30 Março 2008

CELTA 0-SPORTING 0


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

¿¿¿CELTARRAS CULPABEIS???


Sobre os dedos acusadores que dende diferentes lugares e dende a máis absoluta ignorancia sinalan a Celtarras como os autores do apedreamento do autobús do Sporting de Xixón nos prolegómenos do encontro entre o noso equipo e mailo asturiano, temos que salientar que Celtarras non ten nada que ver con elo, e de feito ninguén no noso grupo soubo nada dese acto ata que rematou o propio encontro.

Non é ésta a primeira ocasión na que sen ter información algunha se nos acusa de algo co que non temos nada que ver, pero claro, se non nos acusan a nós, ¿a quen acusan entón?. En fin, se así se sinten máis a gusto, pois que lles aproveite.

CELTA 0-SPORTING 0


O Celta puido despedirse de forma case definitiva do ascenso a primeira división no que cicais tamén puido se-lo mellor encontro disputado polo noso equipo na presente tempada. O Celta sempre se amosou superior ao cadro asturiano, e únicamente un sensacional Roberto e unha mala puntería por parte dos dianteiros célticos fixo que o encontro rematara co mesmo tanteo co que comezou. Lóxicamente, non foi este resultado o que botou por terra as nosas ilusións de ascenso, se non os colleitados en xornadas precedentes ante equipos como Albacete, Xerez ou As Palmas, entre outros. Pese a que non servíu para quedarse cos tres puntos en xogo, a xente saíu de Balaídos moi satisfeita coa imaxe e actitude dos xogadores célticos, algo que sempre debería ser así, e coa que outro galo nos cantaría, incluindo unha mellor clasificación a estas alturas do campionato.

A nivel de bancada, a presenza da autodenominada mareona en Vigo non fixo máis que espolear á hinchada céltica, que apoiou ao equipo como nunca o fixera en tódolos encontros anteriores, e a verdade é que a hinchada roxibranca, que tanto presumira de se-la mellor da categoría en días previos, estivo bastante frouxa e apenas se lle escoitou nalgúns lances do encontro, e case sempre para protestar decisións arbitrais ou algunhas cancións nosas (a chupala!!). Viaxar, viaxaron, pero ben calados que estiveron.

No apartado de vídeos xa podedes olla-lo resumo do encontro.

28 Março 2008

II COPA GALIZA


Xa sabemos dende onte os emparellamentos para a II edición da Copa Galiza de fútbol, tanto dos cuartos como das semifinais. O noso equipo, que defenderá o título acadado en Lugo o pasado ano, non terá que sair de Vigo para o primeiro encontro, xa que o rival que nos tocou en sorte foi o Coruxo de Giovanella e Maté. Lembramos que a competición dictaminou que cada eliminatoria se disputara na cancha do equipo de categoría inferior. Ese encontro terá lugar en O Vao o día 9 de abril, mentres que as semifinais se celebrarían os días 16 ou 23 do mesmo mes. A final quedaría para maio, inda que todavía se descoñece o día exacto. Estas datas, nada teñen que ver coas dadas nun primeiro intre, e que por exemplo marcaban a semana santa como data para a primeira eliminatoria e o primeiro de maio para a final, en Pasarón (tamén descoñecemos se o campo pontevedrés vai seguir sendo o elexido para albergar esa final, pois na páxina web da Federación Galega tamén o poñen como pendente de decidir por parte dos clubes participantes). Por segundo ano consecutivo, pode ollarse cómo os organizadores non teñen nen idea de organizar esta competición, co conseguinte dano que están a facerlle a ésta.

De eliminar ao conxunto verdibranco, o Celta disputaría as semifinais ante o vencedor da eliminatoria Ourense-Pontevedra, e sempre o faría como visitante.

No outro lado do cadro, os emparellamentos de cuartos depararon un Rácing-Coruña e un Negreira-Lugo, disputando as semifinais os vencedores de cada unha desas eliminatorias.

SOSPEITOSOS


A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella

Dereitos Civís tivo acceso a documentos de formación interna deste corpo, nos que se relaciona co “MOVIMENTO DE LIBERACION NACIONAL GALEGO” á Coordenadora de Asambleas de Estudantes da USC, a Galiza non se Vende, a PRES.O.S., ou a A Marcha Mundial De Mulleres, entre outros colectivos.

