ya lo veré. De todos modos, me parece perfecto que me pongan cantando la canción de La minifalda, Que viva España o lo que les venga en gana. Además, una vez canté esta canción en una fiesta en Barcelona y todo el mundo me siguió, porque es una canción preciosa (ri).

O vídeo remata co famoso fragmento da película de ‘Airbag’ no que vostede di: “Vamos a llevarnos bien, porque si no van a haber hondonadas de ostias aquí”. Podería ser real este aviso?

No, porque yo no me molesto porque algún gilipollas piense que soy un facha. Además, si yo soy un fascista, ellos son unos hijos de puta. ?Así de claro. No me preocupo absolutamente nada; más bien estos temas me cansan. El anterior Gobierno del BNG y del PSOE intentaron imponer una realidad que no existe, una especie de Matrix y, como se pasaron, la gente los mandó a tomar por el culo. Yo siempre digo que soy un español nacido en Galicia y las personas que se escandalicen con esto están al margen de la realidad. Y ya me aburren con tanta Galicia, con tanta patria y con tanta tontería.

DIA DA PATRIA GALEGA


A jornada começava já desde bem cedo quando vários grupos de moços e moças se dispunham a ultimar os detalhes do dia na praça 8 de Março. Colocárom-se faixas em toda a cidade reivindicativas e realizárom-se as últimas coladas de rigor. Ao tempo, outro grupo de companheiros e companheiras rematava as tarefas decorativas e organizativas na própria praça. Nem que dizer tem que em toda a semana precedente de agitaçom (em Compostela em particular) se sofriu um cercamento policial notável: um moço foi transladado até a esquadra policial numha noite de colagem e as identificaçons e cacheios fôrom umha constante durante a semana.

A agenda de actos deu começo com umha palestra-debate sobre língua da qual ficamos contentes, tanto pola participaçom como polos conteúdos da palestra.

A seguir participamos da cadeia humana de Ceivar, que finalizou na praça onde mais tarde desenvolvemos os nossos actos.

O concerto de Mini e Mero tivo lugar ao mesmo tempo que um graffiteiro debuxou em paineis um desenho de anteriores campanhas da AMI. Este foi o telom de fundo para o discurso de umha companheira da organizaçom, que deixou bem clara a nossa postura a respeito da luita no campo da língua.

Minutos depois começamos os preparativos da rondalha. Logo de recolher a praça, colocamos a faixa e começamos o acto central do ano político para a AMI. Nem que dizer tem que havia expectaçom e incerteza sobre o que sucederia. Como sabemos o desenvolvimento e resultado das rondalhas nos últimos anos tem obrigado à nossa organizaçom a tomar decisons a este respeito novidosas e arriscadas até. A nossa negativa a circular cercados pola zona velha em anteriores anos mantinha-se intacta. Por isso ante a nutrida presença policial na entrada à zona velha pola porta do Caminho ( quase 10 grilheiras) a organizaçom decidiu colocar-se a umha distáncia prudencial e dar por dissolta a Rondalha. Nesse momento produciu-se a carga por parte da polícia de choque ao longo da rua de Sam Pedro, empregando porras e bolas de goma que, afortunadamente, nom producírom feridos de grave consideraçom. Ao tempo os moços e moças artelhárom a resposta, valendo-se de contentores e carros. Os fardados perseguírom os moços e moças até a dissoluçom total da marcha.

Posteriormente, o balanço da resposta fôrom vários contentores queimados na mesma zona da carga, danos e ataques a sucursais na zona nova de Compostela e danos producidos também no bairro de Vista Alegre, segundo informou El Correo Gallego.

A valoraçom que fai a nossa organizaçom da jornada é positiva de maneira global. As cousas saírom mais ou menos segundo o previsto. Como no ano anterior, nom consideramos umha derrota a nom saída nem celebraçom da rondalha, já que a resposta da mocidade foi contundente. Os desafios que nos vaiam colocando no caminho iremos ano após ano respondendo-os com a nossa imaginaçom e com umha cousa clara: a normalidade em Compostela nesse dia, nessa noite nom é possível. A sua polícia de choque, o seu helicóptero perseguindo militância e as suas porras dam boa fé do problema ao que se enfrentam. Como sempre, nós estaremos dispostos e dispostas a dar a cara, aguardando e maquinando já no desafio do ano que vém.

Queremos agradecer a todas as pessoas que participam da rondalha da AMI a sua assitência ano após ano apesar de todo, a gzvideos por dar conta do que sucede apesar das agressons sofridas, a gzi polas fotografias e a toda a militância e base social da organizaçom pola entrega e combatividade demonstradas nesse dia.

A mocidade em combate, a mocidade em galego!
A luita é o único caminho!
Viva Galiza ceive!

30 Julho 2009

MANIFESTACIÓN EN MASSÓ


A poboación canguesa, exemplo de dignidade histórica e resistencia veciñal, ven de convocar unha nova marcha contra o plano especulativo da construción do porto deportivo e a superficie hoteleira que a banca galega planea en Massó.

