20 Fevereiro 2007

INVITACIÓN TORNEO ST.PAULI


Esta é a carta que nos fixeron chegar os compañeiros antifascistas do St. Pauli para invitarnos a unha nova edición do seu torneo anual. Ademais, adiántannos parte do programa de actividades previsto. Os interesados en viaxar a Alemaña, que se poñan en contacto coa xente que leva o material de Celtarras o máis axiña posible.

Aupa Celtarras!

Aquí esta el invitacion official por el 4. Torneo Antiracista tendrá lugar en Hamburgo del 15 al 18 de junio de 2007. Por favor avisadnos a más tardar hasta medio de marzo si vendréis o no, para que podamos iniciar la planificación del boletín programático etc.

Invitacion al 4. torneo antiracista del FC St. Pauli
15 - 17 de junio 2007


Hola hinchas antiracistas!

Nos alegra mucho invitaros al nuestro torneo antiracista de futbol del ano 2007. Por culpa de la reconstruccion de nuestro estadio, el "Millerntor" teniamos que elegir una fecha despues de la temporada. Asi desgraciadamente no os podemos ofrecer la visita de un partido del FC St. Pauli.
Asi nos queda mas tiempo para conocernos, para mejorar la red de hinchas antiracistas en europa y (por supuesto) la fiesta.

Esperamos que nuevamente vendran muchos grupos (aunque no haya partido de los "profesionales") aqui a St. Pauli. Asi invitamos cordialmente a vuestro grupo a participar al torneo de futbol y el programa politico y festivo.

Programa / Informaciones (previsiblemente)

Lugar: campo de entrenamiento ("ciudad deportiva") del FC St. Pauli "Kollaustrasse"

Fecha:

viernes, 15. junio 2007

llegada de los grupos, montaje de las tiendas etc.
tarde: visita guiada al antiguo campo de concentracion "Neuengamme"
noche: fiesta en la sala de reuniones del campo de entrenamiento

sabado, 16. junio 2007

comienzo del torneo de futbol en cancha pequena (5 jugador@s + porter@)
dia: los partidos comienzan a partir de las 11:00 hrs.(32 equipos "mixtos" y 8 equipos femeniles)
presentacion de los grupos/ penas/ clubes
exposiciones - conferencias - mesas redondas - informaciones
tarde: entrevistas/ conferencias con veteranos antifascistas (un miembro del grupo 43 de inglaterra ya confirmo su participacion)
noche: concierto y fiesta en el centro de ocupo en el barrio de St. Pauli

domingo, 16. junio 2007

continuacion del torneo, partidos de eleminatoria/ finales
dia: conferencias, peliculas y exposiciones
tarde: entrevistas con veteranos antifascistas
noche: fiesta final en el local del club

lunes, 17. junio 2007

desayuno junto, despedida y salida de los grupos.

Informaciones generales:

No hay cuota de participacion!

Habra comidas y bebidas economicas.

Traded pancartas, banderas, material de informacion y material para cambiarlo.

Sin duda se puede poner puestos para vender material.

Mandadnos vuestras ideas, propuestas y deseos para el torneo, para las conferencias y el programa.

Habra tambien un torneo de equipos feminios. Nos encantaria si podeis inscribir un equipo de mujeres. Si en vuestro grupo de viaje no hay suficiente cantidad de mujeres para poner un equipo, haya la posibilidad de formar un equipo con jugadoras de grupos differentes.En todo caso habra un equipo de mujeres de todas las que quieran participar y cada interesada puede juntarse a este. Se puede inscribirse ya para este equipo.

Despues de la Inscripcion os mandamos la carta del participante con mas informaciones. Dejadnos saber lo mas rapido posible si quereis participar. Hay grupos en lista de espera.

Importante:

En el campo hay la posibilidad de acampar. Los equipos que vienen desde lejos se pueden prestar tiendas de nosotros.
Si no quereis acampar, sera posible dormir en casas particulares de gente de nuestros grupos de St. Pauli. Hay que llevar saco de dormir y colchoneta.

