30 Abril 2007

CELTA 0-MALLORCA 3


Pinto, Ángel, Tamas, Contreras (Lequi, 50), Placente, Oubiña, Núñez (Bamogo, 11), Gustavo López, Canobbio (Pablo García, 46), Nené, Perera.

Así, tampouco. Xogando deste modo, lamentablemente somos carne de segunda, e se a estas alturas non estamos xa afundidos na clasificación é porque ao resto de equipos involucrados no descenso, ou cando menos a unha boa parte deles, tamén estalles a custar saca-los seus encontros adiante.

Aos 10 minutos do encontro, os visitantes xa mandaban no marcador, e non tardarían en incrementa-la súa renda ante un Celta indolente e tremendamente brando, e no que co paso dos minutos foron incrementándose os nervios.

Ao comezo do segundo tempo, semellou que o equipo tiña unha actitude completamente diferente á lamentable que ofrecera no primeiro tempo, pero a avalancha sobre a meta rival foi disminuindo paseniñamente a medida que as ocasións íanse esmorecendo sen que o esférico perforara a portería rival. O Celta buscaba un gol que o metera no encontro, pero no derradeiro treito os mallorquinistas sentenciaron definitivamente o partido coa consecución dun terceiro gol que provocou unha desbandada xeneralizada do público que se deu cita en Balaídos.

O peor desta inesperada derrota foi a imaxe dada polos xogadores célticos, que colleitaron a derrota máis contundente da tempada, precisa e paradóxicamente con Fernando Vázquez fóra do equipo. O problema é que falta calidade en moitos xogadores, mentres que noutos sobra pasotismo. Mala combinación, sen dúbida. A isto hai que engadirlle, ao igual que no encontro anterior, dous novos cambios obrigados polas lesións. Nesta ocasión, os mancados foron Núñez, ao pouco de comeza-lo encontro, e Contreras, nos primeiros compases do segundo período.

Despois do encontro, tivemos a oportunidade de falar con Pinto e Gustavo López, e a verdade é que os ollamos moi pero que moi abatidos. Agora, máis que nunca, é hora de estar a tope co equipo, e sobre todo cos xogadores que sí o merecen. O positivo é que todavía dependemos de nós mesmos, e que dous rivais directos como son Levante e Athletic enfróntanse entre sí na derradeira xornada. Pero todo pasa por gañar cando menos tres dos seis encontros que restan por disputarse.

27 Abril 2007

RECTIFICACIÓN

Os compañeiros do Frente Minho de Lugo informáronnos que trocaron o lugar da concentración prevista para este domingo día 29. O novo lugar será a Praza da Soidade.

25 Abril 2007

MANIFESTACIÓN

22 Abril 2007

ZARAGOZA 2-CELTA 0


Pinto, Ángel, Placente, Tamas, Lequi, Oubiña, Iriney, Núñez, Canobbio (Bamogo, 19), Nené (Jorge Larena, 73), Baiano (Perera, 27).

Así, non. Se a imaxe do novo Celta de Stoichkov vai ser ésta, mal imos se queremos eludi-lo descenso ao remate do presente campionato. O equipo voltou neste encontro a amosar un fútbol bastante gris e ramplón, con ausencia de ocasións claras sobre a portería rival e con novos erros defensivos que facilitaron, unha vez máis, a vitoria do equipo rival.

Desta volta, o Celta tamén vivíu unha tarde negra en canto a lesións, xa que antes da media hora de encontro xa tiveran que retirarse mancados Canobbio e Baiano. A forte calor reinante na Romareda tamén influíu de forma considerable nos xogadores dos dous equipos.

Inda que a xornada non resultou propicia para os nosos intereses, a cousa ben puido pintar bastante peor se Levante e Betis, que estiveron gañando nos seus respectivos encontros, non chegan finalmente a empatar (con polémica arbitral námbolos dous casos), co que os valencianos quedan empatados a puntos connosco e os sevillanos sitúanse catro puntos por enriba. Lembremos que uns e outros todavían deben pasar polo noso campo. Nestes intres, o Celta elude os postos de descenso, coa mesma puntuación que o Levante (30 puntos) e con tres puntos sobre a Erreala e seis sobre o Nástic. A seguir sufrindo.