Cómpre destacar neste intre a actividade da mocidade canguesa que está a traballar decote na paralización das obras e a nutrir as convocatorias de protesta, nas que ADIANTE e a súa militancia levan estado presentes.

Este proxecto definido polos intereses inmobiliarios de Caixanova e que conta coa connivencia e o silencio da alcaldesa do BNG Clara Millán, nunha actitude absolutamente autoritaria, ten unha nova resposta por parte da Confraría de Pescadores "San José" da vila, que convoca ao conxunto do País para o sábado 1 de agosto ás 20:00 horas na Alameda Vella de Cangas.

PARALIZACIÓN XA!
DEFENDER MASSÓ: DEFENDER GALIZA!

29 Julho 2009

CELTA 2-FREAMUNDE 0



Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

28 Julho 2009

CELTA 1-JOANE 0




Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

27 Julho 2009

ASÍ GALEGUIZAMOS O CELTA?????


MANIFESTAÇOM EM CANGAS



Sábado 1 de agosto, ás 20 horas, dende a Alameda Vella de Cangas.

Porto ilegal, sen licencia municipal, sen Plan de Usos, sen Plan Especial, sen PXOM. Destrúe postos de traballo, destrúe a ría, ameaza ao pequeno comercio para beneficio duns poucos, saltando leis e acordos de goberno con represión policial brutal. PARALIZACIÓN XA!!

26 Julho 2009

RONDALHA DA MOCIDADE




agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

FICHAXES 09/10:ARTHURO


Este dianteiro centro que a piques está de cumplir os 27 anos de idade, será, con permiso do canteirán Joselu e salvo algunha fichaxe de última hora, a principal referencia ofensiva do noso equipo para o campionato 09/10. Trátase dun xogador que todavía non foi quen de triunfar nos numerosos equipos nos que xa ten militado, e nos que non asinou uns grandes rexistros como goleador. Tras estrearse en Europa nas ringleiras do Middlesbrough inglés, pasaría posteriormente por varios equipos da liga española -o último deles foi o Córdoba na tempada 07/08, onde asinou as súas mellores cifras, con 10 goles acadados en 34 partidos disputados- e na pasada campaña militou no Steaua romanés e mailo Terek Grozny ruso, experiencia que resultou ser un fiasco para o brasileiro. Agora quere retomar en Vigo a progresión iniciada na súa derradeira campaña na segunda división, e asentarse por fin nun equipo e convertirse nun xogador importante para o mesmo. Ogallá sexa así, porque do seu olfato goleador poden depender moitas das nosas posibilidades de ascenso. Agardamos que co seu traballo e goles se convirta nun novo Baltazar ou Amarildo, tralos posteriores fiascos de dianteiros brasileiros que vestiron a camisola celeste, como Nilson, Mauricio ou o mesmo Diego Costa. Con esta fichaxe, poucas novidades máis se agardan para reforzar o equipo nas semanas que restan para o inicio da competición oficial.

CAUSA GALIZA









DIA DA PATRIA GALEGA

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG




Os independentistas avogaron pola convocatoria, a curto prazo, dunha folga xeral nacional e reclamaron a autodeterminación e soberanía para Galiza.

"Non estamos todos, faltan os presos" ou "son independentistas e non terroristas" foron algunhas das proclamas que percorreron a distancia que separa á Alameda de Compostela da Praza do Toural. Causa Galiza xuntou a dous milleiros de persoas, segundo a organización, en demanda do dereito de autodeterminación e da soberanía para Galiza.

"Reafirmamos a vontade de constituírmos o noso propio Estado: unha República Galega", iniciou a súa intervención Laura Bugallo (CIG), encargada este ano do discurso deste conxunto de colectivos. Cunhas palabras na que estivo moi presente a crise económica (o lema da plataforma para este día foi "Ante a crise do capital, soberanía nacional"), Bugallo asegurou que "é imprescindíbel tomar medidas resolutivas", entre as que citou "a curto prazo, a convocatoria dunha folga xeral nacional e a coordinación dos independentistas par facermos fronte con radicalidade á administración que reside Núñez Feijoo"; xa a medio prazo, falou de organizarse "para as batallas que se anuncian" e "avanzar a paso firme polo camiño da autodeterminación e soberanía".

Fronte ao Estatuto, soberanismo

Para Causa Galiza "a autodeterminación e soberanía son a chave que abre a porta a un futuro distinto do que se perfila no horizonte: a única alternativa política real neste país". Así, consideran a vía do Estatuto "unha fraude escotada que apenas foi útil para adormecer conciencias e facilitar que os nosos inimigos históricos avancen no espolio e a destrución de Galiza".

