25 Julho 2008

BUFANDAS FRENTE BLANQUIAZUL


Con motivo da súa visita a Vigo a fin de semana pasada, os compoñentes do grupo musical Oi! se arma aproveitaron para traernos un lote de bufandas do Frente Blanquiazul, e que a partires dagora venderemos entre o noso propio material; son todas do derradeiro modelo que sacou este grupo irmán, e tódolos cartos da súa venda serán para Celtarras, xa que éstas son unha doación que quixeron facernos estes siareiros canarios para axudar económicamente ós celtarras pendentes de xuízos. Lembramos que con motivo da recente visita do Tenerife a Vigo, o noso grupo tamén agasallou ós frentistas desplazados ó noso país cun lote de bufandas celtarras para colaborar cos sancionados do Frente Blanquiazul. Agardamos que toda a xente que non teña esa bufanda non tarde en mercala, e mesmo quen queira facelo xa na xuntanza do vindeiro venres a partires das 10 da noite no Piratas do Faro, que envíe unha mensaxe ó noso mail de material.