
28 Maio 2008
26 Maio 2008
NOVA BUFANDA
Xa tedes no apartado de material as fotografías da nova bufanda de Celtarras. Pódese mercar dende xa, e os beneficios da mesma destinaranse ós compañeiros sancionados pola Comisión Antiviolencia. O seu prezo, 10 euros.
25 Maio 2008
NADA 74 1-CELTA 1

Salvo que se producira unha ecatombe en forma de carambola espectacular nas derradeiras tres xornadas de campionato, o Celta certificou prácticamente a súa permanencia con este empate colleitado en Motril, nun encontro que nos seus derradeiros compases ben puido rematar cunha vitoria para calquera dos dous equipos. Primeiro, o Celta desaproveitou un contragolpe onde varios dos nosos xogadores se plantaron sós ante a porta do ex-céltico Josiño, pero Perera non soubo definir. De seguido, no derradeiro suspiro do tempo engadido, foron os locais os que non souberon transformar un penalti sinalado ó seu prol cometido polo canteirán Noel. Esteban conqueríu dete-lo lanzamento.
Salienta-la estrea goleadora de Michu, que foi quen de igualar o tanto local acadado de penalti anteriormente. Cando o Celta igualou a contenda, o noso equipo xa levaba uns cantos minutos cun xogador menos por unha estúpida e innecesaria expulsión dun Lequi que en menos de cinco minutos recibíu dous cartóns amarelos. ¿Autoexpulsión para evita-los asubíos de Balaídos no vindeiro encontro?. Neste plantel, calquera cousa é posíbel.
24 Maio 2008
NOVO HORARIO
Inda que nun primeiro intre estaba anunciado para o domingo ás seis da tarde, o encontro entre Celta e Tenerife da vindeira xornada disputarase, por petición do conxunto canario, o sábado día 31 a partires das oito da tarde, primeira vez nesta campaña na que o noso equipo disputa un encontro nesa franxa horaria.
23 Maio 2008
VIDEO COPA GALIZA
Na nosa sección de vídeos tedes xa disponíbel un vídeo da final da Copa Galiza disputada o pasado martes en Ourense.
21 Maio 2008
CELTA 0 (6)-CORUÑA 0 (5)

O Celta revalidou o título de campión da Copa Galiza ó derrotar no lanzamento de penaltis (non houbo prórroga) a un Coruña que xa pensaba máis nas vacacións que noutra cousa, e que se amosou bastante inferior ó Celta no seu xogo, sobre todo no segundo período. Únicamente a mala sorte e a falla de puntería ante a meta rival por parte viguesa evitaron o triunfo céltico antes de chegar á lotería dos penaltis.
Como é habitual neste tipo de torneos, o equipo perdedor apresurouse en restar importancia a este encontro, inda que pola forma que tiveron de encaixar esa derrota (con declaracións que nada tiñan que ver co encontro en sí, ou co feito de abandoa-lo campo sen esperar á entrega da copa ó equipo vencedor) non semella que se tratara dun encontro tan intrascendente para eles, e por suposto demostra que non teñen un bo perder.
Pola nosa banda, desprazámonos aproximadamente uns 70 celtarras en vehículos particulares, o que nos permitíu andar pola cidade ourensana sen vixianza policial algunha. Iso sí, á nosa chegada ó campo de O Couto xa fumos interceptados por numerosos antidisturbios, que nos obrigaron a entrar pola porta que eles quixeron. De seguido, a nosa entrada demorouse ata pouco antes do descanso, pois non se nos querían vender as entradas a seis euros (tal como se anunciara nun principio), a pesares de que todos levaramos carnets de socios do Celta.
PD: este triunfo non compensa en absoluto a tempada tan mediocre coa que nos agasallaron moitos xogadores do plantel, e que se traduce nunha clasificación non acorde á categoría do noso clube.
20 Maio 2008
FORZA COMPOS