RONDALHA DA MOCIDADE


FICHAXES 09/10:BOTELHO


Este lateral esquerdo brasileiro é unha das incorporacións de cara ó campionato que comeza en aproximadamente un mes que a priori pode plantexar máis dúbidas sobre o seu rendimento, xa que ben precedido dunha sona de conflictivo e amigo das festas e maila noite. Cedido polo Arsenal ó Salamanca nas dúas tempadas anteriores, apenas aportou algo ó conxunto charro, e ogallá se centre e se adique en exclusiva ó fútbol para poder rendir a un nivel óptimo no noso equipo. De facer honra a esa sona que lle precede, máis de un debería marcharse con el ó remate da vindeira campaña, pero agardamos que iso non aconteza e poida contribuir á consecución do ascenso, o único obxectivo ó que sempre debe aspirar o Celta en segunda división, inda que haxa siareiros que celebren por todo o alto non descender a Segunda B (incrible pero -lamentablemente- certo). Segundo contan, esta cesión pode custarlle 0 euros ó noso equipo, xa que se disputa 10 encontros ligueiros, o Celta non deberá pagar absolutamente nada ó equipo propietario do xogador, o Arsenal londinense, inda que tampouco podemos fiarnos ó 100% desa información, xa que non é a primeira ocasión na que esta ou anteriores diretivas célticas nos soltan milongadas que ó final están afastadas da realidade. Esta incorporación é a cuarta para unha liña defensiva que a pasada tempada lle custou ó Celta a perda de moitos puntos, e que supón xustamente a metade da defensa nova (Ortega, Catalá, Vasco Fernandes e Botelho). Os outros catro que continúan son Edu Moya e mailos canteiráns Noguerol, Lago e Jordi.

23 Julho 2009

Segundo ataque a Caixanova neste mês



Pola segunda vez no mês, Caixanova padece um ataque na zona sul da Galiza. Se há duas semanas ardia um caixeiro em Cangas, hoje estoupava um artefacto de maneira controlada polos Tedax, no bairro do Calvário de Vigo. As forças policiais vencelham as sabotagens à oposiçom independentista à especulaçom imobiliária promovida pola entidade financeira, em companhia de outros blocos empresariais bem conhecidos polo movimento ecologista.

Um pequeno cartaz onde se lia "perigo bomba" alertou os trabalhadores sobre um pacote sospeitoso, o que motivou a rápida chegada da polícia espanhola. Com efeito, tratava-se dum artefacto que danou os arredores da zona e tombou o vidro da entrada da sede bancária.

As únicas opinions que se conhecem ao respeito som os rituais de condena, primeiro proclamados polo presidente da Junta, e a nom mui tardar, com toda certeza, continuados por umha fileira de aderentes ao regime. Para o líder da extrema direita espanhola, "a Galiza nom tolera acçons irracionais e fanáticas". Aliás, ao político semelham-lhe "infrequentes" este tipo de fenómenos. Declaraçons que surprendêrom a imprensa empresarial, que manifestou que estamos ante "ataques frequentes nas vésperas do dia da Galiza".

Silêncio ante os maus tratos.

No entanto, nenhuma força do arco institucional pujo o grito no céu polas ameaças, aldragens e maus tratos físicos a vários detidos em Cangas, que exerciam o direito ao protesto (mesmo pacífico) no que se pretendem futuros terrenos do porto desportivo. A guarda civil soma mais umha denúncia numha lista interminável de abusos de todo tipo, amparados pola cumplicidade política.

REPRESION EN MASSO

21 Julho 2009

CALENDARIO LIGUEIRO 09/10


PRIMEIRA VOLTA

30 ago Celta - Numancia

06 set Salamanca - Celta

13 set Celta - Levante

20 set Córdoba - Celta

27 set Celta - Hércules

04 out Recreativo - Celta

11 out Celta - Albacete

18 out Cartaxena - Celta

25 out Celta - Raio V.

10ª 01 nov R. Unión - Celta

11ª 08 nov Celta - Castellón

12ª 15 nov Betis - Celta

13ª 22 nov Celta - Vilarreal B

14ª 29 nov Cádiz - Celta

15ª 06 dec Xirona - Celta

16ª 13 dec Celta - Elxe

17ª 20 dec As Palmas - Celta

18ª 03 xan Celta - Murcia

19ª 10 xan Nàstic - Celta

20ª 17 xan Celta - R.Sociedade

21ª 24 xan Huesca - Celta

SEGUNDA VOLTA

22ª 31 xan Numancia - Celta

23ª 07 feb Celta - Salamanca

24ª 14 feb Levante - Celta

25ª 21 feb Celta - Córdoba

26ª 28 feb Hércules - Celta

27ª 07 mar Celta - Recreativo

28ª 14 mar Albacete - Celta

29ª 21 mar Celta - Cartaxena

30ª 28 mar Raio V. - Celta

31ª 04 abr Celta - R. Unión

32ª 11 abr Castellón - Celta

33ª 18 abr Celta - Betis

34ª 25 abr Vilarreal B - Celta

35ª 02 mai Celta - Cádiz

36ª 09 mai Celta - Xirona

37ª 16 mai Elxe - Celta

38ª 23 mai Celta - As Palmas

39ª 30 mai Murcia - Celta

40ª 06 xuñ Celta - Nàstic

41ª 13 xuñ R.Sociedade-Celta

42ª 20 xuñ Celta - Huesca

20 Julho 2009

REPRESION EN MASSO





16 DETIDOS EN CANGAS! STOP REPRESIÓN!


Esta mañá efectivos da Garda Civil detiveron a varios activistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende cando se atopaban nas inmediacións das obras que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó. Algúns deles foron golpeados polas forzas da orde e posteriormente trasaladados a dependencias policiais.

