O encontro do vindeiro domingo entre Celta e Málaga en Balaídos adiantarase finalmente dúas horas sobre o horario previsto inicialmente, e por tanto dará comezo ás 5 da tarde.
29 Abril 2008
RESUMO CELTA B
Subimos ao apartado de vídeos o resumo do encontro do pasado domingo entre Celta B e Sta. Brígida, onde podedes disfrutar do golazo acadado por Dani Abalo.
28 Abril 2008
NORABOA RAPACES

Tralo triunfo de onte en Barreiro, o Celta B conqueríu xa de forma matemática, e todavía con tres partidos por disputarse, a permanencia un ano máis na segunda B. Esta vitoria por 3-1 ante o Sta. Brígida canario certificou un obxectivo que dende xornadas atrás estaba claro que ía acadarse, salvo unha ecatombe que como era de agardar non aconteceu (é o que pasa cando as cousas se fan ben, e cando sobre o céspede ponse todo o que hai que poñer).
Agora que o primeiro dos obxectivos está acadado (sempre quedan outros menores como que Goran acade o pichichi da categoría -cos seus dous novos tantos comanda, xunto ao madridista Callejón, a lista de goleadores con 20 goles cada un- ou cazar ao filial do Coruña, quen está agora mesmo tres puntos por diante nosa) pensamos que se deberían incorporar ao primeiro equipo xogadores que están chamando á súa porta con bastante forza dende fai xa moito tempo. O caso máis rechamante é o de Dani Abalo. Ante o Sta. Brígida voltou a realizar un encontro magnífico, deixando para a galería un auténtico golazo, despois de recolle-lo balón no centro do campo e dirixirse con rapidez cara a porta rival deixando a varios defensas no camiño. Sen dúbida algunha, un golazo con letras maiusculas. Os que habitualmente disfrutamos do seu xogo en Barreiro, ollamos que ningún xogador do primeiro equipo ofrece pola banda dereita o seu descaro e sobre todo regate e facilidade para encarar aos defensas rivais. Tanto el como algún outro compañeiro seu deberían ser convocados por Antonio López nalgunha das sete xornadas que restan para o remate desta decepcionante tempada. Os rapaces meréceno.
Dende Celtarras, os nosos parabéns para eles.
27 Abril 2008
NÁSTIC 2-CELTA 1

Para a nosa desgracia, o guión deste encontro non diferíu en moito de tantos outros disputados en non poucas xornadas precedentes polo cadro céltico. Pese a ser un encontro bastante aburrido e infame en liñas xerais, o Celta conqueríu adiantarse no marcador mediada a segunda parte por medio de Núñez, nunha das poucas ocasións das que gozou o Celta. Semellaba que íamos controlar o partido, e que os tres puntos ían viaxar para Vigo, pero unha vez máis remontáronnos o gol inicial, e novamente amosámonos incapaces de gañar no campo dun equipo afundido nos postos de descenso. Lonxe de meterlle o medo no corpo aos tarraconenses, o gol sentoulle peor a uns xogadores célticos que se botaron atrás e deixaron que os nosos rivais se creceran ata consuma-la remontada.
Agora, durante os días previos ao Celta-Málaga do vindeiro domingo ás 19.00 horas, tocará escoitar dende A Madroa mensaxes do estilo todos estamos comprometidos, todos queremos ascender, todos estamos involucrados... en fín, que menos piar durante a semana e máis traballar nos partidos, que é onde verdadeiramente teñen que falar e demostrar que merecen estar neste clube, que polo que semella quédalles moi grande a moitos deles.
Pola nosa banda, pois non nos queda outra que seguir ao pe do cañón e seguir animando, e non quedar á mesma altura de boa parte do actual plantel céltico. SEMPRE CO CELTA.
25 Abril 2008
¿PECHAR BANCADAS?

