26 Junho 2007
25 Junho 2007
XOGADOR DE 2ª, SIAREIROS IDIOTAS

Ángel sorprendeunos esta mesma fin de semana cunhas declaracións que moitos xa agardabamos, e nas que pedía ao noso clube facilidades para poder deixa-lo Celta para seguir progresando e non perder a posibilidade de seguir sendo convocado pola selección de España. Se el non nos quere a nós, pola nosa banda tamén queremos que se marche, pero iso sí, quen o queira que pague a totalidade da clausula que el mesmo asinou; dende que está máis centrado na súa selección de adopción, o seu rendimento coa elástica celeste baixou de forma considerable, e de feito, nun deses datos que acostuman darse nas retransmisións futbolísticas, sinalaban recentemente (concretamente, no Carrusel da Cadena SER nos prolegómenos dun encontro desa mesma selección de tolleitos e fracasados pola que agora suspira) que a zona de campo máis goleada da liga era precisamente a banda dereita do Celta, a defendida por este canario colonizado. Estaría moi comprometido, pero a verdade é que o seu rendimento deixou moito de desexar nos derradeiros tempos.
Pero o peor non é que este mercenario queira escaquear como unha rata que é. O peor é o complexo de inferioridade que ten unha boa parte da hinchada céltica, e que semanas atrás presumía ser de primeira. ¿De primeira rexional?. Se unha hinchada é de primeira, estará sempre co equipo e o defenderá a morte ante todo e ante todos, pero agora hai voces dende dentro da nosa propia hinchada que din entender a xogadores como Ángel, e mesmo comprenden e xustifican os seus desexos por forza-la súa saída do equipo. ¿Que pasa?, ¿que o Celta é tan pouca cousa para eles?; que o pensen os propios xogadores pode ter un pase, pero cando un propio hincha do Celta tamén o afirma, pois mal imos. ¿Ten que vir un búlgaro, co que discrepamos en moitas cousas, a defender ao clube negándose a malvender xogadores?.
Estamos fartos de escoitar a supostos celtistas dicindo que hai que facilitar a saída a certos xogadores para non frear as súas progresións como futbolistas. Que lles dean ben a eles e ás súas progresións. Durante o ano ben que enchían a boca afirmando que os intereses do equipo están por enriba dos séus propios. Pois como é así, eiquí non hai por qué deixar saír a ninguén por catro duros. ¿Queren marchar?, pois que marchen, pero xa saben o que teñen que facer.
¿Facilitar saídas?; ¿e quen lle facilita a numerosos siareiros célticos saír os sábados pola tarde dos seus traballos para poder ollar todos eses encontros ás 18:30 que agora se sucederán grazas, en parte, aos que agora hai que deixar marchar?. En fín, que este verán preséntase bastante longo e duro, e desgraciadamente avecínanse tensións no seo do clube ata configura-lo plantel definitivo. Neste senso, só desexamos que tanto directivos como siareiros adoiten unha postura crítica co persoal que nos descendeu, e que non se fomente dende o propio entorno céltico o escaqueo de xogadores.
ASCENSOS A SEGUNDA


Finalmente, na tarde de onte, Córdoba, Eibar e Sevilla Atlético uníronse ao Rácing de Ferrol como equipos que ascenden a segunda división, e que por tanto serán rivais nosos para a vindeira campaña. Ao final, Bukaneros e Resaca Castellana non nos poderán visitar, despois de que os seus respectivos equipos, Raio e Burgos, se quedaran ás portas do ascenso. Ánimo para eles.
Os que sí estarán en segunda serán os nosos compañeiros de Supporters Jo Ta Ke, despois de que o Eibar acadara o ascenso xusto un ano despois de caer a 2ªB. Boa nova para a segunda división, que deste modo recupera a un histórico da categoría nos derradeiros anos. ¿Que sería da segunda división sen Ipurúa?.
Como homenaxe ao Eibar e aos seus siareiros, aos que queremos facer chegar os nosos parabéns dende eiquí, acompañamos esta entrada cunhas fotos dos Supporters Jo Ta Ke (con bufanda de Celtarras incluída) e do propio equipo eibarrés celebrando a histórica tempada realizada cando o Celta acadou o seu ascenso en Lleida (con bandeira de Galiza portada polo xa ex xogador galego do Eibar Cabrejo).
