28 Maio 2007

GRAZAS GUS, GRAZAS PINTO



Grazas de verdade, porque vós sí que sodes celtistas de verdade. Demostrádelo domingo tras domingo, e por suposto tamén fóra co campo. Celtarras sempre deu e dará todo por estes xogadores, que a estas alturas non teñen nada que demostrar. Ao igual que fixeran en Donosti, onte achegáronse ata a celtarrada para agradecernos o noso apoio, e agasalláronnos coas súas camisolas. Por certo, que moita xente levouse unha grata sorpresa cando o andaluz sacouse a súa camisola e quedou coa de Celtarras posta por debaixo. Nós sabiamos que leva bastantes encontros xogando con ela por debaixo, e a verdade é que éstas son as cousas que te animan a seguir aí ao pé do cañón, a pesares do triste espectáculo que moitas veces temos diante.

QUEREMOS XOGADORES QUE SINTAN AS CORES

FÓRA MERCENARIOS

AGUANTE GUSTAVO, SEMPRE PINTO

CELTA 2- BETIS 1


Pinto, Ángel, Tamas, Contreras, Placente, Pablo García, Oubiña, Nené (Guayre, 69), Gustavo López, Canobbio (Núñez, 80), Baiano.

Despois de toda unha tempada dándolles folgos, e trala dura viaxe da pasada semana a Donosti, os xogadores célticos comezaron onte a padecer o malestar do noso grupo polo que nos parece unha auténtica tomadura de pelo, e que se traduce en tristes espectáculos xornada tras xornada para levarnos á actual situación. Dende o noso sector iniciaronse tódolos berros e cánticos críticos contra os xogadores, respaldados en bastantes ocasións por boa parte do escaso público congregado en Balaídos. Mais non todo foron críticas, xa que os berros de ánimo para xogadores que sí sinten as cores que defenden, como Pinto ou Gustavo, tamén foron moitos. Non dubidamos tampouco do compromiso de Oubiña, pero agora agardamos que as bágoas de Anoeta non se queden nun simple aceno, e que amose o seu celtismo quedándose no equipo se éste consuma finalmente o descenso de categoría.

No encontro ante o Betis, os xogadores pedíronlle aos siareiros uns derradeiros folgos, pero eles voltaron a arrastrarse polo céspede de Balaídos. Gustavo López non se merece aos compañeiros que tivo que padecer esta tempada, e onte foi el soíño quen permitíu gañar un partido no que, pese a contar o Betis cun xogador menos durante todo o segundo tempo, non se produciron máis ocasións que o gol de Gustavo e o penalti que se inventou o colegiado no tempo engadido tras espléndida xogada persoal e centro posterior de Gustaviño; por certo, que no tocante aos erros arbitrais xa nos tocaba, despois dos roubos das derradeiras xornadas, ante Vila-real (penalti escamoteado sobre Baiano e posibilidade de expulsión do meta rival con 0-0), Levante (¿que imos dicir do penalti a prol dos granotas?) e mais Erreala (outro penalti que non nos conceden, con 2-1 no marcador, por un inexistente fóra de xogo previo).

O certo é que este partido non se mereceu gañar, pero agora que temo-los tres puntos no peto, o Celta chega con vida (inda que con moi pouca) ás dúas derradeiras xornadas, inda que o mellor é non facernos moitas ilusións e asumi-la realidade, xa que se difícil é remontarlle 4 puntos a Betis e Athletic en dúas xornadas, máis difícil semella confiar nestes xogadores. Os crentes, que confíen na milagre, pero nós cremos no traballo, o cal semella brilar pola súa ausencia en boa parte do plantel.

23 Maio 2007

SIAREIR@S GALEG@S


Información Siareir@s Galeg@s

Sobre as xornadas do sábado 2 de xuño en Compostela, todo marcha como o previsto en canto ao concerto/presentación do DVD e o partido Siareir@s/Persoeir@s. Moit@s de vós xa viríade-los cartaces, máis para quen non estea informad@ resumiremos de qué vai o choio.

Hai xa dez anos, na primeira época do noso colectivo, xogárase un partido de fútbol na Estrada entre membros de SS.GG. e un grupo de xente de certa popularidade que apoiaba as nosas reivindicacións de seleccións galegas (Xurxo Souto, Manolo Rivas, Antón Reixa, etc…). Aquel partido e mais o concerto posterior tiveron bastante eco mediático e axudaron moito a espalla-las nosas rivindicacións. Hoxe en 2007 e malia ver con ledicia a reaparición da selección galega de fútbol e o debut doutras coma as de básquet ou balonmán, nós seguemos a defender a oficialidade das mesmas. Así que pra que a loita polas nosas seleccións e pola súa oficialización non esmoreza por falla de partidos, decidimos montar de novo unhas novas xornadas como as de A Estrada de hai unha década.

Desta volta a cousa será semellante en canto ao partido, que será amigábel e reivindicativo. Por parte do noso colectivo xogarán uns 30 compañeir@s, e a nosa comarca de Vigo aportará 8 xogadores/as (evidentemente nada está pechado, mais coma todo o mundo quererá xogar, daremos prioridade á xente que máis colabora e traballa para Siareir@s en Vigo). Do equipo "rival" ainda temos que amañar algunhas cousas, mais xa mostraron o seu interese por participar xente coma Fernando Vázquez, Nacho, Otero, Toñito de Poi, Roberto Villar (Tonecho), Xurxo Souto, a nova directora de deportes da xunta, varios presentadores/as da Galega, escritores, etc…

A cousa promete e agardamos que saia ben, e diste xeito facer que todos estes "famosotes" se mollen públicamente na defensa das nosas seleccións (dalgúns deles non temos dúbida). O partido está previsto prás 16.30 en Santa Isabel (antigo campo do Compos). Xa temos árbitro e estamos pechando o tema de traer gaiteiros, montar unha barra prá xente e máis movidas. Contamos coa asistencia e participación de tod@s vós (ainda que é unha pequena putada que coincida co Rock & Oia de Canido…).