O Movemento polos Dereitos Civís tivo acceso a información facilitada pola Garda Civil en charlas de formación interna realizados, polo menos, na provincia de PONTEVEDRA. Nestas charlas repartíronse unha serie de informacións sobre o que a Garda Civil considera “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que se centra nas siglas MLNG (MOVEMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL GALEGO). Na páxina 1 das copias facilitadas aos gardas civís asistentes aparecen un autocolante coas iniciais GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella (bandeira da patria) no centro e o escudo galego de Castelao coa frase “DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS” como distintivos propios do MLNG.

Noutra páxina dese mesmo informe recóllense as iniciais GZ no centro coa bandeira da patria rodeado do que a Garda Civil considera campos de actuacións do MLNG (mulleres, ecoloxismo e medio ambiente, temática cultural e deportiva, lingua, antirrepresiva e dereitos civís, xuvenil, estudantes, partidos políticos e sindicatos) e no que se relaciona co MLNG a PRE.S.O.S, CEIVAR, AMI, BRIGA, ADIANTE, COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC, AGIR, GREI, EI, NOS-UP, FPG, CUT, GALIZA NON SE VENDE, MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS, A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA, AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS, ERVA, QUERCUS, SCD CONDADO, A.C. CALEIDOSCOPIO, etc. Cada unha das citadas asociacións e colectivos aparece representado cos seus correspondetes logotipos para facilitar o recoñecemento por parte dos axentes.

Noutro documento ao que tivo acceso Dereitos Civís facilítase información sobre centros sociais como a: Baiuca vermelha, O Fresco e a Casa da Triga de Ponteareas, o Social Cultura Deportiva Condado, a Santa Sede e O noso Eido de Salvaterra, o Fervedoiro de Cuntis, A Tiradoura de Cangas, A Revira de Pontevedra, a Revolta, A Cova dos Ratos, o Caleidoscopio e a Faísca de Vigo e A formiga de Redondela.

Identificacións de persoas e supostos delictos

Xa cara ao final do informe facilítase información sobre persoas por supostos delictos como “daños vidriera ayto - TUI”, “deslucimiento bienes inmuebles – iglesia – SA(L)VATERRA”, “quema fotografía S.M. El Rey – Vigo”, REQUISITORIADO e “OTROS DE INTERÉS POLICIAL”. Do mesmo xeito recóllense as inicias dos identificados nestes supostos delictos, na seguitne orden: A.A.P., A.R.M.Q, I.M.G; A.J.P.R, P.P.G; A.B.E., J.C.P.N, C.M.I, S.M.R.; A.G.M; A.F.S. e M.A.L.C.

Tamén se amosan algunhas das fotos destas persoas na rúa, incluso a de unha considerada de “INTERES POLICIAL” e coa que non se relaciona ningunha falta ou delicto.

Co acceso a esta documentación o MpDC vén de esclarecer as recentes queixas recibidas polos controles realizados polos Corpos e Forzas de Seguridade previos á eleccións xerais, nos que se denunciaban que se estaban identificando a cidadáns que dipuñan de autocolantes de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais.

O MpDC considera que a Garda Civil debería explicar que significa “OTROS DE INTERÉS POLICIAL” xa que a creacción de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal.

El BNG acusa a la Guardia Civil de poner bajo sospecha al nacionalismoUna orden recomienda investigar símbolos como la GZ

El diputado nacionalista Bieito Lobeira denunció ayer la existencia de una instrucción interna de la Guardia Civil que considera sospechosa la posesión de simbología nacionalista y recomienda "controlar y perseguir" a quienes la lleven.

Entre los símbolos incluidos en el citado documento, asegura el representante del Bloque, se cuenta la bandera gallega con la estrella roja, emblema tradicional del BNG, así como el identificativo para vehículos GZ o la reproducción del escudo de Galicia diseñado por Alfonso Rodríguez Castelao, que lleva una orla con el lema "Denantes mortos que escravos".

