29 Agosto 2007

DESPEDIDA DE GUSTAVO

Despois de asinar polo Cádiz, Gustavo López púsose en contacto telefónicamente connosco na tarde-noite do pasado luns para confirmarnos de primeira man a súa marcha á Tacita de Prata, e enviarnos un abrazo a tódolos Celtarras, agradecéndonos o apoio que sempre atopou no noso grupo, e lembrándonos que sempre nos levará no seu corazón. E queda pendente un asado que terá lugar ó seu regreso á nosa cidade, únicamente para socios da peña.

HORARIO DEFINITIVO

Definitivamente, semella ser que o Castellón-Celta disputarase o mesmo día e á mesma hora anunciada nun primeiro intre, que non é outra que o sábado ás 18:30, e coas cámaras da Galega en directo tratando de levar ó equipo céltico á primeira vitoria da tempada.

28 Agosto 2007

LÍO COAS TELEVISIÓNS

Cando todo o mundo daba por feito que o vindeiro Castellón-Celta ía disputarse este sábado a partires das 18:30 horas, a Liga informou onte que este encontro terá lugar o domingo día 2 ás 19:00 horas, e por tanto sen cámaras de televisión en directo. Haberá que esperar entón para saber se definitivamente o encontro se disputa en sábado ou domingo.

27 Agosto 2007

GUSTAVO Ó CADIZ


Finalmente, e despois de rumores e máis rumores, o arxentino Gustavo López vai recalar no Cádiz CF para disputar esta tempada 07/08, co que reforzará todavía máis a un dos máximos candidatos ó ascenso, e a un dos equipos chamados a ser máximos rivais do noso Celta na loita por acadar unha das tres prazas que dan acceso á primeira división para a vindeira campaña. Sorte para el nesta nova andaina, e ogallá acade o ascenso. Iso sí, por detrás do Celta sempre.

26 Agosto 2007

CELTA 1 CÓRDOBA 1


Mala estrea ligueira do noso equipo, non so polo empate final, se non pola imaxe amosada durante os pouco máis de 90 minutos que durou o encontro. O equipo amosou un xogo bastante plano e insulso, e como os xogadores non troquen de actitude, mal pinta a cousa. De todos modos, non deben sacarse conclusións precipitadas, pois non deixa de ser un único partido, e ó feito de atoparse cunha categoría nova, tamén hai que salientar que moitos dos xogadores do actual plantel están todavía aterrando en Vigo, mentres outros teñen a súa mente no seu futuro inminente fóra do equipo. Con este panorama, o raro sería atoparse cunha imaxe diferente no día de hoxe.

A hora de inicio do encontro, sumado ás datas veraniegas nas que todavía estamos, e coas festas que onte tiveron lugar en diferentes puntos da xeografía galega, fixeron que a nosa bancada rexistrara unha entrada discreta, cunha animación máis ben pobre e con bastante xente sentada nas cadeiras (iso é o que pasa por acudir a un encontro de segunda división despois de non durmir en toda a noite...). No resto do campo, a imaxe non foi para nada mellor, xa que apenas nos dimos cita en Balaídos uns 5.000 siareiros (e con espectáculos como o de hoxe...).

Salientar que á conclusión do encontro, parte da bancada de Marcador comezou a corea-lo nome de Gustavo López. O curioso é que moitos déses que corearon a Gustavo López, con anterioridade nos asubiaran por increpar ó número 4 do Celta.

24 Agosto 2007

CASTELLÓN-CELTA, O SÁBADO

Hoxe mesmo soubemos que na segunda xornada ligueira, a disputa-la vindeira fin de semana, o Celta disputará o seu encontro no campo do Castellón o sábado pola tarde (imaxinamos que ás 18:30 horas) e será retransmitido en directo pola Galega. No ascenso da tempada 91/92, o Celta tamén visitou Castalia na segunda xornada ligueira, vencendo daquela por 0-2 tralos goles de Vlado Gudelj, un en cada tempo. Ogallá que se repita o tanteo.

