29 Junho 2009

O METAL, EN MARCHA POLA SÚA DIGNIDADE


Alá van dende esta mañá os compañeiros do Metal a pé polas estradas galegas ata Compostela na procura dese convenio que dende a Patronal non queren aceptar. Alá van cara a capital do país compoñentes de Celtarras reclamando dereitos e dignidade para a clase traballadora, e mañá inda se lles unirá máis celtarrada e máis traballadores para percorrer os kilómetros da derradeira xornada entre Padrón e os edificios da Xunta en Compostela, ata onde teñen prevista a chegada a iso das dúas e media de mañá. Ánimo e sorte para todos.













POLA DIGNIDADE DA CLASE TRABALLADORA

CONVENIO DO METAL SOLUCIÓN

O OURENSE QUEDA A UN PASO DO ASCENSO


Nadar e nadar para morrer na orilla. Iso foi o que lle aconteceu ó CD Ourense, que despois de pasar con relativa comodidade as dúas primeiras eliminatorias de ascenso a Segunda B, e tras ir por diante en boa parte da eliminatoria definitiva ante o Caravaca murciano, foi eliminado por un gol de diferencia encaixado no derradeiro treito dun encontro de volta marcado por unha lamentable e decisiva actuación arbitral. Unha mágoa.

Dende estas liñas, o noso ánimo a toda a xente de Algarada Vermella -cos que varios membros de Celtarras compartiron bancada nalgúns encontros desta fase de ascenso- e hinchada ourensanista en xeral. Ogallá que para o vindeiro ano acaden ese ascenso que se lles resistíu de forma inxusta nesta ocasión.

27 Junho 2009

COMO SEMPRE, OS DE SEMPRE, FACENDO AMIGOS




Este é o verdadeiro rostro dos corpos represivos. IMPOSIBLE RAZOAR.

MÁIS IMÁXENES DA LOITA DO METAL. XOVES DE ACOSO E REPRESIÓN EN BALAÍDOS

























VIDEO XORNADA DE FOLGA DO XOVES

26 Junho 2009

APOIANDO Ó METAL

25 Junho 2009

DILLES QUE SE VAIAN.....

NEN UN PASO ATRÁS, TODOS Á RÚA


A historia estase a escribir nas rúas de Vigo

Dende Celtarras consideramos un imperativo ético e social dar todo o apoio solidario á loita dos metalúrxicos de Pontevedra que, xunto cos traballadores e traballadoras doutras empresas radicadas en distintas zonas da Galiza, hoxe simbolizan no noso país a mobilizacion social e obreira contra unha resolución da crise capitalista favorable en exclusiva aos mesmos que a provocaron. A xente do Metal, polos seus métodos democráticos, asemblearios e combativos, sen se dobregar diante dunha Patronal que nos derradeiros anos aproveitou a bonanza económica nun contexto de contínua reducción da capacidade adquisitiva e recorte dos dereitos sociolaborais do persoal asalariado, ven sendo un exemplo para o conxunto da clase traballadora galega, en paralelo ás mobilizacions que están a acontecer en Grecia, Portugal ou na Franza.

Eiquí, non son eles os unicos que enfrontan as consecuencias dunha crise xerada pola destructiva capacidade do sistema para acumular riqueza nas mans duns poucos: as traballadoras do textil, con Caramelo à fronte, os das empresas do leite como Pascual, o persoal das fabricas como Bunge, Galfrío ou Vidriera del Atlántico, todos eles están a demostrar que só coa confrontación de clases e a defensa das liberdades públicas, pódese impedir a degradación das condicións de vida e de traballo do conxunto da poboación, fronte ao egoismo da patronal e a dureza dos gobernos que a sustentan.