20 Abril 2007

TRIVIÑO D.E.P.

E sen sair do país canario, temos que facernos eco da triste nova da morte dun compañeiro do Frente Blanquiazul. Ésta producíuse na madrugada do pasado domingo día 8 de abril. Dende Celtarras, queremos enviarlle o noso pésame á familia e amigos do falecido, e a todo o tinerfeñismo en xeral. Trivi, DEP.

XORNADAS DO F.B.


Comezan hoxe en Tenerife as V Xornadas contra o racismo organizadas polos nosos amigos do Frente Blanquiazul. No país africano estará un membro de Celtarras, que xunto a representantes dalgún grupo antifascista máis do estado foron convidados polos siareiros tinerfeños. No vindeiro número da nosa revista tentaremos levar a cabo unha reportaxe do que den de sí estas xornadas.

16 Abril 2007

FOTOS CELTA-CORUÑA


NO HAY QUIEN PUEDA CON LA GENTE PAJILLERA

DENUNCIA



O Celta ten o malo costume de abrir únicamente dúas das tres portas de acceso á Fondo, e iso, engadido ao exceso de celo nos cacheos nesas mesmas portas, fai que se formen unha colas tremendas á hora de acceder ás bancadas. Neste encontro ante o Coruña houbo xente que mesmo chegou a estar fóra do campo ata a metade do primeiro tempo. Estas dúas fotos son un claro exemplo disto. Na primeira delas ollamos un aspecto da bancada cando os dous equipos saltaban ao céspede, con centos de persoas todavía nos exteriores de Balaídos. Na segunda fotografía, sacada dende Marcador, ollamos unha desas colas cando o encontro estaba xa disputándose. Agardamos que situacións así non volten a repetirse.

CELTA 1-CORUÑA 0


Pinto, Ángel, Contreras, Tamas, Placente, Pablo García (Iriney, 62), Núñez (Jorge Larena, 75), Gustavo López (Bamogo, 70), Canobbio, Nené, Baiano.

O partido 1.500 do Celta en primeira división rematou cunha sequía de vitorias en Balaídos, seis meses despois da derradeira ante o Valencia. E qué mellor triunfo que ante o Coruña como rival. Desta volta, o Celta amosouse tremendamente superior ao Coruña, ao que desarbolou por completo e que apenas contou cun par de ocasións ante a meta de Pinto. Únicamente a mala sorte e a nosa habitual falta de puntería propiciou que o Celta non acadara un triunfo moito máis contundente, con dous ou tres tantos máis.

Funcionou o xa alcumado efecto Stoichkov, que cun troco de sistema que nos deu máis mordente e profundidade en ataque, fixo que por fín se quedaran os tres puntos na nosa casa. Agora hai que refrendar esta melloría nos vindeiros compromisos ligueiros. Para o vindeiro encontro en Zaragoza, o noso equipo perde a Pablo García e Contreras por acumulación de tarxetas, pero por contra recupera a Oubiña e Lequi, que serán os seus sustitutos con toda probabilidade, e que ante o Coruña cumpliron tamén os seus respectivos partidos de sanción.

Pero o espectáculo non estivo únicamente no terreo de xogo, xa que se os nosos xogadores se levaron o encontro pola mínima, nas bancadas houbo goleada local. Grande ambente en todo o campo, pero sobre todo na zona Fondo/Marcador, co noso grupo tirando do carro na meirande parte do encontro. Hai que salientar tamén o xesto de Gustavo López, que dirixíndose aos Blues bicou o escudo da camisola. Como sempre, grande Gustavo.

E falando dos propios Blues, tamén temos que salientar que a nós, humildes portugueses, énchenos de orgullo que o grande grupo ULTRA da Galiza se lembrara unha vez máis de Celtarras nas súas faixas. Grazas rapaces.