El documento interno de la Guardia Civil en el que el Bloque basa su denuncia, y que ha dado lugar a una iniciativa en el Parlamento, sitúa en el entorno del Movemento de Liberación Nacional de Galicia a un buen número de entidades y colectivos sociales heterogéneos, desde grupos ecologistas a sindicatos, pasando por asociaciones culturales, establecimientos de hostelería y hasta la plataforma Galicia Non se Vende, promotora de una reciente manifestación contra la Xunta. Lobeira afirma que la instrucción ha sido utilizada en "actos formativos" dirigidos a agentes del instituto armado destinados en Galicia. En su opinión, se trata de una actuación "intolerable" porque criminaliza elementos y símbolos del país "asumidos además por una parte muy importante de la sociedad gallega".

Ser nacionalista, asegura el diputado del Bloque, "o poseer elementos simbólicos de nuestra patria, no puede ser considerado como delito o como presunción de comportamientos contrarios a los principios democráticos, sobre todo cuando aún existen en Galicia calles, plazas o edificios con nomenclatura fascista".

Lobeira ha pedido a la Xunta que explique si conoce estos hechos y si se va a pedir explicaciones al Ministerio de Interior.

26 Março 2008

CELTA B 2-LEGANÉS 4


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

23 Março 2008

NUMANCIA 1-CELTA 2


¿Inda estamos a tempo de subirnos ao tren do ascenso?. Pois amosando a mesma actitude deste encontro no campo do líder, poderiamos dicir que sí. O ascenso quédase esta xornada a oito puntos de distancia, un puntiño máis preto que na anterior, e precisamente o equipo que marca a terceira posición, o Sporting de Xixón, visita Balaídos o vindeiro domingo a partires das 12. Desta volta non podemos errar como tantas veces ten acontecido no que levamos de liga, e gañar aos asturianos suporía situarnos a 5 puntos deles, e con todavía 11 xornadas por disputar posteriormente. Recortarlle puntos aos equipos que están por diante nosa na táboa clasificatoria dependerá da imaxe que os xogadores que defendan a zamarra celeste amosen a partires dagora sobre o céspede.

Tralo estrepitoso fracaso do día do Albacete, os xogadores célticos demostraron na cancha do primeiro clasificado da categoría que poñendo o que teñen que poñer, poden gañar a calquera equipo desta segunda división. Lóxicamente, inda queda moito que mellorar, pero neste encontro puido ollarse un compromiso moi superior ao de encontros precedentes, e liderados no segundo tempo por un sensacional Diego Costa que nos brindou a súa mellor faciana, conqueríuse remonta-lo tanto inicial acadado polo Numancia no primeiro tempo, e sobre todo non amilanarse ante unha arbitraxe nefasta para os nosos intereses.

Salientar que nesta ocasión, o Celta comezou o encontro alineando a tres canteiráns (Lago, Vila e Michu), que ademais disputaron os 90 minutos enteiros. No aspecto negativo, tamén hai que facer referencia á expulsión de lequi e maila quinta tarxeta ollada por Lucas, o que fai que tanto o arxentino como o brasileiro se perdan o vindeiro encontro por sanción.

21 Março 2008

STOP REPRESIÓN


elcorreodigital.com

La Fiscalía de la Audiencia Nacional ordenó ayer que se investigue lo ocurrido en San Mamés dos días después del asesinato del ex concejal socialista Isaías Carrasco en Mondragón, cuando un grupo de personas interrumpió el minuto de silencio convocado al inicio del partido Athletic-Valladolid en honor de la última víctima de ETA con silbidos y proclamas a favor de la banda.

Según informaron fuentes del ministerio público, hay «indicios suficientes» de que se ha cometido «un delito de enaltecimiento del terrorismo», motivo por el cual se han solicitado a la Ertzaintza las cintas grabadas durante el encuentro para intentar identificar a los responsables.