MOVEMENTO FICHAXES


A un día para que comece o campionato ligueiro, e dous para a estrea do Celta, o noso clube segue metido nun continuo ruxe-ruxe sobre posibles saídas e chegadas de xogadores. As tres derradeiras incorporacións chegan en forma de cesión. Dúas delas chegan da canteira do Atlético de Madrid, e son toda unha incógnita. Trátase do centrocampista Mario Suárez, que na campaña pasada xa estivera cedido no Valladolid, e do dianteiro brasileiro de 18 anos de idade Diego Da Silva. A terceira incorporación chega do Rácing de Santander, e trátase de Vitolo (ó que podemos ollar na foto), centrocampista canario que está chamado a ser peza importante neste equipo, despois da súa recente traxectoria no Tenerife e no propio Rácing.

22 Agosto 2007

FESTA XX ANIVERSARIO. AGRADECEMENTOS


Recuperados xa da longa xornada do pasado sábado día 18, queremos agradecer a tódolos presentes a súa asistencia á celebración do noso XX aniversario, e en especial ós membros doutros grupos de siareiros desplazados dende fora de Galiza, como a London Celtic Crew do Celtic de Glasgow, Herri Norte Taldea do Athletic de Bilbao, City Boys do Cidade de Murcia, Resaca Castellana do Burgos, Segovirras da Ximnástica Segoviana, Bukaneros do Raio Vallecano ou Komandos Aladrokes do Cartaxena. Tamén queremos lembrarnos de toda a celtarrada que en maior ou menor medida axudaron a que esta celebración puidera saír adiante, destacando sobre todo ós compañeiros S*e, Es******e e M****o Matamá. Grazas a tódolos que fixeron posible que a meirande parte da xente destacara a boa organización, a pesares de se-la primeira vez na que nos metiamos nun embolado semellante. E por suposto tamén a F***i, quen levou a cabo as xestións para conqueri-lo campo Baltasar Pujales de Bouzas para levar a cabo o encontro da mañá.

A XORNADA EN IMÁXENES











GUSTAVO LÓPEZ





Durante a tarde, Gustavo López achegouse ata a nosa festa, onde foi aclamado polos presentes, incluíndo os siareiros doutros equipos, moitos dos cales tampouco quixeron perde-la oportunidade de fotografiarse co arxentino, como os dous compañeiros de City Boys da primeira foto.

O CONCERTO


Compañeiros de Celtarras deron o pistoletazo de saída ó concerto a ritmo de gaita, tambor e cunchas.



Os Duff Hooligans subiron os decibelios co seu potente punk-rock.

Os Motor Perkins seguiron co seu festeiro folk-punk.



Os cataláns Camarada Kalashnikov, descoñecidos para a meirande parte dos asistentes, foron os grandes triunfadores da noite para a maioría da xente.



Co contundente hardcore de Ofensiva vivíuse o intre máis cañeiro do festival.



Os veteranos membros de Macarrada foron os encarregados de por fin a moitas horas de troula e boa música.

MANCHEV


Finalmente, o dianteiro búlgaro Manchev foi presentado na mañá de onte como novo xogador céltico. Trátase da cuarta incorporación de xogadores ó primeiro equipo para afronta-lo campionato que este mesmo domingo botará a andar, e segunda dun xogador búlgaro. ¿Terá que ver a man de Hristo ou será este feito unha simple casualidade?. A verdade é que o que realmente nos debe preocupar chegados a este punto é que atine coa meta rival a meirande parte de veces que poida, e que cos seus goles (ogallá que sexan moitos) facilite a difícil tarefa de recupera-la máxima categoría para a vindeira campaña.

19 Agosto 2007

COMEZA O ESPECTÁCULO


Nunha semana, o Celta estará disputando o seu primeiro encontro ligueiro ante o Córdoba. Na tarde de onte, o noso equipo disputada e gañaba en Pontevedra o seu derradeiro encontro amigable da pretempada (encontro ó que pertence a foto superior). Igual que acontecera no derradeiro descenso de categoría, a sete días do comezo do campionato todavía non sabemos cántos xogadores poderán deixar o equipo e cántos chegarán como reforzos de última hora. Semella que a saída de Nené ó Mónaco é cuestión de horas (ou non). Ángel e Oubiña están á expectativa, Lequi, Placente e Contreras teñen pendurados o cartace de transferibles pero ninguén semella querelos,... Por outro lado, o experimentado dianteiro búlgaro Manchev e a nova promesa do Pontevedra, Fran Rico, poden incorporarse en breve (tamén en cuestión de horas, como mañá mesmo) en novos xogadores célticos. Nas dúas semanas que quedan para o remate do período de fichaxes todavía pode haber bastantes novidades no tocante a entradas e saídas de xogadores. Dende o Celta xa avisaron que dende esta semana xa non venderían a ningún dos xogadores considerados importantes por menos cantidade da reflexada nas súas respectivas clausulas de rescisión, o que fixo que algúns, como Ángel, amosen certo nerviosismo con declaracións cheas de impertinencias e falla de respeto polos siareiros célticos.
A boa imaxe deixada polo Celta durante esta pretempada que xa toca á súa fin, cun papel destacado dos xogadores do país, fainos ser optimistas de cara ó inicio ligueiro.