Hai escasos días o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel apoiaba en Cangas a loita dos nosos compañeiros e denunciaba o papel do gran capital en conflitos como o que está a acontecer en Cangas “porque moitas veces priviléxiase ao capital financeiro sobre a vida do pobo”. En opinión do Premio Nóbel “Estamos nun pequeno planeta, a nosa única casa”, dixo para argumentar a defensa do medio ambiente mundial. “Aquí non hai fronteiras para apoiar as causas xustas”, engadiu. Anunciou a posible creación dun tribunal penal internacional para xulgar os delitos ambientais e requiriu o respecto aos dereitos dos pobos ” facendo unha mención expresa aos mariñeiros da ría de Vigo.

Con esta xa son varias as veces que a Delegación do Goberno opta por reprimir un dereito básico como é o dos ecoloxistas a opoñerse a unhas obras que implican un grave atentado medioambiental e lesionan aos intereses económicos de milleiros de persoas que viven do marisqueo. Hai un mes máis de mil persoas manifestáronse en contra deste proxecto polas rúas de Cangas, unha demanda que o goberno non só desatende senón que manda reprimir brutalmente.

En breves momentos publicaremos un comunicado de repulsa por estes feitos

DIA DA PATRIA GALEGA




Manifesto Dia da Pátria 2009

Amigas e amigos,

companheiras e companheiros vindos de toda a Galiza e do exterior, presentes e ausentes,

delegaçons internacionais que nos acompanhades:

Celebramos hoje a jornada em que reivindicamos o nosso direito de autodeterminaçom e reafirmamos a vontade de constituirmos o nosso próprio Estado: umha República Galega.

No actual contexto de crise capitalista, tais reivindicaçons som mais necessárias do que nunca: a crise deteriora as nossas condiçons de vida e trabalho e agudiza os piores efeitos da histórica dependência de Espanha, como o desemprego estrutural, a precariedade ou o empobrecimento de importantes sectores do povo trabalhador. Madrid e Bruxelas pretendem somar a esta condiçom de viveiro de mao-de-obra barata e fonte de recursos minerais e energéticos, a turistificaçom da economia nacional, enquanto relançam o assalto ao território que arrasa costas, vales, rios e montes em aras do benefício privado e planificam desde instituiçons alheias a liquidaçom da nossa língua e identidade.

A nível institucional, após quatro anos de governo bipartido PSOE-BNG, a direita mais conservadora recuperou o governo da Junta. Isto foi possível, entre diversos factores, pola aplicaçom continuista por parte do PSOE e do BNG de semelhantes políticas aplicadas polo fraguismo. Quatro anos perdidos na construçom nacional da Galiza e na melhora das condiçons de vida do nosso povo.

A situaçom é difícil e alterna episódios de luita exemplar, como a do proletariado do Metal, com a agudizaçom da repressom e o controlo social e a extensom do mal-estar psicossocial. É imprescindível, pois, tomarmos medidas resolutivas. A curto prazo, a convocatória dumha Greve Geral Nacional e a coordenaçom d@s independentistas para fazermos frente com radicalidade à administraçom que preside Alberto Núñez Feijó. A meio, organizando-nos para as batalhas que se anunciam e avançando a passo firme no caminho da autodeterminaçom e a soberania.

Autodeterminaçom e soberania som a chave que abre a porta a um futuro distinto do que se perfila no horizonte; som a única alternativa política real neste país. A via estatutista, a via do contrato com Espanha, é umha fraude esgotada que apenas foi útil para adormecer consciências e facilitar que os nossos inimigos históricos avanzem no espólio e a destruiçom da Galiza. A autêntica democracia e a dignidade virám da luita que nos leve a um cenário de autodeterminaçom, soberania e independência.

Contodo, companheir@s, chamar um povo à luita é muito mais que lançar umha proclama. Chamar um povo à luita, quando tantas vontades están feridas por ceticismos e impotências, é sobretodo assumir responsabilidades: a responsabilidade de forjarmos ferramentas organizativas legítimas e duradeiras; de coesionarmos as forças disponíveis sob estratégias concretas de intervençom e, por cima de todo, de ganharmos com factos os coraçons e a credibilidade de milhares de independentistas e do conjunto do povo trabalhador galego.

