28 Dezembro 2008

GALIZA 7-CATALANAS DE BALEARES 1




VIOLENCIA POLICIAL NO GALIZA-IRÁN (II)














GALIZA 3-IRÁN 2





A Irmandiña acadou unha traballada vitoria sobre unha selección iraniana que tralo ollado sobre o céspede de Riazor non víu de paseo a Galiza, e en diferentes fases do encontro (sobre todo do primeiro tempo) mesmo se amosou superior ó combinado galego, que se adiantou en dúas ocasións (1-0 e 2-1) mediante dous goles acadados por un Nacho Novo que se convertíu nun dos heroes da noite na súa estrea coa selección galega. O vigués Losada acadaba o 3-1 de penalti, mentres un segundo tanto visitante no derradeiro treito de encontro deulle unha maior emoción ós minutos finais.

Salientar a presencia na selección galega de numerosos xogadores e ex xogadores célticos, así como doutros que pese a non pasar polo noso clube sí que foron nados en Vigo e arredores, o que convirte ó noso equipo e á nosa comarca no grande viveiro de xogadores para a nosa selección, feito que nos enche de orgullo.

AVANTE GALIZA

E COMA SEMPRE, OS DE SEMPRE... POLICÍA ESPAÑOLA, POLICÍA FASCISTA




A policía española, pese a non ser convidada nen benvida na festa da Irmandiña, fixo acto de presencia nos arredores do estadio de Riazor para levar a cabo diversas cargas contra siareiros da nosa selección que participaban na habitual manifestación na que se solicita a oficialidade das diferentes seleccións nacionais galegas.

24 Dezembro 2008

TOD@S A CORUNHA!!


Direito a competir. Direito a decidir Sábado, 27 de Dezembro

- a partires das 16h00 e com a chegada a cidade dos autocarros de todo o pais, combinaremos pola Rua do Orçam para fazer umhas primeiras horas de confraternizaçom. Havera festa em colaboraçom com os locais mais comprometidos com a nossa selecçom,grupo de musica tradicional e muitas mais cousas.

- 19h00 saira do Campo da Lenha (praça de espanha) umha manifestaçom sob a legenda “Direito a decidir. Direito a competir” que percorrerá diferentes ruas da cidade de Corunha.

- 20h45 Jogo de Galiza.

- 23h00 e pontual com o remate do jogo,começara o concerto no Frontom de Riazor(anexo ao próprio estádio e mais concretamente ao fondo onde nos situaremos) ali actuarám:

LAMATUMBA
SKACHA
TONHITO de POI e Rasa Loba
TRAPALLADA

23 Dezembro 2008

FAITE SOCIO

Se inda non te fixeches socio de Celtarras 08/09 todavía podes facelo antes de que remate este mesmo 2008, na cervexería Piratas do faro. No mesmo local tamén podes adquirir diverso material de Celtarras como fanzines ou bufandas, ademais do libro fotográfico de Eugenio Álvarez.

20 Dezembro 2008

O MURCIA-CELTA DE HOXE, SUSPENDIDO


www.celtavigo.net

El partido de Liga previsto para esta tarde en la Nueva Condomina entre Real Murcia y Real Club Celta ha sido aplazado a causa de la intoxicación sufrida por una docena de jugadores del cuadro local, presuntamente en la cena navideña celebrada el pasado miércoles. La Federación Española de Fútbol acaba de comunicar a las partes su decisión de suspender el encuentro. Los célticos regresarán hoy mismo para iniciar sus vacaciones de Navidad.

18 Dezembro 2008

NOVO LOCAL SOCIAL EM TEIS


Cartons 2009 já na rua!



Como estes últimos anos, o colectivo popular Siareiras/os Galegas/os pom em andamento umha campanha com vários fins: acompanhar e disfrutar dos jogos das nossas selecçons (Galiza – Chile, masculino, o Sábado 27 de Dezembro às 20.45h na Corunha; e Galiza – Euskal Herria, feminino, o Domingo 28 de Dezembro às 17h em PonteVedra), e reivindicar o direito a participar em competiçons oficiais em pê de igualdade com qualquer umha outra naçom.

