Para quen non está ao tanto, dende a movida con Fernando Vázquez, e a división do Celtismo hai agora un ano, e por iniciativa de xente de peñas coma Carcamáns, UME, Centolos Celestes, Comando, Siareiros.net,… estanse a levar unha serie de reunións periódicas para tentar de xuntar forzas, animar ao Celta coma se merece e ter un certo peso específico no clube. Froito destas xuntanzas xurdiron iniciativas como as de crear Campo Novo Xa! ou mesmo presentar unha candidatura alternativa á Federación de peñas que finalmente gañou a nosa amiga Ponzoña rodeada dos seus rikitrís e demáis calaña. (Celtarras non estaba na candidatura por non estar na Federación, mais sí apoiou a ista candidatura alternativa á da Ponzoña).
Así que co paso do tempo e grazas á disposición da Peña UME, pasouse de reunións en bares a xantar no Soriano…..
En decembro o xantar foi unha homenaxe a Xavier Martínez Cobas, exdirector xeral, que marchou do clube farto dos atrancos que estaba a sufrir no seu proxecto dun Celta galego i en galego (despois do de Vázquez, el estaba so no Celta defendendo esa idea de equipo). Daquela o Xavier quedou encantado coas peñas que fomos e a placa que lle demos, e comprometeuse el a convidarnos en Febreiro.
E alí fomos, coa sorpresa de que apareceu o López Caro e todo o seu corpo técnico (seica querían falar coas peñas e trasmitirlles o seu agradecemento e pedir paciencia ¿?).
E así foi, tralo xantar, moi boas palabras moi bo rollito…mais o equipo está como está.
Preparáramos unha sorpresa para Alberto (presidente de UME e promotor destes “San Edríns” celtistas) e nos postres entregámoslle unha figura de Sargadelos que mercamos entre as peñas que estamos a reunirnos periódicamente. Pero a sorpresa levámola os dous representantes da peña cando Alberto no seu “speech” volveu loubar a unidade das peñas “de verdade” e falou dos Celtarras coma dos “números uns” do Celtismo. Sempre nos trataron moi ben nestas xuntanzas, mais dista volta non só voltaron falar ben de nós se non que tamén fomos agasallados cun botellón de viño do bo (non do de facer kalimotxo). Seica xa nos coñecen e saben que onde estea un bo pimple que se quiten as placas e as figuriñas de Sargadelos….
Así que nada, que flipamos e un de nós tivo que falar ante tan distinguida audiencia. Saimos do paso (coido) e ovación xeral (López Caro e demáis incluidos).
Así que equí tedes o botellón. Agardamos que a xente diga cando quere que fagamos uso del (no calexo, nunha cea da peña, no Piratas…).
Vos diredes.
Forza Celta!! Alcoooooooool, alcoooooool, alcol,alcol, alcoooooooooooocoool!!!!!!
Mr. Licor-Café




