A SD Compostela, o noso equipo irmán, acadou nesta pasada fin de semana o ascenso á Terceira división (as fotos corresponden a este derradeiro encontro). O conxunto da capital do país quere voltar a ser un clube de referencia do noso fútbol, e para elo están a da-los primeiros pasos. Agardamos que a vindeira campaña estean a estas alturas celebrando un novo ascenso que lle achegue a unha categoría superior e moito máis acorde para este equipo e para a cidade compostelá. Dende Celtarras, os nosos parabéns para toda a hinchada do Compos, moi especialmente para a xente de Fendetestas, e agardamos que dentro de non moito tempo podamos estar a enfrontarnos de novo na primeira división.
NOVAS BUFANDAS
Xa temos nas nosas mans as novas bufandas de Celtarras, que a partires dagora poderedes mercar por 10 euros. En breve subiremo-la foto dunha no apartado de material.
CELTA 5-CÁDIZ 2


Vitoria tan ampla como inútil de cara ó obxectivo inicial do ascenso, inda que sí moi valiosa de cara ó novo obxectivo da permanencia marcado polos xogadores (haberá ata quen celebre o acadar ese novo obxectivo). O Cádiz, inda que non foi moito peor que o 90% dos equipos que esta tempada teñen pasado por Balaídos, sí foi un dos poucos que marchan do noso estadio sen pescar nen un so punto.
O Celta non fixo un encontro espectacular, nen moito menos, pero sí que amosou unha feble melloría en canto a actitude con respecto a outros encontros, e sobre todo mellorou na súa puntería de cara á porta rival, aspecto no que o conxunto gaditano non estivo tan atinado nesta ocasión.
Pese á vitoria, en Balaídos palpouse o mal ambente reinante no celtismo, e que fixo que a choiva de goles non calara os berros de reproche contra uns xogadores que en vísperas deste encontro mesmo tiveron a cara de rirse da afición con declaracións como as realizadas por un dos capitáns (Esteban) nas que se afirmaba que a liga comezaba para eles neste mesmo encontro, e cunha implicación e motivación diferente á amosada ata o dagora. É incrible olla-la cara que teñen algúns. Bueno, a verdade é que se o propio director deportivo afirma que non ten culpa algunha no fracaso do equipo nesta tempada, ¿que pode esperarse dos demais?.
Este encontro tamén significou a volta de Gustavo López a Balaídos, desta volta como rival do Celta, quen recibíu unha merecida homenaxe pola nosa banda e por un amplo sector do estadio antes e despois do encontro, así como no intre no que se retirou do campo ó ser sustituído por un compañeiro mediada a segunda metade.
Á conclusión do encontro, e xa nos exteriores de Balaídos, o arxentino deunos, tal como nos dixera, a camisola coa que disputou este encontro, e que sortearemos a comezos da vindeira tempada mediante unha novas rifas solidarias.
Lembrade que na actualidade estamos a vender rifas para o sorteo dunha camisola do Celta, e que ademais de poder mercalas nos dous encontros que restan por disputarse en Vigo, tamén podedes adquirilas, entre outros lugares, nos centros sociais Faisca e Revolta, na tenda Espira, no Bar Luar ou na cervexería Piratas do Faro.
Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.
17 Maio 2008
RIFAS SOLIDARIAS
ÁNIMO EUGENIO