A nota negativa da xornada dérona unha vez máis os de casco e porra, que agrediron de forma salvaxe e sen motivo algún a membros de Celtarras e viandantes en xeral hora e media antes do comezo do encontro pola rúa Manuel de Castro. As carreiras e cargas policiais extendéronse varios minutos, e houbo algún identificado, detido e mesmo unha moza de Celtarras rematou coa súa testa tinxida de sangue. Houbo xornalistas e fotógrafos que se achegaron á zona, pero sorprendentemente, nen xornais nen televisións fixeron mención algunha a ese desplegue policial. ¿Censura cicais?. Pode ser, pero case é mellor que se calen e non digan nada a que vendan unha película completamente distorsionada e diferente do que realmente aconteceu nos aledaños de Balaídos, onde nós sempre somos os provocadores e violentos.

14 Abril 2007

CHUUUUU, CHUUUUUU...!!!

La Opinion A Coruña

Hace años, en un desplazamiento a Vigo, surgía entre los hinchas deportivistas uno de sus cánticos más conocidos. "Somos los Riazor Blues y viajamos en autobús...", comienza la sorna contra los vecinos del sur. Este año la letra cambia muy a su pesar. La afición blanquiazul no tendrá autocares ni viaje organizado a la ciudad olívica.

Tras la crítica de los Blues, cuyo portavoz, Sandro Zapata, le reprocha al club que no se haya preocupado de ayudar a su afición tras conocer que las empresas de autobuses no les ofrecían sus servicios, la hinchada se busca la vida por su cuenta y riesgo. Serán algo menos de medio millar, y la mayoría partirán en tren desde Santiago. Una vez en Vigo, explica Sandro, suponen que "la policía estará ya en la estación". Tienen su billete y su entrada, y no esperan problemas.

Los Blues no quieren que pase nada que les impida disfrutar del encuentro. "Nuestra idea es ir con calma, a animar para que ganen. Para un Blues el derbi es algo más que un partido especial, y no queremos que pase nada porque por nada del mundo querríamos perdérnoslo", afirma Sandro, que expresa lo que sería su viaje ideal: "Vamos a ir un poco a la buena de Dios, pero no va a pasar nada. Llegaremos, la policía nos escoltará andando 35 o 40 minutos, animaremos, ganaremos, hundiremos un poco más al Celta en la tabla y regresaremos a A Coruña tan contentos", zanja.

Por su parte, José Ramón Pena, presidente de la Federación de Peñas, manifiesta su "impotencia y rabia" porque "todo se ha ido al traste". "Si hubiera viaje organizado, según lo que sondeamos, me atrevería a decir que irían más de 2.000 personas. Iba a ser uno de los desembarcos en Vigo más grandes de nuestra historia", lamenta, y añade que "van doscientos y pico Blues, pero también mucha gente en coches particulares que no se sabe si estarán en la misma grada y eso es problemático. Con un viaje organizado sería todo más fácil y más seguro".

Su homóloga de la Federación celeste, Rosa Santos, no se explica lo sucedido. "No me parece lógico que les pase esto, el club debería apoyarlos", dice Rosa, que asegura que ellos "nunca" tuvieron problemas para que las empresas de transporte los desplazasen a A Coruña. "Descerebrados los hay tanto ahí como aquí, pero ellos vienen a animar y me encantaría que tuviesen tanta suerte como nosotros", afirma. Este año el club celeste organizó el viaje y les pagó el desplazamiento. "Siempre tenemos al Celta de mano, es lo normal", afirma.

12 Abril 2007

LISTADO MATERIAL


Esta é a lista do material de Celtarras que queda agora mesmo disponible, e que o vindeiro domingo poderase mercar no lugar habitual. Iso sí, por tratarse dun derbi, o posto só estará montado aproximadamente ata as catro da tarde, unha hora antes do inicio do choque. Quen queira mercar material, aconsellámoslle que o faga ben cedo.
Así mesmo, este material tamén pode ser adquirido por e-mail (consultar disponibilidade e tallas) en materialceltarras@yahoo.es
BUFANDA DE LÁ (derradeiras unidades) 10 euros
REVISTA DENDE AS BANCADAS (número 15) 2 euros
BANDEIRA GALEGA (serigrafiada co nome do grupo) 12 euros
GORRA BORDADA (NOVIDADE) 12 euros
CHUVASQUEIRO 20 euros
SUADEIRA NINJA 20 euros
CAMISOLA (varios modelos) 10 euros
COLANTE (siareiros antifascistas) 3 x 1 euro

NOVAS GORRAS



A partires deste domingo xa teredes disponibles, ao prezo de 12 euros, as novas gorras bordadas de Celtarras.

