23 Dezembro 2007

CELTA 4-GRANADA COMPRA-PRAZAS 1


O Celta rematou o ano futbolístico coa maior goleada de todo o 2007. Foron catro os goles acadados polo noso equipo, e ben puideron ser máis se o trío arbitral non chega a asubiar fóra de xogo no penalti cometido por un defensor visitante con 1-0 no marcador, o que tamén suporía a súa expulsión, pero unha vez máis, a actuación arbitral foi mala para o Celta, inda que desta volta non evitou que os tres puntos se quedaran en casa. Non foi un dos mellores encontros disputados polo Celta nesta tempada, pero sí que foi un dos que amosou unha maior eficacia goleadora ante a meta rival. É a primeira ocasión no actual campionato ligueiro no que o noso equipo conquire o triunfo coas cámaras de Canal + en Balaídos, xa que nas súas anteriores visitas os encontros sempre remataran en táboas.

Como xa ven sendo habitual nos encontros disputados esta tempada ó mediodía, o ambente foi bastante frouxo. Nesta ocasión, sacouse unha faixa lembrando a Xosé e Santi, os independentistas galegos vencellados dalgún modo co noso grupo (sen ir máis lonxe, os dous viñeron connosco na nosa derradeira viaxe a Xixón) detidos en Portosín durante a pasada semana. Para eles serán os cartos recadados antes do encontro, inda que non será ésta a única ocasión na que recollamos axuda económica para estes dous mozos.

Dende a nosa bancada tampouco fallaron as alusións ó noso rival e ó xeito que ten de ascender, con cánticos do estilo Granada no es de segunda, Granada compra el partido, ou Granada compra el ascenso, ademais dalgún que outro berro a prol do Cidade de Murcia, nun guiño ós nosos amigos de City Boys.

O vindeiro ano, máis, e lembra que este xoves é o turno da selección.