Publicado en Faro de Vigo
Una adolescente espera desde 2006 por una operación que le evite moverse a gatas.
"Ya no puede ir al parque; el salón es su zona de juego".
La deformidad en el pie izquierdo de Yessica, que también sufre parálisis cerebral, le impide levantarse.
ALBERTO BLANCO / VIGO Dos años gateando y con la impotencia de no sostenerse en pie. Yessica Álvarez, de 16 años de edad, padece de pie equino en su extremidad izquierda. Una deformidad habitual en personas que, como ella, sufren parálisis cerebral. Sus padres llevan 24 meses aguardando una llamada del Hospital Xeral para que intervengan a su hija. La espera está siendo interminable y casi inútil. La ilusión por que la pequeña vuelva a caminar se esfuma. "El pie está completamente torcido. No puede apoyarse y ella sufre lo indecible. Todos los días le tenemos que dar calmantes. El médico que la trata nos ha dicho que tenía que estar operada desde hace bastante tiempo. El problema se agrava, y ya no sabemos qué hacer", se desespera su madre, Mª del Carmen Da Silva.
El 10 de julio del año pasado le realizaron a Yessica la analítica para poder someterse a la intervención quirúrgica. "No te preocupes que nosotros te avisamos", le dijeron a su madre en el hospital. La prueba caducó el día 16 del mes pasado. Nadie se lo comunicó y fue la propia Mª del Carmen quien telefoneó para saber qué pasaba. "Tú estate tranquila. Sólo caducó un pelín", le contestaron. "Estoy pasando por un calvario y lo único que recibo son largas. Cómo quieren que estemos tranquilos si llevamos dos años que no sabemos qué hacer", suplica su madre. La última mala noticia la recibió hace unos días. En otra de sus peticiones, casi súplicas, por acelerar la operación recibió un jarro de agua frías: "Todavía estamos llamando a pacientes del año 2005", le comunicaron.
Sin pruebas.
Un post-it con el día de cita de la analítica escrito a mano. Éste es el único "documento" que tiene su madre. "Todo es por teléfono. No nos dicen ni hacen nada", lamenta. Ante esta pasividad, Mª del Carmen Da Silva optó por acudir hace una semana al hospital Xeral en busca de respuestas. "Ahora no me puedo entretener", le espetó el jefe de quirófano. "Ya le llamaré", añadió, mientras se alejaba por uno de los pasillos. Mª del Carmen no se despega desde entonces del móvil, pero éste no suena.
Los padres de Yessica también han gastado el recurso de la sanidad privada. Pusieron a su hija en lista de espera en el hospital de Fátima hace casi medio año con la esperanza de que el Sergas les abonara luego la operación. Después de cuatro meses sin noticias, Mª del Carmen acudió al hospital para saber cuándo la podrían intervenir. La ficha de Yessica había desaparecido. "Me dijeron que no constaba en sus ordenadores, y me reconocieron que estaban saturados, que no podían atender ya a más pacientes del hospital Xeral", explica.
Rehabilitación.
Ahora temen que su última esperanza se desvanezca para siempre. Hasta hace dos años la pequeña podía andar, pero siempre de la mano de alguien. Su sueño -como le aseguraron los médicos en reiteradas ocasiones- es verla caminar algún día sin ayuda. Todos los esfuerzos de sus progenitores han ido encaminados a lograr esta independencia de su hija. Desde muy pequeña realiza rehabilitación con resultados "muy favorables", pero la deformidad de su pie le ha impedido realizar estos ejercicios los últimos dos años. "Tememos que todo el trabajo no haya valido de nada. Lleva demasiado tiempo sin poder ejercitarse y ahora nos angustia la posibilidad de que pueda romperse el tobillo y que tenga que andar a gatas toda la vida", alerta su madre.
"Entrar por una puerta y salir por la otra". Así describe Mª del Carmen Da Silva la sencillez de una intervención por la que Yessica ya pasó hace ocho años. Y es que esta deformidad no se curaría hasta que termine la fase de crecimiento. Por eso, su madre había asumido que la operación por la que esperan desde hace dos años no sería la última. Salvo que llegue demasiado tarde.
13 Maio 2008
CELTA B 1-PÁJARA P. 0

Texto e fotografía sacados de http://www.fotolog.com/celta_vigo
A imaxe corresponde a un pancarta despregada esta mañá pola peña "Celtarras" en Barreiro durante o partido que enfrontaba ao Celta B co Pájara Playas de Jandía. Con esta mensaxe a peña tenta mostra-la súa disconformidade coa actitude demostrada polos xogadores que integran a primeira plantilla do Real Clube Celta de Vigo. Unha imaxe vale máis ca mil palabras.
12 Maio 2008
DIMITE ANTONIO LÓPEZ