GUSTAVO LÓPEZ


Nos últimos tempos, a mala sorte non deixa de perseguir a Gustavo López cando se achega o clásico galego. Nos dous encontros disputados en Riazor en 2.006, o arxentino non puido disputar nen disfrutar sobre o céspede das dúas vitorias célticas. No primeiro deses encontros non foi convocado, mentres que no segundo atopabase mancado. Agora atópase con molestias, e hoxe mesmo tivo que adestrar individualmente, polo que volta a ser dúbida de cara a este encontro da máxima rivalidade. Coñecendo a este bravo xogador, seguro que fará todo o posible por saltar ao céspede de Balaídos o vindeiro domingo. E polo ben do equipo, ogallá que se recupere e poidamos óllalo corretear pola banda. AGUANTE GUSTAVO !!

MÁIS INFO

El ideal Gallego

A pesar de que el año pasado el viaje de los aficionados deportivistas fue modélico, en esta ocasión no han encontrado medios para acercarse a la ciudad olívica, toda vez que las compañías de transporte no quieren hacerse cargo de los desplazamientos de estos aficionados tachándolos de radicales, ya que en algunas ocasiones sí hubo destrozos.

Zapata comentó que "el año pasado el viaje fue perfecto, así que no entiendo las razones para esto". Al final se ha arreglado todo, que es de lo que se trataba, y el Deportivo no estará solo en su visita a Balaídos.

En cuanto a la seguridad, con el partido declarado de alto riesgo por la Comisión Antiviolencia, la policía seguirá muy de cerca el viaje de los Blues, sobre todo a la llegada, no porque ellos puedan montar algún altercado, sino porque podrían ser recibidos por aficionados del Celta agresivos.

Los últimos desplazamientos a Vigo en tren han acarreado problemas para los aficionados blanquiazules; el año de la consecución de la Liga, la 99-00, más de un millar de hinchas herculinos prestaron su apoyo al equipo de Javier Irureta en el estadio municipal de Balaídos.

A falta de aubobuses que transportasen a semejante masa de aficionados, la Renfe se prestó voluntaria a emprender un viaje que se presentaba histórico por la importancia de los puntos en juego.

El convoy de incondicionales deportivistas fue sorprendido por un grupo de vándalos que lo apedrearon en las inmediaciones de la ciudad olívica, más concretamente en las localidades de Vilagarcía y en Redondela.

Los incidentes tuvieron su continuación en la estación de ferrocarril de Vigo, donde las fuerzas del orden se vieron obligadas a dispersar a un grupo de ultras del Celta que estaba arrojando objetos ?algunos impactaron en la expedición coruñesa? desde varios puntos estratégicos.

La marea blanquiazul tuvo que atravesar a pie el recorrido entre la estación y Balaídos, una distancia de casi dos kilómetros, en la que se registraron insultos entre aficiones rivales e incluso amagos de agresiones.

Como colofón a una más que dudosa organización, la masa de hinchas del Depor fue conducida por los aledaños del estadio de Balaídos a menos de una hora para el pitido inicial, por lo que se produjo una tormenta de botellas de vidrio y de objetos de todo tipo entre ambos bandos.

Sin una organización establecida oficialmente para el encuentro del domingo, existe el temor a que se reproduzcan los desperfectos en la ciudad y los brotes de violencia entre vigueses y coruñeses. El derbi que debería ser de la concordia puede derivar en problemas.