É evidente que os agentes políticos e sociais e as pessoas que vertebramos Causa Galiza nom conseguimos materializar nestes dous anos as expectativas criadas em 2007 e desactivar os factores que ralentizam desde dentro a luita soberanista, impossibilitando logros hoje possíveis. Estas eivas impedírom que Causa Galiza estivesse à altura do aguardado e da necessidade de edificarmos espaços de convívio e luita sobre os que erguer projectos mais ambiciosos no futuro.

Recuperarmos o rumo original e a ilusom é, portanto, o repto urgente. Pretendemos ser a ferramenta que permita a organizaçons, movimentos sociais e militantes trabalhar cóvado com cóvado, desde a esquerda, pola soberania. Queremos constroir a aliança que estenda a reivindicaçom da autodeterminaçom a todo o país e, desde o trabalho de base, desde a acçom diária, crie condiçons favoráveis para avançarmos na luita independentista. Neste Dia da Pátria convidamos quem, dia após dia, sustentades desde a militáncia e o esforço anónimos o combate pola soberania, a fortalecerdes esta ferramenta. É necessário, é urgente e dam-se as condiçons necessárias. A luita pola autodeterminaçom precisa de todas e todos nós.

Companheir@s, maos à obra,!

Viva a luita por umha Galiza ceive!

Viva Causa Galiza!

18 Julho 2009

CONCERTO

17 Julho 2009

GALIZA CEIVE E SOCIALISTA


HOXE AS 20:30 MANIFESTAÇOM DENDE O MARCO.

Reingresso em prisom de Ugio Caamanho


Os advogados que defendérom os independentistas Ugio Caamanho e Giana Gomes ante os tribunais de excepçom no passado mês de Novembro venhem de comunicar a Ceivar que o ‘Tribunal Supremo’ espanhol confirmou a sentença ditada pola ‘Audiencia Nacional’ contra ambos militantes. A consolidaçom do auto implica a validaçom das condenas ditadas pola ‘Audiencia Nacional’ e, no caso de Ugio Caamanho, o seu reingresso em prisom umha vez que o tribunal madrileno assinale data e centro penitenciário.

A resoluçom judicial aguardada desde 14 de Maio constata portanto que amb@s militantes colocárom em 2005 um artefacto explosivo que provocou importantes danos no edifício da sucursal central de ‘Caixagalicia’ em Compostela. Assim, Giana Gomes é condenada a 3 anos de prisom que já cumpriu por excesso –estivo privada de liberdade quatro meses mais dos que estipula o auto judicial-. Enquanto, Ugio Caamanho, que actualmente se encontra em liberdade, é condenado a 4 anos e 9 meses. Dado que o patriota galego estivo preso e dispersado ilegalmente 3 anos e 4 meses, o TS abre a porta para que a ‘Audiencia Nacional’ ordene o reingresso em prisom para cumprir a parte restante da condena.

De Ceivar queremos exprimir o nosso rechaço a esta confirmaçom da condena que só é compreensível na dialéctica entre luita independentista e repressom que se produz a distintos níveis na Galiza. Além de nom reconhecermos legitimidade aos tribunais espanhóis para processarem e condenarem cidadáns galegos e galegas, neste caso concorre a agravante de que a instituiçom judicial que determina o ingresso em prisom de Ugio Caamanho é um tribunal de excepçom, sucessor do TOP franquista e constituido exclusivamente para a repressom do delito de natureza política. Nomeadamente, aqueles associados às luitas de liberaçom nacional no Estado espanhol.

Assim as cousas, situamo-nos novamente ante a realidade próxima do reingresso em prisom e, provavelmente, também a dispersom, dum militante galego, Ugio Caamanho, como consequência do seu compromisso activo na luita de liberaçom nacional deste País que desenvolve um sector da sociedade galega. De Ceivar chamamos aos nossos leitores e leitoras, assim como a toda a base social nacionalista galega, a estar alerta para respostar colectivamente ante a possível detençom do patriota galego Ugio Caamaho. Por parte do organismo popular anti-repressivo habilitarám-se as medidas necessárias para que a resposta social a este novo ataque se desenvolva em todo o território nacional com a intensidade que exige um facto repressivo como o resenhado.

LIBERDADE PARA UGIO CAAMANHO!
NOM SOM TERRORISTAS, SOM INDEPENDENTISTAS!
DEFENDER A TERRA NOM É DELITO!
SOLIDARIEDADE ACTIVA CONTRA A REPRESSOM!

REPRESIÓN CONTRA OS GANDEIROS



PARTIDOS PRETEMPADA 2009


A pretempada 2009 está a piques de arrincar para o noso equipo, e nesta ocasión haberá un número considerable de encontros amigables. Ós xa habituais encontros disputados en terras lusas, desta volta destaca tamén o gran número de encontros a disputar ante rivais do noso país, entre os que destacamos sobre todo o que nos enfrontará o 18 de agosto ós nosos irmáns do Compos en Santiago. Colgamos o calendario cos rivais, o lugar e as datas exactas sacado da web celestes.org.