Derradeira hora. Antonio López presentou a súa dimisión como adestrador céltico de forma irrevocábel, e segundo diversas fontes, será A. Menéndez, o adestrador do filial, quen se faga cargo do equipo a falla de cinco xornadas para a conclusión do campionato en segunda división. Será o cuarto adestrador do equipo no que vai de tempada, despois de Stoichkov, Caro e o propio López.
Para a nosa desgracia, os que non marchan son moitos dos carroñeiros que habitan no vestiario céltico.
AVANTE FRENTE BLANQUIAZUL

Non está sendo ésta unha tempada doada para os nosos irmáns do Frente Blanquiazul de Tenerife. Ademais da mala situación deportiva dun equipo que esta tempada estaba feito para o ascenso, o peor e máis importante están a ser as detencións e sancións de membros desta peña, e dos malos modos, provocacións e mesmo agresións aos que se viron sometidos nos derradeiros meses (lembremos o encontro da selección nacional canaria de fútbol e mailo derbi en Las Palmas) polos membros do que hoxe por hoxe é o máis violento grupo ULTRA do estado, sempre amparado por unha Comisión Antiviolencia que non fai outra cousa máis que facer caixa e enche-los seus petos (¿quen se beneficia deses cartos?).
A guinda tivo lugar este mesmo sábado, con motivo da visita do Sporting de Xixón a Canarias, e que trouxo consigo unhas cargas policiais nos aledaños do estadio tan inxustificadas como brutais, e que remataron coa detención de varios compañeiros tinerfeños, o que supón un novo golpe que sumar aos recibidos dende o pasado mes de decembro. Os membros do grupo que conqueriron entrar ó estadio decidiron abandoa-las bancadas posteriormente como forma de protesta. A prensa, como case sempre nestes casos, contou a súa particular película dos feitos, afastándose da realidade.
Dende Celtarras queremos enviarlles todo o noso apoio e solidariedade aos compañeiros guanches, e que saiban que sempre tiveron e terán o noso apoio para o que faga falla.
NEN UN PASO ATRÁS
COMUNICADO FRENTE BLANQUIAZUL

LA U.I.P. NO NOS QUITARA LA ILUSION
Por mucho que los jugadores se esfuercen en acabar con nuestra ilusión, no lo consiguen y ni lo conseguirán nunca.Nos gustaría dejar claro que nuestra marcha de la grada, el pasado sábado, no fue por el juego de el equipo, ni por el resultado, fue como medida de protesta por la actuación policial antes del encuentro.
Muchas barbaridades se están diciendo y escribiendo en los diferentes medios de comunicación. Dicen las leyendas urbanas, que el F.B. organizó incidentes enfrentándose a los Ultra Boys del Sporting… que habían quedado por internet, para una pelea… bla bla, bla bla, bla bla. Son curiosas esas quedadas por internet y esos supuestos enfrentamientos cuando de Ultra Boys no vino ni uno, bueno a lo mejor uno si.
Las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado, por lo visto, también quieren acabar con la ilusión de la afición.La tarde del sábado no hubo ni un sólo incidente con aficionados sportinguistas, pero eso no quitó que la policía desde primera hora de la tarde estuviera provocando y buscando enfrentamiento. El Frente Blanquiazul se enteró de la llegada de los aficionados del Sporting por que la policía subió a nuestro bar a cargar, simplemente por “LA CARA”.
Pero ahí no queda la cosa, cuando casi todo el mundo estaba dentro del estadio, incluido los aficionados visitantes, la policía vuelve en una nueva carga, con pelotas de gomas incluidas, mientras la gente bajaba para el estadio, esto derivó en graves incidentes que se prolongaron durante bastante tiempo y donde las cargas llegaron hasta La Cruz del Señor.
Estos personajes son los que vienen a mantener la paz y el orden en nuestro estadio, en nuestra ciudad, en nuestra isla. No sólo son las cargas policiales, es también la chulería y los insultos de los policías a la gente.Pero sentimos comunicar a estos señores de uniforme, que el Frente Blanquiazul estará el próximo partido en casa en su bar, en su grada y apoyando, aunque no se lo merezcan, a los jugadores de nuestro C.D. Tenerife.Pedimos a todos nuestros miembros, simpatizantes y antiguos miembros, que aunque no apetezca mucho ir al fútbol, acudamos todos en masa a nuestra grada.
Por que por delante de todos los obstáculos que nos podamos encontrar, resultados, jugadores, policías, dinero… tiene que estar nuestro amor a nuestros colores.
Larga vida al Frente.
Frente Blanquiazul 1986 - 2008
frenteblanquiazul_web@hotmail.com
PREPARANDO AS ELIMINATORIAS DE ASCENSO