AGRADECEMENTOS

Trala festa conmemorativa do noso 20º aniversario celebrada onte en Castrelos, dende estas liñas queremos agradecer a páxinas como todocelta.con, celtacampion.com, celestes.org ou maketon.com, así como ás de peñas como Esmorga Zeleste, a publicidade que lle deron ó concerto nos días previos.
GRAZAS

17 Agosto 2007

ESTAMOS DE TROULA

Esta fin de semana estamos a celebra-las dúas décadas de existencia de Celtarras. Aproveitando os festivos desta semana, siareiros procedentes de diferentes rincóns do estado xa foron chegando á nosa cidade, e moitos máis irán facéndoo durante o día de hoxe e mañá mesmo, día no que se levarán a cabo os actos oficiais.
Comezamos ás 10 da mañá cun encontro de fútbol no Baltasar Pujales de Bouzas entre membros de Celtarras e un combinado formado por compoñentes de peñas foráneas. A partires das 13:00 horas aproximadamente, a troula trasladarase cun xantar ó Parque de Castrelos, lugar onde a partires das 19:00 comezaremos coa música en directo (mesmo estamos pensando en adiantar un chisco o comezo dos concertos por tema horario). Duff Hooligans, Camarada Kalashnikov, Macarrada, Motor Perkins e Ofensiva serán os encarregados de poñer Castrelos patas arriba.

O que sí vos pedimos a todos, é que colaboredes dentro das vosas posibilidades en manter limpa a zona, e facer que a xente se comporte.

Dende estas liñas tamén convidamos a tódolos celtistas a pasarse pola zona de Castrelos onde terán lugar os concertos. Membros de peñas como Esmorga Zeleste ou da web todocelta.com xa anunciaron a súa presencia.

CELTA-CÓRDOBA, ÁS 12:00

O encontro que vai abri-lo campeonato ligueiro 07/08 para o noso equipo disputarase o vindeiro domingo 26 de agosto, e coas cámaras de Canal + en directo, polo que a estrea ante o Córdoba terá lugar ás 12:00 horas. A sesión Vermouth volta a Balaídos, e nós estaremos alí para comeza-lo camiño de regreso á primeira división. Agardamos que ti tamén esteas. SEMPRE CO CELTA.

07 Agosto 2007

CONCERTO ANIVERSARIO CELTARRAS

CAMARADA KALASHNIKOV

http://www.myspace.com/camaradakalashnikov

http://www.camaradakalashnikov.com/



MOTOR PERKINS

http://www.myspace.com/motorperkins

DUFF HOOLIGANS

http://www.myspace.com/duffhooligansoisegovia

OFENSIVA

http://www.myspace.com/ofensivahardcore

http://www.ofensivahardcore.com/





MACARRADA

http://www.myspace.com/macarrada

http://www.macarrada.com/







04 Agosto 2007

PÁSALO

03 Agosto 2007

MaCarraDa en Vigo


Os bilbaínos MaCarraDa (na fotografía, nun concerto coa xente de HNT), a evolución dos míticos MCD, estarán tocando en Vigo o vindeiro 18 de agosto. Para a meirande parte de vós non necesitan presentación algunha, mais para os que non os coñezan, que mellor que se presenten eles mesmos:

