Este equipo é unha ruína. Así de claro. No partido disputado no Martínez Valero, o Celta só existíu nos trece primeiros minutos de encontro, onde se amosou como un auténtico equipo con aspiracións de ascenso a primeira división, pero o enésimo erro en defensa propiciou que o conxunto ilicitano puidera adiantarse no marcador xusto nese intre, e que acto seguido o xogo do equipo galego desaparecera por completo. Cuns 80 minutos todavía por diante, o Celta deixou unha imaxe pésima, cunha atitude impropia nuns xogadores ós que hai que esixirlles un maior compromiso, e con continuos erros defensivos (o dos centrais xa é de traca) e sen crear apenas ocasións de perigo sobre a meta rival.
Os nosos xogadores nen tan sequera nos deixaron un arreón final na procura cando menos do empate, e mesmo puideron encaixar un terceiro gol ante un rival claramente inferior pero moito mellor plantado sobre o céspede no conxunto do encontro, e coas ideas claras. Mentres non saibamos comportarnos sobre o céspede como un auténtico equipo, mal van pinta-las cousas, sobre todo tendo en conta que o adestrador semella bastante perdido e non é quen de atopar solucións para que o noso equipo xogue a algo.
No encontro ante o Xerez do vindeiro sábado ás 18:30 horas en Balaídos, o Celta está de novo obrigado a gañar, e para que logo os xogadores de turno non nos poñan como escusa, os siareiros que acudamos a Balaídos debemos empurrar ó máximo dende a bancada para demostrarlles que detrás deles teñen a unha hinchada que sabe o que é senti-las cores do Celta. O sábado, todos a Balaídos e a polos tres puntos.





