Cando un escoita que tal ou cal equipo penduraron o cartace de non hai billetes nas súas taquillas, pregúntase tamén qué ten que face-lo Celta para que Balaídos rexistre un cheo absoluto. Eiquí tivemos a Copa de Europa e a UEFA, semifinais de copa e máis partidos decisivos, pasaron campións de liga, de Europa, intercontinentais... e nen con esas. Mesmo o cheo da tempada pasada ante o Xetafe coas entradas a dous euros non foi real, pois no campo quedaban algúns ocos por cubrir. Con eses antecedentes, ademais da traxectoria do equipo nesta tempada, non é difícil atopar unha explicación ao que aconteceu o pasado sábado, onde había aproximadamente oito cadeiras baleiras por cada unha ocupada. A estupenda foto de Eugenio Álvarez, á que poderiamos titular patos e siareiros, amosa esa desastrosa presencia de siareiros no estadio céltico.
Pechar bancadas e deixar outra a un prezo moi económico (dous ou tres euros por encontro, que ben puidera ser en Preferencia ou Marcador, por exemplo), favorecería seguramente unha maior presencia de siareiros con gañas de animar nesa zona, o que daría un maior pulo a un estadio que nos derradeiros tempos ollou cómo unha boa parte de supostos celtistas optaron por darlle as costas ao equipo, cicais nuns intres nos que máis precisaría do apoio da xente. De incrementarse a presencia de siareiros nas bancadas sempre habería a opción de abrir de novo as zonas pechadas, algo que moito nos tememos que non ía acontecer, pois por moi ben que o equipo fora en segunda división, cremos que nunca se superaría o teito dos 20.000-25.000 hinchas.
Todo sexa por un Balaídos máis presentabel que axude en maior grao a acada-lo obxectivo común do ascenso.
Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.
FOLGA ESTUDANTIL






Xornal dixital Avante
A grande maioría dos institutos de Vigo aparecían sen alumnado nesta xornada de loita pola reivindicación do galego. Grupos de piquetes percorreron os centros de ensino, e logo despois xuntaban voces para berrar polo galego ás 12 na Praza dos Cabalos en Vigo.
O Foro da Mocidade de Vigo convocaba para este 24 de abril unha folga no ensino medio de Vigo polo cumprimento do 124/2007, que é a lei que rexe o emprego do galego no ensino.
Aulas baleiras e unha manifestación de máis de 400 estudantes é o resultado desta primeira mobilización local polo uso do galego no sistema educativo.
Desde a Praza dos Cabalos
A manifestación partía da Praza dos Cabalos pasadas as doce e media da mañá, e realizaba un percorrido polas principais rúas do centro de Vigo, até rematar fronte á Delegación da Xunta nesta cidade.
"Queremos estudar en galego"
A manifestación, escoltada por policias antidisturbios, tivo un ambiente festivo e combativo, centrando as reivindicacións na língua e na soberanía de Galiza.
Berros como "Na Galiza en Galego", ou "Queremos estudar en Galego", estiveron acompañadas de reclamacións de soberanía para o noso país e críticas tamén para "Galicia Bilingüe", os defensores do uso do español na Galiza.
A mobilización rematou coa lectura dun manifesto por parte dun estudante onde sinalaban que "para o Foro da Mocidade de Vigo a verdadeira normalización é camiñar cara o monolingüismo galego no ensino e na sociedade en xeral".
22 Abril 2008
21 Abril 2008
CELTARRAS EN PASARÓN



Tralo suspenso do sábado en canto a ambente no Celta-Hércules, que mellor que o derbi que enfrontaba a Celta B e Pontevedra en Pasarón para resarcirse, e abofé que se conqueríu (polo menos os que non se quedaron durmidos, que non foron poucos). Inda que en menor número do que estaba previsto inicialmente (sodes uns putos informais), alí nos prantamos unha boa representación de Celtarras, á que se lle sumaron tres compañeiros de Esmorga Zeleste, e o certo é, que salvo pola derrota colleitada sobre o céspede, a viaxe resultou tremenda, cun sen fín de anécdotas e unha importante melopea para máis de un (é o bo que teñen os campos onde o alcohol véndese sen problema algún). Inda que o comportamento da hinchada granate foi bastante correcto en liñas xerais, non faltaron os típicos tocapelotas con continuas provocacións e berros de Deportivo ou cancións do tipo el año que viene el Celta a pasarón, e que mesmo desencadearon nun intre de tensión con intervención policial tralo primeiro tanto local.
A pesares de sermos minoria nas bancadas, non se deixou de cantar e animar en todo o encontro (efectos positivos da inxesta de alcohol), e sobre todo no segundo tempo, cando o dominio do Pontevedra era maior.
Salientar que pese á derrota, os rapaces do filial non se esqueceron de nós tralo encontro, e ata Maric e Dani Abalo viñeron a lanzarnos as súas camisolas, o cal é moi de agradecer. Por suposto, tamén temos que darlle as grazas aos xogadores célticos polo outro detalle que tiveron connosco na xornada de onte.
20 Abril 2008
CELTA 1-HÉRCULES 0

