O Celta rematou coa imbatibilidade do Sporting grazas a un bo gol de Okkas, e sobre todo a un encontro no que o noso equipo seguíu amosando certa melloría, e onde xa se vai ollando a un Celta cada vez máis sólido, sobre todo no aspecto defensivo, onde a entrada de Lequi (e onte tamén a de Contreras) no once titular semella que ten moito que ver nelo.
Con este triunfo, ademais doutros resultados dados nesta mesma xornada, o Celta segue recortando puntos cos postos de cabeza, e agora mesmo o ascenso sitúase seis puntos por enriba nosa. A xeira de enfrontamentos cos equipos da zona alta da clasificación prosegue o vindeiro domingo en Balaídos co Rácing de Ferrol como rival, nun encontro que dará comezo, en principio, ás seis da tarde. Un novo triunfo sería primordial para ratificar esta melloría, e situar ó noso equipo ben posicionado na longa carreira polo ascenso.
Pola nosa banda, boa presencia no Molinón, movilizando a unhas 140 persoas entre os dous autobuses alugados e os que nos acompañaron en coches, e que tamén se subirón ós autocares para entrar no estadio xixonés. A crónica e fotos da nosa viaxe, no vindeiro número de Dende as Bancadas.
Iso sí, salientar que pese a non ser unha viaxe anunciada e estarmos xa pola zona a iso das 9 da mañá, a policía tiña un dispositivo preparado para SECUESTRARNOS e levarnos por e cando quixeron para o campo, e sempre baixo a súa vixianza e desagradable compaña.
E para rematar, tamén queremos enviar dende eiquí un saúdo moi forte para os colegas de fóra que nos acompañaron nesta viaxe.