De cada grupo no deberian venir mas que 20 personas.

Como este ano queremos hacer un DVD de todos los grupos que vendran, seria bueno que nos mandais material de vuestro grupo en videos** y fotos. Ademas necesitamos vuestro logotipo.
Si haya musica representante del grupo o grupos de musica que estan con vosotros envidadlo tambien.

Todo hay que mandarlo a antiramedia@gmx.de Si el material no sera digital, enviadlo a esta direccion:
Fanladen St. Pauli, Antira DVD, Brigittenstr. 3, D-20359 Hamburg, Alemania

La produccion del DVD cuesta mucho trabajo y tiempo, por eso seria muy bien enviar el material lo mas rapido posible.

**El material en forma de video: Podeis mandarnos un DVD o una cinta VHS. Mejor seria si nos mandais material digital como .avi, .mov, .mpg, o .divx en correo electronico.
Por favor no mandeis videos en formato .wmv

Hemos invitado grupos de Italia, Francia, Grecia, Andalucia, Irlanda, Escocia, Galicia, Inglaterra, Austria, Belgica, Castilla, Rep. Checa, Noruega, Polonia, Euskadi, Dinamarca, Canarias, Israel y Alemania. Esperamos que vendran todos.

Unidos contra la discrimacion y el racismo!

St.Pauli Fanladen / Ultrà Sankt Pauli / Frauen-Fußball-Team des FC St. Pauli / Abfahrt Bambule

19 Fevereiro 2007

OSASUNA 0-CELTA 1


Pinto, Ángel, Contreras, Lequi, Placente, Oubiña, Iriney, Gustavo López (Pablo García, 60), Nené (Yago, 60), Canobbio, Baiano (Bamogo, 68).

Doce xornadas despois, o Celta volta á senda da vitoria despois dun encontro moi serio disputado no terreo osasunista. Ao igual que naquel derradeiro triunfo ligueiro alá polo mes de novembro de 2.006, o Celta faino fóra de casa (daquela fora en Riazor) e polo mesmo marcador. Tal como sinalabamos días atrás, a solvencia defensiva do equipo traería mellores resultados.

Desta volta, o noso equipo saíu moi metido no encontro, e no primeiro treito déste desarbolou por completo a un Osasuna incapaz de sacudirse o dominio céltico. Baiano aproveitouse dun novo centro maxistral de Gustavo López dende a dereita para da-la ventaxe ao Celta cun grande testarazo, e cando únicamente levabanse disputados un par de minutos de partido. Mediado o primeiro tempo, o cadro local comezou a facerse co control do encontro, pero non chegou a dar unha gande sensación de perigo ata que unha estupidez de Canobbio fixo que o colexiado do encontro o expulsara pouco antes de chegar ao tempo de lecer. A partires de aí, asedio osasunista contra a portería dun soberbio Pinto, que cando os xogadores locais acadaron racha-la defensa céltica, estivo aí para evita-lo gol.

O brasileiro Baiano ben puido aforrarnos moito sufrimento se atinara nun man a man que tivo co porteiro local mediada a segunda parte, pero o noso máximo goleador lanzou desta volta contra o moneco, e tocou sufrir ata o minuto 90 e mailos catro que o árbitro considerou oportuno engadir. E foi unha mágoa porque agora que o conxunto rojillo sitúase a cinco puntos do Celta, igualar o gol-average particular tería sido bastante importante nunha competición tan igualada, e ante a posibilade de chegar ao remate da liga empatados a puntos.

Salientar que desta volta, o adestrador Fernando Vázquez atinou cos trocos, e en canto Yago e Pablo García saltaron ao terreo de xogo, ao Osasuna custoulle moito máis crear ocasións de gol medianamente claras a pesares desa superioridade numérica da que dispuñan.

Agora, unha vitoria ante o Rácing en Balaidos (sen os sancionados Canobbio e Placente) xunto coa clasificación para a vindeira rolda da UEFA, dispararía a moral do equipo e da afición, e ollariamos o futuro cun maior optimismo. Imos a por elo.

