31 Março 2007

MESA REDONDA


Na tarde de onte, e dentro das xornadas que o Celta estivo a levar nestes días sobre o mundo da canteira, houbo representación de Celtarras, ao igual que doutras peñas celtistas, nunha mesa redonda na que se abordaron diferentes temas relacionados co pasado, presente e futuro das categorías inferiores do Celta. Os representantes do noso grupo valoraron a xornada como positiva, e na que tamén puideron intercambiar impresións con diretivos do equipo e antigos xogadores célticos tan queridos para nós como o propio Gudelj.

28 Março 2007

A TÚA BANDEIRA, A MIÑA BANDEIRA... A NOSA BANDEIRA


No Real Madrid-Celta da primeira volta, e tal como xa informamos eiquí mesmo, empregados do Real Madrid, xunto coa colaboración da policía española, adicáronse a quitar e tirar ao lixo con total impunidade e sobre todo chulería as bandeiras galegas que portaban os siareiros célticos que entraban no Bernabeu para presencia-lo encontro; por desgracia non é a primeira vez que nese mesmo estadio acontecen esta serie de feitos, e mentres estanse a requisar bandeiras completamente legais, no resto dese estadio poden ollarse bandeiras españolas co poio e demais simboloxía fascista sen ningún tipo de problemas. A mellor forma de respostar a eses lamentables feitos, é poboar o vindeiro domingo o noso estadio co maior número de bandeiras galegas posibles; hai que demostrarlles que non van calarnos, e que na Galiza mandan os celtas. Agardamos que tanto na bancada de Fondo como na de Marcador, as dúas onde maior número de bandeiras da patria soen ollarse, estean todavía máis petadas de bandeiras tricolor que de costume, esas que tanto foden e que tan pouco gustan en Madrid. E se lles molesta, que miren para outro lado. Na túa casa, a bandeira non pinta nada, así que este domingo lévaa contigo a Balaídos.

Polo que nos toca a nós, agardamos que toda a celtarrada entre ao campo coa súa bandeira galega, e quen non teña agora mesmo ningunha, lembramos que dende este mesmo domingo xa estarán á venda (salvo que nos deixen tirados a última hora) as bandeiras galegas co nome do grupo impreso en vinilo sobre ésta.

PÁSAO.

A GUERRA DAS BANDEIRAS

Como cada ano por estas datas, nas que celebramo-la festa da Reconquista da nosa cidade ante as tropas francesas, a asociación veciñal do Casco Vello vigués levou a cabo a súa exposición de traxes da época, acompañada das bandeiras de Vigo, Galiza, Portugal e Francia. Ao igual que en anos anteriores, non había presencia da bandeira española , que nada pinta neste acto. Pois ben, desta volta, o goberno municipal ordeou que ésta tiña que figurar ao carón das catro anteriormente citadas. Os organizadores da mostra decidiron que esa bandeira non se ía poñer, e ante as presións do Partido Popular para a colocación désta, optaron por retirar todas. Unha mágoa que por rancios intereses españolistas quede castrada esta mostra anual, pero polo menos non nos entrarán arcadas ao ter que ollar unha bandeira que queren impornos a tódolos galegos e galegas de modo totalmente fascista e ditatorial.

FOTOS MILÁN-CELTIC







A pasada rolda de oitavos de final da Champions League deixounos a eliminación do Celtic a mans do Milán. Tralo empate sen goles da ida en Glasgow, foron varios milleiros os siareiros célticos desplazados ata terras italianas para apoiar ao equipo republicano. Estas fotos fóronnos enviadas pola xente da London Celtic/Celta(rras) Crew, e son das horas previas ao choque. Éstas foron sacadas con membros da milanista Fossa dei Leoni, que presenciaron posteriormente o encontro coa hinchada visitante.