VIAXE RIAZOR BLUES


La Voz de Galicia
El Deportivo no estará solo en Balaídos. A pesar de que la Federación de Peñas y los Riazor Blues no han conseguido contratar un viaje organizado a la ciudad olívica para animar al equipo en el derbi contra el Celta, los integrantes de la peña radical blanquiazul se desplazarán en bloque a Vigo para presenciar en vivo el clásico gallego.
Así, el Celta informó ayer de que ya había facilitado unas doscientas entradas solicitadas previamente por los Riazor Blues, que ya han diseñado su propio plan de viaje a la ciudad viguesa. El grueso del grupo, de unos doscientos integrantes, tomará un tren en Santiago, adonde llegará por cuenta propia y, desde la capital de Galicia se desplazará hasta Vigo en ferrocarril. La expedición de los Riazor Blues tiene previsto la llegada a Vigo entorno a las dos y media de la tarde.

AGORA, A CENTRARSE NO CLÁSICO


Xa está ben de destitucións, pseudo-unidade do celtismo ¿¿¿???, Stoichkovs... O clásico galego chega este domingo, e a partires dagora centrarémonos única e exclusivamente nese encontro.

MÁIS VÁZQUEZ

Extracto dun bo artigo sacado dos compañeiros de todocelta.com
Como pasar de ser o centro de tódolos focos, a marchar pola porta de atrás. Esto foi o que lle aconteceu a Fernando Vázquez en apenas 24 horas, o tempo que pasou dende o seu despido ata a incorporación do novo adestrador, o mediático pero inexperto Hristo Stoichkov.

Esta mesma mañá, Fernando Vázquez estivo nas instalacións deportivas da Madroa para despedirse dos seus xa ex-pupilos en medio dunha expectación incríbel por parte da prensa e dos siareiros.

Vázquez non fixo ruido na súa última estadía na Madroa. Poucos eran os que sabiamos que FV estaba alí.

Ao final do adestramento, Vázquez, como calquer outro día dos últimos tres anos saiu pola porta principal, pero sabendo que sería a última vez que faría.

Un cento de persoas estaban agardando a saída do adestrador búlgaro, pero o que primeiro saiu foi o de Castrofeito, entre a indiferenza dos alí presentes. Só un grupo de rapazas dignáronse a agradecerlle tódo o que fixo polo noso clube. Só unha señora, xa entrada en anos, increpouno enérxicamente.

Unha saída, pola porta de atrás, dada polos resultados pero quen sabe se un tanto inxusta.

O Celtismo pasou páxina rápido, en apenas 24 horas semella que despareceron todos os males deste equipo. Aínda que, como todos esperamos, nos manteñamos na primeira división, ben seguro que en Xuño nos decataremos de que Vázquez non era o diaño e o resto, os santos dun altar.

Din que é de bo nacidos ser agradecidos, e a pesar de todo, o Celtismo lle debe un grazas a Fernando Vázquez. (...)
Como calquer historia, esta tamén un lado escuro. Pero nestas situacións o mellor é quedarse co bo, agradecer os servizos prestados e desexarlle toda a sorte do mundo.

Ogallá Balaídos algún día lle regale ese aplauso que sempre lle negou.

Sorte e Grazas Fernando.

GRAZAS FERNANDO

Pouco despois de ser destituído como adestrador do Celta, Fernando Vázquez recibíu unha mensaxe de apoio por parte de Celtarras, que axiña nos respostou para agradecernos o noso apoio e sinalar que sempre nos levará no seu corazón.
FERNANDO, GRAZAS POR TODO E BOA SORTE

11 Abril 2007

A VIDA CONTINÚA


Despois de chegar onte á nosa cidade, Hristo Stoichkov dirixíu esta mañá o seu primeiro adestramento como técnico celeste, para ser presentado posteriormente de forma oficial como técnico do Celta nunha ateigada sala de prensa da Madroa, onde o ex-dianteiro búlgaro presentouse enfundado coa camisola do equipo. Dende Celtarras dámoslle a benvida ao noso país e desexámoslle moi boa sorte, que evidentemente será boa sorte para o noso clube.