Las mismas fuentes aclararon que entre hoy y mañana se emprenderán «las actuaciones oportunas» para reunir «todos los elementos o piezas de convicción que sean necesarios para aclarar estos hechos», denunciados el pasado lunes ante la Fiscalía por Dignidad y Justicia (DyJ). El colectivo de víctimas del terrorismo acusa a los aficionados que silbaron durante el minuto de silencio de un presunto delito de enaltecimiento y justificación del terrorismo y humillación a las víctimas, castigado por el Código Penal con penas de cárcel de uno a dos años.

El texto de la denuncia señala que, además de los silbidos, se escucharon gritos de «fuera, fuera», abucheos y proclamas a favor de ETA, y se exhibieron pancartas que pedían el acercamiento de los presos. Esta situación provocó que el árbitro ordenara el comienzo del encuentro apenas ocho segundos después de que se iniciara el minuto de homenaje.La asociación denunciante califica los hechos acaecidos en el estadio rojiblanco de «intolerables, graves y tremendamente humillantes, no sólo para la familia del último asesinado de ETA, sino para todas las víctimas del terrorismo».

19 Março 2008

LIBRO SELECCIÓN GALEGA


Meses despois da súa publicación, por fín xa podemos adquirir o libro onde Jorge Deza fai un percorrido pola historia da selección de fútbol do noso país, dende os seus primeiros pasos a comezos do século XX ata a reaparición désta no ano 2005. Esta obra xa estivo á venda na nosa cidade nas inmediacións de Balaídos o día en que as nosas seleccións feminina e masculina se enfrontaron a Catalunya e Camerún, respectivamente. Dende entón, o libro non fora distribuído por ningunha libraría viguesa, pero dende fai pouco podedes atopalo tanto en Cartabón como Librouro. Trátase dun traballo de investigación indispensábel para tódolos amantes da nosa selección nacional de fútbol.

GORA H.N.T.


La asociación Dignidad y Justicia denunció ayer ante la Fiscalía de la Audiencia Nacional a los hinchas del Athletic de Bilbao que el pasado 9 de marzo boicotearon con gritos y silbidos el minuto de silencio celebrado en el estadio de San Mamés en memoria del ex concejal socialista de Mondragón (Guipúzcoa) Isaías Carrasco, asesinado dos días antes por ETA. Dignida y Justicia considera que los hinchas que boicotearon el acto de homenaje en el partido que enfrentó al Athletic de Bilbao y al Valladolid incurrieron en un delito de enaltecimiento del terrorismo y humillación de las víctimas, previsto en el Código Penal con penas que van de uno a dos años de prisión. La denuncia de la asociación se dirige contra todos aquellos aficcionados "que resulten identificados en las actuaciones", en concreto contra los miembros de la peña "Herri Norte".

El escrito presentado ante la Fiscalía de la Audiencia Nacional explica que "una vez se dio inicio a dicho minuto de silencio, este se rompió inmediatamente por sujetos que se encontraban en el fondo norte de San Mamés, donde se ubica la peña denominada "Herri Norte", con silbidos y gritos de "fuera, fuera", abucheos, proclamas a favor de ETA, así como exhibiendo pancartas y reclamando el acercamiento de presos vascos". Para Dignidad y Justicia, la actitud de los citados hinchas provocó que el minuto de silencio "quedara reducido a 13 segundos, ya que ante esa vergonzosa, humillante y tensa situación que se creó en el estadio de futbol, el árbitro ordenó que se iniciara el encuentro, dando por concluido el homenaje a Isaías Carrasco". "Los hechos vividos el sábado, 9 de marzo, son intolerables, graves y tremendamente humillantes, no sólo para la familia del último asesinado de ETA, Isaías Carrasco, sino para todas las víctimas del terrorismo", afirma la denuncia. La asociación subraya que "la humillante situación" vivida en el estadio de San Mamés "no sólo fue presenciada por las 32.000 personas que allí se encontraban, sino que además dicho partido fue retransmitido por televisión". Por último, la denuncia destaca que "la mayoría de los medios de comunicación, escritos y hablados" se hicieron eco de la noticia y se adjuntan como pruebas varios recortes de prensa.

Pola nosa parte, só desexar que este tipo de organizacións ultradereitistas xurdidas nos derradeiros anos (dignidad y justicia, falacia bilingüe, etc) deixen de toca-las pelotas e se pudran no inferno. E por suposto, envia-la nosa solidariedade cos compañeiros athleticzales.