Xa pola noite, e despóis do partido, terá lugar na sala Capitol un cocerto con tres dos mellores grupos galegos de Hip Hop (Non residente), Ska (Skarnio) e Punk Rock (Skacha). Aproveitaremos tamén para presentar o dvd que moi cedo estará disponible para tod@s vós. Temos aínda que rematar algúns detalles e máis edita-las copias, pero contamos con que estea na rúa antes do día da Pátria.

En troques, que a xornada promete e contamos con que veñades cant@s máis mellor. Estamos a ver de montar un autocarro que saia de Vigo ao mediodía e volte de mañanciña (contra ás 5.00 máis ou menos). O prezo será de entre 5 e 10 euros. As entradas adiantadas custan tamén 10 euros e están á venda no C.S. Faísca (Calvario), C.S. Revolta (Casco Vello), Tenda a Pola na Pola (Zona Churruca) e a cervexería Os Piratas do Faro (Falperra).

Campaña contra Siareir@s. Hai so uns días un compañeiro de SS.GG. na comarca da Coruña tivo que declarar nun xulgado da cidade herculina acusado dos desperfectos ocasionados na brutal carga policial previa ao GZ-Ecuador. O noso compañeiro representou ao noso colectivo nalgunha rolda de prensa e escribiu un artigo de opinión denunciando a actuación policial mencionada. Só por iso vai ser xulgado polo penal e se enfrenta a unha posíbel pena de cárcere e pago de 30.000 euros polo mobiliario supostamente destrozado na carga policial. Dende eiquí xa vos informaremos de cómo van as cousas, máis parece claro que as nosas reivindicacións non lle gustan a algúns e buscan rematar co noso colectivo. Debemos de lembrar que o percorrido da manifestación foi modificado pola policía, obligando á mesma a pasar por onde sabían que podería haber problemas…

Ben, isto é todo polo de agora. Tod@s @s que queirades botar unha man para colar cartaces, tédelos na Revolta, ou poñédevos en contacto con nós para distribuilos. As entradas xa sabedes onde atopalas. Contamos con vós.

Adiante Galiza!!!! Adiante Siareir@s!!!!!!

22 Maio 2007

STOICHKOV CARGA CONTRA O PLANTEL



Cinco derrotas consecutivas. Es increíble. El partido ante la Real Sociedad lo tuvimos en nuestras manos, pudimos sentenciar en la primera parte y no lo hicimos. Lo que más me cuesta entender es que un equipo que ha jugado la Copa de la UEFA esté ahora tan hundido en el pozo de la clasificación. Entiendo que la situación actual sea un trance muy duro para unos jugadores que han pasado de la gloria al infierno en no mucho margen de tiempo. ¡Han participado en la alta competición!.

Creo que lo que ha faltado últimamente es mayor entrega o mayores dosis de compromiso y lo que quiero ahora es cambiar esta dinámica. Hemos gozado de muchísimas ocasiones en muchos partidos (Zaragoza, Mallorca, Levante, Deportivo...) y no hemos sabido materializar. Sería bueno que mi equipo recordara que la suerte hay que buscarla, no esperarla. Hemos hecho el ridículo. Ahora tengo que estar al frente de la nave y soportaré lo que haga falta, porque el Celta está a un paso de Segunda. Pero después de vacaciones tomaré medidas drásticas porque lo que no puede ser es que los jugadores crean que el club y el entrenador están a su disposición. Deben saber que son ellos los que dependen de nosotros. Mi manera de entender el fútbol es clara: el que no entrena durante la semana, el domingo no juega y si alguien se quiere marchar, tiene la puerta abierta. Eso sí, no se irá nadie sin que el Celta cobre la cláusula de rescisión. Si se desciende, todo el mundo tiene que 'apechugar'. No puedo permitir que 22 futbolistas jueguen con los sentimientos de tantos aficionados. Yo les apoyo a muerte y aguantaré todo lo negativo pero exijo compromiso y y lucha. Quiero que sientan los colores y que nadie se burle de esta entidad. Hay que jugar con mayor intensidad, pensar más rápido que el contrario, saber cómo tienen que recibir... No puede ser que en 20 segundos eches por la borda el trabajo de una semana. Esto es lo que hay que cambiar de cara a la próxima temporada. Hay que tener mayor disciplina. Si no, no puedes estar en este club.

Yo estoy personalmente agradecido a este club que haya confiado en mi para dirigir un proyecto a tres-cuatro años vista. Mi filosofía será la de apostar por más gente de la casa, más canteranos y menos extranjeros. Quiero gente motivada, luchadora, que ponga 'cojones' en el campo. La reforma será profunda porque hay mucho que cambiar pero la idea es que el segundo equipo sea el trampolín para dar el salto al primero. El proyecto es muy ilusionante y trataré de buscar los mejores profesionales para que trabajen conmigo, mi gente de confianza.

21 Maio 2007

GRAZAS MÚJIKA, GRAZAS ERREALA


Dende eiquí queremos agradecer aos nosos amigos de Peña Mújika e resto de siareiros errealistas o grande trato recibido pola expedición celtarra a pasada fin de semana en terras bascas, tanto a xente que se desplazou dende días antes como os que chegaron o mesmo día en autobús. Barras libres, xantar de balde, e os ánimos que moitos siareiros errealistas nos brindaron trala nosa derrota son dignos de seren destacados. Na imaxe superior, a zona da Mújika durante o encontro do domingo, cunha faixa de Celtarras pendurada e presencia de varios membros do noso grupo no medio, convidados tamén por eles.