Hai anos tentaron facer invisible á clase obreira, como se baixo o "capitalismo popular" dos Reagan e as Thatcher, quer dicer, a súa faciana neoliberal, todo o mundo poidera viver sen o salario, das rendas e dos investimentos financeiros. Agora que a xente de traballo, fonte de toda riqueza, está masivamente na rúa para defender os dereitos da humanidade desposuída, a maioría dos medios de comunicación manipulan a realidade presentando as manifestacións obreiras como actos criminais, salvando a cara da Patronal e das autoridades que a cotío exercen unha xorda violencia contra as condicións laborais e sociais do conxunto dos traballadores e traballadoras, sexan asalariados ou autónomos.

En realidade, o convenio do Metal de Pontevedra pasou a ser a fronteira que a Patronal española fixou para a totalidade dos sectores da producción: conxelación salarial, xornada laboral delongada, impago de horas extras, liberdade de contratación de inmigrantes para explotalos sen medida, precarización do emprego, submisión e illamento dos sindicatos, ameazas de deslocalización ou de peche ....E para os seus colegas do Goberno, pasou a ser cuestión de Estado, penalizando as protestas e a rebeldía, conculcando se fose preciso a liberdade de reunión e manifestación, a carón do dereito á información veraz e obxectiva. En consecuencia, na loita do Metal xogámonos moito máis que unha simple suba de xornais para un segmento da poboación empregada; está en xogo, ademáis do futuro do resto dos convenios e da calidade do emprego, o dereito a rexeitar o papel subsidiario que outros teñen decidido para as nosas vidas.

A crise do capital colocou a cada quén no seu sitio e os que pensaban que chegara "o fin da historia", non teñen outra que aprender a cantiga que dí: "detrás dos tempos veñen tempos, e outros tempos han de vir". Así pois, hoxe, a historia está a se escribir nas rúas de Vigo.

A súa vitoria é a vitoria de todos e de todas, e a unidade entre as forzas obreiras e sociais abre as portas a unha resposta contundente do conxunto da sociedade ao que é o fundo: a crise é do capital, dos capitalistas, e polo tanto son eles os que teñen que pagala, ao tempo que os dereitos e liberdades civís deben ser garantidos.

Adaptación do Manifesto de apoio ó Metal elaborado días atrás por un amplo número de persoas vencelladas á cultura do noso país.

24 Junho 2009

FOLGA DO METAL: NOVA XORNADA DE ACOSO E BRUTALIDADE POLICIAL



















23 Junho 2009

CELTA 1-XEREZ 1



Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

ACOSO E PROVOCACIÓN NA XORNADA DE FOLGA DE ONTE


























18 Junho 2009

A FAVOR DE GLORIA LAGO


Gloria Lago que estás nos ceos, presidenta, cabeza “pensante” e voceira de Galicia Bilingüe precisas de todo o noso apoio e comprensión. Ti nunca farías unha pintada colocando na diana á lengua e cultura galega. Non o farías porque mancharías as unllas co spray.

Hai uns meses tivemos outro exemplo de vitimismo barateiro cando un grupúsculo de mil persoas, convocados por Galicia Bilingüe, provocaron á poboación, de Compostela en partícular e de Galiza en xeral, cunha concentración contra as leis democráticas estabelecidas por un Parlamento lexítimo. Son grupos de choque antisistema.

Despois de meses de intoxicación, insultos, desprezos, mentiras e publicidade contra o idioma e cultura galega nos principais medios de comunicación de Galiza, La Voz de Galicia apoiou abertamente a campaña; un grupúsculo de 50.000 pais de alumnos de colexios concertados e privados con acento madrileño, usual por estes lares en determinados ambientes, outros miles de ex combatentes da Cruzada e do Movimiento contra os “rojos” e na División Azul, aderezado co pijerío de Donosti, Madrid, Sevilla, Valladolid e Burgos que ven en bus a Compostela a manifestarse contra a “imposición do galego”; cheos de mechas, botas altas de coiro, bronceados de discoteca alemá en Marbella e dietas de alcachofa , decidiron que a súa liberdade está en perigo nos versos de Rosalía que berraba nos seus poemas que Galiza nunca fose española, e eles son máis españois ca un botijo con mechas nos touros.