Despois de que o Ciudad de Lorquí -Ciudad de Murcia- arrasara no seu grupo de terceira división (a falta dunha xornada para o remate da fase regular, aventaxan en 12 puntos ó segundo clasificado e 18 ó quinto), os nosos camaradas de City Boys xa preparan o asalto á segunda B, e para elo mesmo xa elaboraron uns cartaces para incentivar a presencia de siareiros nas eliminatorias de ascenso.
Dende Vigo, os nosos ánimos para todos eles, e agardamos que o día 15 de xuño estean a celebrar o merecido troco de categoría, e que para a tempada seguinte recuperen o lugar que deportivamente tiñan gañado na segunda división, ata que catro mangantes se encargaron de tirar ó lixo os sentimentos e ilusións destes siareiros.
Xa que os nosos xogadores non están pola laboura de darnos ledicias nesta tempada, teremos que conformarnos con ollar triunfar aos equipos de peñas e grupos amigos. Forza Citys.
11 Maio 2008
SEVILLA ATLÉTICO 2-CELTA 1

Nova xornada e novo descalabro céltico. Os jetas que temos por xogadores (exceptuando unhas cantas excepcións que poden contarse cos dedos dunha man) seguen arrastrando o escudo e mailo nome deste clube alá por onde van, e mentres dende ese vestiario segue a desprenderse un cheiro a prepotencia e pasotismo, o descenso segue a estar máis preto segundo avanzan as xornadas, e ollo que todavía restan 5 por disputarse. A ameaza de descenso xa é real, a pesares de que moitos xogadores se adiquen a enganar e mesmo rirse da xente con declaracións nas que mesmo se menosprecia ás persoas preocupadas pola posibilidade (cada vez menos remota) de perde-la categoría. Ou os celtistas toman conciencia desta situación e trocan o pasotismo actual por unha actitude máis crítica contra certos xogadores, ou estes tipos lévannos á ruína. Agora mesmo xa son tres as derrotas consecutivas colleitadas por este Celta triste e ramplón.
Inda que os mercenarios se vistan de seda, mercenarios se quedan.
10 Maio 2008
NON PUIDO SER

Finalmente, o vigués Iván Pozo (á dereita da foto durante o combate de onte) non puido derrotar ao campión Omar Narváez na súa tentativa de asalto ao título mundial do Peso Mosca. O galego, arroupado por un pavillón ateigado e moi animoso, non puido coa maior experiencia do arxentino, quen agora se atopa a unha soa vitoria de igualar ao seu compatriota Monzón, outro histórico do boxeo mundial.
Agardamos que esta derrota non supoña un adeus ao título mundial, e que soamente sexa un ata logo.
De todos modos, enviámoslle os nosos parabéns por chegar ata onde ten chegado, que non é pouco.
09 Maio 2008
QUE SAIA O CELTA B...

Este domingo, no seu horario habitual ás 12 do mediodía, e ante os canarios do Pájara Playas, o Celta B disputa o seu derradeiro encontro como local nesta liga, a cal rematará unha semana despois co Fuenlabrada-Celta B. Agardamos unha boa entrada en Barreiro Park, e a ver se vos erguedes da cama para poder homenaxear aos rapaces do filial pola súa boa tempada levada a cabo, sobre todo en Barreiro, onde acadaron uns resultados que os levaron a ser un dos mellores equipos como local dos catro grupos de segunda B nesta tempada.
Era bo que a celtarrada e non celtarrada que clama en Balaídos porque xoguen estes canteiráns no primeiro equipo se achegaran a este encontro xunto aos que somos habituais nos encontros do filial para ollalos in situ e sobre todo amosarlles de primeira man todo o apoio do celtismo, e facerlles ver que eles son o noso futuro.
ÁNIMO CAMPIÓN
06 Maio 2008
FASE ASCENSO