ERREALA 3- CELTA 1


Esteban, Ángel, Tamas, Contreras, Placente (Bamogo, 79), Oubiña, Pablo García, Nené, Gustavo López, Canobbio (Núñez, 66), Baiano.

Obviamos calquera tipo de comentario sobre o encontro de Anoeta (un que estivo alí).

A crónica da viaxe de Celtarras, incluirémola no vindeiro número de Dende as Bancadas.

19 Maio 2007

¿PUNTO E FINAL?


Os traballadores do sector Naval de Vigo, que desde o pasado 3 de maio mantiñan unha folga indefinida, confirmaron este venres 18 nas distintas asembleas nos centros de traballo o preacordo ao que se chegou na madrugada do xoves. A CIG fai unha valoración moi positiva do acordo que suporá un número de traballadores fixos no Naval para o ano próximo de entre 1.500 a 1.800.

As asembleas de traballadores desenvolvéronse a partir das sete da mañá nos estaleiros Barreras, Vulcano, Freire e Methalships. En cada centro de traballo os traballadores respaldaron o documento do preacordo. Neste texto, os empresarios comprométense a contratar o 45% de traballadores fixos, e se no prazo dun mes as empresas non certifican este cumprimento se lles botaría ás empresas incumpridoras do sector Naval. Ademais, o Grupo Nervión, unha das principais incumpridoras do convenio e un dos motivos importantes que ocasionaron esta folga, comprométese a dar de alta como traballadores fixos ao 45% do seu persoal.

O preacordo recolle que as empresas só poderán encadear contratos naquelas empresas que sobrepasen en dez puntos esa porcentaxe do 45 por cento de fixos, polo tanto que cheguen ao 55 por cento de contratos fixos en 2007 e no próximo ano ao 60 por cento. Este encadeamento de contratos deberá ser comunicada igualmente á Axencia de Bolsa de Emprego (ABE), o mecanismo establecido no Convenio Colectivo provincial do Metal hai agora un ano para regular a contratación eventual.

E despois das asembleas, as últimas marchas

Despois de dez días de protestas, accións, ocupacións e loita nas rúas de Vigo, os traballadores decidían este venres nas asembleas celebrar as últimas marchas para camiñar até a Praza do Rei desde os distintos estaleiros. Nesta praza do concello vigués tiña lugar a última asemblea dos traballadores no seu conxunto.

Nesta asemblea realizouse unha avaliación deste proceso no Naval que se dará por rematado o domingo ás doce da noite, cando os traballadores volvan aos estaleiros. Nesta asemblea interveu Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, que agradeceu aos traballadores das empresas matrices do sector, que se solidarizaron cos empregados das auxiliares, os afectados polo incumprimento do convenio, “facendo unha demostración do que é o Naval”. Tamén lembrou que grazas a este acordo, froito dunhas negociacións coa “patronal dura, que quixo botar un pulso”, as empresas que non cumpran o 45 por cento de fixos “terán que marchar do sector”. Tamén destacou que a CIG defenderán o convenio “con unllas e dentes” e rematou criticando a actitude da alcaldesa, Corina Porro, porque “parecía máis a alcaldesa dos empresarios que de toda a cidadanía”.

Un novo detido

Despois da asemblea final deste venres, un traballador dunha empresa auxiliar de Freire foi detido pola policía secreta, como tiña acontecido en anteriores xornadas con outros compañeiros nesta folga. Os avogados da CIG acudiron á comisaría, e informaron de que ía ser posto en liberdade en breve, sen declarar ante a policía. De novo, unha vez máis a política de represión e persecución selectiva dos folguistas por parte da policía secreta facía a súa aparición.

Avaliación do conflito do Naval

Despois desta asemblea tivemos oportunidade de falar con dous dos principais protagonistas deste conflito, Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, e Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, e que viñeron a explicar e avaliar todo este conflito do Naval.

Malvido explicaba como xurde este conflito “que se inicia cun plante de horas extras nunha empresa auxiliar, que se estende ao conxunto das auxiliares, e que ven motivado pola defensa do cumprimento do convenio asinado o ano pasado, e que nós lanzábamos como un convenio de loita contra a precariedade en tres sentidos: ámbito de aplicación, bolsa de emprego para regular a contratación eventual e fixar un mínimo de 45% de fixos nas empresas”.

Alcántara sobre a pregunta de cal foi a actitude da patronal comentou que “a actitude da patronal desde o primeiro día de asinar o convenio o ano pasado foi a de tentar reorganizarse para recuperar o espazo de dereitos creado por este convenio. Desde as forzas sindicais tentouse que se aplicara con rigorosidade, e fixéronse movementos nese sentido a través da Inspección de Traballo, pero había unha forte resistencia por parte dalgunhas empresas a cumprir este convenio”. Durante as negociacións destaca que “por un lado os estaleiros querían chegar un acordo, pero o resto da patronal quería botar ese pulso do que falamos polo que a negociación foi moi complexa”. Malvido subliña, nese sentido, que “os dez puntos que presentamos no primeiro día do conflito para ser acordados foron os dez puntos que foron asinados neste preacordo”.

Alcántara e Malvido tamén falaron do papel que xogaron as distintas centrais sindicais, a Administración, a presión policial con detencións despois das mobilizacións e da importancia e a forza das mobilizacións nas rúas, con xente moi nova neste conflito, con ocupacións de edificios públicos, das vías do tren, do bloqueo da actividade comercial ou bancaria e dos cortes de tránsito.

