30 Novembro 2008

CELTA 0-REAL SOCIEDAD 0


Este encontro ante a Erreala tivo o mesmo guión que o anterior ancontro no noso estadio, ante o R. Vallecano. Plantexamento ultradefensivo do rival, dominio céltico durante boa parte do encontro, e empate sen goles ó remate do encontro lucindo no marcador. O Celta segue crecendo no seu xogo, sobre todo en demarcacións onde o equipo comezou o campionato máis frouxo, pero é unha mágoa que nestes derradeiros dous encontros como local onde ben puido sumar os seis puntos en xogo únicamente se acadaran dous. Desgraciadamente, o adestarador semella non saber reaccionar neste tipo de encontros con trocos que lle dean máis profundidade ó equipo. Iso sí, nunha competición tan igualada como ésta, todo o que sexa sumar sempre é positivo, e sobre todo tendo en conta que ata o dagora ningún equipo conqueríu distanciarse na clasificación dun modo considerable. Agora toca gañar na cancha dun Las Palmas que conta por derrotas os seus derradeiros dous encontros disputados, e que non será un rival doado de superar.

Á habitual escaseza de siareiros presentes en Balaídos nos encontros disputados en sábado, houbo que engadir unhas malas condicións meteorolóxicas que propiciaron que non se chegara nen ás 7.000 cadeiras ocupadas, cunha pequena representación de afeccionados donostiarras, entre eles varios integrantes da Peña Mújika, que mesmo montaron un pequeno posto no Luar co seu material á venda.

Non foi mala a asistencia na nosa zona da bancada de Fondo, e a animación tamén foi bastante aceptable pola nosa banda, que na meirande parte das ocasións non foi moi seguida por outras bancadas, cicais máis preocupadas por protexerse do frío e da chuvia.

A mellor nova da tarde foi a presencia de Oubiña entre os xogadores que estiveron facendo exercicios de quencemento durante a segunda metade do encontro, e agardamos que agora non tarde moito en poder axudar ós seus compañeiros dende o mesmo terreo de xogo.

ASSEMBLEIA DE SSGG O MARTES

A vindoura terça feira 2 de dezembro as 20:30hh haverá assembleia da comarca de Vigo no Centro Social Revolta,R/Real nº 32 rés do chao,animamos a todas e todos os soci@s da comarca a participarem da reuniom.Trataram-se diferentes temas organizativos e ademais prepararam-se os vindouros jogos das selecçons masculina e feminina de futebol.Estamos a preparar mais assembléias pólo resto do pais assim que atent@s ao web nas próximas semanas.

RECIBIMENTO NACIONAL UGIO-XIANA


Colgamos no apartado de vídeos a grabación do recibimento nacional a Ugio e Xiana celebrado en Compostela a pasada semana.

27 Novembro 2008

COLECTA SOLIDARIA


Un ano máis, Celtarras quere colaborar coa tómbola benéfica que se montará en Vigolandia, evento que terá lugar durante este vindeiro nadal. Este sábado, e con anterioridade ó partido do Celta, faremos unha colecta de cartos para mercar xoguetes que faremos chegar ós organizadores, así que contamos coa vosa axuda e solidariedade. Tódolos cartos recadados doaranse a organizacións que traballan con nenos con problemas.

CAMISOLAS XA DISPONIBLES


Queremos avisar a tódala xente que xa se deu de alta como socia da peña nesta tempada, que a partires deste sábado nos prolegómenos do Celta-Real Sociedad xa se poden recoller as camisolas exclusivas para os nosos abonados. Por suposto, os que todavía non se fixeron socios inda poden facelo, tanto nos días de partido en Balaídos como durante a semana na cervexería Piratas do Faro. Lembramos que a cuota desta tempada é de 15 euros con camisola e 10 euros sen ela.