FICHAXES 09/10:SAULO RODRIGUES


A nova incorporación ó plantel céltico é un atacante brasileiro de 27 anos que nos últimos seis militou en diferentes conxuntos portugueses. A súa derradeira parada nun equipo luso foi durante o pasado campionato, onde foi fichado no mercado invernal por Os Belenenses, no que disputaría 14 encontros e acadaría 6 tantos. Foi precisamente aí onde amosou uns números aceptables en canto á súa faceta goleadora, xa que nos equipos anteriores non destacou precisamente pola súa capacidade goleadora. De todos modos, tampouco se trata dun dianteiro centro, xa que a súa demarcación habitual atopámola nos extremos, sobre todo no dereito. Trátase da primeira incorporación para o vindeiro campionato dun xogador que non é de corte defensivo, e inda que chega ocupando unha das dúas prazas de extracomunitario, agárdase que para antes do nadal xa teña a nacionalidade portuguesa.

Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

14 Julho 2009

Por umha Galiza ceive e socialista



Mais um ano a Comissom 25 de Julho chama à mobilizaçom nestas datas próximas ao dia da Pátria. Este ano baixo a legenda de "Por umha Galiza ceive e socialista" e com a reivindicaçom de Greve Geral Nacional sairá às 20:30 hrs. do Museu Marco de Vigo.

O movimento social e independentista viguês chama à mobilizaçom a sexta-feira dia 17 no marco da campanha do dia da Pátria. O manifesto da convocatória chama a fazer frente ao recrudecimento da ofensiva de Espanha e o capital contra a nossa lingua e contra o nosso povo trabalhador. O manifesto chama ao povo trabalhador a dotar-se de ferramentas para sair reforzado das batalhas que estamos a librar apontando à convocatória de umha Greve Geral Nacional.

12 Julho 2009

Transladam a Palencia a José Manuel Sanches Gorgas



Continuam as medidas de afastamento do preso José Manuel Sanches Gorgas com o seu translado à prisiom de Palencia. Um funcionário de Mansilla de las Mulas (León), centro penitenciário no que se atopava até esse momento, deu aviso a semana passada a José Manuel Sanches do seu iminente translado. Este novo afastamento, ainda a mais quilómetros da sua morada, nom fai mais que agravar a situaçom na que este preso e a sua família e achegados/as se atopam, e que a Plataforma Cidadá ‘Que Voltem a Casa!’ denuncia mais umha vez.

José Manuel Sanches foi transferido no passado mês de Fevereiro, na companha de Santiago Vigo, à prisiom de Mansilla de las Mulas. Em Abril Santiago Vigo abandonava Leom com destino à prisiom de Valdemoro, em Madrid, e nom foi até o presente mês de Junho que as autoridades penitenciárias decidirom afastar a José Manuel Sanches, que chega ao seu terceiro cárcere ainda à espera de juízo.

A Plataforma Cidadá ‘Que Voltem a Casa!’ anima a todas as pessoas solidárias com a situaçom destes dous presos a escrever-lhes e visitá-los nos centros penitenciários de Palencia e Valdemoro.

JOSÉ MANUEL SANCHEZ GORGAS
Centro Penitenciario La Moraleja
Carretera P-120, s/n
34210 Dueñas
Palencia

SANTIAGO VIGO DOMINGUEZ
Centro Penitenciario de Madrid III
Carretera Pinto-San Martín de la Vega, km. 5
28340
Valdemoro
Madrid

10 Julho 2009

XV RONDALHA DA MOCIDADE INDEPENDENTISTA



Perante a alarmante situaçom de desprotecçom e ataque que sofre a nossa língua e perante um futuro cheio de luitas a este nível, a AMI decidiu centrar os actos do 24 de Julho na defesa da língua.

A legenda escolhida: a mocidade em combate, a mocidade em galego! resume a nossa intervençom a este nível: nom deixar descansar os inimigos mais feroces do galego, que pensam ainda hoje em que rematar com a identidade deste povo milenário sairá de gratis. A mocidade combativa e rebelde tem-no claro. Só com umha defesa na rua da língua e com umha linha de intervençom volcada de cheio na promoçom do monolinguismo poderemos fazer um movimento forte e amplo que nos defenda.

Paralelamente, continuamos em combate para defender mais um ano que as ruas de Compostela nesta noite de luita som da mocidade. Agora que a delegaçom do governo e a polícia de choque se têm decidido mais do que nunca a impedir o passo da rondalha, a participaçom massiva dela é muito importante. O direito a ocupar a zona velha no 24 de Julho nom é só um direito da AMI, mas de todos e de todas conquistado durante anos com esforço. Um direito que hai que defender.

Os actos do dia serám:

-17h00-19h00, Palestra: Monolinguismo social na Galiza.

Falarám:

-Isaac Xubín ( Redes Escarlata)

-Beatriz Pérez Bieites ( comissom de língua da Gentalha do Pichel)

- Leo F. Campos (professor e músico)

- Aurélio López. ( AMI)

19h30-20h30: Cadeia humana pola liberdade dos presos independentistas. Praça da Galiza.