Por último, Malvido realizaba unha valoración deste preacordo que “é moi positiva, porque conseguimos que a través da negociación colectiva se faga un armazón dos dereitos dos traballadores que se conquistaron a través deste convenio provincial”. Malvido destacou que “garante que as empresas que non cumpran o convenio queden automaticamente excluídas dos estaleiros, e que o número de traballadores fixos no Naval para o ano próximo pase a ser duns 1.500-1.800, que cun emprego estábel toda esta xente fará posíbel unha mellor defensa das reivindicacións laborais”.

17 Maio 2007

NAVAL. DERRADEIRA HORA

Durante a pasada madrugada, representantes dos sindicatos e dos empresarios asinaron, tras varias horas de negociacións, un preacordo que, de ser agora aceptado polos traballadores, porá fin a preto de dúas semanas de folga no sector naval.

A XORNADA DE ONTE, MÁIS TRANQUILA


www.galizacig.com

Nova xornada nos estaleiros de Vigo sen chegaren a unha solución do conflito do Naval. Este mércores os traballadores decidían permanecer na zona de cada un dos estaleiros, nos que houbo cortes de tráfico, e rodeados dunha intensa presenza policial.

Catorce días de folga van xa desde que o 3 de maio comezará esta loita polo cumprimento do Convenio no referido á contratación, bolsa de emprego, e tamén nunha cuestión tan fundamental como a porcentaxe de fixos que o convenio establecía que este ano debían ser contratados nas empresas un 45% do persoal, ou a certificación de que empresas están a cumprir coa legalidade necesaria fixada no convenio para traballar nestes estaleiros.

Xa vai alá tamén máis dun cuarto do salario para estes miles de traballadores, mais a firmeza na vontade de chegar a unha solución continuaba neste mércores 16 de maio nos estaleiros da Ría de Vigo.

Cortes de tráfico

Aínda que a decisión tomada nas asembleas da mañá foi o de permanecer na zona dos estaleiros, isto non impediu que os traballadores realizaran cortes de tránsito na zona de Beiramar e até a rotonda de Bouzas, e tamén en Teis, onde fixeron o mesmo os traballadores de Vulcano. Tanto uns como outros traballadores estiveron rodeados por unha ampla presenza policial.

Ao longo da mañá os traballadores permaneceron á espera de ter noticias da xuntanza que estaba a ter lugar na Delegación de Traballo desde as dez da mañá entre Asime e os sindicatos.

Pasadas a unha e media da tarde tivo lugar no estaleiro de Barreras unha asemblea na que interviña Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, para informar aos traballadores de que houbera avances xa que Montajes Nervión SA acepta que ten que cumprir o convenio, que así o vai facer para continuar a traballar nos estaleiros.

Alcántara tamén aclarou que, de todos xeitos, hai cuestións importantes que imposibilitan avances reais na solución do conflito, xa que “o acordo ha de ser global e firme”, e os empresarios continúan a negarse na cuestión do contrato multiobra, que os empresarios insisten en encadear contratos eventuais mesmo en distintos estaleiros, e queren baleirar, en certo sentido, de contido á bolsa de emprego.

As xuntanzas na Delegación de Traballo continuaban esta tarde, e todo o que alí sexa tratado, levarase ás asembleas de traballadores dos distintos estaleiros que terán lugar este venres 18 de maio ás sete da mañá.

16 Maio 2007

ENCHERASE ANOETA

Dende onte xa non quedan entradas á venda en Donosti para o dramático encontro deste domingo en Anoeta, e no que o equipo que non acade a vitoria sí que pode verse definitiva e virtualmente como equipo de segunda división para a vindeira tempada. En medio dun ambente hostil para o noso equipo, tamén haberá representación celtista nas bancadas. CELTARRAS non vai darlle as costas ao equipo, e tamén viaxará ata Euskal Herria para estar presente nesta auténtica final.
SEMPRE CO CELTA

SEGUIMENTO DA FOLGA


Dende hoxe, seguiremos a folga do Naval mediante as crónicas diarias que vai elaborando CIG Comunicación na propia web do sindicato www.galizacig.com
Os traballadores do Naval, en folga dende o 3 de maio, ocuparon na mañá deste martes 15 de maio a Delegación da Xunta na cidade de Vigo. Previamente cortaron puntos fundamentais do tránsito, e percorreron o centro da cidade. A patronal, pola súa parte, escusaba a súa ausencia pola mañá polos cortes de tráfico e pola tarde porque se convocou con “pouco tempo” a xuntanza.

Novo día de folga e novas complicacións que xorden nas distintas xornadas desta loita e mobilización polo cumprimento do Convenio provincial do Metal, no referido ao sector do Naval. Desde primeiras horas da mañá os estaleiros comezaban as súas asembleas e decidían novas accións para visibilizar esta folga.

Os traballadores do Naval en folga cortaron todos os accesos ao centro de Vigo procedentes da autoestrada, que orixinou que na autoestrada AP-9, desde a última saída da cidade, se rexistraran retencións de até seis quilómetros, así como as entradas a Isaac Peral e á Avenida de Bos Aires. Ademais, tamén se rexistraron retencións na zona de Teis e de Beiramar.

Nos cortes dos accesos da autoestrada tiveron lugar os primeiros incidentes pola amplísima presenza policial, que fixo a súa aparición primeiro en Afonso XIII e despois no nó de Isaac Peral para desaloxar aos miles de traballadores que estaban a realizar estes bloqueos de tráfico.
Ocupación da Delegación da Xunta.