Que a súa liberdade estaba en perigo pois pertencer as clases “cultas” españolas está confrontado coa lingua proletaria dese outro pobo, que cantara Celso Emilio, que non é o deles.

Que a súa liberdade estaba ameazada porque Pondal os chamou imbéciles e escuros e gabou e soñou a redenzón dunha nación que hai moito tempo deixou de ser a deles, esta vez si, por libre decisión.

Exixen que Castelao retire aquilo de que se aínda eramos galegos era polo idioma galego. Queren a liberdade de ser galegos anglofalantes, e por iso comezaron polas mechas, para parecer máis british, e co COU en EUA, os veráns en inglés no Valle de los Caídos, e en Irlanda. A pijería exixe que as mil primaveras que desexara Cunqueiro para esta lengua doente sexan trasladadas aos mil ríos para facer encoros e minicentrais coas que alumear o Santiago Bernabeu, frotarse as mans e facer negocios para que os fillos aprendan inglés no estranxeiro.

Todas estas razóns “válidas” e “democráticas” impedirán falsificar desexos aínda máis falsos. Os colexios xa non terán que finxir cumprir unha lei, nen un decreto, que nunca cumpriron nen pensaban cumplir, só disimular.

Non esquezamos que a maioría dos colexios concertados, os que representan a forza de choque de Galicia Bilingüe, son cristiáns-católicos. E mentir é moi malo, así non se vai ao ceo.

DENDE AS BANCADAS 20

Este sábado remata a liga 08/09 ás seis e media da tarde en Balaídos, e neste encontro sacaremos o vixésimo número do zine Dende As Bacadas, como de costume con contido abundante e variado.

17 Junho 2009

O METAL A FERRO E LUME


Duas sabotagens fôrom efectuadas nesta madrugada no sul da Galiza, que está a viver um clima de grande conflituosidade operária, embora nestes momentos ainda nom se saiba se estám relacionadas entre si. Na paróquia de Priegue, em Nigrám, um incéndio supostamente provocado por cóqueteis molotov calcinou três automóveis dum concesionário da Renault umha hora depois de média-noite. O ataque produziu-se num pátio exterior onde se exibem os veículos para a venda, segundo informa o presidente da cámara municipal de Nigrám. Agentes da Guardia Civil espanhola investigam o caso.

Por sua parte, um caixeiro de Caixa Galicia estourou em Vigo entre as 2h00 e as 2h15, produzindo diversos destroços, segundo informam bombeiros e Polícia Local da cidade. A polícia espanhola suspeita que os danos produzidos no caixeiro ubicado no nº 114 da Estrada Provincial –diante do colégio Lope de Vega–, fôrom causados por umha bomba.

Actualizaçom

Há uns minutos José Alonso Rodríguez, presidente de Instalectra, a patronal que agrupa várias empresas de instalaçom eléctrica de Ponte Vedra -e que segundo os sindicato é umha das patronais que está a bloquer a negociaçom do convénio do metal- denunciou em Rádio Galega que a sua vivenda na paróquia de Beade fora objecto dum ataque supostamente com cóqueteis molotov, há duas madrugadas. Contodo, o empresário reconheceu que a sua família nom se percatou do sucesso até a manhá de hoje (sic) quando vírom queimada a fachada da casa.

Confusom mediática

Os meios empresariais estám a fornecer informaçons contraditórias sobre os ataques; no caso de Nigrám, algumhas fontes falam de artefactos explosivos, enquanto outras apontam à utilizaçom de garrafas incendiárias. O que si semelha mais claro é que o local de Caixa Galicia foi destruído por umha bomba: o ruído fijo acordar à vizinhança, e os danos que se aprezam na foto nom correspondem com os causados polo lume.

Resistência galega e greve do metal.

Nom é a primeira vez que a violência política sacode interesses económicos na Galiza sul. Há dous anos, e coincidindo com a passada greve do metal, um pequeno artefacto explosivo causava danos na sede da patronal no bairro de Teis. O ataque coincidia precisamente com bombas da resistência galega em Nigrám e Cangas, apontando interesses urbanísticos.