Despois de dous meses, o Celta voltou acadar un novo triunfo en Balaídos nun encontro que, a pesares de ter bastante controlado en liñas xerais, non se librou dos habituais sustos na nosa área, desta volta cun tiro ao pau da meta de Esteban no derradeiro treito de encontro, e que ben puido establece-lo empate no marcador. Isto aconteceu porque de novo caeuse no erro de non saber matar un encontro que se comezou gañando e no que se gozou de ocasións suficientes como para amplia-la ventaxe, mesmo con dous fenomenais remates ao pau da porta herculana por parte de Núñez e Diego Costa, deixando a porta aberta a unha reacción do equipo rival.
Neste partido quedou claro que coa súa actitude actual sobre o céspede, Canobbio non debería disputar nen un minuto máis como xogador céltico, e que a aportación de Okkas ao equipo é mil veces superior a un Perera que coa pólvora mollada non aporta nada. O chipriota meteu o gol, pero ademais tamén provocou un claro penalti e amosouse en todo intre como un xogador moi activo e traballador.
Sobre a escasa asistencia de siareiros neste encontro (uns catro mil e pico), só podemos calificala como lamentábel. Vale que o tempo non acompañou, e vale que a televisión segue a toca-las pelotas cun horario no que son moitos os que se atopan traballando durante a disputa do partido, pero iso non é escusa para que Balaídos presentara unha das peores entradas ligueiras de toda a súa longa historia.
Son moitos os socios e siareiros en xeral do Celta (celtarras tamén) que deberían revisa-lo seu suposto celtismo. Por desgracia hai pouco celtista de verdade, e moitos máis celtistas de semifinal dos que pensabamos. Antes de increpar e lanzar berros contra a diretiva (non é a nosa intención facer de defensores de ninguén), máis de un debería ollarse ao espello, e pensar que a situación deportiva, sen ser boa, non é peor que a imaxe dunha afición máis deteriorada que o noso vello estadio. O celtismo auténtico ten que estar por enriba de resultados, sexan mellores ou peores. Agardemos que veñan tempos mellores.
18 Abril 2008
GORA HNT