Ante a chegada de policías antidisturbios os traballadores en folga decidiron encamiñar a súa marcha até a Delegación da Xunta, por Isaac Peral e Areal, até chegar a este edificio por Concepción Areal.

Alí decidiron entrar no Edificio da Xunta e ocupar as instalacións. Os manifestantes ocuparon esta delegación e causaron estragos no mobiliario das oficinas, así como dalgúns expedientes oficiais alí arquivados.

Marcha até a Praza do Concello

Desde este espazo os traballadores encamiñaron os seus pasos de novo polo centro de Vigo, cortando o tráfico por Colón, Urzaiz, Gran Vía, Praza de España e até chegar á Praza do Rei, onde tiña lugar a asemblea final. Chamou a atención de todos os traballadores que até esta asemblea se achegaban a presenza de policías antidisturbios tamén presentes xunto ao Concello.

Nesta praza Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, volveu incidir na importancia deste conflito, no valor dos miles de traballadores que están a participar das mobilizacións “nesta loita contra a precariedade” e subliñou a importancia de acadar un acordo firme “que xa non faga necesario ter que saír ás rúas cada ano para reclamar que se cumpra o que está asinado e por escrito”, así como a importancia de gañar neste conflito “e iso é o que imos facer, imos gañar este conflito, xa non hai volta atrás”.

Ausencia da patronal durante toda a xornada

Pola mañá a patronal escusou a súa ausencia na xuntanza programada entre patronal e sindicatos na Delegación de Traballo polos cortes de tráfico que houbo na cidade. Á tarde dixeron que a convocatoria da xuntanza lles chegara moi tarde e tampouco asistiron. Este mércores 16 de maio xa está convocada unha nova xuntanza na Delegación de Traballo ás dez da mañá para continuar co proceso de discusión do cumprimento do convenio.

Tres novos detidos

Na tarde deste martes tiñamos coñecemento de tres novas detencións nesta folga, que tiveron lugar despois das mobilizacións, aínda que estas tres persoas detidas foron postas en liberdade á tarde.

15 Maio 2007

NAVAL: A LOITA CONTINÚA


Na mañá de hoxe, e ademais dos habituais cortes de tráfico levados a cabo polas rúas da nosa cidade, os compañeiros do naval tomaron a sede da Xunta de Galiza, na Praza da Estrela, onde se esnaquizaron e tiraron polas fiestras varios milleiros de documentos oficiais. Ademais, tamén o rei dos españois saíu voando por unha desas fiestras en forma dun retrato oficial que okupaba unha zona no interior do propio edificio. Os días pasan e a fin da folga non se achega. Os fascistas de ASIME seguen ao seu, e o día 21 vai aproximándose, ou o que é o mesmo, a extensión da folga a todo o sector do metal.

ADIANTE A LOITA DO NAVAL

OBREIRO PUTEADO, PATRÓN COLGADO

A LA MIERDA

14 Maio 2007

¿ADEUS A GUSTAVO?


Tralo encontro de onte, en Radio Vigo informaron que durante a semana pasada, dende o clube, e pese a non facelo todavía público, anunciouselle a Gustavo López que para a vindeira tempada non ía quedarse no Celta. Non sabemos da veracidade da nova, pero de confirmarse, cremos que eiquí todo o mundo está comezando a perde-los papeis.
GUSTAVO SÍ, MERCENARIOS NON

CELTA 1-LEVANTE 2


Esteban, Placente (De Ridder, 78), Contreras, Tamas, Ángel, Iriney (Pablo García, 17), Oubiña, Núñez (Bamogo, 52), Gustavo López, Nené, Baiano.

Semella que o pescado xa está todo vendido, e o celtismo asume que o vindeiro ano tocará visitar de novo o campo do Poli Ejido, Salamanca ou Xerez. O celtismo de vitorias esfumarase, e só quedará o verdadeiro celtismo, os menos de 10.000 siareiros fieis a un equipo e unhas cores que sempre estaremos aí, independentemente de que teñamos enfronte a un Barcelona ou a un Numancia, por exemplo. O que máis nos doe, é que a meirande parte dos que agora nos envían a segunda división, escaparán do barco como ratas, e seguirán paseando o seu fútbol polo campos de primeira división cando realmente son xogadores de segunda. De feito, por aí seguen pululando os Juanfran Ju Ju Judas, o borracho de Jesuli, o fillo de puta de Edu,…

O encontro ante o Levante foi moi semellante a moitos outros xogados durante esta mesma tempada. Desta volta, engadíuse un árbitro predisposto a adultera-lo resultado en contra do Celta con erros malintencionados e premeditados aos habituais erros puntuais en defensa que nos custan goles como o segundo do Levante, fallos clamorosos de ocasións de gol diante da portería rival, e uns xogadores que tras encaixar un gol en contra baixan os brazos e quedan sen reacción. Unha vez máis, Oubiña baleirouse por completo e deixou todo sobre o céspede, e de Gustavo López pouco máis podemos decir. É unha mágoa que a meirande parte dos seus compañeiros non estean a ese mesmo nivel.

Salientar que nos prolegómenos do encontro, un membro de Celtarras saltou ao céspede xunto a membros doutras peñas célticas, con motivo da homenaxe ás peñas que o clube levou a cabo.
Durante o encontro, tamén amosamos dende a nosa bancada unha faixa de apoio aos compañeiros do sector naval. Destacar tamén que pese aos chamamentos realizados durante a semana, e pese ás previsións de que Balaídos ía estar preto do cheo, o certo é que a entrada, sendo das mellares da tempada, foi bastante peor da prevista inicialmente.