24 Junho 2007
LIMPANDO GALIZA






O pasado día 13 deste mesmo mes, representantes de NÓS-Unidade Popular entregaron na sede da Xunta de Galiza toda a simboloxía fascista retirada dos espacios públicos galegos durante o derradeiro ano e medio, despois de que en novembro de 2005 iniciaran a campaña pola cal se ía arrincar todo tipo de ideoloxía fascista presente en edificios, sedes e espacios públicos do noso país. Ademais, entregaron tamén a documentación relativa á campaña, incluindo o censo dos centos de placas, cruces, escudos, símbolos falanxistas e outros elementos de propaganda fascista retirados de espacios públicos da Galiza neste período de tempo. Xunto a este censo, entregaron tamén unha carta na que se reclama o cumprimento das leis no tocante á necesaria eliminación dos símbolos franquistas que todavía quedan repartidos por toda a xeografía galega.
23 Junho 2007
PARABÉNS FERROL !!!

O Rácing de Ferrol xa é novo equipo de segunda división, despois de perder fai escasos minutos por un gol a cero no encontro de volta da súa eliminatoria co Alacante, equipo ao que vencera por 2-0 en Ferrol. Os verdes regresan de novo á división de prata un ano despois do seu descenso. Dende eiquí, a nosa noraboa a tódolos siareiros racinguistas, e por extensión a todo o fútbol galego.
Con este ascenso, a vindeira tempada disfrutaremos de novo deste clásico galego.
FASE DE ASCENSO A SEGUNDA

Esta fin de semana completarase o cadro definitivo de rivais do noso equipo para a vindeira tempada, e que sairán das catro eliminatorias de ascenso de 2ªB a segunda, e que entre hoxe e mañá tocan ao seu fin.
Hoxe mesmo é o turno do noso Rácing de Ferrol, que se enfronta oa Alacante cunha renda de dous goles colleitada no encontro de ida en A Malata. Na eliminatoria anterior, ante o Linares de Catanha, tamén viaxaban co mesmo resultado de 2-0 e nembargantes tiveron que acada-la clasificación co lanzamento de penaltis, despois de que os andaluces conqueriran igualar ese tanteo da ida. Agardemos que desta volta non teñan que sufrir tanto, inda que xa asinabamos o mesmo desenlace de fai tres semanas. De caer derrotados os ferroláns, quedariamos sen poder disfrutar dun derbi galego case que dúas décadas despois. Se non lembramos mal, a derradeira campaña na que non nos enfrontamos en competición ligueira a outro equipo do país foi na 89/90, que remataba con descenso do Celta a segunda.
Foi unha mágoa a eliminación do Pontevedra, equipo que non nos cae nada mal, a pesares dos pequenos piques entre algúns sectores das nosas hinchadas. O seu verdugo, o Córdoba, tamén está a un paso do ascenso tralo 2-0 co que venceu no encontro de ida ao Huesca.
Tamén estaremos, pola parte que nos toca, moi atentos ás outras dúas eliminatorias, sobre todo á que enfronta mañá a Sevilla B e Burgos. Tralo 0-0 da ida, o encontro que se disputará en terras andaluzas pode supor atoparnos nuns meses cos nosos amigos de Resaca Castellana (na foto superior podemos ollalos nunha viaxe durante a campaña pasada). A ver se é certo e podemos montar unha boa, tanto en Vigo como en Burgos. Por certo, que xunto ao seu equipo estarán presentes en Sevilla medio cento de integrantes desta peña antifascista. Ogallá teñan unha viaxe de regreso ben leda. Bo sinal sería.
A derradeira eliminatoria enfronta a Eibar e Raio Vallecano, con ventaxe de 1-0 para os vallecanos, que tamén visitarán Ipurúa arroupados por numerosos siareiros. Suba quen suba, esta eliminatoria sempre nos deixará a presenza dun novo grupo antifascista en segunda, ben sexan os Bukaneros ou os Supporters Jo Ta Ke eibarreses. Sorte para os dous, e como soe dicirse nestes casos, que gañe o mellor.