-20h30: ACTO POLÍTICO

Humor: Os da Ria

Actuaçom musical: Mini e Mero

Projecçom, demonstraçom de graffiti

Discurso

-23h00: XV RONDALHA DA MOCIDADE COM A BANDEIRA

CANGAS EN LOITA





Vencelham ataque em Cangas com oposiçom à rede empresarial que especula no Morraço
Fontes espanholas vencelham a destruçom de parte da sede de Caixanova em Cangas com a oposiçom à desfeita da costa. Segundo investigadores consultados pola imprensa empresarial, o ataque encadraria-se numha sequência de sabotagens da resistência galega contra diversas empresas amigas. Umha delas é Puentes y Calzadas, poderoso holding empresarial envolto na "operaçom Massó"; também Residencial Marina Atlántica foi ameaçada no passado ano, ao receber umha carta bomba na sua sede.

Finalmente, Caixanova, que padeceu o ataque, demonstraria para as forças policiais "que esta problemática é prioritária para independentistas radicais". A caixa do sul da Galiza foi atacada bastantes menos vezes que Caixa Galicia (com danos abundantes causados por independentistas na última década), mas também tem padecido algumha sabotagem.

Autonomistas emitem duras condenas.

Na linha habitual de se apresentarem como mais acérrimos que os próprios espanhóis, os autonomistas escolhêrom palavras duras para se desmarcar da sabotagem: "acto de barbárie", segundo Clara Millán, do BNG de Cangas, que também falou de "imposiçom de ideias" através da violência. Mais comedidas fôrom as autoridades espanholas, mais preocupadas por garantir umha eficaz ocupaçom policial da nossa Terra, como cada ano, em vésperas do 25 de Julho.

09 Julho 2009

Xornadas antiracistas en Teis

08 Julho 2009

FICHAXES 09/10:VASCO FERNANDES


A secretaría técnica do equipo segue apuntalando a zaga, e se trae nesta ocasión a un lateral dereito portugués que mesmo pode moverse tamén na posición de central. Esta quinta incorporación para o primeiro plantel dende que finalizou a tempada pasada é a primeira que chega en forma de cesión, inda que o Celta ten sobre este mozo de 22 anos unha opción de compra. A tempada pasada coincidíu co xa ex-céltico Roberto Souza no Leixoes, equipo revelación na primeira división lusa. Este internacional por Portugal en categorías inferiores é un xogador alto e rápido e potente. Falan da súa falla de madurez como un dos seus principais defectos, pero agardemos que non sexa ese un impedimento para poder rendir a un bo nivel durante a súa estadía en Vigo.

FICHAXES 09/10:SERGIO ORTEGA


Este central cántabro de 28 anos de idade militou no Numancia nas tres tempadas máis recentes, nas que vivíu un ascenso a primeira e o posterior descenso a segunda división; coa súa fichaxe, semella que os postos de centrais quedan xa pechados. Mentres Catalá semella agora mesmo o central fixo como titular, o outro posto disputarano, a priori, esta nova incorporación cos canteiráns Noguerol e Jordi. De ter que botar man dun quinto central, o xogador do Celta B Túñez ten calidade suficiente para dar o salto ó primeiro equipo se fora preciso. Ortega disputou na pasada campaña 20 encontros na primeira división, e en 19 deles o fixo como titular. O regreso ó banco soriano de Gonzalo Arconada propiciou a súa saída do clube castelán, xa que na súa anterior etapa á fronte do conxunto roxillo apenas contara con el. En Soria, a nivel de hinchada, falan moi ben del, polo que pode convertirse nunha contratación bastante interesante. Destaca polo seu compromiso e traballo sobre o céspede.

07 Julho 2009

DESCONVOCATORIA DE FOLGA


Na mañá do luns 6 de xullo, logo de 23 xornadas de folga, os traballadores e traballadoras do metal da provincia de Pontevedra acordaba suspender a convocatoria de paro indefinido, ante o descolgue protagonizado, primeiro por UGT e logo por CCOO, deixando unicamente á CIG á fronte da convocatoria. Non obstante, a volta ao traballo estará marcada nos estaleiros pola negativa a realizar horas extraordinarias até que as empresas non se aveñan a negociar a regulación da contratación. Dende a central tamén se enviou unha chamada á recuperar forzas e á recompor a unidade sindical de cara a continuar as mobilizacións até acadar un convenio digno.