21 Março 2007

XORNALISTA SIAREIRO

Na páxina web de Marca levaron a cabo recentemente unha iniciativa désas bastante chorras e tan habituais en medios xornalísticos, e pola cal un xornalista, facéndose pasar por hincha visitante, situabase na bancada entre a hinchada do equipo local en diferentes encontros ligueiros. Na mesma páxina, e baixo o título En casa do enimigo, o protagonista escribe sobre os diferentes encontros aos que asistíu durante esta tempada, e entre os que se atopa un Celta-Erreala no que apenas atopamos cousas destacables, e algunha que outra obviedade como que ...varios hinchas célticos llevan bufandas del Athletic, pero esto no implica que la Real les caiga mal. En general, los equipos vascos son bien recibidos en Galicia. O certo é que se buscaban maior morbo e ambente, ben puideron ter escollido outro encontro para visitar o noso campo.
Pero o máis salientable atopámolo na crónica do Coruña-Athletic, e que a continuación reproducimos íntegramente. É de agradecer que polo menos non nos noméen como los ultras del Celta, moi típico doutros xornais, ¿verdade, Faro de Vigo?.
Es la tercera vez que piso Riazor y la segunda que veo un Depor-Athletic, aunque en la otra ocasión, confieso, iba con los locales. Con todo, la camiseta rojiblanca es ya una vieja amiga. No en balde ya me 'disfracé' de león en Pamplona y Madrid, aunque esta noche me siento más arropado que nunca. Hay cientos de seguidores vascos poblando las gradas blanquiazules del estadio coruñés. El calabobo o txirimiri me acompaña de forma pertinaz desde que llegué a la ciudad dominada por la Torre de Hércules. Este clima displicente provoca que los aficionados deportivistas pospongan hasta el último momento su asistencia al espectáculo, pero los primeros comentarios que escucho sobre la trayectoria de su equipo no son nada halagüeños. "Como no ganemos hoy al Athletic somos carne de Segunda", afirma un pesimista, a lo que otro responde con humor: "No pasa nada, porque ahora vamos al Pizjuán y luego viene el Madrid...". Hay un divorcio latente entre la malacostumbrada grada coruñesa y Joaquín Caparrós, así que la abundante manada de leones a la que pertenezco se siente como en casa.
Ni un reproche cuando celebro el tanto inicial de Javi Martínez. Tampoco es que haga migas con nadie, pero la chica de al lado hasta me pregunta si me molesta que fume. Un diez en educación. Los cambios del técnico utrerano soliviantan aún más si cabe a la decepcionada hinchada blanquiazul, que dedica gritos de "burro" a su entrenador. Apenas un tipo se entretiene tomándola con un par de jugadores del Athletic que permanecen tendidos sobre el terreno de juego tras sendas faltas. "Dale las pastillas de Gurpegui", grita.
Acaba el partido y busco un bar cercano. Necesito un café para entrar el calor. De repente cunde la alarma. Algo no marcha bien. Suenan sirenas policiales y decenas de aficionados corren despavoridos por la calle Manuel Murguía. ¿La razón? La misma de siempre. Los Riazor Blues -del Depor- y los Herri Norte -del Athletic y amigos del los Celtarras vigueses- se están buscando las cosquillas a guantazo limpio y siempre hay inocentes de por medio. Entre ellos, yo. Así que acepto el consejo de un amigo anónimo y me escabullo sin llamar la atención. Que les aproveche a los radicales.

PARTIDO 1.500


O encontro do pasado domingo fixo o número 1.497 na traxectoria do Celta na primeira división, así que botando contas, ollamos que o vindeiro clásico ante o Coruña fará o número 1.500, cifra histórica e que engade, se cabe, un motivo máis para que ese día non se escape nen un so punto do noso campo. Esa importante cifra só pode ter un resultado positivo para os nosos intereses, e máis se o equipo que temos enfronte é o noso máximo rival.

NÚMEROS NEGATIVOS


Nas derradeiras xornadas do campionato ligueiro, o noso equipo ten amosado unha imaxe mellor da que ofreceu semanas atrás, pero o caso é que, inda así, o Celta ten a estas alturas os mesmos puntos que fai tres tempadas, a que rematou co Celta en segunda división. O número de vitorias, empates e derrotas é o mesmo que na tempada 03/04. Ademais, a pésima xeira de resultados coa que comezamos a segunda volta do presente campionato, fai que o noso clube sexa o colista désta. A pesares da citada coincidencia de puntos, a diferencia ollámola en que nesta ocasión atopámonos un posto por enriba do descenso, mentres que daquela, a estas alturas xa ocupabamos unha das tres plazas de descenso. Agardemos que as boas sensacións destas semanas poida traducirse en bos resultados e consecución de puntos.