17 Março 2008

CELTA 0-ALBACETE 1


Unha vez máis, a meirande parte dos xogadores célticos deixaron unha imaxe lamentábel, nada acorde coas declaracións de intencións que día sí e día tamén lanzan dende a sá de prensa de A Madroa en referencia ao seguinte encontro a disputar. A afición xa está cansa de que nos bombardeen con declaracións de que todavía é posíbel o ascenso, de que o vindeiro encontro é unha final, de que hai que gañar sí ou sí,... e logo adícanse a andar polo campo como se a cousa non fora con eles. Semella que están a rirse dos poucos siareiros que todavía acudimos ao campo.

Pediron o apoio da xente, e abofé que o acadaron, pois sobor de todo no primeiro tempo e nas bancadas de Fondo e Macador, foi moita a xente que se desgañitou con berros de ánimo e golpes de bombo, mesmo despois do batacazo que supuso o gol visitante. Foi xa no segundo tempo cando os siareiros non aturaron máis, e o estadio estoupou contra xogadores (cicais os maiores responsabeis, xunto a Ramón Martínez) e diretivos, cunha bronca que comezou no interior do campo e que se trasladou ao exterior durante os minutos seguintes ao remate do partido.

Neste senso, tamén queremos remarcar que semella algo inxusto que a meirande parte dos asubíos vaian para un Rubén que, a pesares dos seus erros, non é máis culpábel deste descalabro que a inmensa maioría dos seus compañeiros.

Cando a meirande parte do estadio profería berros de Dimisión, alguén quiso desvia-la atención á nosa costa, mandando aos comecollóns dos gardas xurado a decomisar unha faixa en contra do coletivo ultra-españolista Falacia Bilingüe que xa non estaba a amosarse dende facía varios minutos. A partires de aí vivíronse minutos realmente bastante cómicos, pois éstes non foron capaces, ante os improperios de boa parte do campo, de levarse a faixa, e tiveron que retirarse da zona sen saber qué facer. ¿Por que non interviron cando a faixa sí estaba despregada e sí o fixeron cando a parroquia celtista se dirixía ao palco?. Esa maniobra cantou moito, e se a partires dagora a súa solución ás críticas contra eles (que ademais nós non comezamos) é reprimir a peñas como a nosa, por mal camiño irían.

Do pouco salvabel desta nova decepción, está o feito do debut co primeiro equipo do canteirán Michu, quen cuallou unha grande actuación tendo en conta que era o seu primeiro encontro, e cun ambente nada propicio. Lonxe de amilanarse, non deixou nunca de pelexar, e participou na meirande parte das ocasións creadas polo Celta.

Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

11 Março 2008

CELTA 1-ALCORCÓN 0


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

MARIC E CELTA B, EXEMPLOS A SEGUIR


Semella que nesta tempada, os xogadores do primeiro equipo do Celta non é que estean a proporcionarnos excesivas ledicias, se non máis ben todo o contrario. A actitude amosada por moitos xogadores no que vai de campionato, pero sobre todo acentuada nos derradeiros meses, impropia dos xogadores dun equipo da historia e tradizón do Celta, e dun equipo que sempre é favorito para conqueri-lo ascenso cando lle toca xogar no pozo da segunda división, non ten nada que ver coa que os que acudimos a Barreiro habitualmente atopamos nos Maric, Abalo, Richi, Túñez (dende Celrtarras desexámoslle que teña unha boa recuperación da súa lesión sufrida fai unha semanas en Lugo), Michu, Serxio, Mateo, Aspas e demais canteiráns do Celta B.

É unha mágoa que xogadores que poderían ser agora mesmo ata itulares no primeiro equipo, continúen sen ter a súa oportunidade néste, mentres que xogadores do primeiro plantel que ata nalgúns casos nen tan sequera pertencen ao Celta seguen arrastrándose polos campos de segunda división, manchando o nome do noso equipo e insultando á nosa afición, que independentemente de que poida ser mellor ou peor, ou máis ou menos numerosa, é á que se deben, pois eses siareiros son, ou somos, o verdadeiro Celta; nós somos o Celta.