Nós xa dixemos que non cremos axeitado o troco de adestrador, pero unha vez dado o paso pola directiva, agora o que nos queda é seguir na nosa liña animando ao equipo como ata o dagora, que para dividir e crear mal rollo con inoportunos linchamentos contra o adestrador xa están outros, como algún membro da Peña Guadiana. Xa haberá tempo de saldar contas con máis de un.
O que máis nos sorprende é a cantinela que máis se ten escoitado nas derradeiras horas, que non é outra que agora todos temos que apoiar a Stoichkov porque é o noso adestrador, e que todos estamos no mesmo barco. É curioso ollar cómo trocan agora o discurso moitos fariseos que xa otorgan ao búlgaro a figura de salvador (por certo, que agardemos que o faga mellor que coa selección búlgara, de onde case o botan a gorrazos). A ver canto tardan moitos deses cínicos e hipócritas en asubialo e reclama-la súa destitución. Tempo ao tempo.
BEMVINGUT HRISTO

10 Abril 2007

HRISTO STOICHKOV


Dimarts, 10 de Abril de 2007

Stoichkov: "No puc entendre perquè Catalunya no té seleccions pròpies"

L'exblaugrana i actual seleccionador de Bulgària, Hristo Stoichkov, és un ferm partidari de les seleccions catalanes i afirma que "no puc entendre perquè Catalunya no té seleccions pròpies". Stoichkov, en una entrevista a Selecciona't, la revista de la Plataforma ProSeleccions, assenyala que la realitat catalana no és l'espanyola, "és una altra", i que la veu del carrer demanda l'oficialitat de les seleccions. L'ex 8 del Barça també recorda que en un partit contra Espanya durant l'Eurocopa d'Anglaterra del 1996 jugava amb una samarreta catalana sota l'oficial búlgara, amb la intenció de mostrar-la si marcava, situació que no es va donar.
Selecciona't és la darrera iniciativa de la Plataforma per promocionar les seleccions esportives catalanes. Amb una periodicitat mensual, la revista surt del convenciment "que les seleccions catalanes són possibles" i informarà sobre aquells esports en què els catalans ja competeixen oficialment. A banda d'una entrevista a un personatge conegut, cada número tindrà un reportatge a fons d'un dels esports en què Catalunya té selecció pròpia i un apartat dedicat a les nacions sense Estat que tenen seleccions reconegudes internacionalment.

A SEMANA DO CLÁSICO

HRISTO STOICHKOV, NOVO ADESTRADOR

CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA


O pésimo encontro disputado polo Celta o pasado domingo en Huelva precipitou a destitución de Fernando Vázquez como técnico do noso equipo oito xornadas despois de que a mesma directiva que na tarde-noite de onte lle dera a patada no cú decidira ratificalo ata o remate desta tempada.

É evidente que Vázquez ten unha grande parte de culpa na actual situación deportiva do equipo, pero non máis que os propios xogadores.

Ogallá academo-lo obxectivo da permanencia, e agardamos que dende agora ata o que resta de campionato se dean os resultados axeitados para que isto aconteza, pero é evidente que o troco de adestrador non é sinónimo de éxito. De feito, podemos afirmar que os tres equipos que descendan, van a facelo despois dun troco de adestrador. É máis, é seguro que de tódolos equipos que esta tempada non trocaron de adestrador na primeira división (só o Osasuna podería rachar esta afirmación), ningún deles vai baixar. Isto é para os que tanto gustan de datos e estadísticas.

Cando o noso colectivo posicionouse semanas atrás do lado de Vázquez, non estabamos a defendelo como adestrador, se non que máis ben nos enfrontabamos a un desproporcionado ataque contra el, con insultos persoais bastante afastados do que puidera se-lo debate por un determinado sistema de xogo ou elección de certos xogadores para as alineacións.

Celtarras non defendía ao Fernando Vázquez adestrador; defendeu sempre a un tipo sometido a un desmedido linchamento popular e xornalístico que foi máis aló do plano profesional, e con todo tipo de improperios contra a súa persoa, mentres certos xogadores semellaron inmunes ás críticas durante todo este tempo pese a arrastrarse polos terreos de xogo.

