31 Dezembro 2006

EL PAÍS, MANIPULADORES

Por galizalivre.org
Ainda que boa parte da imprensa galego-espanhola tratou com certo rigor e carga crítica a intervençom policial da Corunha, há quem pense que cumpria um bocado de intoxicaçom. O jornal ‘El País’, vozeiro do nacionalismo radical espanhol em traje democrático, dava umha liçom de manual de como se pode deitar lixo para culpabilizar os agredidos, sem mençom nenhuma às vítimas involuntárias dos enfrentamentos do Orçám, jornalistas e viandantes. Umha boa mostra de jornalismo servil, para ‘Galicia’ e em espanhol, com o que colaboram tantos supostos nacionalistas.

No 29 de Dezembro, na Corunha houvo três feridos nom relacionados com a mobilizaçom –dous jornalistas e um vendedor ambulante, polo menos dous deles graças à polícia- e um número indeterminado de contusionados e contusionadas. Ainda que teoricamente a carga queria impedir que ‘quatro moços’ descolgassem a bandeira espanhola do Orçám, a polícia considerou pertinente intervir indiscriminadamente contra mais de 1000 pessoas que aderiam à petiçom de oficialidade. As críticas aos uniformados eram a tónica nesse serao na Corunha. Os jornalistas de ‘El País’ (ao contrário que os de ‘La Opinión’) nom se devêrom dar de conta, quiçá estavam muito longe. Na sua crónica recolhem só as declaraçons dum uniformado: ‘os manifestantes estavam comportando-se normalmente, até que ao chegar à bandeira nom sei o que lhe passou’. Esta é a maneira eufemística de referir-se ao que faz a mocidade nacionalista quando, sem prévio aviso, recebe umha chuva de porraços e pelotas de borracha repartidos indiscriminadamente.
Para ‘El País’, só houvo umha algarada organizada polo ‘cachorros del nacionalismo radical’, enquanto se ignoram por completo as versons dos factos dadas por colectivos como Siareiras Galegas, Ceivar ou as vítimas anónimas da brutalidade. Na ediçom de hoje, recolhem-se as declaraçons do alcalde Losada, chamando ‘selvagens’ as e os manifestantes de Siareir@s. Os agredidos nom têm voz, nem tampouco, ao que parece, direito a respostar.

CRÓNICA GALIZA-ECUADOR

Por galizalivre.org
Mais de 23000 galegas e galegos seguírom a chamada da selecçom nacional de futebol e parte deles secundárom a exigência da oficialidade em umha jornada de festa e revindicaçom que está a assentar no calendário galego. Grande ambiente na rua e nas bancadas e massiva participaçom juvenil. A nota negativa dam-na políticos e polícias. Os primeiros ignoram deliberadamente a petiçom massiva de oficialidade; os segundos atacam manifestantes indiscriminadamente por tentar retirar a bandeira espanhola do Orçám. Houvo resposta contundente
Um jogo igualado.

O público assistiu a um jogo igualado, com ocasions de ambos combinados, e se calhar um bocado mais de precisom por parte dos equatorianos (lembremos que esta selecçom vem de desputar o mundial de futebol). Umha falta magistralmente lançada por Calle coava-se pola esquadra que defendia Roberto, mas Riazor seguiu a animar a selecçom atreu. A mobilidade em média punta de Diego Castro e Pereira, o jovem jogador do Vila Real, deu ares novos à Galiza. De facto, a este último se deveu o gol da nossa selecçom. A maior pressom ofensiva dos nossos nom deu, porém, o fruto desejado.

A reivindicaçom nas ruas.

Desde meia tarde, o CS Atreu estava ateigado de moças e moços que começavam a festa e aguardavam a saída do passa ruas de Siareiras Galegas, com a legenda 'Galiza, mais que um jogo'. A torcida arrastou do Campo da Lenha mais de 2000 moços e moças num ambiente de ledice e reivindicaçom que nem a polícia espanhola deu cortado. A olhada assombrada de muitas pessoas que passeavam nessa hora pola Corunha era boa mostra de que poucas vezes se vivira na cidade um acto dessas características.

A pola bandeira do Orçám. Repressom e resposta.

Cinco grilheiras da unidade de intervençom irrompiam no acto quando um grupo de manifestantes agatunhavam polo mastro da bandeira espanhola do Orçám. Os primeiros porraços fôrom respostados com pedras e garrafas, o que obrigou a certa prudência à polícia. Mais tarde, as grilheiras passavam por cima dos contentores volcados e disparavam pelotaços indiscriminadamente a todo viandante. Mesmo a imprensa galego-espanhola se faz hoje eco do descontentamento de muitas e muitos corunheses ante a brutalidade uniformada. 'Polícia assassina' foi um dos lemas mais coreados na bancada.

Balbúrdia nas bancadas e silêncio institucional.

Siareir@s, como grande aliança das claques, monopolizou o encontro com consignas, grandes bandeirolos, bengalas e umha animosidade constante. Houvo também lugar para reivindicaçons nitidamente políticas: faixas de várias comarcas de Galiza Nova, dos Comités Abertos, e mesmo umha pancarta com o desenho dum cóctel molotov que animava a resistência galega. Os fundos voltárom a acaparar o protagonismo.