Ultras del Athletic pretendían atacar a deportivistas con petardos y metralla.
Antiviolencia multó con 6.000 euros a cada uno de los 28 hinchas que fueron identificados el domingo en A Coruña.
La intervención de la policía impidió el enfrentamiento entre aficiones y graves incidentes dentro del estadio
La tragedia rondó el estadio de Riazor el pasado domingo. Antes del partido del Deportivo contra el Athletic (cinco de la tarde), agentes de la Unidad de Intervención Policial del Cuerpo Nacional de Policía localizaron a un grupo de ultras bilbaínos de la peña Herri Norte en una obra próxima al recinto. Allí se incautaron de petardos de gran potencia que los radicales habían adherido a botellas vacías y trozos de hierro que funcionaban como metralla, pero portaban además palos, piedras, ladrillos y otras armas arrojadizas. Su intención era entrar con todo ese material en General, donde se sitúan habitualmente los miembros de la peña Riazor Blues, con los que están enemistados. De hecho, tenían entradas para esa grada. La intervención policial ha podido evitar una tragedia dentro del campo por el enfrentamiento entre las aficiones. Fueron las cámaras de seguridad del estadio las que permitieron la localización de los ultras en la obra.
«Tenían petardos de gran potencia pegados a botellas y trozos de hierro, con un efecto detonante muy fuerte y con el peligro que supone la metralla», explica José Freire, inspector jefe en A Coruña del Cuerpo Nacional de Policía y coordinador de la seguridad del estadio de Riazor. Freire confirmó además que se trataba de miembros de Herri Norte que estaban controlados dos horas antes del inicio del partido y que ya se habían paseado por los aledaños de Riazor con camisetas de la peña Celtarras (radicales del Celta), al grito unánime de «tenemos que matar a un riazor blues».
Ahora, la Comisión Antiviolencia ha propuesto una multa de 6.000 euros y prohibición de acceso a cualquier recinto deportivo por un período de 2 años «a cada uno de los 28 aficionados identificados que llevaban consigo diferentes artefactos explosivos con metralla adherida, botellas de cristal y otros elementos arrojadizos, como ladrillos, piedras y demás material», según el comunicado del citado organismo. Los seguidores del Athletic no fueron detenidos, sino identificados. «Tiraron el material cuando llegó la policía y solo se les podía imputar una falta. Si los deteníamos, había que soltarlos, y habría sido peor que después se desperdigaran por toda la ciudad», explica Freire. La solución de la policía, una vez desarmados, fue meterlos en el campo al final del primer tiempo y tenerlos controlados en una esquina de Tribuna Inferior para dejarlos en su autocar al final del encuentro. Así se evitaron los incidentes. En otra esquina del estadio, entre Pabellón y Preferencia, había otros dos mil seguidores del Athletic. «Pero tampoco podíamos meterlos allí -agrega Freire-, porque se llevan a matar con ellos y habríamos creado un problema tremendo».
Antiviolencia, que depende del Ministerio del Interior, multó además con 4.000 euros y un año sin poder entrar en recintos deportivos a otros tres hinchas del conjunto bilbaíno que «amenazaron e insultaron gravemente» a agentes policiales.
Amplio historial violento en Galicia del grupo radical. La peña extremista Herri Norte tiene un amplio historial de violencia en Galicia.
Casi todos los incidentes protagonizados por este grupo radical del Athletic Club de Bilbao han tenido lugar en A Coruña, con motivo de la visita del club rojiblanco al estadio de Riazor. Sin embargo, la policía incluso tuvo que intervenir en un Celta-Athletic debido a una brutal pelea en uno de los fondos de Balaídos. Estos son algunos de los episodios violentos en los que hinchas de Herri Norte fueron protagonistas.
Diciembre del 2006. El último datado en A Coruña. A la conclusión del encuentro entre el Deportivo y el Athletic, unos incidentes ocurridos en las inmediaciones del estadio coruñés dieron con un policía herido. Unos diez seguidores de cada equipo comenzaron a pelearse y, poco a poco, fue sumándose más gente hasta completar un total de cien implicados. Hora y media antes del partido, cuarenta aficionados de cada equipo se enfrentaron a patadas y con lanzamiento de objetos en el paseo marítimo, frente al colegio de las Esclavas. Varios coches resultaron dañados. No hubo detenciones.
Mayo del 2006. Una hora antes del inicio del encuentro, una decena de hinchas del Athletic más alguno del Celta se encararon con aficionados del Deportivo. El automóvil de un utillero blanquiazul se vio afectado. Todo terminó con una carga policial. Las fuerzas de seguridad retuvieron a alguno de los implicados.
Septiembre del 2001. Miembros de Herri Norte se pelearon con los también hinchas radicales del Athletic Tripustelak, lo que derivó en una batalla campal. En esta ocasión, las peleas comenzaron en las gradas de Preferencia Inferior y Pabellón Superior y continuaron en los aledaños del estadio de Riazor, especialmente en la avenida de la Habana, donde se produjo el lanzamiento de botellas, bengalas, sillas y piedras. El vandalismo llegó a la calle Manuel Murguía, donde se rompieron las lunas de algún bar. Los incidentes se saldaron con una detención.
Noviembre del 2001, Vigo. A pesar del hermanamiento entre la peña Herri Norte y los Celtarras, Balaídos no se libró de los altercados protagonizados por los hinchas bilbaínos. Ambos grupos se unieron en su pelea contra la policía y hubo cuatro heridos.
Febrero del 2000. Varios heridos y un detenido fue el balance de una de las peleas más multitudinarias que se vieron en A Coruña con motivo de un partido de fútbol. Fue en la calle Alameda y aparecieron bates y palos. La bronca se trasladó después a los jardines de Méndez Núñez.
Dende Celtarras, enviamos unha vez máis o noso apoio e solidariedade aos compañeiros de Bilbo, desta volta aos 28 siareiros identificados ao azar en A Coruña, e agora propostos para sanción pola Comisión Antiviolencia$$$.
16 Abril 2008
OURENSE 0-CELTA 1 (COPA GALIZA)