25 Novembro 2008

MAIS REPRESIÓN, SOLIDARIEDADE C@S SIAREIR@S DA SD




Desde Celtarras queremos trasmitir todo o noso apoio aos siareiros da SD ante a brutal represión da que foron obxeto polos membros da UIP das forzas de ocupación espanholas no pasado Pontevedra "B" - SD Compostela, nun partido de terceira división apareceron sen estar convidados os antidisturbios de Vigo acompanhados dos seus amigos da policia "nacional" de pontevedra, nun partido sen nengun tipo de rivalidade mais que a que eles foron a imponher.
gggggggggggggg
Nada mais entrar ao campo xa expulsaron do campo a un rapaz por estar saltando na bancada animando ao seu equipo, tras resistir-se a esta inxustiza seria golpeado e conducido aos calabouzos da comisaria de Pontevedra, um par de minutos despois expulsarian a outro rapaz sen mediar palabra e sen motivo ningún xa que estaba apoiado na varandilla comendo pipas, sancion de 3000 euros e 1 ano sen entrar en recintos deportivos baixo algun motivo que xa inventarán, e antes de que acabara a primeira parte outro rapaz foi brutalmente agredido e levado aos calabouzos por cantar "estou comendo pipas, que me detenhan"; é de aplaudir a reacción da afección do compos encarándose e acorralando aos corpos de seguridade mentres pateaban no chan entre varios "axentes" a un rapaz; estes "valientes" voltaron a facer o ridículo dando porrazos ás paredes para espantar a vellas que lle chamaban "sinvegüenzas" e "asasinos". Pero non quedou aí a cousa, senon que mais identificacions e denuncias cairon por motivos tan irrisorios como pedir o numero de placa cando te identifican, desacato a autoridade, beber unha cervexa adquirida na propia cantina de Pasarón, beber sustancias alcoholicas nun recinto deportivo...
gggggg
Comeza a ser xa máis do que preocupante a impunidade coa que actuan os membros da UIP de Vigo como se dunha banda de paramilitares se tratara. No derradeiro mes tamén atacaran a folga da limpeza enviando a duas senhoras ao hospital e tamén varios mozos foron agredidos gratuitamente nos arredores de Balaidos, expulsados do fondo ou sancionados (e despois queren ver balaidos cheo, pois primeiro que nos deixen entrar), contando co apoio de medios de comunicación e idiotas varios como J.M. Caneda que en vez de apoiar aos siareiros do seu clube dedícase a dicir estupideces tipo "Hubo una llamada del Ayuntamiento de Santiago al Ayuntamiento de Pontevedra para avisar de que se desplazaban con el equipo los de AMI que ponen bombas".
gggggggggggggggggggggggggggggggg
Reiteramos a nosa total solidariedade aos Fendetestas represaliados.
ggggggggggggggggggggg
STOP IMPUNIDADE POLICIAL!
gggggggggggggggggggggg
SD Compostela - RC Celta, UNIDOS POLAS CORES DA NOSA NAZÓN.

24 Novembro 2008

LEVANTE 1-CELTA 3


O Celta continúa coa súa boa xeira de resultados, e con esta importantísima vitoria na cancha do Levante son 10 as xornadas que xa levamos sen coñecer a derrota, e ademais este triunfo ten doble mérito se temos en conta que o conxunto granota foi quen se adiantou no marcador. Ata ese intre, o Celta semellaba algo perdido, pero en apenas un minuto o lateral Fajardo igualaba a contenda, e o Celta foise enchufando máis ó partido, inda que non sería ata o segundo tempo cando o equipo deu un paso á fronte para ir a polos tres puntos en xogo, e grazas a un sensacional Dinei que voltou mollar por partida doble, o Celta acadaba unha vitoria que fainos seguir escalando posicións na táboa, pero sobre todo achéganos máis ós postos de ascenso, situados agora mesmo a catro puntos de distancia.