Outro dado negativo, á par que bastante significativo e preocupante, é que coa expulsión do pasado domingo, o Celta convertíuse no equipo de primeira división que máis expulsións ten recibido na actual campaña. En total foron 11 as ocasións nas que algún xogador céltico ollou o cartón vermello e debeu abandoa-lo terreo de xogo antes de tempo.

19 Março 2007

SEVILLA 2-CELTA 0


Pinto, Ángel, Lequi, Yago, Placente, Tamas (Aspas, 46), Jonathan Vila (Bamogo, 60), Gustavo López (Jorge Larena, 78), Nené, Canobbio, Baiano.

Nova derrota do noso equipo, que grazas tamén á do Athletic o sábado ante o Osasuna, todavía se atopa fóra de postos de descenso a segunda división. O de Sevilla foi o primeiro dos encontros consecutivos que disputaremos ante rivais nada doados, e que continuará coa visita a Balaídos do Madrid, a viaxe a Huelva e a visita do Coruña.

Unha vez máis, pode dicirse que o equipo rival non foi netamente superior aos nosos, a pesar de que o equipo arrastraba numerosas e importantes baixas, sobre todo na liña de medios. Inda así, o Celta realizou un encontro bastante serio, e contou con varias ocasións para perfora-la meta sevillista. E unha vez máis, os erros arbitrais voltaron a cebarse co Celta, xa que o penalti cometido por Gustavo López e que permitíu aos locais adiantarse no marcador ao pouco de iniciarse o segundo tempo, víu precedido por unha falta inexistente asubiada ao canario Ángel. O segundo gol xa chegou cunha contra levada a cabo polo conxunto de Nervión no tempo de compensación, e co partido a piques de rematar.

Tema aparte merece o das expulsións de xogadores célticos nas derradeiras xornadas, xa que moitas delas foron provocadas por eles mesmos, como no caso deste derradeiro encontro, polo propio xogador. Sabemos que a situación é preocupante e nada doada, pero hai accións que non poden permitirse, e desta volta, o uruguaio Canobbio (xa non é a primeira vez nesta tempada que comete o mesmo erro), que pasara bastante inadvertido ata ese intre, fixo que se desvaneceran nunha grande porcentaxe as posibilidades de acadar un empate. O positivo do asunto é que polo menos non poderá xogar o vindeiro encontro ante o Madrid, e a ver se o xogador que o sustitúa pon máis gañas sobre o céspede. A verdade é que supón un alivio que un xogador que se adica a pasear polo terreo de xogo non poida ser alineado.

18 Março 2007

INVITACIÓN FRENTE BLANQUIAZUL


Os nosos amigos do Frente Blanquiazul celebrarán os días 20 e 21 do vindeiro mes, unha semana despois do Celta-Coruña, unha nova edición das súas xornadas contra o racismo. Ésta será a súa quinta edición, e membros de Celtarras xa puideron disfrutar déstas na derradeira visita do Celta ao seu país, xa que fai dúas tempadas fireron coincidir estas xornadas co encontro Tenerife-Celta. Para este ano queren que haxa representación doutros grupos de hinchas antifas, polo que nos convidan aos diferentes actos que levarán a cabo. Os que estean interesados en ir a Canarias, que se poñan en contacto cos encargados de material no vindeiro encontro do noso equipo en Balaídos. Los Calzones, grupo skatalítico ben coñecido por estes lares, será unha das bandas convidadas ao concerto que pechará esta quinta edición.
Haberá axuda económica para que o custo da viaxe sexa un pouco máis económico.

16 Março 2007

WERDER BREMEN 2-CELTA 0 (ROUBO)


Esteban, Aspas, Yago, Lequi, Tamas, Placente, Pablo García, Ángel (Jonathan Vila, 69), Nené, Jorge Larena (Canobbio, 73), Guayre (Perera, 36).