Noutra orde de cousas, os Indar Gorri, pola súa banda, sacaron unha faixa de apoio ao defensa do Barça Oleguer polas críticas lanzadas contra el tralo seu artigo escrito para o xornal basco Berria. Dende Celtarras sumámonos tamén á mensaxe da faixa.

16 Fevereiro 2007

TENTATIVA DE FUXIDA

Sacado de galizalivre.org
Segundo informa o 'Periódico de Extremadura' na sua ediçom digital, a acçom de carceleiros da prisom de Cáceres impediu a fugida de Ugio Caamanho. O militante da AMI serrara as reixas da sua cela e saltara ao pátio da prisom anudando sabas, até que foi interceptado. Polo que pudemos saber, foi conduzido a isolamento, sem termos mais dados da sua situaçom. Ante o previsível endurecimento da sua situaçom repressiva, a solidariedade activa de fora dos muros vai resultar fundamental.

O jornal antes comentado diz que o preso independentista utilizou umha ferramenta para desfazer-se das reixas que o separam do pátio da prisom. Desceria dum segundo andar utilizando as sabas como cabo, e umha vez no chao seria detido polos carcereiros.

Ugio Caamanho está classificado como 'Fichero Interno de Especial Seguimiento', ao igual que todos e todas as presas independentistas, comunistas e anarquistas que há no Estado. A sua correspondência está legalmente intervida, e as conversas que mantém nas visitas e nas chamadas de telefone, o mesmo.

Acha-se em Cáceres trás passar polas prisons de Soto del Real e de Navalcarnero. Instituiçons Penitenciárias pratica com ele e Giana Rodrigues (detida no mesmo dia que o militante) a política de dispersom que carga sobre os ombreiros deles, os seus familiares e as suas amizades.

SPARTAK 1-CELTA 1


Esteban, Ángel, Lequi, Tamas, Placente, Pablo García (Oubiña, 79), Iriney, De Ridder (Baiano, 69), Gustavo López, Canobbio, Núñez (Aspas, 72).

Aceptable encontro o disputado polo Celta na capital rusa, que soubo adaptarse bastante ben á climatoloxía hostil e ao céspede artificial, e mesmo tivo diversas fases de bo fútbol. Bo resultado para o encontro de volta do vindeiro xoves en Balaidos ás 20:45 horas, ao que non podes faltar, nen á previa dende horas antes nen á bancada de Fondo. Iso sí, foi unha mágoa non traernos un resultado todavía mellor, porque o noso equipo foi merecedor de acadar un gol máis que o equipo moscovita. A idea de misturar a teóricos titulares con suplentes saíulle ben a Vázquez, e mesmo Núñez, que foi quen ocupou a posición de dianteiro en boa parte do encontro sustituindo ao renqueante Baiano, refrendou a súa actuación cun gol no minuto 41 de encontro, que remataba unha grande xogada levada a cabo por Canobbio e Gustavo. O Spartak saíu no segundo tempo decidido a igualar, cando menos, o encontro, e acadouno ao transformar en gol no minuto 64 unha falta lanzada dende preto da área. O balón petou na barreira e saíu rebotado a unha grande velocidade, que fixo inútil a estirada de Esteban. Ao contrario do que moitos poderían esperar (e algúns celtistas, ata desexar), os xogadores célticos, lonxe de virse abaixo con ese mazazo, repuxéronse perféctamente e lanzáronse á consecución dun segundo gol, que nembargantes xa non chegaría.

A estadística dinos que nesta competición nunca nos eliminaron cando o Celta chegou ao segundo encontro en Balaidos sen perde-lo encontro de ida. Esperemos que sega a racha.

Na eliminatoria Werder Bremen-Ajax, da que sairá o rival do gañador da eliminatoria Celta-Spartak, os alemáns deixárona prácticamente sentenciada ao vencer por 3-0 no encontro de ida.

Agora, aparcamos Europa ata o vindeiro xoves, e a polos tres puntos en Iruña.