O vindeiro sábado non se poden escapar os puntos de Balaídos ante a Real Sociedad, nun encontro no que as bancadas deberían ofrecer un mellor aspecto tendo en conta a melloría que semana tras semana está amosando este equipo. Non será un encontro doado, xa que inda que os donostiarras xa caeron fai escasas semanas no noso campo, tampouco podemos esquecer que era un encontro de copa e agora os bascos virán con máis folgos, e ademais, nos derradeiros cinco encontros ligueiros nos que nos enfrontamos con eles nunca acadamos un triunfo.

ACTO DE RECIBIMENTO A UGIO E XIANA








19 Novembro 2008

SÁBADO 22: RECEBIMENTO NACIONAL AOS EX PRESOS INDEPENDENTISTAS


O organismo popular anti-repressivo Ceivar convoca para este sábado 22 de Novembro a partir das 18:00 h. um recebimento nacional aos ex presos independentistas galeg@s Giana Gomes e Ugio Caamanho, recentemente excarceradas e repatriadas.

O abraço colectivo e público a amb@s patriotas celebrará-se na Praça do Toral em Compostela e nele intervirám porta-vozes de diversas associaçons vinculadas à solidariedade anti-repressiva e à luita contra a dispersom e o cárcere.

O recebimento nacional rematará com umha ceia popular num local da capital galega que daremos a conhecer em breve. De Ceivar, chamamos a dar a máxima difusom a esta convocatória que exprime o reconhecimento social e político para umha e um militante independentistas que enfrontárom os cárceres espanhóis durante três anos, três meses e 15 dias e que agora retornam à Terra para continuar a sua participaçom no processo de liberaçom nacional e social.

Sánti e José continuam em prisom

Além da celebraçom festiva, o recebimento organizado para Giana Gomes e Ugio Caamanho servirá também para recordar Sánti Vigo e José Manuel Sanches, também presos independentistas galegos que neste momento se encontram ilegalmente dispersados em Aranjuez (Madrid) a 700 km. da Galiza, forçando a familiares e contorno social de ambos a realizarem viagens quilométricas para pode-los visitar durante os 45 minutos semanais que estipula o regime carcerário. Exigimos mais umha vez a sua imediata repatriaçom e liberdade.

GIANA, UGIO, BEM-VIND@S À TERRA!

LIBERDADE PRESOS INDEPENDENTISTAS!

DEFENDER A TERRA NOM É DELITO!A LUITA CONTINUA!

18 Novembro 2008

Contra a ofensiva espanholista! Queremos viver em galego!


O Foro da Mocidade de Vigo fai um chamamento a organizaçons, associaçons e colectivos a concentrar-se o próximo Sábado, dia 22 de Novembro, às 19:00 hrs nas portas do museo Marco. Neste mesmo dia a associaçom 'ultra' Galicia Bilingüe tem previsto o encerramento da sua campanha de recolhida de sinaturas contra a nossa língua.

17 Novembro 2008

CELTARRAS Vs PERERA


El oro no es el material preferido de la joyería por su fulgor dorado, que nos envenena, sino por dúctil y maleable. Es el que mejor se pliega al cincel y a la tenaza, el más dócil al órfebre. El oro puede adquirir mil formas e igual las botas de oro que el celtismo le calzó a Perera. Algunos las ven igual de brillantes; para otros, son hoy de la materia con que se abona la tierra. Perera fue el sol que iluminó al Celta en el último ascenso. En agradecimiento, la afición le respetó su jerarquía en los años oscuros que vinieron después, cuando era carne de banquillo, revulsivo a disgusto o la única esperanza en el torcido proyecto de la pasada Liga. De sol estival a sol de invierno como el que cegaba a los celestes en la primera mitad. Balaídos se hizo sobre el agua y para la lluvia. La luz no se drena. Las manos eran viseras en cada balón colgado. Quizá Perera recomendó la elección de campo a su capitán. Ha construido sobre su astucia una carrera que sus piernecillas le negaban. Ayer dibujó las trayectorias de siempre, que ningún compañero quiso ver. Le venció la soledad. En el camino al banquillo, las gradas le tributaron un aplauso. No el entusiasta de antaño sino el melancólico de la nostalgia, como cuando dos que se amaron se reencuentran tras muchos años.Pero no todos le agradecieron a Perera los goles celebrados. Celtarras le tributó sus iras. Ellos, que entonaban el "Perera, bota de oro" cuando salía a calentar, retorcieron el viejo lema. "Perera, bota de mierda", con perdón, cantaban. Extraña alquimia. Alquimia inversa. Pues fue el delirio de los alquimistas sintetizar oro a partir de la materia impura. En Fondo han descubierto el proceso contrario, del oro al excremento. Celtarras le reprocha a Perera los modos escogidos para forzar su marcha y su actitud en aquel último partido ante el Alavés, en el que el equipo vigués traicionó al hermano ferrolano. Hay muertes que dignifican una vida; otras la ensucian. Según Celtarras, es el caso. Los más devotos de Chuchi son los más airados.