Na anterior rolda da actual Copa da UEFA, a propia organización decidíu que o Feyenoord fora expulsado da competición a pesares de clasificarse con anterioridade entre os tres primeiros na liguilla de grupos. O comportamento violento dos seus supporters foi o argumento esgrimido para levar a cabo esa sorprendente decisión. Para non perder costume, a mesma UEFA decidíu que nesta recén disputada rolda de dezaseisavos o Celta tamén tiña que ser convidado a abandoa-lo torneo, pero desta volta, e ao contrario que cos holandeses, permitíndonos xogar os encontros. Non deberon atopar escusas para que o noso rival non tivera que disputa-los dous encontros, así que deixáronnos xogar, pero non gañar. O Werder Bremen loita polo título da Bundesliga, está de moda, con xogadores de primeiro nivel, e ten un mellor historial para dar máis caché a unha competición que co invento da Champions os propios organizadores devaluaron dende anos atrás. O Werder Bremen xa tiña o seu nome posto nunha das oito bolas a sortear na rolda de cuartos dende antes de que dera comezo a eliminatoria, e os árbitros tiñan que xogar un papel decisivo se a situación así o requería, tal como aconteceu finalmente.

Ao gol en clamoroso fóra de xogo co que os alemáns acadaron a vitoria en Vigo, desta volta os nosos xogadores foron privados dun clarísimo penalti sobre Guayre diante do mesmo nariz do colexiado con empate sen goles no marcador, e tralo 1-0 rozando o fóra de xogo nada máis comeza-lo segundo tempo, anulousenos un gol totalmente legal acadado por Perera. Era evidente que pasara o que pasara, o Celta nunca podería da-la volta á eliminatoria, básicamente porque non se lle ía permitir. Ademais, e tal como acontecera en Balaídos, o distinto baremo á hora de asubia-las faltas e amosar tarxetas, tamén favoreceu aos verdibrancos. Pouco a pouco, o equipo foi baixando os brazos, e un garrafal erro de Nené permitíu que o 2-0 subira ao marcador. A partires de aí, só quedaba pensar no encontro do domingo en Sevilla e non encaixar máis tantos. Inda así, o Celta ben puido e mereceu anotar algún tanto.

En definitiva, adeus a Europa despois dunha eliminatoria moi igualada sobre o céspede, pero que sobre as altas instancias desequilibraron de forma aplastante cara o bando alemán.

A traxectoria do Celta nesta edición da UEFA podemos calificala como bastante boa, deixando na cuneta a importantes equipos, e dando a cara contra un Werder Bremen que, pese a chegar da Champions co cartel de favorito para gañar esta UEFA, tivo que botar man dos árbitros para poder baternos.

13 Março 2007

CRÓNICA DENDE EUSKAL HERRIA


Creo que fue Mark Twain quien dejó dicho que “su invierno más duro fue un verano en San Francisco”, pues bien, yo puedo asegurar que “mi día de verano más bochornoso, lo pase en un invierno en Vigo”. Qué calor. Vaya día. La verdad que la mañana empezó muy bien, teníamos (fui con mi mujer) de recuerdo el día anterior: el viaje de ida en avión con bastantes medios de comunicación locales (TeleBilbao, BilboVisión, etc …), una buena jamada en Bouzas (quería que mi mujer probase el mejor rape con almejas que he comido en mi vida), paseo por Vigo (viéndolo inundado ya desde el día anterior de camisetas rojiblancas), poteo y tapitas de pulpo, mejillones, etc, etc, etc … Como decía, la mañana empezó bien, estábamos desayunando en el Hotel América (el desayuno se hace en la terraza de la séptima planta con unas vistas inmejorables de la ría de Vigo) y de repente empezamos a escuchar gritos de ATHLETIC, ATHLETIC …

Nos asomamos a la terraza y vemos a los jugadores haciendo el paseo matutino, todas las ventanas de los hoteles adyacentes se llenan de bufandas y banderas para apoyar a nuestro equipo. Pienso para mí, si me pasase esto en mi trabajo, salgo por la tarde a comerme el mundo. Salimos a pasear, lo dicho, un día estupendo, un buen ambiente, aficionados rojiblancos por cada esquina, la gente de Vigo deseando suerte (¡Dios mío!, que gente más acogedora), en fin un paseo estupendo.
Primera anécdota, paseando nos topamos de frente con la gente de TeleBilbao grabando, muy majos, nos vacilan un poco diciendo que somos los más guapos, nos reímos y seguimos el paseo. Si queréis ver quien soy, igual hasta nos sacan hoy en pantalla. Pasa la mañana y cogemos el coche de alquiler hasta el campo. Segunda anécdota, entre que no suelo conducir por Vigo, que no sabía donde estaba exactamente el campo, y que el coche es de alquiler, me cuelo en una rotonda. Le pregunto a un hombre donde está el campo, y él ni corto ni perezoso me dice que no me preocupe y que de marcha atrás, se planta en medio de una rotonda de unos tres carriles y para el tráfico, mi mujer toda colorada y yo levantando el brazo, ATHLETIC, ATHLETIC …