Já estam à venda os cartons de sócia/o do nosso colectivo (desde hoje até a Sexta-feira dia 19), nos locais habituais:

Local Social Faísca (Rua Toledo nº9. O Calvário)
Local Social Revolta (Rua Real nº 32. Casco Velho)
Café Os Piratas do Faro (Rua Falperra)
Tenda A pola na pola (Rua Cervantes nº 19)

O preço do cartom é de 7 euros, e para as e os primeiros 1500 em todo o pais haverá umha camisola de agasalho.

E por três euros mais o DVD commemorativo do Xº aniversário do colectivo, com imagens dos anteriores jogos das selecçons.

Só haverá quatro auto-carros, polo que as 220 pessoas primeiras em solicitalo seram as que tenham praça, o resto terá que buscar meios alternativos para chegar lá. O preço será de 5 euros.

14 Dezembro 2008

ENTREGA DE XOGUETES


O pasado venres, o noso grupo fixo entrega a un dos organizadores de Vigolandia dos xoguetes que mercamos para a tómbola que celebran cada nadal dende fai xa varios anos. Nas seis edicións ateriores, xa recadaron uns 120.000 euros que se repartiron íntegramente entre diversas asociacións benéficas, como por exemplo San Francisco ou San Rafael. Lembramos que este é o segundo ano consecutivo no que Celtarras colabora con esta iniciativa solidaria.

POLICÍA ASASINA



O siareiro do Sao Paulo morría días atrás.

CELTA 2-ZARAGOZA 0



Tralo fiasco de Las Palmas, o Celta resarcíuse neste encontro cunha grande e merecida vitoria ante un Zaragoza que chegaba a Vigo despois de cinco xornadas sen perder e ocupando postos de ascenso. Para voltar á senda do triunfo, Pepe Murcia prescindíu de xogadores habituais no once titular, como Trashorras e Ghilas. O adestrador cordobés fixo caso á petición dun segundo punta acompañando a Dinei, e a aparición de David Rodríguez semellou darlle máis mordente ó ataque céltico. O Celta saíu moi enchufado ó encontro, e dende un primeiro intre xa quiso facernos esquecer a imaxe da xornada pasada, e pese a chegar sen goles ó descanso, o marcador xa debería ter reflexado nese intre algún gol ó noso prol. Tralo sensacional gol inicial de Dinei, o canteirán Dani Abalo puido estrearse como goleador no primeiro equipo.

Mención especial merece o arxentino Rosada, que realizou un encontro espectacular, e que continúa amosando unha progresión tremenda partido a partido, e se fai uns meses criticabamos a súa presencia no equipo, agora mesmo é un dos grandes pilares do mesmo.

O vindeiro sábado rematamos o ano visitando a un Murcia que, ó igual que o Las palmas na xornada pasada, chegará ó choque moi necesitado de puntos. O Celta debe dar neste encontro un golpe na mesa e traerse os tres puntos para o noso país, o que lle permitiría chegar ó parón de nadal moi preto dos postos de ascenso, e nunha magnífica posición para recibir ó Hércules na xornada do 4 de xaneiro.

Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

07 Dezembro 2008

LAS PALMAS 2-CELTA 0


Por fín crebouse a xeira de encontros ligueiros que levabamos sen perder, e dicimos o de por fín porque semellabamos tan obsesionados en seguir incrementando esa racha, que últimamente semellaba máis importante non caer derrotados que realmente pensar en gañar, e a ver se a partires de agora comezamos a sumar de tres en tres, e nada mellor que comezar xa o vindeiro sábado ante o Zaragoza, que chega a Vigo ocupando os postos altos da clasificación.

Neste encontro no estadio de Gran Canaria, o Celta disputou un dos seus peores encontros da tempada, deixando un espectáculo bochornoso que ogallá fora unha páxara dun día, e que non teña continuidade no vindeiro encontro. O Celta sempre se amosou desenchufado do encontro, Rubén fixo a súa enésima idiotez e facilitou ós locais que se adiantaran no marcador, Edu Moya autoexpulsouse no centro do campo, e Pepe Murcia foi fiel ó seu estilo conservador e á súa pésima capacidade para ler os encontros, así como para confeccionar convocatorias. O tiro ó longueiro por parte de Rosada cando o encontro estaba a piques de chegar ó descanso quedouse nunha mera anécdota dentro do malísimo encontro despregado polos nosos xogadores; unha vez máis, o país canario foi gafe para o Celta, quen segue contando por derrotas as súas derradeiras visitas ós seus campos.