Ao remate do encontro, Pablo García foise da língua e encarouse con quen non tiña que facelo, e montouse unha tangana na que tamén estiveron involucrados Esteban e Contreras (éstes últimos para tentar separar). Houbo intervención da policía local e dos antidisturbios, que non perderon ocasión de arrear algún porrazo. ¿Quen é Pablo García para chamar hijo de puta a ninguén?, ¿que pasa coas súas autoexpulsións?, ¿e por que os medios xornalísticos calaron cando este xogador non quería entrar a xogar en Iruña ante o que fora o seu equipo cando Vázquez lle pedíu que entrara ao comezo do segundo tempo (só a presión dos seus compañeiros fixo que trocara a súa decisión)?. En fin, que quedan dous encontros en Vigo que poden presentarse como moi quentes. Só os xogadores e os resultados dos nosos rivais teñen nas súas mans que a cousa se enfríe.

12 Maio 2007

CELTARRAS COS COMPAÑEIROS DO NAVAL





ROZARASE O CHEO


O estadio de Balaídos rexistrará mañá a mellor entrada da tempada, xa que a media tarde de onte xa se despacharan 5.000 entradas, a falla do arreón final de hoxe e mañá. Semella que desta volta, e ante a delicada situación do equipo, o celtismo vai respostar, sobre todo no que se refire ás peñas de fóra da nosa cidade, xa que chegarán dende tódolos rincóns de Galiza. Mañá debemos estar co equipo máis que nunca, e aconsellámosvos que entredes ao campo o antes posible, xa que as colas que se forman nas entradas a Fondo, tal como aconteceu o día do Coruña, son bastante importantes, e moita xente pérdese deste modo boa parte do encontro.

VIAXE A DONOSTI

Mañá mesmo, antes ou despois do encontro ante o Levante, poderás anotarte na zona do Bar Luar para a viaxe que organiza Celtarras a Donosti. O prezo de viaxe + entrada será bastante económico. Infórmate mañá mesmo, e acompaña ao Celta no decisivo encontro de Anoeta. Prazas limitadas.

11 Maio 2007

LOITA OBREIRA



Dende o noso colectivo solidarizámonos cos nosos compañeiros vinculados ao sector do naval, e instamos á celtarrada en xeral a participar nas movilizacións de protesta que están a levarse a cabo polas rúas da nosa cidade ata que os empresarios non cumplan co asinado un ano atrás. E lembra que a loita levada a cabo pola xente do naval e mailo metal é a loita da clase traballadora. Sempre loitaremos contra a escravitude á que somos sometidos por parte dos empresarios unha grande parte da clase obreira. As negociacións coas ratas quedaron hoxe rachadas, e a CIG xa pide unha FOLGA XERAL en todo o sector do metal a partires da vindeira semana. Estas que seguen son as razóns desta folga, asinadas polos traballadores do naval.

Os traballadores do Sector Naval estamos novamente en Folga logo dun ano, para reclamar o cumprimento do noso Convenio.

Loitamos no Convenio para conseguir unha porcentaxe de persoal fixo en cada empresa. Este ano o 45% e o ano seguinte o 50% e ademais unha bolsa de contratación que eliminara as listas negras, as contratacións caprichosas e a discriminación.

Loitamos por estas medidas para acabar coa precariedade que temos nos contratos, pois dase o caso de moitos traballadores que levan máis de 10 anos en situación de fraude na empresa, asinando contratos de obra eternamente. Non podemos reclamar os nosos dereitos, nin negarnos a traballar as horas que nos pidan, nin disfrutar as vacacións ou non disfrutalas cando corresponden, nin moitas cousas máis, porque calquera problema co empresario significa o final do contrato.

Os empresarios non queren perder este poder na contratación e continuan sen cumplir o Convenio asinado. Ante isto denunciamos ás empresas na Inspección de Traballo, que obrigou de momento a 130 empresas a facer 450 contratos indefinidos, pero outras moitas seguen boicoteando a aplicación do Convenio.

No metal loitamos por unhas condicións dignas no traballo, temos prohibidas as ETTS e obrigamos a pagar unha indemnización a todos os eventuais, pero tamén queremos que se cumpra a porcentaxe de persoal fixo que temos acordada, porque é a nosa Lei e queremos que os empresarios a respecten.

Pedímoste que entendas a nosa loita, porque seguramente terás alguén na túa familia que estea padecendo no traballo este tipo de precariedade e explotación. A nosa é sinxelamente a loita da clase traballadora.

TRABALLADORES DO NAVAL

09 Maio 2007

UN RIVAL BAIXO SOSPEITA

Artigo da Voz de Galicia de hoxe:
La historia se repite. El Levante vuelve a estar en el punto de mira del fútbol español. El rival más directo que tiene el Celta a día de hoy arrastra tras de sí un amplio reguero de supuestas primas, especialmente en sus años en Segunda División.

En la antelasa de visitar Vigo los granotas vuelven a estar en el ojo del huracán. El domingo pasado el Nástic prescindió de su meta titular Albano Bizzarri para el partido del Nou Estadi después de que se hablase de una supuesta llamada de los valencianos. Pinillos, el capitán tarraconense, cerró filas con su compañero tras el partido, pero tampoco escondió que este tipo de llamadas no le sorprenden en función de qué equipos estén detrás. «Siempre que se juega contra un equipo como el Levante salen estos rumores. No sé si han llamado. Puede que sí, porque no depende del jugador. Todos tenemos un teléfono y te pueden llamar. Mucha gente sabe que hay equipos que funcionan así», sentenció.