Parecía una imagen sacada de una película de Paco Martínez Soria. Llegamos al campo. Increíble, marea rojiblanca en armonía con camisetas celestes. Sabéis que he defendido en este foro a la Real por ser nuestro equipo hermano. Estaba equivocado, nuestro equipo hermano es el Celta. Que trato, que alegría, que buen rollo, cuanta buena gente … Hora de sacar las entradas. No tenemos ni idea donde sacarlas, queremos estar con la afición del Athletic, pero no sabemos donde. No nos da tiempo de dudar, nos viene una cuadrilla del Athletic y nos dice que nos tapemos las camisetas que si no nos meten en el sitio más caro. Que por favor les saquemos las entradas a ellos (son 5) y que pidamos las entradas de fondo (12 eur.). Mi mujer se pone la chaqueta y pide 7 entradas, le dicen que no tiene acento gallego, risas, y nos dan las entradas. De esa manera acabamos con Herri Norte y Celtarras viendo el partido. Con todo hecho, nos vamos a calentar los espíritus.

No hace falta demasiado, ¡menudo calor!, la cerveza y el kalimotxo entran como el agua fresca en el desierto. Acabamos en el único garito con sombra en la puerta, unos bocatas y nos juntamos como unas 50 personas de los dos equipos. Muy buen rollo. Nos juntamos con unos chavales de Herri Norte de Zorroza y con unos chicos del Celta. También hay crios, matrimonios, etc …
El único mal momento de todo el día. De repente vienen dos furgonetas de la Policia Nacional, y sin motivo aparente bajan unos diez policías con material antidisturbios. Se despliegan como a 5 metros, con las escopetas preparadas para tirar pelotas de goma y blandiendo ostensiblemente las porras. Se hace el silencio, mucha tensión, de repente una mañana de fútbol, con gente charlando, comiendo y bebiendo se estropea. Empiezan los murmullos y se suelta algún grito de hijos de puta, la cosa se pone muy chunga, me acerco a un policía y le pregunto el por qué, él muy chulito, bronceado de rayos UVA, y una pinta de metrosexual que echa para atrás, me dice que calle a mi “amigos” y que me voy a llevar dos hostias. Aplicando el dicho de que soldado que huye sirve para otra guerra, le digo, tiene usted toda la razón del mundo, y les digo a los chavales del barrio que nos vamos a otro lado.

Ya estoy hasta los cojones de que se hable mal de Zorroza con el tema de las galerías (el chaval muerto la semana pasada), como para que haya carnaza con unos incidentes en otro campo. Nos sigue más gente, entre ellos bastantes chavales del Celta. Lo siento por el del bar, en vez de clientela con el bolsillo fácil, se tienen que quedar con unos funcionarios, con muy mala hostia, y sin pintas de consumir. Llegamos a otro garito, voy a pedir, y un chaval del Celta me paga la bebida, le pregunto por qué, y el me da las gracias. Sobran comentarios.