Mal partido pero vitoria céltica cun gol do canteirán Joselu, clasificación para a final, e sobre todo moita festa para a representación celtarra desprazada á cidade das Burgas, onde o noso celtarra galego-holandés exerceu, como non podía ser doutro modo, de grande anfitrión. Salientar que ao noso carón tamén estiveron membros de Esmorga Zeleste, que sen lugar a dúbidas é, na actualidade, unha das peñas máis viaxeiras do noso equipo.
Agora xa agarda por nós o Coruña, quen venceu ao Negreira por 1-5 na outra semifinal. O que todavía se descoñece é tanto o día como o campo que albergará esa final. Lembremos que nas primeiras datas que se deran para a edición deste ano se falaba do primeiro de maio e de Pasarón, pero nestes intres todavía non hai confirmación oficial algunha, xa que agora serán os dous clubes os que decidan.
14 Abril 2008
AVANTE OLIVO










O Olivo, na actualidade o clube de fútbol feminino máis importante do noso país, e ao cal xa lle adicaramos unha reportaxe no noso fanzine a finais de 2007, certificou onte cun rotundo 7-0 ante o Val do Ulla, e a falla dunha xornada para o remate da fase regular, o título ligueiro do grupo II da Primeira Nacional, o equivalente á segunda división onde tan bo papel está a facer o noso Celta. Este magnífico equipo cunha media de idade de 19 anos, xa agarda pola fase de ascenso á que tamén chegarán os campións dos outros 5 grupos, e na que se decidirá qué equipos suben á Superliga, onde militan os grandes equipos do fútbol estatal, como Athletic, Espanyol, Levante, Sabadell, Raio,... O conxunto da nosa cidade quedará emparellado con dous dos outros campións nun dos dous grupos que van formarse, e os dous primeiros clasificados de cada un deles (catro equipos en total) acadarán o ascenso de categoría. Non vai ser tarefa doada, pero seguro que o conquiren.
É unha mágoa que o Celta non apadrinara a este equipo e lle dera o seu nome. Sería bonito e mesmo de xustiza que o Celta contara cunha sección de fútbol feminino. Pero mentres isto non aconteza, agardamos que estas rapazas continúen brindando grandes éxitos ao fútbol vgués e galego.
AVANTE RAPAZAS.
CELTARRAS COAS CAMPIONAS.
PARABÉNS, OLIVO.
CELTA 1-REAL SOCIEDADE 1