Evidentemente, ollar cómo domingo sí e domingo tamén os nosos canteiráns deixan todo sobre o céspede para defender ao noso clube fainos sentir moi orgullosos destes xogadores, pero o que fixo Goran esta pasada fin de semana vai máis aló, e para nós ten un enorme valor. Foi grazas a un artigo publicado onte polo Faro de Vigo como soubemos desta historia máis propia de tempos pretéritos que da época actual.

Dende que soubo que ía convocado co primeiro equipo para o encontro do sábado en Xerez, o dianteiro comunicoulle ao clube o seu desexo de que lle buscaran un avión que o trasladara axiña a Vigo en caso de non xogar en Chapín, e así poder estar o domingo en Barreiro para poder disputa-lo encontro que enfrontaba ao filial co Alcorcón. O clube descartou esa opción alegando que non atopaban combinacións de avións que puideran facelo chegar a tempo á nosa cidade. Despois de estar todo o segundo tempo quentando na banda do estadio xerezano, rematou o encontro sen ter disputado nen un so segundo.

O caso é que Goran, pola súa conta, sí que atopou esa combinación que lle permitira estar en Barreiro o domingo pola mañá, e mesmo nun primeiro intre pagou do seu peto a súa viaxe de regreso. Para elo tivo que erguerse da cama pouco despois das 5 da mañá, para coller un avión que ía trasladalo dende terras andaluzas ata Madrid, e dende alí, novo avión cara Vigo, a onde chegou cara as 11 da mañá, co tempo xusto para baixar dende Peinador ata Barreiro, cambiarse e saltar ó céspede a quentar co resto dos seus compañeiros.

Maric xogou os 90 minutos, e unha vez máis foi dos máis destacados do encontro. Cun espectacular lanzamento de falta directa mandou o balón contra o pau da porta rival, levándose a primeira grande ovación da mañá, e posteriormente asistiría a Michu para que éste acadara o gol da vitoria. O resto do encontro seguíu correndo e pelexando como o que máis, inda que a súa faciana reflexara o rostro estenuado de quen apenas puidera descansar nas 48 horas anteriores ao choque.

Á conclusión do partido, Maric achegouse ata a zona ocupada pola xente de Celtarras no segundo tempo, lanzounos a súa camisola e pedíunos que non deixáramos de asistir aos encontros do B, e a verdade é que esta xente sí que merece todo o noso apoio. En declaracións súas ao mesmo xornal, afirmaba que cicais non tivera realizado todo ese esforzo se estivera noutro equipo, pero sendo vigués e celtista como é, non tivo reparos en levar a cabo toda esta odisea con tal de axudar ao clube dos seus (e dos nosos) amores.

GRAZAS MARIC, ADIANTE O CELTA B

10 Março 2008

STOP REPRESIÓN


Nestes derradeiros días estan chegando a militantes antifascistas e independentistas multas de máis de 750 euros pola concentración contra os españolistas "Galicia Bilingüe" na que a policía cargou desmesuradamente e sen razón. Tamén se está multando a xente que se concentrou posteriormente na comisaria de Vigo en apoio ó compañeiro detido nese mesmo acto. A ambos se acusa de desobediencia e concentración ilegal. Para @s sancionad@s comentar que hai un avogado disponíbel para realizar os recursos e demais. Se es un deles, non dubides en contactar con ANTIFASCISTASGALIZA@GMAIL.COM

Ademais, dende Celtarras tamén queremos axudar económicamente a todos aqueles socios do noso grupo aos que tamén lles están a chegar estas multas, así que se eres un deles, deixanos o teu nome o vindeiro domingo antes do Celta-Albacete para facer unha lista dos celtarras multados.