Bizzarri, que está forrado y que no necesitaría tal aguinaldo -«yo no tengo vicios, ni necesito dinero»-, mostró su indignación con la noticia, y Paco Flores, que contribuyó a la polémica con su decisión, negó que el cambio de portero tuviese algo ver con el affaire . Sin embargo la afición del Nástic que se desplazó hasta el Nou Estadi regresó muy disgustada con el comportamiento de su equipo. Tampoco le gustó nada la apatía de sus futbolistas al presidente del consejo de administración, Xavier Salvadó, quien indicó en los medios catalanes que había tomado buena nota de todo lo sucedido y habló sin tapujos de falta de actitud de los suyos.

Los movimientos extradeportivos del Levante son un secreto a voces en el fútbol español. Siempre que un final de Liga se acerca aparece en el centro de la polémica, especialmente en sus años de Segunda A, en donde ha sido un clásico en la lucha por el ascenso a lo largo del último lustro.

Se repite lo sucedido la pasada temporada, cuando el presidente del Lorca acusó a Pedro Villarroel, el máximo dirigente del Levante, de haber primado a jugadores de Valladolid y Sporting para restar puntos al conjunto del Artés Carrasco para poder luchar por el ascenso. Desde Valencia se guarda silencio. Ni un comunicado en su página web.

Pero los granotas no son los únicos. El Betis con Lopera a la cabeza es otro equipo señalado, e incluso otros con menos posibilidades económicas también aparecen en la supuesta lista negra.

Uno de los rumores que circulan en el fútbol español es que el Mallorca ofreció una prima al Nástic por puntar en San Mamés. El partido se celebró el 4 de abril (entonces los vermellones estaban en problemas) y el equipo de Paco Flores se impuso por 0-2 al Athletic.

08 Maio 2007

MÁIS DE SALVA

Salva entrevistado por De La Morena e saudando aos fascistas de infonacional.com e coordinadoraverdadhistorica.es





SALVA, O XOGADOR FASCISTA


Para nós, Salva Ballesta, unha das estrelas do Levante non é coñecido únicamente pola súa faceta deportiva, se non tamén pola súa estreita relación coa ultradereita española, e pola súa chulería e prepotencia habitual. Para quen non coñeza a outra faciana de Salva Ballesta, eiquí deixámosvos algunhas pinceladas dun xogador non grato para os siareiros antifascistas do Celta. Arriba, fotografías asinadas e adicadas por Salva Ballesta ao portal ultra infonacional.

Infonacional.com é unha web que aglutina a diferentes organizacións da ultradereita española, e para a cal o dianteiro do Levante concedía unha entrevista, da cal sacamos as súas mellores perlas:

Para mi se están devaluando las Fuerzas Armadas y creo que los Altos Mandos deberían dar un taconazo, aun poniendo su cargo a disposición del Político de turno.

Me gustaría conocer a Tejero.

Es bueno que la gente patriota no se deje vencer.

¿Quiénes fueron sus ídolos futbolísticos de niñez? ¿Y los no futbolísticos?.

Hugo Sánchez solo como jugador. García Morato, (piloto ao servicio de Franco durante a Guerra Civil) y Rudel (Piloto nazi que foi condecorado polo propio Hitler).

¿Jugaría en la selección de fútbol de su comunidad autonómica si se lo pidiesen?.

¡NO!
¿Era necesario el Alzamiento de 1.936? ¿Por qué?.

Mejor pensar en el Presente, que esta muy jodido.

¿que opinión tiene sobre la Soberanía del Peñón de Gibraltar?.

¡GIBRALTAR ESPAÑOL!.

Cual es su opinión personal sobre el gobierno de Franco, y su opinión de la situación política de España a partir de su muerte y hasta estos días.

Solo digo que la actual es un desastre.

¿Qué opinión tiene sobre la monarquía en general y sobre la que tenemos en particular?.

ESPAÑA ESTA POR ENCIMA DE TODO.

Por ultimo ¿desea dedicar unas palabras para los miles de Camaradas usuarios de Infonacional?.

¡A ESPAÑA SERVIR HASTA MORIR!.

Tamén ten deixado interesantes xoias en diferentes entrevistas con De La Morena, no programa radiofónico El Larguero.

De la Morena: ¿Los goles los sigues celebrando con el saludo militar no?.

Salva: Por supuesto, esto es algo que nunca va a faltar, a lo mejor hay alguno que no y tal; pero bueno, nunca va a faltar porque yo me siento súper identificado con..., con mi vida, porque mi vida está ahí metida y estoy orgullosísimo de eso y..., y con eso moriré.

De la Morena: Andate con cuidado, que te escucha Aznar, y te manda para Irak..

Salva: Pues si me hace ir voy el primero.

De la Morena: Me cago en la leche, es que hace unos días te oí decir que..., que para ti era más importante España que tu familia.

Salva: A los cinco minutos que oyó mi padre esto, me llamó y me dice: "eres el que más cojones tienes de toda España, y así tiene que ser, y como no digas eso te desheredo".

De la Morena: ¿Es verdad que en la suela de tus botas has puesto Aupa España?.

Salva: Lo tengo como en los caballos, ¿has visto la señal que le meten a los caballos con el hierro incandescente?, pues igual yo.

De la Morena: O sea que debajo de las botas pone: Aupa España.

Salva: ARRIBA ESPAÑA.

De la Morena: Dios mío...

De la Morena: No claro, que tu a lo mejor eres de izquierdas perfectamente y... sin ningún problema ¿no?.

Salva: POR LOS COJONES SOY YO DE IZQUIERDAS.

Outra de Salva, desta volta sacada do diario Marca:

CUANDO SE RETIRABA AL TÚNEL DE VESTUARIOS
Salva Ballesta insultó a parte del público del Reyno de Navarra
“Que Viva España, hijos de puta” se pudo leer en los labios de Salva Ballesta.