Armando Álvarez (Faro de Vigo)

CELTA B 0-CULTURAL 1


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

CELTA 0-RAYO VALLECANO 0



O Celta foi moi superior ó seu rival neste encontro, pero a falla de definición ante a porta rival evitou unha merecida vitoria sobre os vallecanos, que xa dende o primeiro minuto de xogo estiveron máis pendentes de defender o empate. Foi unha mágoa non ter encadeado o terceiro triunfo ligueiro consecutivo, sobre todo ollando os resultados que se deron noutros encontros nesta mesma xornada, e que na meirande parte dos casos foron favorables ós nosos intereses. Agardamos que en Valencia se recuperen os puntos perdidos neste choque, e que o evidente crecemento no xogo se traduza tamén en crecemento a nivel clasificatorio.

El ex céltico fue sustituido cuando falta algo menos de media hora para el final. No fue su día. Perera creía que iba a ser tratado por la que fue su afición en Balaídos con división de opiniones. Y las hubo, pero dominaron de forma abrumadora los aplausos cuando se retiró. Solo los Celtarras le criticaron (La voz de Galicia).

Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

14 Novembro 2008

DENDE AS BANCADAS 19

Xa está rematado un novo número do noso fanzine Dende As Bancadas -o primeiro desta tempada-, que xa se poderá adquirir a partires deste vindeiro domingo dende antes do Celta-Rayo Vallecano no lugar habitual.

13 Novembro 2008

ESPANYOL 3-CELTA 0


O Celta caeu eliminado do torneo de Copa trala súa derrota en Barcelona, pero o positivo é que a partires dagora o equipo centrarase únicamente na liga, onde debemos continuar coa progresión que nos últimos tempos levamos tanto a nivel de xogo como de resultados.

O Celta non foi merecedor de tan abultado resultado en contra, pero unha vez máis, os erros defensivos pasaron factura, e tendo en conta que en fronte tiñamos a un equipo da primeira división, o resultado final estaba claro. O Celta caeu con dignidade nunha rolda onde non foi inferior ó conxunto catalán, pero que pagou en demasía eses agasallos defensivos ó noso rival.

A peor nova da noite foi a lesión de Jonathan Vila, que tivo que abandoar o campo mediada a segunda parte, e que deixou ó equipo cun xogador menos ó termos efectuado con anterioridade os tres trocos permitidos. Agardamos que a cousa non sexa moi grave, e en pouco tempo coñeceremos o alcance da lesión, inda que a rotura está descartada, e todo apunta a unha forte escordadura de xeonllo. Ogallá poida recuperar en pouco tempo o posto que se gañara con todo merecemento no medio campo céltico.

UGIO CAAMANHO ESTÁ NA RÚA


Na tarde-noite de onte, o militante independentista Ugio Caamanho saía á rúa despois de estar preso (ó igual que Xiana), en prisión preventiva e sen xuízo previo, durante os derradeiros tres anos, tres meses e quince días en cárceres do estado español, lonxe da súa terra.