Entramos al campo. Lo que pasó dentro ya lo sabéis vosotros mejor que yo. La verdad que el campo de Balaidos es obsoleto y no se ve nada, además las jugadas de interés fueron en la otra área, creo que este equipo y esta afición se merecen un campo mejor. Sobre el partido me quedo con dos detalles que me dejaron perplejo. Entre satisfecho y orgulloso. Nos meten el gol, me siento decepcionado en el banco, una chica celtista de unos veinte años, muy guapa por cierto, me da un beso en la mejilla y me dice que tranquilo que empatamos seguro, mi mujer me mira un poco celosa y le digo, que vamos a empatar.
Sigo animando, un poco a mi bola, en una esquina. Termina el partido, un crío de unos 11, 12 años con un par de amiguetes, todos con camiseta del Celta, me “asaltan” cuando voy a salir del campo. Me pregunta si por favor le puedo cambiar la bufanda, se la ato al cuello y le pregunto si le gusta el Athletic, y me dice que sí. Estoy a punto de preguntarle que por qué, si vamos peor que ellos, pero no me atrevo, solo verle lo orgulloso que se va con su bufanda al cuello sirve de contestación.
Colegas del foro, tendremos quizás en este momento una mala primera plantilla y seguro que dos años de pésimas clasificaciones, pero este club tiene algo que hace que más de mil personas, de todas las edades, de todos los lugares, y de toda condición se peguen una pechada de kilómetros en coche o autobús, y que en una ciudad como Vigo nos reconozcan como impresionante la capacidad de movilización. Ellos que estando en UEFA son incapaces de llenar nunca el campo. Y en el viaje de vuelta, coincidimos con los jugadores en el aeropuerto. Ellos tienen un vuelo chárter como 40 minutos antes del nuestro. En general se les ve tímidos, pero simpáticos. No se mezclan mucho con la afición. Salvo Urzaiz, Javi González y algún que otro veterano, el resto se agrupa en el fondo del autoservicio. Ligeras sonrisas y saludos a los que ven con camiseta del Athletic. A Aranzubia se le ve satisfecho con el trabajo hecho. Le digo que buena parada al final, y él sonríe. Exposito, que siempre va con Lafu (la margen izquierda une), quizás porque me reconoce de verme el día anterior paseando por Vigo, se acerca a la mesa donde estoy sentado con mi mujer tomando algo, me da la mano, y le digo que vistos los resultados es un buen punto, él me dice que será buen punto si ganamos a Osasuna el sábado. Tienen razón.

Mención a parte se merece Yeste. Creo que tiene una guerra particular contra el mundo, sé que quizás se hayan metido demasiado con él y se ha pasado la raya de lo público y de lo privado, pero también creo que no se puede ir por la vida como va. Entró en el aeropuerto y se fue directamente a la puerta de embarque, no estuvo ni con sus compañeros, ni gasto ni 30 segundos con ningún aficionado. Solo Amorebieta, le siguió en su aislamiento.

Creo firmemente en el poder de liderazgo sobre ciertos grupos, pero el liderazgo verdadero se debe ejercer sobre los que los romanos llamaban la “auctoritas”. Empieza por un liderazgo moral. Creo que dos jugadores como Yeste y sobre todo Amorebieta (por favor no te tuerzas), que deben ser la espina dorsal del futuro de este equipo deben tragarse ciertos sapos y tirar del carro. Pero no solo en el campo. También fuera, en Lezama, ante la prensa, llamando a la afición… Ya el viaje de vuelta pues entretenido, unos chichos de Muskiz nos hicieron la hora del vuelo bastante amena. La verdad que eran unos crakcs. Hoy si que me he pasado con la txapa. AUPA ATHLETIC, BETI ZUREKIN.

P.D.1 Por favor, a los que salgan con el Athletic fuera, que anden con cuidado. Va a haber marcaje. Nos lo avisaron aficionados gallegos. Cierta prensa está mezclando política y deporte y está preparando a la ciudadanía ante hordas radicales de hinchas rojiblancos. Pasad de movidas y disfrutad del fútbol y del Athletic.

P.D.2 Keogai. Perdona que no te explique exhaustivamente el aeropuerto de Vigo, pero creo que por hoy vais servidos

12 Março 2007

CELTA 1-ATHLETIC 1

Pinto, Aspas, Lequi, Yago, Placente, Pablo García, Ángel, Núñez (Nené, 79), Gustavo López (Jonathan Vila, 83), Canobbio, Baiano (Bamogo, 72).

Podemos afirmar que fronte o Athletic houbo dous encontros en Balaídos. O primeiro gañouno o Celta por 1-0, e durou ata que Pablo García decidíu autoexpulsarse, aos 60 minutos de encontro. Ata ese intre, o Celta controlaba ben o encontro, e tralo 1-0 acadado por Ángel aos 35 minutos, o 2-0 semellaba estar máis preto que o 1-1, con algunha ocasión para marcar e mesmo un posible penalti sobre Gustavo López, derribado sobre a mesma liña da área grande. Trala expulsión, foi o Athletic quen se impuso ao noso equipo, acadando o empate aos 70 minutos, nun novo gol que encaixamos a balón parado. E puido ser peor, porque os xogadores roxibrancos mandaron un balón ao páu no derradeiro suspiro de encontro. Iso sí, minutos antes puidemos adiantarnos de novo no marcador tras un man a man que Nené tivo diante de Aranzubía, quen puido atalla-lo esférico. Destacar que o propio uruguaio Pablo García asumíu a súa cagada, e autoinculpouse do empate acadado polo Athletic, algo a valorar pero que non debería evitarlle unha sanción económica bastante importante por parte da directiva.