19 Junho 2007
ATA LOGO
O descenso do pasado domingo só debe significar unha pequena paréntese na nosa estadía na primeira división, un ata logo, e agardamos que para a vindeira campaña as bágoas de dor convírtanse en bágoas de ledicia por voltar ao lugar onde, por historia, perténcenos estar. A vindeira tempada, CELTARRAS seguirá a animar ao noso celtuni, porque quen é celtista de verdade non mira a camisola que temos enfronte. Da igual que nos enfrontemos ao Barça, Madrid ou Alcoyano. O Celta segue, e por iso agardamos que tódolos que estivestes ata o derradeiro intre empurrando ao equipo dende a bancada o sigades facendo na campaña 07/08.
Tamén queremos mandar a nosa noraboa á nosa hinchada irmán do Athletic por acadar esa agónica permanencia, e expresarlle aos nosos camaradas donostiarras o desexo de que para o vindeiro ano voltemos da man á primeira división.
Estas fotos, correspondentes ao Celta-Xetafe do pasado domingo, son, polo dagora, as derradeiras co equipo en primeira división. A primeira foto foi sacada polo compañeiro JES, da peña siareiros.net (unha aperta para el).
Co apoio da afición, VOLTAREMOS A 1ª DIVISIÓN
O CELTA SOMOS NÓS
QUE SÍ, JODER, QUE PUTA SANTANDER
18 Junho 2007
PRIMEIRO EN CHEGAR

www.celtavigo.net
El lateral izquierdo Peter Zanev, jugador del Litex búlgaro, es el primer fichaje del Celta para la nueva temporada. El jugador de 21 años, presentado en la Sede Social ante los medios, confesó que se había decidido por el conjunto vigués independientemente de la categoría en que estuviese. Sin embargo, Zanev, que consideró “un gran honor” vestir la camiseta celeste, confesó que en el encuentro contra el Getafe “deseé con todo mi corazón que no descendiese”. El jugador se incorpora al Celta cedido por un año con opción de compra por otros tres.
Hristo Stoichkov valoró de Zanev que “es un jugador con muchísima calidad, un luchador que va a hacer un trabajo muy importante”. Casualmente, el técnico fue quien le dio la oportunidad de entrar en la selección búlgara.
Zanev, que concibe su paso por Vigo como “una oportunidad para crecer como profesional”, supone la primera confirmación de un equipo que Stoichkov, como manager, y Ramón Martínez, en calidad de secretario técnico, irán definiendo a lo largo del próximo mes y en el que parecen descartados los jugadores cedidos: Pablo García, Areias, Tamas, Bamogo, Pablo García y De Ridder, junto a Jonathan Aspas. “Se ha despedido”, apuntó Stoichkov sobre el moañés, añadiendo que el día 18 todos los jugadores están convocados en A Madroa, incluyendo a los cedidos Roberto, Javi Guerrero y Vela. Sobre el mejicano, el entrenador insistió en que “sólo puede jugar en España en el Celta”.
Posteriormente, la plantilla se concentrará en la localidad portuguesa de Melgaço, disputando encuentros con el Marítimo de Funchal y Guimaraes.
En relación a los que podrían abandonar el cuadro celeste, Carlos Mouriño, indicó que “oferta no hay ninguna” pero que el Club no permitirá que un “jugador como Oubiña vaya a un equipo similar al Celta”.
Por otro lado, Stoichkov no descartó la renovación de Gustavo López pero asimiló su situación a la del “resto de jugadores”.
MADRID SE QUEMA...

Consumado o descenso do Celta, había quen pensaba xa nun posible triunfo ligueiro madridista, tal como acontecería finalmente; iso sí, houbo quen non puido celebralo coa súa bufanda, pois quedoulle como podedes ollar nesta foto. Seguro que a vindeira vez que acuda a un funeral xa non o fará con trompetas e serpentinas, polo que lle poida pasar...
GALIZA CELTA, MADRIDISTAS PARA ESPAÑA
CELTA 2-XETAFE 1

Pinto, Placente, Lequi, Tamas, Yago, Ángel, Oubiña, Núñez (Jonathan Vila, 77), Gustavo López, Nené (Jorge Larena, 67), Bamogo (Guayre, 71).