12 Fevereiro 2007

CELTA 0-ESPANYOL 2 (...E MERDA DE AFICIÓN)


Pinto, Ángel, Areias, Contreras, Tamas, Oubiña, Iriney (Aspas, 63), Jorge Larena (Nené, 52), Canobbio, Guayre (Gustavo López, 46), Bamogo.

Por primeira vez no que vai de tempada, o Celta remata a xornada en postos de descenso, pero de nada serve baixa-los brazos nestes intres tan delicados e con tantas xornadas todavía por disputarse, e pola nosa banda, o único que nos queda é seguir animando e empurrando ao equipo como ata o dagora, inda que custe despois das once xornadas que o Celta xa leva sen gañar, igualando deste modo a peor racha do equipo en liga, que na tempada 88/89 tamén estivera sen gañar o mesmo número de xornadas. Aquela tempada rematara en descenso.

Unha vez máis, o equipo sumou á falta de puntería diante da portería rival unha defensa endeble que fai auga por todos lados, o que propiciou que unha vez máis o Celta non acadara nada positivo pese a non amosarse inferior ao seu rival. A recuperación do equipo pasa, irremediablemente, por unha mellor e maior concentración e contundencia defensiva. Neste encontro houbo troco de sistema e de xogadores, mais a sorte segue a sernos esquiva.

Da escasa afición que se da cita en Balaidos (neste encontro, apenas 10.000 siareiros), non dubidamos de que sexan celtistas de pro, pero na nosa opinión estanse a comportar como todo o contrario. Mesmo o adestrador do conxunto catalán o salientaba na súa rolda de prensa posterior ao partido. Mentres, os perros de prensa, pola súa banda, seguen erre que erre (non todos) coa súa campaña Anti-Vázquez, á que varios milleiros de siareiros e peñistas se suman coma borregos, e xa nos chegou aos nosos oídos certo ruxe-ruxe de que se a directiva tennos comprados (podemos afirmar que a nosa relación con ésta é nula), que se apoiamos a Vázquez porque é galego (sí, e a Rojo e a Lotina apoiabámolos porque eran bascos, ¿non?)... como se di neste país, o falar non ten cancelas.

10 Fevereiro 2007

POLA SEXTA

Finalmente, semella que o encontro do vindeiro xoves en Moscova entre Spartak e Celta sí será televisado en directo, desta volta pola Sexta. Nos pasados días, cobrara bastante forza a idea de que este encontro da UEFA non fora televisado por mor do contencioso que mantén La Sexta coa Galega pola retransmisión dos encontros de primeira división. La Sexta dispuña dos dereitos deste encontro, pero a hora do encontro (17:00 horas) facía que ós mandamases desta canle privada non lles interesara televisalo por intereses comerciais, pero tampouco estaban pola laboura de cederlle os dereitos á Galega, quen sí amosou dende un primeiro intre a intención de retransmitilo en directo para o noso país.

06 Fevereiro 2007

VÁZQUEZ RATIFICADO


Despois dunhas sete horas de reunión, o consello de administración do Celta ratificou no seu cargo a Fernando Vázquez ata o remate do campionato, para sorpresa e desesperación dos carroñeiros da prensa viguesa e de moitos madridistas e barcelonistas que ademais din ser tamén do Celta, e que no encontro do domingo e a través de internet lanzaron o seu odio contra Vázquez e contra os que o apoian. En fin, que esta mesma situción, ou cando menos bastante semellante, xa a vivimos con Rojo, Castro Santos ou Lotina. ¿Quen será o seguinte?. E qué dicir das xeniais frases hoy será cesado, se le agotó el crédito, a la calle, tiene las horas contadas, e demais lindeces coas que onte nos deleitaron en diferentes medios xornalísticos e páxinas/foros de internet?. A verdade é que como futurólogos non teñen prezo. O vindeiro encontro semella que será bastante quente na bancada, e a festa pode ser boa, independentemente do resultado do encontro, tal como se víu o pasado domingo.