En canto ao factor ambental, houbo unha boa entrada nas bancadas, sobre todo tendo en conta o escaso número de siareiros que durante esta tempada achegáronse a Balaídos durante os encontros disputados polo Celta. Os varios milleiros de hinchas bascos desplazados ata a nosa cidade tamén contribuíron amplamente a que Balaídos presentara ese aspecto. A romaría celtista previa ao encontro fixo que os aledaños do estadio amosaran un grande ambente dende as primeiras horas do día.
Pola nosa banda, festa por todo o alto cos nosos camaradas de Herri Norte Taldea, Abertzale Sur e demais siareiros do Athletic, festa que quiso racha-la policía nazi-onal cun desplegue de axentes e material antidisturbios semellante ao do pasado xoves, e que levou a numerosos membros dos nosos grupos a desplazarse a outras zonas para evita-las súas provocacións.
Dentro do campo, grande ambente na nosa bancada e no resto do estadio, con desplegue da anunciada faixa de UNIDADE entre a nosa bancada e a de Marcador. Unha tempada máis, reforzouse o irmanamento cos numerosos hinchas do Athletic (especialmente HNT e AS) que compartiron bancada connosco durante o encontro, e ao remate déste, escoitáronse os típicos berros de apoio ao equipo rival por uns e outros. A vindeira tempada temos unha nova cita, e de novo en primeira.

10 Março 2007

DENDE AS BANCADAS


Este domingo sáe á rúa un novo número de DENDE AS BANCADAS, nesta ocasión con 36 páxinas en DIN A3, oito delas a cor.

Coma sempre, atoparedes mogollón de contido, entre o que destacamos as entrevistas a dous grupos de supporters, do Celtic de Glasgow e Eintracht de Frankfurt, a crónica da viaxe de Celtarras a Newcastle, o Celta-Fenerbahçe, un paseo pola historia do Kurdistán, o mítico Atotxa, a traxectoria do Celta en 2.006, fútbol e sangue na Chile de Pinochet, a celebración do XXV aniversario de Herri Norte Taldea, e moito máis.

09 Março 2007

UNIDADE

O pasado mércores día 7 de marzo, varios representantes do noso grupo reuníronse con representantes doutras peñas celtistas, como Comando Celta, Siareiros.net, Carcamáns, O Grove, Esmorga Celeste,... nunha tentativa de aunar esforzos porque mellore o ambente en Balaídos e que dende as bancadas empurremos ao equipo cara a vitoria en vez de fomentar o nerviosismo dos xogadores e a división do celtismo. A mellor forma de calar asubíos é animar entre todos, e facer da zona Fondo/Marcador un auténtico pulmón alentando sempre ao equipo, que contaxie o ánimo ao resto de bancadas. Nós compremetémonos a unirnos a todo o que sexa sumar e axudar a que o equipo vaia para adiante, e a ignorar aos que pretendan provocar malos rollos entre bancadas. Berros como Mierda de afición, Nós somos o Celtismo ou tararea-lo nome do adestrador van provocar irremediablemente mal ambente no estadio, inda que poidamos ter razón, pero nós non estamos para iso. A mellor forma de respostarlles é berrar a prol do equipo con máis forza que nunca, e non entrar ao trapo, incluíndo posibles provocacións ou insultos.

Dende esta mesma páxina temos criticado a peñas como Comando, pero unha vez sentados con eles e intercambiar opinións, o certo é que todos temos un obxectico común: o apoio incondicional ao equipo.
O vindeiro partido desplegarase unha faixa dende Marcador ata Fondo coa frase UNIDADE. Polo ben do Celta, agardamos que así sexa.