O sono rematou, ou mellor dito, o pesadelo no que se convertira o campionato ligueiro 06/07. O Celta xa é carne de segunda, e agora o que nos queda é arrima-lo lombo e axudar, dentro das nosas posibilidades, a que o equipo poida acadar un novo ascenso e estar de novo no lugar que por historia lle corresponde.
Pouco hai que decir do encontro de onte. Triunfo sufrido cun novamente excepcional Pinto, que sumado á mala puntería do Xetafe evitou que se chegara ao tempo de lecer cun escandaloso 1-4 no marcador. Co Betis todavía empatado no seu encontro, Lequi consumaba mediada a segunda parte a remontada que comezara Bamogo na primeira, e que facía que durante uns 10 minutos estiveramos fóra dos postos de descenso. O público que onte ateigou Balaídos non deixou de empurrar ao equipo en todo intre, sobre todo a nosa bancada e a de Marcador. Pero os goles do noso ex xogador Edu fixeron que o estadio enmudecera por completo. Os deberes non se fixeron a tempo, e agora xa non había marcha atrás; é o que ten chegar á derradeira xornada dependendo doutros resultados.
Dende a bancada, e co descenso a piques de consumarse, pedíuse a continuidade de homes como Pinto ou Gustavo, esperando que os directivos tomaran boa nota desas reivindicacións e agora obren en consecuencia.
Agora quédanos loitar para saír do pozo de segunda canto antes, e dende Celtarras tamén teremos que aportar o noso gran de area para axudar a acadar ese obxectivo. Non nos esquezamos que na categoría que sexa, nós, os siareiros, somo-lo verdadeiro e auténtico celtismo.
16 Junho 2007
DENDE AS BANCADAS NÚMERO 16

Mañá domingo xogámonos toda unha tempada, e a nosa revista non quería fallar nesta importante cita, así que tamén teredes disponible un novo número de Dende as Bancadas, con oito páxinas a toda cor, tal como ben sendo habitual nos derradeiros números.
Dentro da revista atoparedes, como sempre, contido variado e de temáticas diversas. Tras achegarnos no número anterior ao mítico Atotxa, desta volta damos un salto para colarnos en Anfield Road, a casa do Liverpool; achegámonos tamén á historia do FC Start, a resistencia comunista ao invasor nazi na Ukrania da II Guerra Mundial. Por suposto, traemos unha crónica da viaxe a Donosti, e un compañeiro relátanos o seu paso por Tenerife para asistir en representación de Celtarras ás xornadas contra o racismo organizadas polo Frente Blanquiazul. Botando unha ollada ao pasado, regresamos ao Sestao-Celta da tempada 86/87, con relato en primeira persoa do acontecido aquel día por un compoñente de Celtarras e outro da Peña Norte River. Repasamos tamén parte da historia política en Irlanda, e non nos esquecemos da recente folga do naval na nosa cidade. Non faltan seccións habituáis como as de novas ou tolos polo fútbol, e a nivel fotográfico repasamo-lo derradeiro Celta-Coruña, o 1º de maio en Vigo, a mani contra o G-8 tamén na nosa cidade, ou unha escolma de fotomontaxes históricas de Celtarras (con errata incluída, pois coas presas repetíuse unha delas –sorry-). Para rematar este número, entrevistamos a un dos xogadores máis queridos do actual plantel (e non é Gustavo, ao que xa entrevistamos nun número anterior). Boa lectura a todos.
13 Junho 2007
AGRAVIO COMPARATIVO
Na inminente loita polo descenso, o Celta será o equipo máis perxudicado polas baixas derivadas de sancións e convocatorias internacionais. Aos roubos arbitrais padecidos polo Celta durante esta tempada, o Celta voltará a saír seriamente perxudicado por motivos alleos ao clube. Por un lado, a ratificación do inxusto cartón amarelo amosado a Baiano no Calderón, e que conleva suspensión, co agravante de que, independentemente de que o dianteiro brasileiro nos poda gustar máis ou menos, hai un dato obxectivo que di que nesta liga nunca se gañou sen el sobre o céspede; por outra banda, a proximidade da Copa América, unido a que a liga española é a única que segue disputándose a estas alturas, fai que os uruguaios Canobbio e Pablo García, e mailo chileno Contreras, estean xa concentrados coas súas respectivas seleccións, e todo indica que, protexidos polos propios organismos internacionais, finalmente as súas respectivas federacións non terán permiso para viaxar a Vigo esta fin de semana.