Caixa Galicia, de facto, é um dos alvos preferentes dos ataques independentistas, o que levou à companhia a contratar segurança privada em datas emblemáticas, e a reforçar as suas sedes com dispostivos especiais de videovigiláncia.

Declaraçons de Antón Louro.

Posto em contacto com os meios, o novo delegado do governo apressou-se a desvincular os ataques da greve a aplaudiu os sindicatos. A central nacionalista e, por suposto, as burocracias CCOO e UGT, passárom polo ritual democrático da "condena à violência". Por seu turno, o político espanhol continuou a linha argumental do seu predecessor no cargo, Manuel Ameijeiras: "som grupos radicais ultraminoritários que aproveitam situaçons de tensom para aparecer, e que actuam periodicamente na nossa comunidade". Alude assi à resistência galega, para manifestar o seu desejo de que "acabem pagando polas suas acçons"

12 Junho 2009

FOLGA NO METAL







08 Junho 2009

MANIFESTACIÓN EN SOLIDARIEDADE COA LOITA DO METAL



Manifestación o martes 9 de xuño ás 20 da tarde en Vigo en solidariedade coa loita do Metal por un convenio xusto

Sairá do cruce de Gran Vía con Urzáiz e rematará na Praza da Estrela

O martes 9 de xuño ás oito da tarde terá lugar unha manifestación na cidade de Vigo, convocada por CIG, CCOO e UGT, en solidariedade coa loita do Metal e en apoio aos milleiros de traballadores que despois de seis xornadas de folga continuarán nesta semana cunha nova convocatoria de folga, que desde o mércores será indefinida e que o venres esta folga terá carácter xeral polo que están chamadas todas as empresas do sector, mesmo aquelas que teñen convenio propio. A continuación reproducimos un folleto que vai ser repartido á cidadanía, chamando á convocatoria desta manifestación, que sairá ás oito da tarde do cruce de Gran Vía con Urzáiz e que rematará na Praza da Estrela. 03.06.09 Folga metal XXVIII

Os traballadores e traballadoras do Metal a toda a cidadanía

Queremos transmitirvos a nosa verdade por medio deste escrito xa que os acontecementos diarios son constantemente deformados interesadamente por algúns medios de comunicación, que tamén son empresas. Antes de nada pedir desculpas polos trastornos que causamos nas nosas manifestacións, e sobre todo cando son disoltas de xeito brutal pola policía recaendo tamén nos cidadáns os golpes e pelotazos. Incluso os danos materiais nos negocios que por darnos acollida aos manifestantes, as súas cristaleiras son abatidas a queimarroupa en diferentes lugares da cidade.

Os 23.000 traballadores do Sector do Metal na Provincia, soldadores, mecánicos, chapistas, caldereiros, electricistas, torneiros, fresadores, pintores, fontaneiros, etc, somos os pais dos mozos e mozas que andan polas rúas da cidade, somos os irmáns, primos, fillos e fillas, os amigos e amigas que coñecedes, os amigos dos vosos fillos e das vosas fillas, somos como a inmensa maioría, traballadores que cobramos sobre mil euros en oito horas, e como non chega para pagar os gastos da casa e todo o demais, moitos de nós traballa once horas ao día, e por esta razón, cando chegamos aos cincuenta anos temos diferentes lesións incurábeis.

Todos os anos vemos falecer algún compañeiro en accidente laboral, mentres os nosos Patróns non renuncian aos seus chalets con piscinas nin aos seus barcos nin as grandes comidas nos mellores restaurantes. Eles nunca acaban pobres. Moitos empresarios non cumpren a Lei que é o noso Convenio, e traen traballadores de fora pagándolles a metade do salario, porque nós debemos resultarlles caro. Esta é a verdade do Metal.