Xornalistas e celtistas de pacotilla:

A CHUPALA



CELTARRAS SEMPRE CO CELTA



CELTARRAS SEMPRE CON VÁZQUEZ

20 ANOS DO NACEMENTO DO EGPGC

Sacado de galizalivre.org
Nas últimas quatro décadas, e até o dia de hoje, a violência defensiva do nosso país tomou formas variadas: desde a do destacamento dum partido comunista, até a prática de sabotagens anónimas e descentralizadas, passando pola organizaçom militar: foi o caso do EGPGC, quando hoje se cumprem justo vinte anos da sua apresentaçom pública. Coincidindo com o juízo a três dos seus militantes, acusados dum atraco a umha sucursal bancária, o EG ganhou presença atacando sete bancos com cargas explosivas. Era o 5 de Fevereiro de 1987. Foi o início dumha caminhada de seis anos, onde umha parte do povo galego decidiu devolver golpe por golpe. Na actualidade, em que tanto se fala, ainda se bota a faltar um estudo monográfico em condiçons desta etapa da nossa emancipaçom nacional.

Foram os anos da reconversom industrial, as consequências primeiras da entrada na UE, os primeiros passos do nacionalismo acomplexado cara o autonomismo confesso, e do contacto de duas geraçons de militantes.

Esse contexto provocou mais um capítulo de resistência violenta dos muitos que tem protagonizado o nosso povo. Em 1987 fazia a sua estreia umha estrutura armada que se dedicou, fundamentalmente, a atacar com artefactos explosivos interesses de Fenosa, celuloses, bancos, carros policiais ou interesses do narcotráfico. O seu accionar coincidiu com umha nova etapa do independentismo político, que se organizou em forças como a Frente Popular Galega ou a Assembleia do Povo Unido.

A repressom desdobrada polo Estado naquela altura fora dum certo nível, com dúzias de detid@s e pres@s, política de dispersom e torturas em dependências policiais. Também nessa jeira se produziu a mais intensa profissionalizaçom do trabalho anti-repressivo do independentismo, dividido nas estruturas de CAR e JUGA. Num acidente fortuito durante umha acçom armada morriam o guerrilheiro José Vilar e a guerrilheira Lola Castro, polos quais o independentismo recorda cada ano o dia da Galiza combatente.

As geraçons que começaram a sua militáncia na década de 90, justo depois da 'ressaca' repressiva da etapa do EG, tiveram mui presente no ideológico e no simbólico as suas e os seus predecessores. As geraçons mais actuais, mui distantes cronologicamente dos feitos, podem achegar-se parcialmente a este capítulo da nossa história graças ao livro que o organismo antirepressivo Ceivar dedicou às e aos presos nacionalistas.
Em Julho de 2005, um manifesto anónimo na rede chamava à resistência galega e glosava a década posterior à existência do EG, caracterizada por dúzias de sabotagens independentistas. Em dito manifesto abandonava-se a concepçom clássica da violência centralizada e hierárquica, para se defender um ponto de inflexom radical, com a aposta polas sabotagens anónimas e descentralizadas.

05 Fevereiro 2007

CELTA 1-NÁSTIC 1 E MERDA DE AFICIÓN


Pinto, Ángel, Tamas, Contreras, Placente, Oubiña, Iriney, Gustavo López (Núñez, 57), Nené (Aspas, 64), Canobbio (Guayre, 78), Baiano.

A décima xornada consecutiva sen gañar deixa ó Celta nunha delicadísima posición, cos mesmos puntos que o Levante, equipo que ocupa agora mesmo posto de descenso. O equipo tivo varias e claras ocasións de gol antes de chegar ó descanso do encontro, pero non foi ata o minuto 4 do segundo tempo cando Oubiña remataba coa testa ó fondo da portería rival un expléndido centro de Gustavo López. Pero a partires dese intre, o Celta botouse para atrás presa dos nervios, e os cataláns remataron por empata-lo encontro no minuto 76, para ledicia de boa parte do estadio.