Máis recentemente, atacaba ao xogador barcelonista Oleguer, independentista catalán.

Salva contra Oleguer: "Le tengo más respeto a una caca de perro".

O LEVANTE, AO SEU

Hoxe mesmo, en Radio Marca confirmaban que o plantel do Vila-Real xa cobrara un cheque de 150.000 euros pola súa vitoria do domingo ante o noso equipo. Ademais, cobra forza a hipótese de que o propio equipo granota tentou primar a xogadores do Nástic para que se deixaran gañar no encontro que os enfrontou na mesma xornada do pasado domingo. O feito de que varios xogadores titulares do equipo tarraconense se cairan da alineación sen motivo aparente no choque deste domingo alimenta todavía máis as sospeitas de tentativa de amaño. ¿Tentarán pagar aos nosos xogadores para deixarse perder o vindeiro domingo?.

07 Maio 2007

PREZOS MOI REBAIXADOS


O Celta quere que Balaídos se encha para o encontro deste domingo, e puxo unhas entradas moi económicas, ao prezo de 30 euros a máis cara. Para este dramático encontro, a entrada para a bancada de Fondo poderá mercarse ao prezo de 5 euros, tanto en categoría adulto como xuvenil.

ASÍ É O NOSO VINDEIRO RIVAL


A POR ELES

CONCENTRACIÓN E CHAMAMENTO


Dende o clube céltico anunciouse hoxe mesmo unha nova medida para tentar troca-la dinámica de malos resultados colleitada polo noso equipo. Os xogadores farán unha mini concentración a partires do vindeiro mércores e ata o sábado na localidade portuguesa de Melgaço. Agardemos que esta terapia de grupo funcione e saquemos adiante a final do domingo. O triunfo ante o Levante sacaría ao Celta do posto de descenso que actualmente ocupa, cedéndolle esa plaza de novo ao equipo azulgrana. Todo o que non sexa gañar,...

Por outra banda, o gardameta Esteban fixo un chamamento á nosa hinchada unha vez rematado o encontro de onte para que todo Vigo estea presente en Balaídos ante o Levante. E nós engadimos a todo o Morrazo, o Salnés, Ponteareas, Redondela, Tui, Nigrán, Baiona, Santiago, Ourense... O vindeiro domingo, máis que nunca, todo o celtismo a tope co Celta.

06 Maio 2007

VILA REAL 1-CELTA 0


Esteban, Ángel, Tamas, Contreras, Placente, Oubiña (Bamogo, 76), Pablo García, Iriney, Nené (Núñez, 61), Gustavo López (Canobbio, 76), Baiano.

Con esta nova derrota, o descenso a segunda división comeza a cobrar moita forza, e neste encontro o Celta voltou a caer nos mesmos males que tantas e tantas veces ollamos na presente tempada. O Celta non realizou unha mala primeira parte, pero a imaxe do segundo período foi lamentable. A medida que os minutos ían pasando, o equipo foise botando cada vez máis para atrás. Ademais, desaproveitáronse as poucas ocasións creadas ante a porta rival, e o enésimo despiste a balón parado púxolle en bandexa ao Vila-Real o seu único tanto. Como noutros encontros, a capacidade de reacción foi inexistente tralo gol encaixado, e o equipo desapareceu por completo do terreo de xogo. É moi preocupante que este equipo non teña recurso algún para levantar marcadores en contra.

Inda que o chileno Contreras cometeu un penalti no segundo tempo, hai que salientar que no derradeiro treito do primeiro tempo houbo un clamoroso penalti cometido sobre Baiano, que ben puido traer consigo a expulsión do porteiro local. Xogada clave que ben puido troca-lo desenlace final do encontro, pero este ano tamén os árbitros semellan trabucarse sempre na nosa contra.

Tamén hai que destaca-la figura do novo adestrador, que unha vez máis semellou quedarse sen ideas para troca-lo desenvolvemento do encontro, con erros nos trocos de xogadores.

Agora mesmo, os siareiros célticos atopámonos moi desmoralizados e sobre todo cabreados pola situación que estamos a vivir, pero o domingo chega o Levante a Vigo, e todo o que non sexa gañar sería case que caba-la nosa propia tumba. Temos que animar a tope ao equipo e empurralo fóra dos postos de descenso. Calquera derrota nalgún dos tres vindeiros encontros (Levante, Erreala e Betis) sería chegar aos dous derradeiros encontros con pe e medio en segunda. Agora mesmo, o Celta conta con tres puntos menos que o ano do descenso. ALERTA VERMELLA.

VIGO 1º DE MAIO
















Fotografías sacadas da web http://gzifoto.com

04 Maio 2007

DENDE AS BANCADAS

Queremos lembrarvos que despois de esgota-la primeira tirada do número 15 da nosa revista Dende as Bancadas, sacamos fai un par de semanas algún exemplar máis para quen non puido pillala antes. Ademais, estas novas copias recuperaron a calidade do número anterior (o 14, primeiro que sacabamos en imprenta), xa que desta volta, na primeira tirada que realizamos do número 15, trabucáranse na imprenta co grosor do papel, notándose unha lixeira perda de resolución e calidade, sobre todo nas fotos en branco e negro.

Así mesmo, informámosvos que estase a traballar para tentar sacar un novo número para esta mesma tempada.
Outro proxecto que se ten en mente coa revista neste novo formato, é sacar un número coas mellores reportaxes, artigos, entrevistas,... aparecidas entre os números 1 e 13, cando o Dende as Bancadas sacabase tipo fanzine fotocopiado. Iso sí, este número xa quedaría para a vindeira tempada.