Pedimos 0,50€ de incremento por hora traballada, pero eles xa subiron mais de 3 € na mesma hora aos seus clientes. Falan de crise e aproveitan para despedir de maneira barata, mentres reciben millóns de axuda pública do diñeiro que nos pagamos como impostos. Din que xa perderon 70 Millóns de € con esta Folga, pois con este diñeiro pagarían 6 anos do incremento salarial que pedimos. Din que resultamos caros con esta crise, pero os nosos salarios son moito mais baixos e temos mais contratos precarios que en Cataluña, Madrid, Francia, Alemania, Bélxica, ou acaso nestes lugares non lles afecta a crise?

Pensa en quen son os Agresores e quen os Agredidos. O noso Convenio axuda a mellorar o resto dos Convenios, por esta razón toda a Patronal quere vencernos, someternos e voltar a ter ao 70% de traballadores eventuais, despedir libremente, contratar ETTs, non pagar as horas extras obrigadas, non dar os días de descanso, e quedarse cunha parte maior dos nosos salarios. A nosa loita é por dignidade e ti sabes do que falamos.

07 Junho 2009

CELTA 2-ALAVÉS 1


Antes de nada, debemos enviar o noso ánimo a unha hinchada alavesista que tivo un comportamento exemplar na nosa cidade, e que tivo que regresar para Euskal Herría co pau de verse a un paso da Segunda B, e agardamos que sexa iso o peor que lle poida pasar a un clube que agora mesmo ten un futuro incerto. Dende o pitido final, dende Celtarras amosámoslle o noso apoio, tanto dende a nosa bancada como nos aledaños de Balaídos, respostada por eles -moitos, con bágoas nos ollos- con bos desexos e ánimos para o Celta, ademais de intercambio de bandeiras e bufandas.


O encontro transcorreu con moitos nervios e moito medo á derrota por parte dos dous equipos, e inda que os visitantes chegaron pouco sobre a meta céltica, nas veces que o fixeron, un sensacional Falcón tivo que empregarse a fondo para evitar que éstes se adiantaran no marcador. Unha vez máis, os derradeiros intres de encontro foron non aptos para cardíacos. O canteirán Iago Aspas adiantaba ó noso conxunto no derradeiro treito de encontro -a primeira foto desta entrada pertence ó intre no que remata coa súa testa contra a porta rival-, pero o seu gol sería neutralizado polo Alavés pouco antes de chegar ó minuto noventa de encontro. Cando os catro minutos de compensación estaban a piques de rematar, e cando a nosa hinchada xa estaba resignada a ver cómo se nos escapaban novamente dous puntos que xa tiñamos no peto, de novo aparecería Aspas para acadar o seu segundo gol e facer estoupar a un Balaídos que por fin puido celebrar a consecución da permanencia. Nada máis rematar o encontro, Falcón, o outro heróe da xornada, achegouse ata a nosa bancada para lanzarnos a súa camisola.


Este encontro ten que servir de trampolín á canteira céltica e ós xogadores galegos para o primeiro equipo na vindeira tempada, e que tivo nesta ocasión a Iago Aspas e Dani Abalo como grandes figuras. O Celta empregou neste encontro a sete canteiráns (Lago, Jordi, Noguerol, Michu, Vila, Abalo e Aspas), ademais do tamén galego -inda que non canteirán céltico- Trashorras. Ese ten que ser o camiño a seguir, e polo que o clube ten que recuperar á súa masa social, sendo fiel á súa identidade, e voltando ás súas raíces. Nós abogamos por ese presente e futuro con máis canteiráns e futbolistas que sintan as cores, e menos mercenarios que chegan ó Celta como estación de paso nas súas carreiras.

No aspecto ambental, a zona do Luar foi tomada por numerosos antidisturbios provistos de cascos e escudos dende horas antes do comezo do encontro, que en todo momento mantiveron unha actitude provocadora, cun engadido despregue esaxerado de furgonetas na mediana de Manuel de Castro, mentres a un lado e outro da estrada, centos de siareiros do Celta e do Alavés convivíamos con total irmandade e normalidade, facendo que a presencia policial fora ridícula.


Dentro do estadio, tivemos moita xente presente no noso sector, cunha representación de Herri Norte Taldea e City Boys incluída, e moi boa animación, con bengalas tralo primeiro gol e algún rifi-rafe con gardas xurado e policía ó remate do encontro.


Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

05 Junho 2009

COMUNICADO DE CELTARRAS


Ante a violenta actuación policial, tan desproporcionada como inxustificada, iniciada ó remate da xornada de folga deste pasado mércores 3 de xuño -e continuada o 4 de xuño- contra os operarios do sector do Metal da comarca de Vigo que levan semanas manifestándose na procura dun convenio colectivo xusto, Celtarras quere amosar e manifestar, como sempre o fixo, todo o seu apoio e solidariedade con todos eles, en especial cos que tiveron que recibir asistencia médica; tamén aplaudimos a resposta que a cidade de Vigo lle deu ós corpos represivos, nunha lección de autodefensa e resistencia, e demostrándolles que por moitas compañías coas que nos invadan e agredan, non van poder coa nosa xente.

Lonxe de rendirse ante os brutais ataques sufridos, os operarios tentaron continuar exercendo o seu lexítico dereito á folga e a manifestarse polas nosas rúas, dereito que tentaron secuestrarlles, mentres que dende os medios desinformativos fan a súa laboura encargándose de convertir ás víctimas en agresores.

Denunciamos que se quera convertir un conflicto laboral en conflicto policial, e ó mesmo tempo, animamos a tódolos membros do noso colectivo a seguir apoiando esta loita como ata agora se fixo, e ata que non se produza unha solución da mesma, empregando TÓDOLOS medios que sexan precisos para defender a dignidade e os dereitos da clase traballadora.

Nen un paso atrás, nen para coller impulso

Celtarras, siareiros RCC

Vigo, a 5 de Xuño de 2.009

METAL EN LOITA








MEMBROS DE CB, NOVAMENTE EN BALAÍDOS


extraído do blog de City Boys:

A falta de tres jornadas el R.C.Celta de Vigo se juega la permanencia en Segunda División contra el Deportivo Alavés, en un partido clave para la salvación, por el duelo directo contra el equipo de Gasteiz.

Tras el Alavés, un Sevilla At. vs Celta y el Celta vs Xerez, nos dirán si los celtinhas seguirán o no en la división de plata. Para este partido se desplazará a Vigo un coche de miembros de CityBoys, que aportará su granito de arena en el fondo Celtarra que será el encargado de llevar en volandas a su Celta.

Más de 2.000 Km. entre ida y vuelta, que reforzará la amistad que une a CityBoys con el mejor grupo de Galiza. Toda la suerte del mundo al Celta.

CityBoys y Celtarras siempre camaradas.

04 Junho 2009

METAL EN LOITA













XORNADA DE ONTE NO METAL


Anuncianse tres novas xornadas de folga no Metal para a semana, e o último dia será unha folga xeral do sector

Marchas, mobilizacións e cargas policiais nesta nova xornada de folga

Nova xornada de folga do Metal na provincia de Pontevedra, que continúa como unha folga consolidada e que segue a mobilizar a milleiros de traballadores e traballadoras nas rúas. Neste dia anunciouse a convocatoria de tres xornadas máis de folga para a próxima semana, mércores, xoves e venres, convocando no último dia desa semana a todo o sector do Metal, mesmo aquelas empresas que contan con convenio propio como Citroen. Tamén este mércores volveron actuar dun xeito desproporcionado e violento as forzas antidisturbios, que fixeron a súa aparición na Praza de América, a toda velocidade, e que desde aí comezaron cargas indiscriminadas, que rematarían fronte ao estaleiro de Barreras, onde de novo os folguistas resistiron ao lanzamento masivo de pelotas de goma e botes de fume. E o xoves terá lugar a segunda xornada da folga do Metal desta semana. 03.06.09 Folga metal XX Como en anteriores ocasións, os traballadores e traballadoras en folga pola negociación do convenio provincial do Metal de Pontevedra reuníanse a primeira hora da mañá nos seus centros de traballo. Desde aqui volvian organizar marchas, que visibilizaban a forza deste sector, tendo presenza nas rúas milleiros de folguistas polo centro da cidade.