BOS PRECEDENTES CO XETAFE
O encontro do vindeiro domingo ante o Xetafe ten varios antecedentes históricos positivos, polo que agardamos que, como en ocasións anteriores, un encontro ante este equipo castelán tamén remate en festa.
25 anos atrás, na tempada 81/82, e cos Del Cura, Lucas, Maté... vestindo as nosas cores, o Celta remataba a liga de segunda división en Balaídos (penúltima xornada) co Xetafe como rival. Aquel día estreabase a nova bancada de Río (un servidor tivo o gusto de estar alí, se non lembro mal en Río Baixo), e Balaídos celebraba un novo ascenso a primeira acadado con anterioridade a esa xornada. A xornada festiva, cun Balaídos ateigado de xente, remataba cunha goleada sobre este equipo madrileño, que se levou enriba media ducia de goles.
O pasado ano, a liga tamén remataba en Vigo co Xetafe como rival. Desta volta, o Celta acadara a súa clasificación europea na xornada anterior, polo que se voltaba a vivir unha xornada de festa, novamente co Xetafe coma convidado de pedra e con nova vitoria local, desta volta por 1-0.
Nesta ocasión, o Celta remata de novo un torneo ligueiro ante o Xetafe. A diferenza das outras ocasións, o vindeiro domingo non comezamo-lo encontro inmersos en celebracións, pero como 25 anos atrás, Balaídos rexistra un novo cheo (algo impensable nos derradeiros anos, e sobre todo nesta mesma campaña), e como nos precedentes anteriores, o celtismo pode remata-lo campionato de troula e celebración.
E podemos afirmar que eiquí non imos celebrar ningunha permanencia, se non mais ben un novo ascenso, pois se fai tres tempadas houbo que ascender por partida doble, esta tempada podemos descender e ascender aproximadamente nun mes, xa que é éste o tempo que fai que todos ollaban ao Celta en segunda. Agardemos que os que nos tiñan xa preparado o ataúde teñan que gardalo para unha mellor (ou peor) ocasión.
10 Junho 2007
ATLÉTICO 2-CELTA 3
Pinto, Ángel, Contreras, Lequi, Placente (Yago, 34), Oubiña, Pablo García, Gustavo López (Núñez, 78), Nené, Canobbio (Jonathan Vila, 88), Baiano.
Cando moitos o daban por morto e xa lle tiñan o ataude preparado, o Celta conqueríu sair con vida do Vicente Calderón, grazas tamén aos resultados de Anoeta, Madrigal e Lopera Stadium. Cando todos daban por feito o descenso do noso equipo nesta mesma xornada, o caso é que agora a salvación está máis preto, inda que sempre coa dificultade de depender do resultado de terceiros, o que fai que inda que se fagan os deberes en Balaídos, se os nosos rivais gañan nos seus encontros, nada habería que facer. As contas están claras; o Celta salvarase se gaña e Betis ou Athletic (un dos dous) non pasan do empate. Logo hai moitas carambolas e combinacións posibles, con ata triples e cuádruples empates a puntos, onde o Celta sairía perxudicado na maioría dos casos. Por poder, ata podemos salvarnos empatando, sempre e cando o Athletic perda e a Erreala non pase do empate. Pero o mellor será gañar a un Xetafe que días despois disputa a final de Copa, e agardar un resultado positivo para os nosos intereses en San Mamés ou o Sardinero.
No Calderón, o Celta amosouse moi superior aos xogadores roxibrancos dende o inicio de encontro, disputando un dos mellores encontros do campionato, paradoxicamente días despois do toque que se lle deu aos xogadores tralo encontro ante o Betis, e que semella que captaron claramente. Se estiveramos algo máis atinados de cara a gol, e se o colexiado non anulara o gol legal de Nené con 0-0 todavía no marcador, o resultado ben puidera ter sido moito máis contundente a prol do noso equipo.