Un momento, Macarrada Hell Machine... Pero estos tipos no los he visto yo tocando con MCD? Podría ser, pero ahora se llaman MACARRADA, los mismos perros con distintos collares, la misma tralla con distinto nombre.La marcha paulatina de varios de los componentes de MCD desembocó primero en la incorporación de Tonino (La Mortaja del Rey, Deskonzierto, Pestosos) como cantante (1996) y después de Lino (Parabellum, Zein?, Serie Z) como guitarra (1999). La revolución estuvo lista con la entrada de Elier (Soda, MDH, Jane Doe) como bajista (2003). Estos tres individuos y Jimi (batería) perpetraron el último disco de MCD, MaCarraDa (2004) en el que sentaban las bases de la que iba a ser su nueva aventura.
Poco después y eligiendo para la ocasión el multitudinario Tintorrock, nacía Macarrada Hell Machine, un nuevo cuarteto que sin renunciar a su pasado disfruta descargando rockanroll sobre los escenarios.
Pero los cambios no terminan, poco antes de comenzar la grabación del primer disco de la banda, Mundialmente Conocidos (2006), Jimi deja su sitio a un viejo conocido: Josu (Parabellum, Serie Z) que insufla nuevos ánimos golpeando los parches.Las críticas son unánimes: MACARRADA suena como nunca, sus directos son una pasada y la banda convence allá donde va. Ya está en la calle su nuevo trabajo, Mundialmente Conocidos (2006), catorce pelotazos en los que hablan de su experiencia vital, de la desidia de la peña, de las ataduras que nos impone la sociedad, de la mala ostia que llevan dentro y de su compromiso con el punk rock. Escucha el disco. Vete a verles en directo. Contempla la historia y el futuro fundidos en uno...

O concerto-aniversario de Celtarras queda pechado con esta derradeira incorporación. Ide quentando motores que o sábado 18 está xa á volta da esquina, e a cervexa está xa a enfriar.

Bilbao, es una puta, de la que no podemos escapar…

01 Agosto 2007

CONCERTO 18 DE AGOSTO

Xa se vai concretando o cartace definitivo do noso concerto-aniversario a celebrarse o vindeiro 18 de agosto (sábado). Soak e Skarnio, que inicialmente ían participar no concerto, non poderán estar connosco finalmente. Mentres os prmeiros non poden dispor dun dos seus compoñentes para ese día, os segundos xa tiñan apalabrado outro concerto para esas datas. Inda que as súas inesperadas ausencias non foron unha boa nova, finalmente conquerimos que os seus sustitutos estean, cando menos, á súa mesma altura, polo que o espectáculo está garantido. Os catro grupos confirmados son os segovianos Duff Hooligans, os cataláns Camarada Kalashnikov e os galegos Ofensiva e Motor Perkins. Nas próximas semanas poderedes atopar moita máis información eiquí mesmo sobre tódalas actividades do aniversario e dos propios grupos musicais que partciparán no concerto.

NOVA MORTE

Un mozo de 19 anos de idade foi a derradeira vítima mortal do enésimo accidente laboral na nosa cidade. Desta volta, foi o sector naval quen ven de tinxirse de loito, despois de que un operario morrera electrocutado o pasado luns nunha empresa de Bouzas, concretamente Reparaciones y Talleres Moreira. Nesta ocasión non houbo nen bandeiras a media asta, nen minutos de silencio, nen condeas institucionais, nen nada de nada. O terrorismo patronal golpeou de novo á clase obreira, pero como en tantas e tantas ocasións ninguén se lembra dos seus amigos e familiares. A nova apenas tivo repercusión nos medios xornalísticos, que teñen ben aprendido aquelo de non morde-la man do amo. E qué dicir dos fascistas da AVT e demais cascudas da súa mesma corda. Agora non hai manifestacións multitudinarias, porque ninguén semella sacar rédito político por enfrontarse aos empresarios de turno. Agora ninguén clama xustiza nen os culpables son sinalados. En fín, suma e segue.

OPERACIÓN SAÍDA

Coincidindo cunha nova operación saída de verán, o Celta abre as portas e as ratas comezan a abandoa-lo barco. O primeiro en saltar déste foi Fernando Baiano, quen vai asinar por tres tempadas co Real Murcia; veremos se cumple co asinado en caso de descenso, e a ver cantas veces se bota a man ó escudo da camisola e o besa (inda vai envenenarse con tanto beso…). Din que a fichaxe pechouse por preto de cinco millóns de euros. A fuxida de moitos dos que nos descenderon a segunda non fixo máis que comezar, e xa se admiten apostas sobre quen será o seguinte en da-la espantada. Ángel, Nené, Oubiña…