FICHAXES 09/10:LÓPEZ GARAI


O terceiro reforzo para o vindeiro campionato procede do Castellón, clube no que militou e rendíu a un alto nivel nas dúas derradeiras tempadas -nesta última, foi titular en 35 dos 36 encontros que disputou-. Ó igual que Bustos, este basco de 29 anos tamén se move polo centro do campo desempeñando tarefas de contención, inda que neste caso tamén pode e debe desempeñar máis tarefas de organizador. Tamén agardamos que amose en Vigo o xogo que exhibíu no equipo albinegro, onde tamén se fixo moi querido e respetado pola súa hinchada, algo do que poucos dos xogadores que pasaron últimamente polo Celta poden presumir, e que fala moi ben deste xogador de Barakaldo saído da canteira do Athletic. Garai foi un dos xogadores de referencia nun equipo que leva dúas tempadas seguidas clasificándose nos primeiros postos da táboa, e que por exemplo nos gañou os catro partidos que disputamos contra eles en dous anos. En resumo, trátase doutra fichaxe máis con boa pinta, polo menos a priori.

FICHAXES 09/10:DAVID CATALÁ


A segunda incorporación para a vindeira tempada tamén procede do Salamanca, e neste caso trátase dun defensa central zurdo de 29 anos e de nacionalidade catalana. Segundo afirman, este xogador tamén contaba con bastantes pretendentes -mesmo algún de primeira-, pero a chamada de Torrecilla, co que coincidíu en terras salmantinas, pesou na súa decisión final. Destaca pola súa madeira de líder tanto dentro como fóra do campo, e polo seu bo trato co balón, xa que lle gusta sacalo xogado, e nas últimas tempadas foi titular indiscutible e apenas se perdeu algún encontro. En liñas xerais, está considerado como un dos mellores centrais da categoría, así que agardamos que continúe nesa liña, sobre todo tendo en conta os enormes problemas defensivos que viñeron lastrando ó noso equipo xornada tras xornada na liga pasada.

FICHAXES 09/10:CRISTIAN BUSTOS


Se este xogador rinde ó mesmo nivel que amosou no pasado campionato no Salamanca, estamos ante unha fichaxe moi válida e interesante para o noso clube. Botando unha ollada polos foros de siareiros do conxunto charro, todo son piropos para este mediocentro de corte defensivo e 26 anos de idade. Entre as características que máis destacan nel, están a súa loita e entrega sobre o céspede. Este alacantino é un auténtico pulmón para o equipo, e un xogador cunha boa velocidade que lle facilita estar en todas partes para cortar balóns. Ademais, semella que tamén sabe tocar o esférico con certo criterio, e está dotado dun disparo moi potente. A súa baixa estatura fai que presente máis carencias no xogo aéreo. Un exemplo da súa pegada no equipo castelán, é o feito de que toda a hinchada salmantina estivo durante meses suspirando porque o xa xogador céltico continuara no seu equipo polo menos un ano máis. Iso sí, chamounos a atención que todo o que eran loubanzas para el -eran moitos os que xa o miraban nalgún equipo da primeira división-, tornáronse en defectos trala súa sinatura co Celta, calificándoo como un xogador máis do montón e doado de suplir. Haberá que agardar entón a ver cómo se desenvolve sobre os terreos de xogo coa camisola celeste.

06 Julho 2009

FICHAXES 09/10

Despois da lamentable tempada realizada polo Celta, non nos queda outra que facer borrón e ilusionarnos co vindeiro campionato e pensar en tempos mellores para o noso equipo. Como tódolos veráns, é hora de altas e baixas, de chegada e saída de xogadores, de rumores e máis rumores, e do arduo traballo dunha secretaría técnica que polo menos non depende nesta ocasión do infame Ramón Martínez. Agardemos que o novo secretario técnico, Miguel Torrecilla, faga ben a súa laboura e acerte nas fichaxes xa realizadas e nas que inda quedan por realizar ata o inicio do campionato, ou máis concretamente ata que se peche o período de fichaxes. No noso blog iremos comentando as novas facianas chegadas ó noso equipo.

05 Julho 2009

O METAL NO CAMIÑO



Vídeo documental da marcha dos operarios do Metal da nosa comarca ata Santiago de Compostela. No apartado correspondete do blog tamén subimos hoxe novos e intresantes vídeos relacionados con este conflicto.

02 Julho 2009

DAB 20. PUNTOS DE VENDA E CONTIDO


O número 20 do noso zine Dende As Bancadas -sacado no derradeiro encontro ligueiro- pode adquirirse por dous euros na cervexería Piratas do Faro, na rúa rúa Falperra, ademais de vía internet contrareembolso -mais gastos de envío-, contactando co noso mail materialceltarras@yahoo.es

As perlas da canteira

Entrevista LoverCans

Celtic Soccer Crew (segunda parte)

Punk-rock na Euskadi dos oitenta

Manolo, o gran capitán

Entrevista A Roda

Historia do clásico Feyenoord-Ajax

O metal en loita

Inimigos do galego

Entrevista Fendetestas

Final de copa do 94

E moito máis

01 Julho 2009

SEGUNDA XORNADA DA MARCHA POLA DIGNIDADE (II)

































SEGUNDA XORNADA DA MARCHA POLA DIGNIDADE (I)














AVANTE O METAL!!!

CELTARRAS, SEMPRE PRESENTE