09 Março 2008

XEREZ 1-CELTA 0

SEN COMENTARIOS

03 Março 2008

CELTA 2-ELXE 2


O deste equipo xa non ten nome. Nova cagada en Balaídos, onde unha vez máis deixamos escapar un encontro que comezamos gañando. Nesta ocasión, para máis inri, a renda a prol do Celta era de dous goles, i en apenas un minuto deixamos que os alacantinos igualaran os dous tantos que con anterioridade acadara Perera. É icreíbel a tremenda fraxilidade anímica destes xogadores, que ó primeiro golpe recibido baixan os brazos e quedan noqueados e sen resposta algunha. Con este panorama, pensar no ascenso semella, a día de hoxe, unha utopía. É unha mágoa que tiraran pola borda o traballo realizado durante un primeiro tempo no que puideron ollarse pinceladas de bo fútbol e onde foron bastante superiores ós xogadores do Elxe.

Tralos resultados desta semana, o terceiro posto, compartido por Sporting e Real Sociedade, queda agora mesmo a seis puntos de distancia, pero o peor de todo nen tan sequera é esa ampla distancia (matemáticamente, todavía a tiro de pedra tendo en conta que todavía teñen que xogar entre eles e que tanto o un como o outro teñen que visita-lo noso campo), se non a imaxe que tanto Celta como Sporting e Real Sociedade están amosando dende o parón de nadal. Mentres os nosos xogadores están tocando fondo e non son quen de deixar boas sensacións nun so partido, tanto bascos como asturianos amosan unha imaxe moito máis forte, de equipos con verdadeiras aspiracións de ascenso e con pouca pinta de que vaian ceder moitos puntos ata que remate o campionato ligueiro.

Para rematar, uns números para a reflexión. Nunha xornada tan importante como a de onte, en Balaídos non chegamos ós 10.000 siareiros presentes, mentres que Anoeta e mailo Molinón acollían a 25.000 e 22.000 siareiros, respectivamente. Sen dúbida algunha, os propios celtistas tampouco estamos a da-la talla nen en presencia nen animación nestes intres onde tanto estamos a xogarnos.

Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

01 Março 2008

COMUNICADO SS.GG.


Março de 2008

Ante os graves factos acontecidos no Pavilhom da Malata na estreia da selecçom galega de futebol salom, Siareir@s Galeg@s quer manifestar:

1.- Siareir@s Galeg@s é um colectivo co mais de 2000 sóci@s e que acumula mais de umha década na defesa das selecçons nacionais galegas. As nossas actuaçons na defesa dos direitos nacionais da Galiza no terreno desportivo som conhezidas e temos apoiado com a nossa presença os jogos de todas as selecçons nacionais convocadas desde a o histórico Galiza-Uruguai que se desputara em Sam Láçaro em Dezembro de 2005.

2.- O tratamento do que Siareir@s Galeg@s foi objecto ao longo do jogo foi injustificável. Sem mediar motivo fumos objecto dum cordom policial nas gradas do Pavilhom com o objectivo de transladar a imagem de ser umha espécie de apestad@s ou perigosos criminais.

3.- A chularia e a desproporcionada presença policial na estreia da selecçom galega de futebol salom, culminou com umha vergonhenta carga contra membros do nosso colectivo e contra as numerosas pessoas , entre elas várias famílias, que saiam com nós do Pavilhom ao remate do jogo.

Vári@s contusionados e um companheiro identificado foi o resultado de inaceptável actuaçom policial.

4.- As provocaçons policias contra Siareir@s Galeg@s forom constantes durante todo o jogo. Aproveitando qualquer motivo, alguns tam ridículos como fumar ou colocar um pé nas escadas que limitavam as nossas localidades, forom aproveitados polos numerosos efectivos da polícia espanhola para ameaçar-nos com que nos "iam abrir a cabeça" ou nos iam "dar umha somanta de óstias".

5.- Frente estas e outras ameaças o comportamento de Siareir@s Galeg@s foi exemplar. Nom caimos na suas constantes provocaçons nem nos deixamos amedrentar polas suas ameças. No Pavilhom da Malata ficou claro o inquevrantável apoio de Siareir@s Galeg@s à selecçom nacional que os jogadores agradecerom achegando-se aá grada que ocupávamos ao rematar o jogo.

6.-. A brutal actuaçom policial empanhou gravemente o que tinha que ser um dia de reivindicaçom e festa para o nosso desporto. Esigimos a imediata depuraçom de responsabilidades e advertimos que nom permitiremos mais agressons contra o nosso colectivo.