O derradeiro capítulo desta relación coa hinchada céltica vivímolo o pasado domingo en Peinador, cando o atacaron verbalmente de forma cobarde mentres os Contreras, Placente, Canobbio e algún máis saían sen problema ningún. É máis doado linchar a un pequeno tipo moribundo que non vai dicir nada que a uns xogadores que igual se revolven e lle parten a faciana a máis de un.

Dende Celtarras, non podemos máis que darlle as grazas ao de Castrofeito por subirnos de segunda un ano despois do descenso e meternos a continuación na UEFA, e por vitorias tan importantes como as de Riazor e Bernabeu durante dúas tempadas consecutivas.

08 Abril 2007

RECREATIVO 4-CELTA 2


Esteban, Placente, Lequi, Contreras (Perera, 91), Ángel, Iriney (Bamogo, 63), Oubiña, Nené, Gustavo López, Canobbio (Tamas, 89), Baiano.

Se antes falamos, antes a cagamos. Despois de falar antonte do grande optimismo co que afrontabamo-lo derradeiro treito ligueiro, o Celta deixounos unha pésima imaxe na viaxe a Huelva. Salvo Esteban, prácticamente suspenderon tódolos xogadores célticos que saltaron ao terreo de xogo. É inexplicable que xogándonos tanto se poida ter unha atitude tan pésima sobre o céspede. O primeiro tempo foi, sinxelamente, lamentable. E o da defensa, xa non ten nome, unha vez máis con erros individuais clamorosos.

Aos males do propio equipo houbo que sumar unha arbitraxe polémica contra o noso equipo, cun penalti máis que dubidoso a prol dos locais que servía para abri-lo marcador do partido, que ademais puideron repetir tralo erro do primeiro lanzamento por parte do dianteiro onubense.

O Celta chega ao clásico do vindeiro domingo a 12 puntos do Coruña e coa importante baixa de Oubiña por acumulación de tarxetas. Tampouco poderá disputalo Lequi, inda que ollando as súas derradeiras actuacións, ésta tampouco semella moi determinante. Ogallá o seu lugar sexa ocupado por un Yago que sempre cumplíu nas escasas oportunidades coas que contou durante este ano.

Cunha única vitoria en 18 encontros, o Celta atópase nestes intres inmerso na súa segunda peor xeira de resultados en toda a nosa historia. E cos resultados desta xornada, o Celta cae de novo a postos de descenso. Agora, Levante e Athletic aventáxannos en dous puntos cada un. Por debaixo, Erreala e Nástic, que tamén perderon os seus respectivos encontros nesta xornada, continúan a seis puntos.

07 Abril 2007

TOP TEN


Co encontro de mañá en Huelva, o Celta inicia un mini campionato de dez encontros nos que deberá apura-las súas opcións de permanencia. A priori, o noso equipo ten por diante un calendario máis doado que o resto de rivais por evitar algunha das tres posicións que nos levarían á segunda división. Agora mesmo, co xogo desenvolvido polos nosos xogadores nos derradeiros encontros, e ollando os 10 rivais que nos restan, podemos mesmo tirarnos da moto e pensar en que non se perdan máis encontros de esquí ao que resta de liga.

Recreativo, Zaragoza, Vila-real, Erreala e Atlético fóra de casa, e Coruña, Mallorca, Levante, Betis e Xetafe en Vigo, preséntanse como encontros complicados, pero con moitas posibilidades de éxito para os nosos intereses, sempre e cando os xogadores non baixen o nivel amosado dende semanas atrás. Agora máis que nunca, tamén será tremendamente importante non facer ningunha tontería en defensa, e sobre todo remata-los encontros cos 11 xogadores.

PREVIA CELTA-MADRID

04 Abril 2007

REBAIXA NOS PREZOS DO CLÁSICO

Pese aos desorbitados prezos das entradas anunciados inicialmente para o vindeiro Celta-Coruña (día 15 de abril ás 17:00 horas), o Celta decidíu trocalos na tarde de onte, e deste modo, o prezo da bancada de Fondo terá unha rebaixa considerable, pasando dos 25 euros iniciais aos 15 actuais. E ademais, cada socio da nosa bancada tamén poderá mercar dúas entradas polo prezo dunha. A diretiva do Celta tenta deste modo que Balaídos amose o mellor aspecto posible, e ninguén dubida que o noso campo rexistrará a mellor entrada da tempada. Agardemos que os nosos xogadores boten agora o resto, e que a segunda vitoria da tempada na casa non se nos escape desta volta.