O plantel céltico ten calidade suficiente para estar situado moito máis arriba nunha categoría onde o nivel semella ser menor que en anos anteriores, e alguén debería poñerlle remedio a isto agora que inda queda moito campionato por diante e todavía queda tempo e puntos suficientes para reaccionar.

05 Dezembro 2008

O COMPOS EN VIGO


Este domingo, a partires das cinco da tarde, a SD Compostela xogará de novo un encontro ligueiro na nosa cidade, nesta ocasión ante o Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales.

O Compos chega a Vigo como líder do grupo galego de terceira división, posto que acadou trala súa vitoria na xornada pasada. Atrás quedan xa os anos en que Celta e Compostela disputaron aqueles encontros en segunda e primeira división, e que sempre distaron moito do típico clásico cargado de tensións e rivalidade. Celta e Compos protagonizaron sobre todo na década dos 90 a verdadeira festa do fútbol galego, con dúas hinchadas irmanadas e unidas polas mesmas cores, as cores branca e celeste da nosa bandeira nacional. Eran os tempos do Celta e Compostela, xuntos na primeira, berro que tamén quedou inmortalizado nuns colantes sacados polo noso grupo.

Durante anos, o conxunto da capital galega soubo codearse co mellor do fútbol estatal, deixando grades momentos para o noso fútbol. A tempada 02/03 foi a súa derradeira no fútbol profesional. Pese a quedar clasificado no 9º posto da segunda división, os problemas económicos condeárono ó descenso administrativo a Segunda B. A cousa foi de mal en peor, e a un descenso a Terceira tras quedar penúltimos de grupo seguíulle outro administrativo a Rexional (novamente por motivos económicos), da que non puido sair ata meses atrás, despois de catro anos viaxando polos campos desa categoría.

Non será ésta a súa única visita á nosa cidade durante esta tempada, xa que na segunda volta deberá visitar os campo do Gran Peña, co que xa xogou en San Lázaro na xornada pasada, e do Coruxo, ó que precisamente recibirá na vindeira xornada, xa que os caprichos do calendario fixeron que se teña que enfrontar cos tres equipos vigueses da categoría de forma consecutiva.

Tras acadar o ascenso na tempada pasada dende a Rexional, o Compos está agora mesmo en condicións de loitar por meterse na fase de ascenso a Segunda B, e ogallá no vindeiro ano teñamos un derbi nesa categoría, inda que sexa co noso filial.

SANTI VIGO EM ISOLAMENTO


Segundo nos comunicou o próprio Sánti Vigo desde a prisom de Aranjuez, onte, quarta-feira 3 de Dezembro, seria transferido para o módulo de isolamento por espaço dumha semana. A reclusom de Sánti neste módulo de castigo, onde já estivera três dias por este assunto, é produto da agressom que ele próprio sofreu a maos de carcereiros o 14 de junho de 2008.

O militante galego fora objecto dumha tunda a maos de quatro carereiros de Aranjuez. A malheira produziu-se trás o vis familiar mantido com a sua mae e irmao e afectárom de forma generalizada o corpo de Sánti Vigo (cabeça, tórax, braços, etc.). Esse dia quatro carcereiros de Aranjuez exigiam ao prisioneiro político que se espisse de arriba abaixo para ser revisado “por razons de segurança” (sic). Ante tal petiçom, o preso exigiu umha bata com a que cobrir-se. Contodo, a deposiçom dos seus objectos pessoais sobre umha mesa e o espido integral nom fôrom suficientes para os quatro carcereiros que manifestárom que “ahora queremos ver-te el culo”. A negativa de Vigo a este trato humilhante deu lugar a que os funcionários ciscassem as suas pertenças polo chao e o conduziram a isolamento, onde foi agredido. Esta agressom motivava a suspensom por parte do cárcere da visita no loqutório à que Vigo tinha direito no dia seguinte. Como acontece acotio em casos de agressons de carcereiros a reclusos, Sánti, além de receber esta agressom recebeu umha sançom de dez dias de isolamento por parte da direcçom da prisom, constatando que ele fora o verdugo e nom a vítima Sendo também ameaçado polos carcereiros com ser denunciado se ele fazia o próprio. Na altura o advogado do prisioneiro político galego apresentara denúncia por agressom no julgado de Aranjuez, sendo desestimado nesta instáncia foi elevado recurso ante a Audiencia Provincial, tribunal no que se encontra o caso neste momento. Refletir, por último, sobre a actual estratégia repressiva do PSOE, que bate na rua contra os protestos sociais, impom sançons de milhares de euros, judicializa e militariza a mobilizaçom popular, etc., enquanto, simultaneamente, incumpre a sua própria normativa penitenciária espanhola para impor a dispersom, a vulneraçom dos direitos mais elementares das pessoas presas e o emprego da violência para submeter as identidades e militáncias políticas que questionam o actual status quo. De Ceivar animamos a toda a gente a dununciar a repressom e a mostrar a sua solidariedade com os pratriotas galegos presos em Aranjuez enviando telegramas, postais ou cartas ou de qualquer outra forma e expressom.