12 Novembro 2008

BEM-VINDA A XIANA NO CS A REVOLTA


Ontem celebrou-se no CS A Revolta um acto de bem-vinda à presa política galega Xiana Gomes, já na rua depois de quase quatro anos sequestrada e isolada da sua terra polo Estado espanhol.

Bem-vinda à Terra, Xiana!!!


GALIZA-CHILE E GALIZA-EUSKAL HERRIA


A selección masculina ten a cita o día 27 de decembro e ao día seguinte saltará ao campo o combinado feminino.

A Federación Galega de Fútbol decidiu este martes que o Galiza-Chile se xogue o sábado 27 de decembro no estadio coruñés de Riazor. Porén, as irmandiñas van ter este ano unha xornada propia para enfrontarse ao combinado feminino vasco: o domingo 28 de decembro (17 horas). Este partido disputarase no estadio de Pasarón (Pontevedra)Á hora de decidir o Galiza-Chile, a FGF tivo moi en conta que Riazor e Balaídos son os únicos estadios do país con capacidade para acoller máis de 20 mil seareiros (hai que lembrar que o ano pasado superouse esta asistencia).Na xuntanza tamén se decidiu que Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez sigan a dirixir o equipo masculina. Pilar Neira fará o propio coas irmandiñas.

11 Novembro 2008

RECIVIMENTO A GIANA HOJE NA REVOLTA


Hoje as 19:00 no centro social a revolta em Vigo tera lugar o recivimento a patriota galega Giana Gomes dende celtarras animamos a toda a xente a acudir a darlhe umha calurosa bemvida na sua volta a terra.

LIBERDADE PATRIOTAS GALEGOS!!

10 Novembro 2008

GIANA JA E LIVRE!!


Poucas vezes se podem dar boas novas a respeito d@s pres@s independentistas neste portal. Mas hoje podemos informar com enorme satisfacçom da posta em liberdade da presa independentista galega Giana Gomes. Nom há umha hora que a própria Giana telefonou para Ceivar para comunicar a boa nova. Ficamos à espera de poder confirmar e informar do alcanço da medida tomada polo tribunal, se se trata dumha medida absolutória ou bem umha condenatória inferior ao tempo que leva privada de liberdade, pois os advogados nom recebêrom a sentença nem auto nengum e portanto desconheciam a posta em liberdade de Giana. Ficamos à espera também de conhecer a situaçom jurídica de Ugio Caamanho Sam-Tisso, o outro preso independentista julgado junto a Giana na Audiencia Nacional de Espanha os passados 3 e 4 de novembro. No entanto, familiares, amig@s e companheir@s organizam já a viagem a Soto del Real para recolhê-la.

BEN-VINDA GIANA!!

UGIO, SÁNTI, JOSÉ LIBERDADE!!

FESTA XXV ANIVERSARIO ABERTZALE SUR


O vindeiro sábado 22 de novembro, os compañeiros de Abertzale Sur rematan cun concerto unha serie de actividades que levan varias semanas desenvolvendo para celebrar o seu 25º ano de existencia na bancada Sur de San Mamés. Dende Bilbo convidan á xente de Celtarras a sistir, así que quen estea interesado en ir, que pregunte este mesmo domingo pola zona do Luar antes do comezo do Celta-Rayo.

CÓRDOBA 3-CELTA 4


O noso equipo acadou en terras andaluzas un valiosísimo triunfo ante o Córdoba, e segue inmerso nunha xeira de resultados nos que non coñece a derrota; o Celta segue remontando postos grazas a estas dúas vitorias seguidas, que agardemos teñan continuidade no choque deste vindeiro domingo ante o Rayo Vallecano, equipo que supera en cinco puntos ós nosos, e que agora mesmo ocupa praza de ascenso.