REPRESIÓN EN BALAÍDOS


A policía española vive os encontros europeos celebrados en Vigo como unha ocasión de dar renda solta ao único que saben facer: o democrático arte de reprimir e mallar na xente. Antes do inicio do encontro, cargaron violentamente e de forma totalmente inxustificada no caleixón do Luar, contra mozos que estaban bebendo e festexando unha nova xornada europea. Minutos antes encendeuse dentro do mesmo un bote de fume, tal como se ten feito noutras ocasións, en medio dun ambente festivo que os de sempre non quixeron respetar, e desta volta, os de azul decidiron que a festa debía rematar. Non entendemos o esaxerado desplegue de furgóns, cascos, porras e escopetas apuntando contra siareiros célticos que non estaban a provocar incidente algún, e que convertiron a zona do Luar nun auténtico estado de sitio. Tralo remate do encontro, voltou a represión e o desplegue policial, que como noutras ocasións chamou a atención dos centos de siareiros que voltaban ás súas casas por Manuel de Castro.

Pero se iso xa foi grave, o vivido nunha das portas de entrada cunha parella de mozos non ten nome, inda que sí numerosos calificativos que non imos reproducir contra Yolanda (alias Pilar ou Maripili), coñecida policía pola súa habitual violencia, e demais compañeiros. A unha moza foille prohibido o acceso á bancada por portar unha botella, o que fixo que o seu noivo, xa dentro, quixera sair para fóra con ela. A policía prohibíulle saír, e trala insistencia déste, os axentes arrastrárono ao exterior con malos modos, e despois de tiralo ao chan cebáronse con el pegándolle entre catro. Hai que ver o valentes que son. Agardamos que semellantes prácticas fascistas non volten a repetirse nos encontros que o Celta dispute en Vigo.

TODOS SOMOS O CELTISMO

Cremos que o Celta-Werder Bremen supuso un grande día para o celtismo, máis aló do acaecido no terreo de xogo. O escaso público que se deu cita en Balaídos (pouco máis de 9.000 siareiros) non deixamos de empurrar ao equipo en todo intre, e fixo que o equipo sempre tirara para adiante, mesmo nos intres no que semellaba quedar sen folgos e te-las pilas máis descargadas. Só houbo ánimos para o equipo, e desta volta desapareceron os asubíos e piques entre diferentes sectores dunha hinchada que, coa excepción dos que queren que o Celta perda con tal de botar merda contra o adestrador, loita por un mesmo e único obxectivo: a permanencia do equipo na primeira división. Agardamos que o ambente celtista que se vivíu nesta cita europea non cese nos vindeiros encontros ligueiros, e que todos poidamos sentirnos artífices da permanencia e non culpables dun indesexado descenso.

Dende este blog instamos ao resto do celtismo a unirse ao noso berro de onte... O CELTA UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO, e que non decaiga.

CELTA 0-WERDER BREMEN 1


Esteban, Aspas, Placente, Lequi, Yago, Tamas, Pablo García, Gustavo López, Nené (Baiano, 46), Canobbio, Núñez (De Ridder, 76; Guayre, 87).

Inxusto resultado o colleitado polo noso equipo ante este potente equipo alemán, nun intenso partido. O partido foi bastante igualado, con similar número de ocasións nas dúas porterías. Cicais o empate tería sido un resultado moito máis susto, pero a mala sorte (lesión de De Ridder que deixou ao equipo con dez xogadores sobre o céspede durante varios minutos, entre eles o do gol visitante) e a mala actuación arbitral (pésima arbitraxe con guinda do gol en fóra de xogo) decantaron a victoria cara o lado verdibranco.

Case que 10 anos despois, o Celta colleitou unha nova derrota como local na Copa da UEFA. Na anterior ocasión, o Aston Villa (por aquel entón líder da Premiere League) íase igualmente cun 0-1 ao seu prol, mentres o 1-3 da volta facía que saltara a sorpresa e fora o noso equipo quen pasara á rolda seguinte. ¿Repetirase a fazaña?. O vindeiro mércores teremos a resposta. A Galega retransmitirá o encontro en directo.

REGRESAMOS

Por problemas técnicos, durante os derradeiros días non puidemos actualizar o noso blog, pero unha vez subsanados éstes, eiquí estamos de novo para traervos diferente información de interese para toda a comunidade celtarra.