Marchas polo centro da cidade

Asi, na zona de Mos saía unha marcha desde o alto de Puxeiros, cos piquetes desa zona, que decidiron vir camiñando pola autovia, cortando o carril de acceso a Vigo durante a hora e cuarto na que se prolongou a súa camiñada. Na Seat, xa na Avenida de Madrid, confluiron co piquete desa zona de concesionarios e cortaron o tránsito nunha mobilización que chegaba á Praza dos Cabalos, onde agardaban o resto dos seus compañeiros e compañeiras. En Vulcano xuntábanse tamén desde primeira hora, e camiñarian desde Sanjurjo Badía, continuando polas Travesas e confluindo desde a rúa Pizarro tamén na Praza dos Cabalos, onde tamén chegarían pouco despois os da zona do camiño do Caramuxo. Desde Barreras saiu o número máis numeroso de folguista que percorría as principais rúas do centro de Vigo, desde Beiramar, até Colón, Urzáiz, Gran Via, para rematar na Praza dos Cabalos. Pouco despois das once e vinte saia xa todo o conxunto de piquetes cara a Praza do Concello, para realizar unha asemblea neste espazo

Convocatoria de tres xornadas máis de folga

Asi, nesta asemblea, e en representación da CIG, interviña o secretario nacional da CIG Metal, Miguel Malvido. Malvido informou de que están a chegar multas a aqueles compañeiros que identificaron na carga policial e na folga da semana pasada, polo que indicou que "podedes chamar a calquera das tres centrais sindicais para que se asesoren e se fagan alegacións en contra destas sancións". Sobre o estado da negociación sinalou que "a patronal ameazou con que a partir das doce da noite de onte retiraban a proposta que habia enriba da mesa. Esta patronal que durante bastante tempo nos estivo a marear, unha patronal que xa temos definido en máis dunha ocasión como reaccionaria e que vive no século pasado, unha patronal que se ten negado incluso a sentar a negociar, pois onte tiveron a ousadia de dicir que onde tiñan unha proposta agora non habia nada". O secretario nacional da CIG Metal engadia que "non entenden, din eles, como nun momento de crise os traballadores do metal da provincia de Pontevedra rebelámonos, e nos dicimos que nos rebelemos porque temos unha longa tradición de loita e mobilización, porque temos un convenio que fomos construindo ano a ano, e porque temos dignidade, e a dignidade é cando un sabe o que se merece moito máis do que está ofertando esta patronal. Mais diante desa provocación da patronal imos contestar: a semana que vén tres dias de folga, e o terceiro dia folga xeral do sector do Metal, e a partir de aí folga indefinida, pero non vai ser unha folga indefinida calquera senón que o imos ir decidindo, imos darlles onde máis lles doe e haberá dia que convoquemos e desconvoquemos, segundo nos vaia interesando a nós, para que realmente sintan que os traballadores do Convenio do Metal están pelexando por un convenio digno e xusto".

Marcha até a Praza de América

Despois desta asemblea os traballadores e traballadoras do Metal en folga decidían encamiñar os seus pasos cara á Praza de América, onde previsibelmente tería rematado esta xornada despois dun corte de tránsito nesta xona. Na Praza de América, e cando xa era a unha da tarde, máis de doce furgóns policiais fixeron a súa entrada, a toda velocida, nesta praza, desaloxando a cantas persoas permanecían alí concentradas pacificamente. Foi aqui onde comezaron as cargas, indiscriminadas e contra cidadáns e cidadás que nada tiñan que ver coa folga, como señoras maiores que agardaban polo bus ou nais cos seus fillos. Os traballadores que se refuxiaron no Centro Comercial das Camelias recibiron pelotazos dos antidisturbios, que racharon os vidros deste centro. Finalmente os antidisturbios continuaron a cargar forzando aos folguistas a refuxiarse no estaleiro de Barreras, onde o lanzamento de botes de fume e de pelotas de goma foi masivo e moito máis violento que na pasada semana, sendo numerosas as persoas que recibiron o impacto das pelotas de goma. Aínda así os traballadores e traballadoras resistiron estes ataques, posibilitando que ás tres da tarde, co recuar dos antidisturbios, puidera ter lugar unha asemblea final en Barreras para analizar o acontecido nesta xornada de folga.