SANTIAGO VIGO DOMINGUEZ
Centro penitenciario Madrid VI
Ctra. Nacional 400 km.
28 28300 Aranjuez
Madrid

JOSÉ MANUEL SANCHEZ GORGAS
Centro penitenciario Madrid VI
Ctra. Nacional 400 km. 28
28300 Aranjuez
Madrid

04 Dezembro 2008

VINDEIRA XUNTANZA DE CELTARRAS

Este vindeiro venres día 5, primeiro de mes, temos xuntanza de Celtarras no Piratas do Faro, á hora habitual.

03 Dezembro 2008

PANTERAS NEGRAS


As seguintes preguntas (e contestacións) foron sacadas dunha entrevista recente realizada ó presidente dos Panteras Negras do Boavista (http://pngaia84.blogs.sapo.pt/), grupo co que Celtarras tivo certa relación fai algúns anos, pero que polo que se ve moito ten cambiado na actualidade con respecto a aquela época.

Existe alguma ligação, dentro dos Panteras, entre futebol e política?
Nos anos 90 nós tínhamos uma amizade com os Celtarras, a claque organizada do Celta de Vigo, eles são de extrema-esquerda. Nessa altura tínhamos aqui mesmo muito pessoal de esquerda, chegamos até a lançar um cachecol que no meio é um punho a dar um murro numa suástica. Mais porque quem estava a liderar a claque também era de esquerda e foi impondo a sua vontade. Mas também sempre tivemos pessoal de direita, embora nesses anos fosse um grupo muito reduzido. Actualmente temos esquerda e direita, talvez a direita sobressaia mais um pouco porque está na moda, são os chamados Skins da moda.

Mas consegue-se separar bem política e futebol ou por vezes geram-se confusões?
Há sempre bocas. Tento resolver sempre a situação, mas claro que aí também sou um bocado cúmplice, porque como também sou mais de direita, embora não radical, do que de esquerda, sempre que há um problema também há uma tendência.

01 Dezembro 2008

6-D MANIFESTAÇOM EM COMPOSTELA


Causa Galiza convoca a toda a cidadanía galega a mostrar o rexeitamento á constitución española e o apoio ao dereito de autodeterminación mobilizandose o próximo 6 de Decembro ás 13:30 na praza do Toural, en Compostela. Con esta iniciativa, Causa Galiza continúa co seu papel de realizar actos conxuntos que reúnan a todas as persoas, colectivos, organizacións e forzas políticas do soberanismo de esquerdas do país, nunha visibilización do dereito galego á autodeterminación.

A Constitución Española significou a prohibicion expresa do exercicio á soberanía nacional e do dereito a autodeterminación do pobo galego. Privounos da posibilidade de decidirmos cal é a relación que queremos manter co resto dos pobos. Esta limitación está na raíz das agresións que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu pobo traballador. Por esta razón, Causa Galiza considera que non temos nada que celebrar no aniversario da Constitución “borbónica”, herdeira do réxime franquista, que só serviu para manter a opresión nacional da Galiza e frear o seu desenvolvemento.

II Festa pola Liberdade


CELTA 0-REAL SOCIEDAD 0



Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

CELTA B 1-C. DE SANTIAGO 0


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras