31 Janeiro 2008

NOVOS TORNOS EN FONDO


celtavigo.net

El Real Club Celta inaugurará en el partido de mañana ante el Castellón un nuevo sistema de tornos que mejorará de manera notable la rapidez, comodidad y fiabilidad del acceso de los aficionados al estadio. De los 43 tornos que había instalados, cuya antigüedad era de 16 años, se pasará a un total de 63 una vez concluidas las dos fases de instalación, en el próximo mes de marzo. En el encuentro de mañana se estrenarán los tornos en las gradas de Tribuna, Preferencia, Marcador y Fondo.

Son numerosas las ventajas que aportarán los nuevos tornos, nueva muestra de la inquietud del club por modernizarse y explotar las nuevas tecnologías. Entre ellas destacan pioneras medidas técnicas de seguridad y de control, precisión en las lecturas de carnets y entradas y un rápido acceso al campo. Estos nuevos soportes disponen además de un diseño y un funcionamiento más moderno: Son fijos, abatibles tanto de forma automática como manual e independientes al sistema. Han sido diseñados además para que ofrezcan una gran durabilidad, ya que son de acero inoxidable.

En una primera fase, ya concluida, se han instalado los tornos en las gradas de Tribuna, Preferencia, Marcador y Fondo. En estas 4 zonas, en las que se pasa de 20 a 31 tornos de acceso, se han adecuado las puertas y se ha reestructurado parcialmente el sistema informático y eléctrico.

La segunda fase afectará a las gradas de Río Alto, Río Bajo y Gol. Se instalarán 32 nuevos tornos, diez más que los actuales, y se creará un nuevo acceso en Gol. Se implantará también un nuevo servicio de servidores y un sistema de alimentación Ininterrumpida.

Información para abonados y aficionados

Al tratarse de un sistema completamente nuevo, el club agradecería a los abonados y aficionados que acudan con antelación al estadio, ya que el método de acceso será diferente al utilizado hasta ahora. De hecho, los aficionados leerán su carnet directamente en el scanner del torno, sin necesidad de la intervención del personal de las puertas, que en cualquier caso estará a disposición de los seguidores que acudan al campo para solventar cualquier duda o incidencia.

El Club habilitará en la zona de taquillas, y desde la apertura del estadio, una ventanilla de incidencias para dar apoyo informativo a los usuarios.

POLÉMICA EN PASARÓN


breo.blogaliza.org (texto e foto)

A imaxe que vedes aqui pertence a este pasado domingo, o Pontevedra C.F. recibia a visita do filial do Real Madrid e na bancada de norte despregouse esta faixa, houbo unha certa polémica entre culés e merengues pontevedreses, ¿a faixa representaba a toda a bancada de norte, a todo o estadio ou somentes a unha peña de siareiros granates? pois a resposta é máis que sinxela.

Os responsables do seu depregamento foron a peña Furya granate, posiblemente a peña máis activa e que máis traballa por e polo Pontevedra C.F. dia tras dia e ano tras ano, un nutrido grupo de rapaces que sempre lle dan cor ao vello Pasarón cós seus “tifos”, que para os neófitos nisto da “jerga” das bancadas de fútbol, significa montar un espectáculo de bandeiras, pancartas, confetti’s ou algo polo estilo cando salta o equipo local ao campo. Como dicia, a xente de Furya granate sempre sorprenden có seu incansable traballo de animación e de preparación dos partidos, tentando sempre de contaxiar o seu espírito de loita e de defensa das cores granates ao resto da bancada de norte e tamén e porqué non, ao resto do estadio. Dende hai sete anos que están a destacarse coma unha das peñas máis comprometidas e moitas veces por isto, polo compromiso que eles mesmos amosan na bancada e tamén nun fanzine que publican (o único en Pasarón), son tachados en moitas ocasións de conflictivos e de perigosos, eles defínense como unha peña con espírito galeguista e nacionalista galego, antifascista e por enriba de todo granate, porque o obxectivo do seu traballo diario tanto para os partidos da casa coma para os de fóra (porqué moitas veces son a única peña que se despraza có Pontevedra C.F.) é animar ao noso equipo e que como reza o lema futboleiro “You never walk alone”, que os nosos xogadores nunca camiñen sos.

Segundo explicaron posteriormente, o motivo da faixa despregada có lema “antimadridistas”, foi para amosa-lo seu rexeitamento ás actitudes despreciativas, altlivas, déspotas e prepotentes que sufriron moitos dos afeccionados e xogadores granates nos partidos nos que nos enfrotamos có filial madridista nestes derradeiros anos, non hai motivos agochados nin retorcidos, exerceron o seu dereito á libre expresión sen insultar ou menospreciar a ninguén.

“A ponte vella” solidarízase con eles e apóiaos na súa causa galeguista e granate, posiblemente se a faixa puxera “Vigo non” ou outra frase inxeniosa polo estilo, algunha xente de Pontevedra calaria a boca e esbozaria un sorriso cómplice, e iso si que é ben triste, ás veces sigo a pensar que medramos en habitantes, pero que en realidade seguimos sendo unha aldea.

ENTRADAS A 5 EUROS

Lembrámosvos a todos e todas que para o encontro deste vindeiro sábado ante o Castellón, os que sexades socios de Fondo podedes mercar unha entrada da nosa bancada para un acompañante ó prezo de 5 euros.

30 Janeiro 2008

SUADEIRAS Á VENDA


A partires deste mesmo sábado xa podedes merca-las novas suadeiras do grupo antes do fútbol, cuios modelos definitivos xa tedes na sección de material desta páxina. Se queredes encomendar xa algún modelo concreto para recoller antes do Celta-Castellón, enviade un emilio a materialceltarras@yahoo.es, sinalando o modelo e talla que vos interesa.

CD FRENTE BLANQUIAZUL


Xa nos chegaron os cd´s recopilatorios de música punk-ska que sacou a xente do Frente Blanquiazul de Tenerife para afronta-los gastos dos compañeiros detidos no pasado nadal antes do encontro disputado pola súa selección nacional en As Palmas, nova da que xa falamos nesta mesma web. Temos 50 unidades ó prezo de 3 euros cada unha, e agardamos que o vindeiro sábado se vendan todas. Lembrade que estamos a falar dun dos grupos cos que máis trato temos dende fai anos, e que sempre se portaron moi ben connosco en tódolos aspectos, sobre todo cando nós tamén precisamos de axuda económica, así que xa sabedes.

TODOS SOMOS ABOU-TREIKA


En días pasados, as televisións de todo o mundo emitían unhas imáxenes nas que unha vez máis o estado de Israel voltaba a levar a cabo unha brutal ofensiva represiva e xenocida sobre territorios palestinos, desta volta contra os habitantes de Gaza, nun novo capítulo do bloqueo ó que Israel somete ós seus veciños palestinos, e polo cal éstes foron privados de corrente eléctrica, feito que se cabe adquiríu todavía un maior dramatismo nos ateigados hospitais. Outra consecuencia foi o éxodo de milleiros de palestinos cara Exipto, na procura de axuda humanitaria, o que fixo que nese país se abrira un debate entre os partidarios de manter esa fronteira aberta para que pasaran os indefensos palestinos, ou os que pedían que ésta se pechara.

Nestes días estase a disputar en Ghana a maior festa do fútbol africano, a Copa África de seleccións, competición que tamén serve de escaparate para moitos xogadores dese continente no seu desexo de que algún equipo europeo poida fixarse nas súas dotes balompédicas. Pero ademais delo, o xogador exipcio Abou-Treika foi máis aló, e ademais de da-la súa opinión nese debate fronteirizo despois de acadar un gol ante Sudán, tamén aproveitou o ser nese intre un foco de atención mundial (lembremos que canles como por exemplo Eurosport retransmiten esta competición para moitos países) para transmitir a todo o planeta a situación que os palestinos están a sofrer unha vez máis. Por suposto, o atacante exipcio non so ollou o cartón amarelo por ese feito, se non que recibíu a maiores a reprimenda e ameazas por parte da FIFA, nun xesto tremendamente insolidario, algo que por outra banda non nos sorprende e que seguro que o propio xogador xa agardaba.

O fútbol segue a ser empregado por multinacionais que sacan unha grande tallada económica da extraordinaria influencia que este deporte ten en todo o mundo, pero segue a castigarse ós xogadores tipo Nacho, Lucarelli, Oleguer... que levan ó terreo de xogo as súas inquedanzas e denuncias políticas e sociais. Logo é moi doado criticar e falar de que os xogadores viven nun mundo paralelo á realidade, ou que só pensan en festas e tremendos coches e casas, pero en casos como éstes demóstrase que ésa debe se-la imaxe que a sociedade quere que teñan os futbolistas.

Nós seguiremos apoiando e aplaudindo este tipo de accións, pois hai realidades e situacións que nen multas, sancións e todo tipo de mordazas poderán nunca calar.

GRANDE ABOU-TREIKA

LIBERDADE PARA PALESTINA

28 Janeiro 2008

RECIBIMENTO A LUÍS




Eiquí tedes unha serie de fotos sacadas polo noso compañeiro de Celtarras Fredi na tarde do pasado sábado no recibimento a Luís "Che" en Sárdoma.

CELTA B 3-RAYO VALLECANO 2


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

27 Janeiro 2008

CÓRDOBA 0-CELTA 2


Importantísima vitoria do noso equipo en Córdoba, que sumada ós traspés da meirande parte de equipos da zona alta da clasificación, fai que o Celta se coloque cuarto a un so punto do Sporting, equipo que agora mesmo ocupa o terceiro posto, o cal da o pase á primeira división. Tralo triunfo da xornada pasada en Gasteiz, o Celta ten nas súas mans sumar por primeira vez en todo o campionato tres triunfos consecutivos. O vindeiro sábado, ante o Castellón en Balaídos a partires das 18:30 horas, os tres puntos teñen que quedarse na nosa casa, inda que a tarefa non vai ser nada doada, pois dende que os branquinegros trocaron de adestrador acadaron 10 dos 12 puntos en xogo, e xa levan tres triunfos seguidos.

É salientabel que nas dúas ocasións nas que o Celta afrontou nesta liga dous encontros seguidos lonxe de Balaídos, o saldo de puntos foi moi beneficioso para o noso clube. Se nas visitas seguidas a Donosti e Alacante, respectivamente, sumabamos un empate (con claro merecemento de vitoria) e un triunfo, desta volta as visitas a Gasteiz e Córdoba saldáronse coa consecución dos seis puntos en xogo.

Co seu novo gol, o 7º nos derradeiros sete encontros, Perera pode meterse de cheo na loita polo pichichi da categoría, galardón que se merecería despois de comeza-la tempada relegado á bancada ou ó banco dos suplentes, e chegando a estar con máis de pe e medio fóra do clube. Outro punto positivo deste encontro foi a actuación do charrúa Canobbio, quen se amosou algo máis participativo que de costume, e mesmo abríu a conta goleadora do equipo cun soberbio gol. Semella que foi o seu encontro máis completo en todo o que levamos de campionato, polo que agardamos que a partires dagora se enchufe máis ós encontros e amose todo o fútbol que pode dar, pois será moi positivo para o equipo.

Neste encontro, o Celta non pasou por grandes apuros defensivos, pero iso non evitou que se cometeran, como de costume, algúns erros puntuais na nosa zaga que ben puideron darnos un disgusto. Así, por exemplo, o único disparo a porta dos locais en todo o segundo tempo, a piques estivo de subi-lo empate ó marcador, pois o esférico petou no longueiro da portería defendida por Esteban.

O vindeiro sábado, todos a Balaídos a asalta-los postos de ascenso.

QUE SÍ, JODER, QUE IMOS ASCENDER!!!

TRASLADOS SANTI E XOSE


ceivar.org

O 'plante' desenvolvido nesta semana polos presos independentistas galegos no cárcere de Alcalá-Meco e a pressom exercida sobre a direcçom do centro penitenciário por parte de advogados de Ceivar parecem ter dado resultados positivos nesta ocasiom: José Manuel Sanches e Santiago Vigo eram transferidos nesta manhá de Meco para a prisom espanhola de Aranjuez. A mudança de destino carcerário aplicada simultaneamente a ambos presos justifica-se formalmente devido à necessidade de o primeiro recluso receber umha atençom médica para a que a prisom de Meco nom dispom de instalaçons. Contodo, o facto de que a medida se adopte após ambos militantes se chantarem frente à direcçom e o seu envio conjunto para Aranjuez delatam que as razons da 'cunda' nom som meramente sanitárias.

À espera da informaçom que podam facilitar por via telefónica os presos sobre a sua 'cunda' (transferência dum cárcere para outro), de Ceivar interpretamos a saída de Meco e a dispersom para outra prisom como umha pequena vitória, e esperamos que esta mudança física se traduza também na suspensom da acossa permanente à que, com a total permissividade da direcçom de Madrid II, se vírom submetidos ambos presos independentistas galegos neste primeiro mês de prisom.

Recordamos que, entre outras práticas padecidas durante a estáncia no Módulo de Menores de Madrid II, Sánti Vigo e José Manuel Sanches fôrom objecto de agressons (no caso de Sánti), roubos, acossa física, insultos relativos à sua condiçom nacional, retençom do correio, interrupçom das chamadas telefónicas por parte de carcereiros, proibiçom do acesso ao polidesportivo, alargamentos desnecessários nas autorizaçons das listagens de visitas, etc. Convidamos ao envio maciço de correio

Advertimos também de que, conforme à resposta dada nestes dias em diversos pontos do País, de Ceivar continuaremos a denunciar publicamente qualquer vulneraçom de direitos que afecte aos cidadáns e cidadás galegas que neste momento se encontram privados de liberdade por causa da sua militáncia independentista e dum compromisso firme e generoso com a luita pola defesa e a liberaçom nacional e social da Galiza.

Publicamos a continuaçom o novo destino penitenciário em que se encontram Sánti Vigo e José Manuel Sanches, convidando os nossos leitores e leitoras ao envio maciço de correspondência, assi como a manter esta de forma sostida com os três presos e a presa independentista galega.

JOSÉ MANUEL SANCHES GORGAS
SANTIAGO VIGO DOMINGUES
Centro Penitenciário de Madrid VI
Crtra. Nacional 400, km. 28
28300
Aranjuez (Madrid)
Espanha

ACOSO EN ALCALÁ MECO


vieiros.com

Acoso aos presos independentistas

"Se sodes galegos partímosvos a cara, dicide que sodes españois"

Integrados no módulo de menores de Alcalá Meco, os mozos detidos en decembro en Portosín sofren todo tipo de vexacións. A dirección do cárcere aínda non atendeu as reclamacións do avogado dos rapaces.

Roubo de obxectos persoais, insultos, ameazas e golpes son parte da vida diaria na cadea de Xosé Manuel Sánchez e Santiago Vigo, os dous independentistas ingresados no cárcere o pasado mes de setembro. Así o denuncian desde o colectivo Ceivar, denunciando o acoso e agresión que sofren os rapaces, os únicos do módulo de menores presos por delito con vinculación política. A situación é especialmente tensa fronte ao resto de presos, con agresións producidas pola súa condición de independentistas e baixo frases como a que titula esta información. O colectivo Ceivar tamén se queixa do propio trato que lle outorgan funcionarios e dirección do centro penitenciario. "Retéñenlles o correo, non lles permiten facer chamadas, atrásanlles a autorización de visitas e mesmo lles prohibiron o único momento de respiro que tiñan no día, que era a saída a un recinto polideportivo", láianse.

En entrevista co director de seguridade do cárcere, o avogado de Xosé Manuel Sánchez e Santiago Vigo recibiu a comezos desta semana a promesa de que se atendería a queixa e asegurou que descoñecía a situación até o de agora.

Un mes na cadea

Xosé Manuel Sánchez e Santiago Vigo están presos en Alcalá Meco, despois de seren detidos o pasado mes de decembro cando levaban nun vehículo un artefacto explosivo. O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande-Marlaska decretou poucos días despois "prisión incondicional" para os dous mozos. A Audiencia Nacional apúxolles un delito de pertenza a organización terrorista, outro de tenza de explosivos e un terceiro de conspiración para cometer estragos. Os mozos negaron que pertenceran á organización Resistencia Galega tal e como afirmaba a acusación.

Desde o colectivo Ceivar critican a belixerancia contra os rapaces aos que se lles atribúe a pertenza a unha organización "fantástica: non existe" e ven no acoso a Xosé Manuel e Santiago un exemplo do agravamento da presión policial e xurídica en función de prexuízos ideolóxicos. No mesmo marco "hostil" sitúan o acontecido este mércores en Galiza coa detención dos presuntos integrantes do Grapo, sen probas consistentes, "un deles un parapléxico" desvinculado desde hai anos dese grupo segundo defende a familia do detido.

26 Janeiro 2008

ANTIFASCISTA ASASINADO


antifascistasgz.blogspot.com

Na passada sexta-feira, um jovem skinhead antifascista (de 18 anos, chamado Jan Kucera) foi acoitelado, tras umha curta liorta, por um nazi de 20 anos. Jan morreu o domingo no hospital.

Este ataque sucedeu em Pribram, justo nas aforas de Praga. O agressor foi detido, mais toda a investigaçom esta-se a emfocando como se fosse umha "peleja de bar", ainda que o agressor esta acussado de tentativa de homicidio.

Os testigos afirmam que um grupo de nazis atacou a uns antifacistas num Pub, fazendo o saudo nazi e profirindo insultos. Despois atacarom ao skinhead antifacista de 18 anos Jan Kucera (na foto) fora do local. O agressor, com mais de 10 anos de experiência em artes marciais, acoiteolou o jovem na espalda e no peito. Num principio os amigos de Jan tentarom deter a forte hemorragia do peito ata que chegou a ambulancia, pero descubrirom que tambem for acoitelado pola espalda. Jan perdeu muita sangue e ainda que pelejou pola sua vida, perdeu a última batalha o domingo 20 de janeiro.

A sua cançom preferida "Till the day I die I´ll be Antifascist" (Ata o dia no que morra serei antifascista) dumha banda eslovaca chamada Rozop.Isto está sucedendo demassiado amiudo, é hora de devoltar o golpe!.

NEMGUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA!

LUÍS EN LIBERDADE


Durante o día de onte, o compañeiro Luís era posto en liberdade baixo o pago dunha fianza de 12.000 euros. Foi o único dos cinco detidos nos días anteriores que queda en liberdade. Hoxe mesmo chegará a Vigo, e a partires das 18.00 horas será recibido na praza de Miraflores, en Sárdoma. Agardamos a vosa presencia para amosarlle todo o noso apoio e solidariedade. ACUDIDE.

BENVIDO A CASA, CHE

25 Janeiro 2008

CELTARRAS CON LUÍS FERNÁNDEZ "O CHE"


23 Janeiro 2008

CONCENTRACIÓN NO MARCO, ACUDIDE


Mañá xoves, a partires das 19:30 horas da tarde e enfronte do MARCO, na rúa Príncipe, terá lugar unha concentración de repulsa pola detención, no día de hoxe, de Xose Luís Fernández González, así como das outras catro persoas detidas tamén hoxe noutras cidades, entre elas A Coruña. A todas elas se lles acusa de estar supostamente vencelladas cos GRAPO, e o vindeiro venres serán interrogados na Audiencia Nazional polo xuíz Grande-Marlaska. Nen que dicir ten que queremos ollar unha ampla representación de Celtarras nesta convocatoria.

Tanto Xose Luís "O Che" como Carlos Cela (o detido na Coruña) son ben coñecidos polo seu compromiso e traballo, non so político se non tamén social, levado a cabo ó longo destes anos. Son persoas moi activas no traballo de asistencia a presos e presas antifascistas e comunistas, asó como no de denuncia da represión.

Pasa a nova desta convocatoria ó maior número de persoas para que ésta sexa un éxito.

DETENCIÓN EN SÁRDOMA


A primeiras horas do día de hoxe, detiverom a Luís, o "Che", coñecido ex-militante dos GRAPO (a meirande parte seguro que sabedes quen é , o da cadeira de rodas). Segundo nos informan, os gardas civís levan dende as 4 da mañá ocupando a zona de Sárdoma, desplegándose polas leiras. Para atrapar a unha persoa indefensa nunha cadeira de rodas (lembremos que está así precisamente por mor deles), non sabemos a conto de qué ven semellante despregue mediatico. Ah, bueno, sí, a que se achegan as eleccións e agora estamos en época de detencións masivas, non vaia ser que o da tregua de ETA lles pase factura. Dende logo, desta volta pasáronse tres pobos, pois non cremos que poida ser un "terrorista" moi perigoso precisamente. Da súa casa sacaron o ordenata e unha morea de libros e panfletos.

De momento, a xente estase a concentrar na praza de Miraflores, nesa mesma barriada da nosa cidade, pero pola tarde haberá unha concentración de repulsa, inda que todavía descoñecemo-lo lugar e a hora.

Dende Celtarras queremos sumarnos á mostras de afecto con el, coa súa dona, familiares e amigos, e por suposto pedimos a toda a xente da peña que se movilice por este home. Para os que o coñecedes nom fan falla máis explicacións, e para os que non, dicirvos que é unha excelente persoa, que se ten movilizado en mil e unha ocasións dándolle significado real á palabra solidariedade. E non é unha persoa allea a Celtarras, pois estivo unha chea de veces no calexo con todos nós, e mesmo no tema dos "nosos" marróns axudou sempre, ó igual que co CCCP. Se hai persoas que merecen a nosa solidariedade, ésta é precisamente unha delas.

En canto nos comuniquen o lugar e hora da concentración, eiquí mesmo seredes informados.

MÁIS REPRESIÓN



vieiros.com

Foron tres as persoas, membros da plataforma Causa Galiza, as que pediron, na subdelegación do goberno español en Pontevedra, os permisos para o desenvolvemento da manifestación que tivo lugar o pasado 6 de decembro, pola autodeterminación e contra a constitución española, en Vigo.

Son as mesmas que agora os representantes do goberno español queren multar con 600 euros, por "non manter a orde na manifestación" e "permitir" a queima dunha imaxe, a tamaño natural, do monarca español, que se produciu unha vez terminada a mobilización.

A semana pasada, ademais, a Audiencia Nacional española chamaba a declarar aos tres imputados na queima da efixie do rei, que serán interrogados polo xuíz Grande-Marlaska o vindeiro 29 de xaneiro.

"Queren obstaculizar e castigar ás persoas que promoven actos pola autodeterminación"

Vieiros falou con Óscar Gomes, un dos organizadores da mobilización do 6-D e un dos notificados da posíbel sanción.

A Gomes chegoulle unha notificación e recolleu, a pasada semana, en Correos, unha proposta de sanción administrativa como promotor da manifestación.

Gomes explicoulle a Vieiros que na proposta de sanción recibida "fannos responsábeis (leu textualmente) de non manter a orde ao non ter adoptado medidas axeitadas para evitar a queima da fotografía do xefe de Estado", e "propoñen unha sanción de 600 euros a cada un", comentou.

Tamén lembrou que naquela manifestación non houbo ningún altercado e que a queima das imaxes foi un feito illado, desenvolvido por uns poucos, no que non participaba Causa Galiza coma entidade. "Naquela altura Causa Galiza non se pronunciou ao respecto. Só denunciou publicamente as detencións, producidas minutos despois de terminar a manifestación, e apoiou unha concentración que se desenvolveu diante da comisaría da policía española, en Vigo, solidarizándose coas persoas detidas. A queima da imaxe do rei foi un feito á marxe da mobilización", dixo Óscar Gomes.

Denuncian o acoso contra os militantes de Causa Galiza

Segundo Gomes "non é a primeira vez que hai medidas represivas de 'baixa intensidade' contra o movemento soberanista galego". De feito, esta entidade xa tiña denunciado o "acoso" por parte da garda civil de varios dos seus activistas en Caldas e en Tabeirós. "Días antes da manifestación do 6-D houbo varias identificacións a membros desta iniciativa, e horas despois da manifestación, varios activistas de Causa Galiza foron retidos e rexistrados por efectivos da garda civil" na autoestrada, á altura de Caldas de Reis.

Para Gomes, esta sanción económica "está á marxe do proceso aberto contra as persoas ás que acusan de ter feito a queima do boneco, pero é un medio de presión contra os promotores desta iniciativa", "é un xeito de dar un tirón de orellas, pero non fan presión de forma 'descarnada' -como pode ser cunha carga na que se chegue a ferir á xente-. É un toque de atención para quen 'promova', 'non condene' ou lle 'dea cabida', así entre aspas, aos actos de queima de imaxes do Borbón", terminou.

O movemento soberanista vai facer, alén dunha denuncia pública do feito, un recurso contra as propostas de sanción que ten, segundo Gomes, abondas posibilidades de ir cara adiante: "falando en termos xurídicos, hai moitas posibilidades de evitar a sanción; pero estamos a falar dun asunto político, que non se rexe pola lóxica. As propias autoridades que emitiron a sanción son as que teñen que revisar o noso recurso, e é moi probábel que, debido ás súas motivacións políticas, continúen na mesma", dixo, lembrando que, no caso de que o recurso non saia adiante, queda recorrer á vía penal.

21 Janeiro 2008

PATRIOTAS GALEG@S


ceivar.org

A situaçom dos patriotas galegos Sánti Vigo e José M. Sanches agravou-se na última semana. Os prisioneiros galegos suportam umha situaçom de tensom diária ao ter que enfrentar umha estratégia repressiva dirigida desde o ministério do interior de espanha cara ao deterioro da sua condiçom física e psíquíca e a derrota das suas militanças.

Sánti Vigo e José M. Sanches ficaram recluídos no modulo 11 para menores de vinte e um anos desde o passado 18 de dezembro na prisom Madrid II sendo ingressados incodicionalmente e qualificados no terceiro grau do FIES (“Fichero interno de especial seguimiento”). A partir desse momento começaram a ser objecto de pressons por parte dalguns carcereiros espanholistas, ameaças de agressons, maltrato psicológico,.. Carcereiros que ao tempo promovem a acossa dum grupo de presos sociais espanhóis contra eles. Por pôr um exemplo esclarecedror da connivência duns e outros dizer que o primeiro dia os três cidadaos galegos (naquela altura também ficava presos Adriám Ponte) foram inqueridos polo lider do grupo de presos espanhóis sobre a sua condiçom nacional.

A esta situaçom de tensom diária vem-se-lhe somar outras medidas tomadas pola direcçom da prisom como o recurte das chamadas telefónicas, a proibiçom do acesso ao pavilhom desportivo, os obstáculos para a autorizaçom de visitas (exigência de mais dados das pessoas que vam visistar, o que supom a ralentizaçom do processo de autorizaçom), a má alimentaçom que acaba de supor a baixa médica de José M. Sanches,.

Ceivar entende que este conjunto de medidas junto à punitiva e ilegal dispersom a centos de quilómetros da Galiza, também padecidas por outras geraçons de patriotas galegos e galegas, como reflexionou e insinuou um dos funcionários da prisom aos presos independentistas, é umha estratégia repressiva desenhada polo ministério do interior e instituiçons penitenciárias para procurar a destruiçom física e psíquica dos prisioneiros galegos e com isso a derrota das suas militanças e convicçons políticas. Desde o organismo popular anti-repressivo nom permitiremos que se continue a violar a dignidade e os direitos dos presos e presas independentistas. Anunciamos desde já umha ofensiva jurídica e social destinada a frear esta estratégia repressiva do governo da espanha contra as presas e presos independentistas.

Hoje mais do que nunca é imprescindível a solidariedade activa de todos e todas que ajude a rachar a dispersom e a conseguir o respeito dos direitos dos patriotas e das patriotas presas. A difusom social desta situaçom, o envio maciço de correio, as visitas e sobretudo a reclamaçom da repatriaçom e da sua liberdade som medidas óptimas para efectivar esta solidariedade.