O Olivo, o equipo de fútbol feminino da nosa cidade, xa coñece dende esta mañá aos dous rivais cos que terá que xogarse o ascenso á Superliga Feminina. Os equipos que lle tocaron en sorte ás viguesas (encadradas no grupo B) son o FC Barcelona e mailo Pozuelo de Alarcón.
A liguilla, que enfrontará aos tres equipos entre sí a unha soa volta, comezará o 1 de xuño cun Pozuelo-Barcelona. O 8 de xuño, o Olivo estrearase ante o Pozuelo en Vigo, e o día 15 dese mesmo mes rematará a liguilla cun Barcelona-Olivo. Os dous primeiros clasificados acadarán o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino estatal. Lembrade, o día 8 temos cita no Campo da Mina.
QUE SI, JODER, QUE IMOS ASCENDER.
05 Maio 2008
CELTA 1-MÁLAGA 2

Os xogadores célticos agasalláronnos cun novo ridículo en Balaídos, e coa repetición dun guión que xornada a xornada deixanos unha sensación triste e lamentábel por parte do noso equipo. O estadio segue a baleirarse ao mesmo tempo que a imaxe do noso clube se deteriora. Desta volta, a un rácano Málaga bastoulle con cinco minutos para aproveitar dous erros do Celta e remonta-lo gol acadado de penalti por Canobbio no primeiro tempo.
O Celta segue en caída libre, e o peor de todo é que todavía restan por disputar seis encontros e o descenso atópase a seis puntos de distancia, situación todavía relativamente cómoda, pero que podería empeorar de seguir recortándose os puntos con respecto aos derradeiros clasificados, moitos dos cales nos teñen gañado o gol-average. A imaxe de equipo roto e de grupo desunido que transmite o plantel non anima a ser excesivamente optimistas ao respecto. Agardemos que o máis malo que nos poida pasar esta tempada se quede únicamente en non acada-lo ascenso a primeira división.
Salientar tamén a actitude dalgúns xogadores fóra do campo, tan deplorábel como a que amosan sobre o céspede, e seguen a rirse dos siareiros que sinten o escudo e as cores que eles están empeñados en manchar xornada tras xornada, e festa tras festa.
Continuará (por desgracia).
Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.
04 Maio 2008
AUSENCIA ÚLTIMA HORA
Despois de anunciar o pasado venres que finalmente estaría presente no encontro ante o Celta, o xogador Salva Ballesta botouse atrás e descartouse a última hora para o Celta-Málaga de hoxe. O dianteiro levaba varios días con molestias por mor dunha sobrecarga muscular, e polo que se ve, non puido recuperarse ao 100%. Que se foda.
03 Maio 2008
PRESENCIA FASCISTA EN VIGO


Despois de ser dúbida durante esta semana para o encontro de mañá en Balaídos (17.00 horas), o xogador do Málaga Salva Ballesta, ese que exerce de facha tanto fóra como no propio terreo de xogo (o Arriba España que leva grabado nas súas botas son toda unha declaración de intencións), sí que estará presente no noso país, pois finalmente recuperouse das molestias que lle facían ser seria dúbida para este choque nos días anteriores, e pese ao cal estará a disposición do seu adestrador para enfrontarse ao Celta. Eiquí deixamos algunha das súas perlas, por se a estas alturas alguén todavía descoñece os seus gustos e non sabe cómo recibilo mañá en Balaídos.
Declaracións na SER
Saúdos a infonacional.com (portal de extrema dereita)
Saúdos á Coordinadora pola verdade histórica (España2000, Falange e demais fascistas españois)
Saúdos a infonacional.com (portal de extrema dereita)
Saúdos á Coordinadora pola verdade histórica (España2000, Falange e demais fascistas españois)
Subscrever:
Mensagens (Atom)