Unha xornada máis, o Celta amosouse incapaz de acada-los tres puntos en xogo, e xa son dous meses os que leva sen gañar en Vigo. E o peor é que unha vez máis temos que ollar cómo tódolos aspirantes ao terceiro posto tamén pinchan, tendo que lamentarnos por enésima vez dunha nova ocasión estragada de poder achegarnos aos postos de ascenso. Así levamos todo o campionato, co conto da leiteira a voltas, pero os propios xogadores semellan empeñados en racha-lo sono do ascenso.
Por se fora pouco, esta nova decepción chegou, como en tantas ocasións precedentes, despois de que o noso equipo acadara adiantarse no marcador, o que teóricamente, e ante equipos máis pechados atrás, debería ser tarefa máis difícil. Pero este equipo non sabe gardar un resultado, e xa son 12 as ocasións nas que o rival de turno neutraliza un 1-0 ao noso prol, e desas ocasións, únicamente en tres (Xerez, Alavés e Poli Exido) conquerimos adiantarnos de novo no marcador e facernos cos tres puntos (en Mendizorroza, mesmo houbo que acadar un terceiro tanto, despois de que os locais tamén igualaran o 1-2). Nos outros nove encontros, o Celta pasou de te-los tres puntos no peto a perder dous ou mesmo os tres, tal como aconteceu en Castalia (Castellón, 2-1) e Ipurúa (Eibar, 2-1). Pola contra, dos 13 encontros nos que o Celta tivo un 1-0 en contra, únicamente en catro ocasións conqueríu rabuñar algún punto, en Anoeta (Real Sociedade, 1-1), Los Pajaritos (Numancia, 1-2), e en Balaídos ante Nástic (1-1) e Sevilla Atlético (2-1). En Cádiz e Tenerife igualou o gol inicial encaixado, pero posteriormente voltou a recibir un gol e xa non tivo capacidade algunha para reaccionar. Como pode apreciarse, a fraxilidade demostrada para manter unha ventaxe é a mesma ante un resultado adverso, e así é moi difícil gañar partidos.
No aspecto extradeportivo, salientar que houbo un bo ambente na nosa bancada durante a primeira metade, pero que decreceu bastante na segunda, mesmo con menor presencia de xente na zona de pé, xa que a máis de un comezou a pesarlle as horas anteriores de troula coa xente da Peña Mújika.
Dende o mediodía houbo un xantar organizado por Celtarras e Esmorga Zeleste para a xente da Peña Mújika e máis siareiros errealistas, cun grande ambente, moita festa e numerosos enchoupados. A vindeira, cos nosos camaradas canarios do Frente Blanquiazul como convidados, tamén promete ser gorda.
11 Abril 2008
SEN COMENTARIOS

Segundo temos entendido, a rapaza agredida tralo recente Rácing-Celta defendeu a Quincy porque os insultos contra el eran de tinte racista. LAMENTÁBEL, dende os insultos racistas ata a agresión desta rapaza.
Por certo, que quixeramos saber se os xornais locais ían darlle tan pouca bola a esta nova se o agresor ou agresores pertenceran a certo grupo... coido que non.
REPRESIÓN

Nos derradeiros meses están a incrementarse de forma espectacular as sancións económicas contra diversos coletivos afíns ao nacionalismo galego. Dende o estado español están a producirse unha vaga de multas e sancións indiscriminadas que tentan amedrentar e sobre todo perseguir ideas. Semella que a nova política represiva no noso país céntrase agora en irlle ao peto á xente con conciencia nacional.
Un dos casos máis recentes tivo como vítimas a tres siareiros do Pontevedra. O único que fixeron (tremendo delito…), foi sacar en Pasarón unha faixa en contra dos xuízos políticos, tal como podemos ollar na foto superior. A Comisión Nacional Antiviolencia, brazo executor desta nova mostra de coacción da liberdade de expresión, pretende sancionar con 12.000 euros de multa aos tres mozos, segundo ela por “incitar ao resto de siareiros contra a policía e á resistencia pasiva” (¿¿??). Mentres tentan silenciar certos estadios, as bandeiras e os símbolos fascistas e nazis seguen a amosarse con total impunidade en moitos campos do estado, onde grupos de ultradereita campan ás súas anchas.
Dende eiquí, queremos enviarlles a nosa solidariedade aos denunciados, e agardamos que os recursos prosperen e as sancións non cheguen a executarse. Sorte.
CORUXO 0-CELTA 2