Os xogadores célticos deixaron boas sensacións en diferentes fases do encontro, pero os continuos erros defensivos, que semellan ser un mal difícil de erradicar no noso equipo independentemente dos homes que xoguen, seguen lastrándonos, e menos mal que desta volta os dianteiros estiveron atinados, porque o normal é non gañar cando se reciben tres tantos en contra. Salvando ese grande problema, o Celta está demostrando nos derradeiros encontros que ten un plantel coa suficiente calidade e compromiso como para estar na loita polo ascenso, pero o mellor é ir pasiño a pasiño e non pensar en metas maiores polo dagora.

A nota desagradable deste encontro tivo como protagonistas a Abalo, mancado durante o primeiro tempo (fractura dos osos propios do nariz), e a varios siareiros célticos desprazados a Córdoba, entre os que había membros da peña Esmorga Zeleste, os cales fixeron público o feito de que tiveron que aturar o comportamento agresivo e pouco deportivo dunha parte da afección do Córdoba, moi hostil con eles aproveitando tamén a inhibición dos presuntos garantes da seguridade. Lamentable, e máis cando chove sobre mollado, xa que ese é o trato habitual que soen recibir os siareiros célticos cando viaxan por terras andaluzas. Tomemos nota.

07 Novembro 2008

O CELTA-R. VALLECANO, SEN TV


Para a vindeira xornada, Celta e R. Vallecano enfrontaranse en Balaídos o domingo 16 a partires das cinco da tarde, e sen televisión en directo. Será a primeira ocasión no actual campionato ligueiro no que un encontro do Celta como local non será televisado (xa era hora). Agardemos que este feito favoreza unha maior presencia de siareiros nas bancadas do noso estadio, nun encontro que ademais se presenta bastante complicado, xa que os vallecanos son ata o dagora un dos equipos que mellor arrincaron esta liga.

Será a primeira vez, salvo contratempo de última hora, na que Perera pise o noso campo trala súa marcha, e despois de que fora un dos catro xogadores que cobraron cartos do Alavés por deixarse perder no derradeiro encontro do campionato anterior.

05 Novembro 2008

FOLGA DO METAL


A folga do día 6 comezará desde as sete da mañá nas portas dos centros do traballo do Metal, afectados polo convenio provincial, con concentracións ás portas das empresas, e que se irán xuntando por zonas para comezar esta xornada de loita. Asi desde a Avenida de Madrid haberá un grupo de piquetes, ao que se lle xuntará a xente de Mos e Puxeiros; desde Alcalde Portanet subindo por Castrelos subirá outro grupo de piquetes, no que irán tamén os folguistas de Vincios e Coruxo. Ademais desde as sete da mañá haberá concentracións nas portas dos distintos estaleiros.

Estes traballadores teñen como punto de encontro a Praza do Rei a partir das nove da mañá, para desde aqui comezar unha marcha que leve aos traballadores do Metal en folga a solidarizarse ás portas dos Xulgados sobre as dez da mañá.

Asi, desde unha folla informativa repartida nas empresas, a CIG subliña que "o dia 6 é unha xornada de folga idéntica a todas as demais folgas. A sociedade, todo o pobo de Vigo, debe vernos camiñar polas rúas da cidade na multitude que representamos para coñecer o noso problema, para saber porque loitamos ese día. Teñen que saber mentres camiñamos todas e todos xuntos, desde o noso traballo até o edificio dos Xulgados, que loitamos ese día contra a Inxustiza que pretende meter en prisión a catro traballadores do sector".

"Temos a responsabilidade de gañar a súa liberdade"

Lembran nesta folla que "estes catro traballadores non son delincuentes, aínda que se lles pida penas idénticas ás de calquera atracador. Son traballadores do sector, son a nosa xente, forman parte de nós e debemos protexelos. Temos a responsabilidade de gañar a súa liberdade, porque estas Institucións xa os condenaron de antemán, e queren dar un castigo a todo o sector a través destes catro compañeiros".