Na segunda xornada de folga haberá unha "resposta proporcional"

Nesta asemblea interveu Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, que cualificou a intervención policial de "inesperada e desproporcionada", e lembrou que "se a Policia ten ganas de intervir e deter alguén nós podémoslles dar alguns nomes, como algúns dos que están a negociar o convenio provincial do Metal". Alcántara anunciou que "como non sabemos o que vai pasar mañá e nós non nos imos esconder, vamos tentar darlle unha resposta proporcional a isto, imos organizala e que saiban que cada vez que fan algo como isto a nosa resposta vai ser maior".

FOLGA DO METAL

INVASIÓN ALAVESISTA


Van quedando menos horas para a finalísima deste sábado, e dende Euskal Herría se anuncia unha grande presencia de siareiros do Alavés na nosa cidade. Ó igual que acontece en Vigo, en Gasteiz tamén está todo o mundo moi volcado con este encontro, onde o ritmo de venda de entradas vai a un ritmo espectacular, polo que os de Mendizorroza mesmo non descartan solicitar máis entradas das 1000 que xa lles enviara o Celta. Chegarán a Vigo moi convencidos dunha victoria que nós non podemos deixar escapar de Balaídos, e por iso temos que estar todos aí, dende o primeiro minuto ata o derradeiro, a tope co equipo.

Quen non teña entradas para Fondo, nós teremos invitacións para repartir dende horas antes do encontro no noso lugar de reunión habitual, entre os socios e simpatizantes en xeral da nosa peña.

SEMPRE CELTA

02 Junho 2009

ENTRADAS PARA SOCIOS


Todos os que sexades socios de Fondo, pasade durante esta semana pola oficina de socios en Balaídos para recoller as tres invitacións que vos corresponden; en caso de que non teñades a quen darlle algunha delas ou as tres, darllas o mesmo día do encontro na zona do Luar á xente que habitualmente leva o material da peña para repartir entre a xente que non teña entrada. Grazas.

01 Junho 2009

INICIATIVAS CELTA-ALAVÉS


O Celta volve a levar a cabo iniciativas de cara a encher Balaídos no vital encontro do vindeiro sábado. Os socios poden retirar de balde durante esta semana (na oficina de socios) tres entradas adulto para a súa bancada, mentres que os menores de 14 anos tamén poderán entrar sen ter que pasar por taquillas (iso sí, terán que rertirar tamén a súa invitación durante esta semana). Ademais, tamén se poden mercar entradas a tres euros, sendo indispensable para que ésta teña validez vestir unha camisola do Celta (da igual a tempada) o día do encontro.

AGORA MÁIS QUE NUNCA


O Celta, o noso Celta, dende o seu nacemento en 1923 ten pasado por innumerables momentos, mellores e peores, con grandes triunfos e derrotas humillantes, con ascensos e descensos, finais de copa, a Copa de Europa, partidos para meterse en semifinais de UEFA, a ameaza de descenso administrativo por mor dos avais, etc.

O que nos xogamos este vindeiro sábado a partir das seis e media da tarde en Balaídos non ten nada que ver con todo o vivido en tantos e tantos anos de existencia do Celta. A falta de claridade á hora de falar da viavilidade da entidade ante un hipotético descenso á división de bronce do fútbol estatal fan que éste sexa o partido -esta vez sí- máis importante en toda a historia do clube, xa que non nos estamos a xogar un título ou un troco de categoría; trátase de gañar para continuar existindo.

O sábado, máis que nunca, SEMPRE CO CELTA

AUPA COMPOS



Parabéns a toda a hinchada compostelanista polo seu ascenso a Segunda B, achegándose algo máis á categoría que lle corresponde.