20 Janeiro 2008

ALAVÉS 2-CELTA 3


Importante e sufridísima vitoria a colleitada polo Celta en Mendizorroza, onde unha vez máis varios erros defensivos a piques estiveron de evita-lo triunfo do noso equipo, que propiciaron os dous goles do conxunto alavesista, quen conqueríu igualar o encontro en dúas ocasións, despois de que Diego Costa e Jorge Larena adiantaran por 0-1 e 1-2, respectivamente, ó Celta. Outro erro defensivo tamén provocou un penalti a prol do Alavés cometido por un inocente Núñez, pero Esteban conqueríu desvia-lo lanzamento desa pena máxima. Cando xa estabamos resignados a un novo empate, nos derradeiros minutos de encontro o pichichi Perera enviaba o balón ó fondo da portería local despois dunha falta lonxana sacada polo uruguaio Canobbio.

O Celta non realizou un grande encontro (máis ben todo o contrario), pero o importante era gañar e iso conqueríuse. Iso sí, os xogadores teñen que mellorar todavía moito, e sobre todo deben desaparecer, sí ou sí, eses habituais erros defensivos que fannos encaixar tantos goles tontos. E a pesares deste triunfo, ratificámonos no que diciamos na xornada pasada: xogando así, o ascenso pode converterse en tarefa imposíbel.

Para a vindeira xornada, o Celta voltará a disputar un encontro lonxe de balaídos, desta volta na cancha do Córdoba, o domingo que ven a partitres das 5 da tarde e sen cámaras de televisión ofrecendo o choque en directo. Con este encontro iniciaremo-la segunda volta do campionato, e será unha nova oportunidade de asalta-los postos ascenso, que continúan a tres puntos de distancia.

CELTA B 3-CORUÑA B 1 (FOTOS)





Estas fotos corresponden ó derbi da pasada semana xogado en Barreiro entre os equipos filiais de Celta e Coruña, e que nos fixo chegar a nosa compañeira Patri, da sección Porrinho.

18 Janeiro 2008

CELTA 0-SALAMANCA 0



Fotografías cedidas por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

14 Janeiro 2008

CELTA 0-SALAMANCA 0


Novo traspés do Celta, que comeza o ano tal como comezou a liga, cun empate e unha derrota. A pobre imaxe deixada polo equipo no segundo tempo alimenta as dúbidas sobre as posibilidades reais de acada-lo ascenso nesta mesma tempada. Coa vindeira xornada remata a primeira volta, e polo dagora o equipo segue amosando grandes carencias e enormes dificultades para gañar partidos. Neste encontro fallou alguén que puidera abri-la poboadísima defensa rival, ollando unha vez máis que contra equipos pechados atrás, o Celta amósase como un equipo tremendamente plano e incapaz de facer dano sobre a meta rival. E nesta ocasión, a cousa ben puido ser peor se o colexiado non sinalara un inexistente fóra de xogo contra o equipo charro que rematou co balón dentro da portería defendida por Esteban.

Curiosamente, pese a todo, o Celta acadou recortar nesta xornada un punto respecto ós postos de ascenso, que pasan de estar a catro a estar agora a tres. Iso sí, o problema radica en que o primeiro e segundo posto seguen a estar moi lonxe, e a día de hoxe únicamente quedaría un posto polo que loitar cunha boa morea de equipos (Sporting, Elche, Erreala, Tenerife, Cádiz, Granada...). Agora agardemos que os vindeiros choques en Gasteiz e Córdoba sexan produtivos para os nosos intereses, e cremos que todo o que non sexa, cando menos, gañar un e empatar outro, sería moi malo para o noso obxectivo do ascenso.

09 Janeiro 2008

FORO CIDADE DE MURCIA


Tal como comentamos nesta mesma web, no pasado encontro entre Celta e Granada 74 houbo alusións dende a nosa bancada á forma na que o conxunto andaluz acadou un posto na segunda división para a actual campaña, así como ó Cidade de Murcia. A nova chegou ós propios siareiros do Cidade, e no foro da web oficial do equipo (ciudaddelorqui.es) deixaron constancia delo. A continuacón reproducimos algunhas frases con referencias a nós:

GRANDES los celtinhas¡¡¡¡ aupa celta¡¡

con dos cojones celtarras , si señor

y el 74 perdió 4-1. Yo ya imaginaba que celtarras se acordarían de nosotros y así ha sido. Es posible que eso afectara al puto 74 y perdiera claramente

Grande el Celta, Grande Celtarras.

grande el celta espero que vuelvan a primera ya que es un gran equipo y una gran aficion

me kedao sin palabras... grandes Celtarras, grande Vigo

CELTARRAS MUCHAS GRACIAS DE VERAS asi tendrian que ponerse todos en todos los campos

grande celta y grande celtarras

LA AFICION VIGUESA NECESITA EQUIPO EN PRIMERA YA! VAMOS CELTA VAMOS! ESOS VIGUESES

Mouto Obrigado a Celtarras. Tu que tienes contactos con ellos, cityboyshintxas; hazle llegar nuestro agradecimiento

AHI ESOS CELTARRAS!

desde tan lejos se acuerdan de nosotros. gracias

joder, que bien! mil gracias a todos los que hicieron que el ciudad estuviera presente ese partido!!!!