Pero o máis destacable do choque, cicais, foi a demostración, unha vez máis, do patética que é a meirande parte da xente que vai a Balaidos. ¿Onde quedou a suposta unidade do celtismo co equipo?, ¿onde estaban os que tanto ían animar, ¡eh!?, ¿e os da Madroa?, ¿que foi de tanta e tanta promesa de remar todos na mesma dirección?. Mágoa que máis de un non entalara coas patacas e se morrera na mesma bancada, que polo menos íanos alegra-la tarde; que se adiquen a animar e se deixen de asubiar ós que sí están pola laboura de apoiar. ¿Acaso estabamos Celtarras, Esmorga Celeste e outros siareiros dispersos a insultar a alguén por berrar a prol de Fernando Vázquez?. Os nosos berros de apoio ó adestrador comezaron para calar a tremenda pitada que seguíu ó troco, precisamente, de Gustavo López. Era como darlle unha labazada na faciana á hipócrita e cínica ¿afición? que pulula polas bancadas de Balaidos.

Tempo despois da conclusión do encontro había quen todavía estaba con gañas de festa, e a saída de Vázquez do estadio estivo alterada por un grupo de elementos que tentaron facer un linchamento público co de Castrofeito, ata que baixou xente de Celtarras dende o Luar para calar bocas e espantar a indeseables que marcharon por onde viñeran sen dicir nen pío. Salientar que tamén había compoñentes da peña Esmorga Celeste arroupando ó mister. Hai xa ata quen fala de guerra civil entre o celtismo cos primeiros conatos de incidentes entre siareiros (nalgún deses simpáticos foros de celtistas). Pois a ver se é certo, e os que tanto nos increpan, que veñan a aclarar posturas despois ou antes do vindeiro encontro, que de seguro que saben onde atoparnos.
MENOS CRITICAR E MÁIS ANIMAR
MADROA=CELTISMO DE POSTAL
CELTARRAS SEMPRE CO CELTA

03 Fevereiro 2007

COMANDO TV




O da peña Comando Celta é de traca. Particularmente, nunca ollamos unha peña con tantas gañas de protagonismo, e como o 90% de peñas oficiais do Celta, semella que existen básicamente para obter carnets de socios máis económicos, pero como peña organizada non fan acto de presencia no estadio. Son como o río Guadiana, que aparecen e desaparecen continuamente. E iso é o que fixeron hoxe, aparecendo no adestramento do equipo coas súas mellores galas e tentando se-los reis da festa, como é costume neles, cando facía tempo que non se sabía nada desta xente. É cheirar cámaras de televisión ou xornalistas preto, e vóltanse tolos, cun afán de protagonismo e de querer sair na foto bastante alto. Forman parte dese ¿celtismo? que só aparece nas ocasións sinaladas. Ó mellor, ata teñen que darnos leccións de cómo animar e todo. Merda de afición.

TREMENDO APOIO

Ía ser unha invasión en toda regla, pero despois de ler comentarios de xente que estivo na Madroa no derradeiro adestramento do equipo antes do encontro ante o Nástic, cremos que unha vez máis unha iniciativa tan boa da Federación de Peñas tivo o apoio que se merecía, por moito que dende diferentes medios xornalísticos da cidade se empeñaran en que fóra todo o contrario. Din que alí non había moito máis de 100 persoas, un número algo superior ó de siareiros que poden ollarse noutros sábados nos que alí adestran os nosos xogadores. Seguro que os que máis fastidiados deberon quedar coa exitosa convocatoria de siareiros foron os da cantina, que contarían con facer caixa e tiveron que quedarse coas gañas. Iso sí, presupoñendo que ésta abrira, porque visto o visto...

02 Fevereiro 2007

DERRADEIRA INCORPORACIÓN


O Celta acadou, pouco antes de pecharse a contratación de xogadores no mercado invernal, a cesión do lateral esquerdo Miguel Areias, defensa portugués que ata agora xogaba no Standard de Liexa, inda que é o Oporto o clube ó que pertence. Ten 29 anos de idade, e anteriormente pasou por outros equipos lusos, como o Beira Mar ou Boavista. Din del que é bastante forte físicamente, que conta cun grande disparo, e tamén pode desempeña-la función de central. O Celta terá opción de compra ó remate da cesión, á conclusión do presente campionato.