03 Abril 2007

CELTA 1-MANDRIL 2


Pinto, Ángel, Lequi, Contreras, Placente, Iriney, Oubiña, Nené (Aspas, 83), Gustavo López (Núñez, 68), Bamogo (Perera, 73), Baiano.

A mala sorte, un par de despistes defensivos e maila malintencionada actuación arbitral botaron ao traste o esforzo levado a cabo polo Celta durante este encontro. O Celta amosouse bastante superior, no segundo tempo sobre todo, ao equipo madridista, pero no aspecto máis determinante, como é o acerto ante a portería rival, os brancos estiveron máis atinados e leváronse os tres puntos para o seu país. Dende o Real Madrid falan mesmo de resultado inxusto.

Os xogadores do Celta disputaron un encontro bastante serio, pero estes dous novos erros defensivos favoreceron os goles madridistas; ademais, o infame Pérez Burrul convertíuse no xogador número 12 do Madrid e no mellor amuleto co que podían contar os madridistas en Balaídos. Dous penaltis escamoteados, tarxetas e expulsións perdoadas a xogadores como Gago ou Míchel, posible falta sobre Contreras con anterioridade ao penalti madridista, fóras de xogo inexistentes asubiados na nosa contra,... En fín, xa se sabe que ASÍ GAÑA O MADRID. Ogallá que a revancha poida ter lugar a vindeira tempada.

Á conclusión do encontro, o presidente céltico declarou nunha emisora radiofónica que se sentía atracado, e denunciaba unha persecución contra o Celta para que non continúe en primeira división o vindeiro ano. Haberá quen o critique por esas declaracións realizadas, pero nós suscribímolas na súa totalidade.

Nas bancadas de Balaídos notouse a habitual presencia de histéricas madridistas, inda que cicais en menor número das que se podería agardar. E grande ambente na nosa bancada, apoiado, como é costume, cos membros de Esmorga Celeste e demais rapazada que se sitúa enriba nosa nas primeiras ringleiras de Marcador. Tamén numerosa presencia de bandeiras galegas, tanto na nosa bancada como a pe de campo por parte das rapazas de Estrelas Celestes. Antes do encontro voltouse a saca-la faixa de UNIDADE dende Marcador ata Fondo, e polo dagora, a hinchada segue comportándose co equipo como é de esperar, algo que polo ben do noso equipo debería durar de eiquí ao que resta de tempada.

Co que ollou neste encontro, Pinto acumula xa cinco cartóns amarelos, co que non poderá disputar o encontro do vindeiro domingo en Huelva, para o que voltarán, salvo lesións de última hora, Pablo García e Canobbio, que neste derradeiro encontro cumpriron sendos partidos de sanción.

Outra das novas negativas da xornada foi a actitude policial, que adicouse a enmarronar a varios mozos e proferir graves insultos contra algún membro de Celtarras nas portas de acceso a Fondo. No vindeiro encontro poderiamos botarlles ao chan uns cantos manís, a ver se se lanzan a por eles como o que son, e dese modo nos deixan en paz.

Con esta nova derrota, o Celta suma unha única vitoria nos derradeiros 17 encontros ligueiros disputados, e continúa coa nefasta xeira de resultados na casa, cunha única vitoria en 14 encontros. Con este panorama recibiremos ao Coruña dentro de dúas semanas, e agardemos que se tralo triunfo d Riazor comezou este longo calvario de malos resultados, que unha nova vitoria sobre o noso máximo rival volte a ser un punto de inflexión e que cheguen os bos resultados que nos dean a permanencia. Pero antes, toca gañar en Huelva.

ILLA ILLA ILLA, JUANITO HECHO PAPILLA