A CIG-Metal incide en que "o día 6 é unha xornada normal de Folga, non é media xornada de Folga. Como sempre desde a primeira hora debemos estar nos nosos postos de traballo para logo concentrarnos noutro lugar e camiñar até os Xulgados, para que nos vexan todos e saiban que non deixamos abandonados aos nosos compañeiros".

"Unha loita pola nosa dignidade"

A central sindical nacionalista ten convocada folga en todo o sector do metal, "porque esta é unha loita pola nosa dignidade, e esta debemos mostrala con toda a nosa forza".

03 Novembro 2008

"Audiencia Nacional" mostra às claras o carácter político do juízo a Giana e Ugio


Há escassas horas que vem de rematar a primeira das duas sessons nas que serám julgados Ugio Caamanho e Giana Rodrigues. O juízo, na Audiência Nacional espanhola, durou das 10h30 até as 14h00. Em total, actuárom no julgamento doze testemunhas; das quais sete eram polícias espanhóis, um tenente da Guarda Civil, um delegado de Caixa Galicia, umha pessoa à que supostamente Ugio e Giana lhe roubárom o carro, e outra à que também supostamente lhe roubaram documentaçom. Declarou, aliás, umha pessoa presidenta dumha comunidade vicinal.

Carácter político do juízo

O cariz claramente político deste juízo, perpetrado no tribunal de excepçom permanente do Reino de Espanha, comprovou-se nas declaraçons do guarda civil e um dos polícias espanhóis, que intentárom nas suas declaraçons misturar os factos que deviam ser julgados com o movimento independentista galego, concretamente com a organizaçom juvenil AMI. Neste mesmos parámetros também se moveu o jornal espanholista El Correo Gallego no passado Sábado quando falava de "ideias programadas pola AMI". No mesmo sentido, intenta-se involucrar nos factos a Antom Garcia Matos, como suposto indutor e responsável ideológico da sabotagem.

As declaraçons

Enquanto ao imputado e à imputada, Ugio reconheceu a participaçom nos factos, embora negou-se a participar no processo declarando. Giana, pola sua parte, contestou às perguntas, negando toda participaçom no acto e reconhecendo a sua militáncia no independentismo galego.

Os apoios

Finalmente entrárom na Audiência Nacional espanhola a presenciar o julgamento quarenta e duas das perto de cem pessoas mobilizadas até Madrid para arroupar Ugio e Giana. Aliás da gente do independentismo galego, também acudírom em solidariedade castelhanos e cataláns. Umha vez dentro, fôrom desalojados polas FSE trás saudar Ugio e Giana.Amanhá às 10h30 começará a segunda sessom do juízo.

LIBERDADE PATRIOTAS GALEG@S!!!!





CELTA 2-SALAMANCA 0


Por fín, a parroquia céltica puido saborear unha nova (e xusta) vitoria ligueira, a segunda en 10 encontros disputados. Neste importante triunfo ante o líder da categoría, agora igualado a puntos co Hércules no máis alto da clasificación, os xogadores locais souberon sufrir e poñer todo o que hai que poñer sobre o céspede para que os tres puntos se quedaran en Balaídos.

Se somos quen de encadear varias vitorias seguidas cos vindeiros enfrontamentos ante Córdoba e Rayo, este equipo ten que seguir crecendo porque calidade non lle falla para elo, e con entrega e esforzo teñen que chegar os resultados (bueno, con iso e con que o adestrador se deixe de experimentos). Outra boa nova deste encontro foi a presencia no once inicial de cinco xogadores nacionais, con Rubén, Lago, Vila, Abalo e Trashorras, este último autor dun golazo cando o encontro estaba xa a piques de rematar e o Salamanca, cun home máis trala rigurosa expulsión de Lago, andaba na procura do empate.

CELTA B 0-BARAKALDO 1



Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras

02 Novembro 2008

STOP REPRESSOM