Que gran detalle de la buena gente de Vigo !!

NOVA SUADEIRA


Toda a información desta suadeira, no noso apartado de material.

GALIZA EN BALAÍDOS


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

CELTA B 2-FUENLABRADA 0


Fotografía cedida por Eugenio Álvarez para a web de Celtarras.

07 Janeiro 2008

INVITACIÓN ST. PAULI


Unha vez máis, unha das hinchadas antifascistas de referencia a nivel internacional, a do St. Pauli alemán, convídanos ó torneo que celebran anualmente na súa cidade, Hamburgo, e ó que únicamente convidan a grupos de siareiros cunha traxectoria de loita antifascista dentro e fóra das bancadas. Os que esteades interesados en desplazarvos a terras alemanas ou obter máis información ó respecto, xa sabedes ónde preguntar. Ésta é a carta que nos fixeron chegar recentemente:

Hola Celtarras, quisiéramos comunicaros la fecha para el 5o torneo antirracista para que podáis empezar a planear el viaje a Hamburgo. El torneo antirracista tendrá lugar en Hamburgo del 23 al 26 de mayo de 2008.

Una vez más será durante el descanso de verano y sin visita de un partido del FC St. Pauli. De esta manera podremos y podréis ofrecer más contenido político y poner aún más énfasis en intercambiar ideas y mejorar nuestra cooperación.

Hasta mediados de febrero os llegará la carta de invitación a vuestro grupo. Por favor, avisadnos si la fecha os viene mal y no podéis participar.

Programa provisorio del torneo:

Viernes, 23 de mayo de 2008. Desde mediodia programa en hamburgo en las instalaciones del torneo. Por la noche fiesta en las instalaciones del torneo.

Sábado, 24 de mayo de 2008. Desde las 10 de la mañana torneo de fútbol, conferencias, ponencias y exposición. Por la tarde coloquios con testigos del nacionalsocialismo. Mandadnos vuestras ideas, deseos y sugerencias. Por la noche concierto y fiesta.

Domingo, 25 de mayo de 2008. Desde las 10 de la mañana torneo de fútbol, conferencias, ponencias y exposición. Coloquio con testigos del nacionalsocialismo. Por la noche fiesta de remate en las instalaciones del torneo.

Entre tanto os deseamos mucha fuerza para vuestro trabajo en el estadio o en vuestra ciudad.

Con un cordial saludo desde Hamburgo. Heiko / Fanladen St. Pauli(en nombre de las organizadoras y los organizadores del torneo antirracista).

TENERIFE 3-CELTA 2


O Celta comezou o ano 2.008 do peor modo posíbel, cunha derrota na cancha do CD Tenerife despois de amosar unha imaxe moi pobre na meirande parte do encontro, cicais a peor dende a chegada de López Caro ó noso equipo. Os xogadores semellaron chegar algo descentrados do parón de nadal, e non deixaron grandes sensacións sobre o céspede do Heliodoro Rodríguez, onde o conxunto local sempre estivo mellor prantado sobre o campo e plasmando unha manifesta superioridade sobre os xogadores célticos, ós que temén semellou pasar factura a goleada acadada no derradeiro encontro de 2.007, coa que se desatou certa euforia. Nesta derrota tamén tivo a súa parte de culpa o propio técnico López Caro, e como non, os tan habituais erros defensivos. A única nota positiva deste encontro atopámola en que a derrota únicamente foi colleitada por un so gol de diferencia. A clasificación semella que vai a estar moi apretada ata o derradeiro intre, e pode ser moi importante o non perde-lo golaverage cos nosos rivais directos, por iso o gol do chipriota Okkas a pouco máis de cinco minutos para o remate do partido, ademais de propiciar un tardío arreón final na procura do empate, fai que a posibilidade de gañarlle o golaverage ó equipo branquiazul non estea tan costa arriba. Agardamos que este encontro só fora unha paréntese, e que o vindeiro sábado, a partires das 18:30 horas en Balaídos ante o Salamanca o equipo retome a senda das vitorias, xa que estamos a piques de entrar na segunda volta, e o tempo para reaccionar e colarse entre os tres primeiros clasificados vai esgotándose.

Na nosa sección de vídeos xa podedes olla-los cinco goles acadados neste encontro.