O Coruxo e o Celta enfrontáronse no campo de O Vao nun encontro especial e histórico, pois foi a primeira ocasión na que celestes e verdes se enfrontaron nun encontro de carácter oficial. Iso sí, o partido, correspondente á rolda de cuartos da Copa Galiza, non pasará á historia precisamente polo bo xogo despregado polos dous conxuntos. Os dous equipos, pragados nas súas respectivas alineacións de xogadores pouco habituais en liga, estaban cicais máis pendentes de que pasaran os minutos e poder centrarse nos encontros ligueiros desta fin de semana, ante Alondras e Real Sociedade, respectivamente.
O maior aliciente deste choque era o reencontro de Giovanella co seu Celta, así como tamén o do mítico Maté, agora adestrador do Coruxo. A verdade é que esa anunciada homenaxe ao brasileiro quedou algo deslucida (nen o día, nen a hora nen o tempo acompañaron), e cando moitos agardabamos algún trofeo ou placa por parte do Celta en forma de agasallo para un Everton que tantos anos defendeu ao noso clube e que tan mal o pasou co tema da súa prolongada sanción por suposta dopaxe, o certo é que a representación institucional céltica foi case que nula, e en ningún intre houbo o máis mínimo detalle cun xogador que nen tan sequera tivo a oportunidade de despedirse da nosa hinchada como se merecera. Mesmo a súa saída do campo, mediado o segundo tempo, producíuse dun modo bastante frío.
Membros de Celtarras, coa sección Celtalkol á cabeza, tamén estiveron presentes no campo dun Coruxo que ogallá acade esta tempada o ascenso a Segunda B. Agora é o Ourense quen agarda por nós na semifinal que terá lugar este vindeiro martes día 15 en O Couto, a partires das 20.30 horas.
07 Abril 2008
06 Abril 2008
RÁCING 2-CELTA 1

A vitoria en Soria e maila boa imaxe ofrecida ante o Sporting de Xixón na xornada anterior non foron máis que un pequeno espellismo, e na visita a Ferrol, os xogadores célticos voltaron a amosar unha mala imaxe ante uns 2.000 siareiros do noso equipo presentes nas bancadas de A Malata. E o peor non é só a derrota e a imaxe dada, se non ollar cómo os equipos que loitan polo ascenso seguen perdendo puntos a esgalla, pero nós non somos quen de facelo mellor. Vai ser ésta unha das tempadas onde o ascenso de categoría vai a estar máis barato e doado de acadar, pero este Celta vai quedarse no camiño.
Neste encontro, o Celta foi incapaz de facerse co mando do xogo, e sempre foi a remolque dun Rácing que en todo intre semellou ir cunha marcha máis que os nosos xogadores. Voltaron os erros en defensa e os goles tontos, así como a falla de definición na área rival.
No apartado extradeportivo, este encontro voltou a reflexa-la boa relación existente entre as hinchadas dos nosos dous equipos, e pola nosa banda, houbo unha boa representación en Ferrolterra, e a excepción do resultado, o certo é que resultou ser unha grande viaxe. Mención especial para os Celtarras de Ferrol, que exerceron de bos anfitrións.
Salientar que á conclusión do encontro, únicamente Rubén e Vitolo (o canario, sen tan sequera ter disputado un so minuto do encontro) se achegaron ata a zona onde estabamos o groso da hinchada céltica a agradece-lo noso apoio durante todo o choque e pedir perdón polo espectáculo ofrecido (algo é algo). O resto do plantel, nada de nada.
Segundo escoitamos pola Radio Galega posteriormente, nos exteriores do campo houbo unha agresión a unha rapaza da peña infantil Estrelas Celestes por estar aplaudindo aos xogadores do Celta que saían dos vestiarios (xa é raro que os ciber-celtistas de delcelta.com non nos acusaran xa desa agresión, pois con cousas peores xa nos teñen sorprendido os nosos amigos foreiros).
04 Abril 2008
GUDELJ, GUDELJ
A xente da web celestes.org subíu a internet un vídeo con case 10 minutos con imáxenes e goles de Vlado Gudelj, entre outras cousas un dos máximos artífices do ascenso da tempada 91/92 e un dos grandes ídolos da hinchada céltica na década dos 90. Xa podedes ollalo na nosa zona de vídeos. Recomendábel.
Subscrever:
Mensagens (Atom)