A nota negativa estivo na quinta tarxeta amarela que ollou, de forma totalmente inxusta, o brasileiro Baiano, e que fará que, salvo que lle retiren finalmente o cartón, éste non poida disputa-lo decisivo encontro do vindeiro domingo, ás 21:00 horas (e lembremos que esta tempada nunca se gañou cando este dianteiro non estivo sobre o céspede).
Queda iniciada a conta atrás para a finalísima do domingo. A ver que pasa, e agardemos que os que sexan crentes recen moito estes días.
05 Junho 2007
MANI CONTRA O G-8
Este sábado, haberá na nosa cidade unha manifestación contra o G-8, da que o noso colectivo é parte convocante. Ésta sairá ás 18:00 horas dende Vía Norte, baixo o lema fagamos do capitalismo historiaFAGAMOS DO CAPITALISMO HISTORIA
Deslexitimar o G8 é só un primeiro paso na marcha cara un movemento global contra a dominación capitalista onde queira se dea. Somos, por tanto, contrarios a toda xestión capitalista da sociedade por canto supón un modelo altamente regresivo en materia de conquistas democráticas. Ao tempo que falan de convivenza, de paz, de xustiza ou de igualdade medra o exército dos chamados “superfluos“, dos parias. Con cada recurte nos gastos sociais refórzase a necesidade da protección militar das elites políticas e económicas, do fluxo de mercadorías, do mercado libre e da competencia selvaxe. A guerra convírtese, así, nunha medida de seguridade interior a escala global e a violación dos dereitos humanos e a tortura volven a ser aceptados como algo normal en nome dunha suposta loita contra o terrorismo.
Unha simples ollada a Galiza basta para entender os efectos negativos das políticas neoliberais e as súas consecuencias inmediatas. A chegada do AVE, os megaportos de Vigo e Coruña, a proliferación de PXOM´s relacionados con escuras tramas inmobiliarias, a especulación urbanística, o constante expolio do medio natural, o incipiente uso de transxénicos, a hiperexplotación dos sectores asalariados, as altas taxas de migración xuvenil ou a descomposición do tecido social son a mostra palpabel do deterioro das condicións xerais de existencia nun territorio da periferia de Europa, submetido á ditadura do capital.
Se queremos cuestionar, desacreditar e finalmente acabar co goberno do G8, temos un amplo abano de experiencias alternativas onde achar respostas axeitadas. Contra a privación de dereitos fundamentais reivindicamos toda unha serie de iniciativas que percorren hoxe de punta a punta o quefacer cotiá de milleiros de persoas en forma de loitas contra a mundialización da economía, a mercantilización da vida, o control social, o retorno da enerxía nuclear e a chantaxe do progreso tecnocientífico. Pero tamén pola reclamación do dereito á liberdade de tránsito e residencia, a condoación da débeda externa ós países do terceiro mundo, a defensa do territorio ou a reivindicación por unha renda básica para todos. Onde sexa se entrecrucen estas loitas xorden voces a favor do transporte público gratuito, da vivenda digna, da cultura popular, pola obxección fiscal contra os gastos militares, pola soberanía alimentaria e un longo etc que irá collendo corpo a medida de sermos quen de entender a importancia real da catástrofe planetaria dita globalización capitalista.
CONVOCAN: AMI, Assemblea Anti-imperialista, Ateneo Libertario de Vigo, Ceivar, CELTARRAS, CS a Fromiga, CS Faísca, CS a Revolta, CIG-Mocidade, Galiza nova, Grupo de Axitación Social, Asociación Calidoskopio, NOS-up, Precarias en Loita, Siareir@s Galega@s, SRI
01 Junho 2007
HOMENAXE Á AFICIÓN
Traemos hoxe ao blog este video colgado recentemente en youtube por celta4ever, e que contén diferentes imáxenes da nosa hinchada, e entre elas, moitas de Celtarras. Disfrutade del (iso sí, non nos facemos responsables da música escollida).
Subscrever:
Mensagens (Atom)