Touriño nom tivo mais a dizer que 'aguardava mais jogos da Galiza ao ano', sem levar em conta umha das reivindicaçons mais sentidas da bancada; nem Domingues Olveira nem Bugallo se posicionárom tampouco em favor da oficialidade. Por enquanto, galizalivre.org nom conhece nenhuma declaraçom de condena da intervençom policial ordenada por Ameijeiras.

ESTES ESPAÑOIS........

Na derradeira nova que colgamos no noso blog, atopamos unha simpática afirmación que imos por de novo porque a verdade é que non ten desperdicio, porque é como para enmarcar.
indicó una portavoz del Cuerpo Nacional de Policía, que negó que, como habían indicado testigos, los agentes hubieran lanzado pelotas de goma a los manifestantes o hubieran circulado por el paseo a gran velocidad.
POLA MAR CORREN AS LEBRES, POLO MONTE AS SARDIÑAS TRA LA LÁ...

30 Dezembro 2006

MÁIS SOBRE O GALIZA-ECUADOR


EL CONCELLO EVALÚA EL IMPORTE DE LOS DAÑOS EN EL MOBILIARIO URBANO PARA DECIDIR SI LOS DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA

El Ayuntamiento reclamará a Siareiros que pague los destrozos en el paseo. El Cuerpo Nacional de Policía se incautó de medio centenar de bengalas tras los disturbios del jueves antes del partido de la selección gallega de fútbol, pero ni detuvo ni identificó a ninguna persona.

El Ayuntamiento reclamará a Siareiros Galegos que abone los desperfectos provocados por seguidores radicales de la selección gallega de fútbol en el paseo marítimo de Riazor antes del partido que, el jueves, enfrentó a Galicia y Ecuador. A falta de personas denunciadas o identificadas por la Policía Nacional como autores de estos destrozos, el Ayuntamiento considera responsable de estos hechos a Siareiros como organización convocante de la marcha que acabó con el enfrentamiento entre manifestantes y la policía.

El Gobierno municipal disponía ayer de un informe previo que recogía "importantes destrozos" en el mobiliario urbano del paseo, en especial en bancos, papeleras, contenedores y soportes publicitarios, según indicó el alcalde, Javier Losada. Falta concretar, según el regidor, la cuantía económica de estos daños. Una vez evaluada, los técnicos municipales trasladarán sus conclusiones a la asesoría jurídica del Ayuntamiento, que decidirá, en función del importe, si los hechos pueden ser denunciados ante la Fiscalía.

"Intentaremos que quienes rompieron el mobiliario lo paguen", indicó Losada. El regidor dijo que el Ayuntamiento demandará que los daños los abonen los detenidos o identificados en los disturbios o, en su lugar, "quienes pidieron la manifestación".

El Cuerpo Nacional de Policía confirmó ayer que no había detenido ni identificado a nadie en los incidentes de la noche del jueves en el paseo, lo que aboca al Ayuntamiento, si se cumple la advertencia del regidor, a exigir responsabilidades a los convocantes de la marcha. La subdelegada del Gobierno en A Coruña, Obdulia Taboadela, informó ayer de que la manifestación había sido convocada por Siareiros Galegos, que la comunicó "en tiempo y forma" a la subdelegación. Esta redacción intentó ayer sin éxito conocer la versión de este colectivo.

El alcalde atribuyó los disturbios al "salvajismo" de una "minoría". "Ayer [por el jueves], fue un día de fiesta y unos salvajes hicieron salvajismo y no hay que dudar en decirlo. No hay que decir que no tiene importancia; tiene importancia y hay que denunciarlo", afirmó Javier Losada.

Según la Policía Nacional, los incidentes comenzaron cuando unos hinchas intentaron subir por el mástil de la bandera de España instalada en la coraza del Orzán. La aparición de la Unidad de Intervención Policial, que iba camino del estadio de Riazor, los hizo abandonar el lugar, pero, al poco rato, volvieron varios manifestantes y comenzaron a lanzar objetos del mobiliario urbano, como contenedores y papeleras, a los agentes, según el 091.

También arrojaron una bengala -la policía había pensado en un principio que se trataba de un cóctel molotov- que provocó daños en un vehículo policial. "Ante esta situación, la Unidad de Intervención Policial tuvo que reaccionar", indicó una portavoz del Cuerpo Nacional de Policía, que negó que, como habían indicado testigos, los agentes hubieran lanzado pelotas de goma a los manifestantes o hubieran circulado por el paseo a gran velocidad.

En el enfrentamiento, un agente de la Policía Nacional resultó herido y precisó asistencia médica, y el 091 se incautó de medio centenar de bengalas depositadas en una caja, según esta portavoz. Comisiones Obreras denunció además que uno de sus delegados sindicales en el 061 "fue agredido a pedradas" cuando, al finalizar el partido de fútbol, trasladaba a un paciente al hospital Juan Canalejo en una ambulancia. El sindicato responsabiliza de este ataque a un "grupo de 50 o cien personas que salían de ver el partido". El conductor de la ambulancia permanece de baja laboral debido a las heridas que sufrió.

Texto sacado de LA OPINION A Coruña

29 Dezembro 2006

INCIDENTES NA CORUÑA


Con dureza cargou onte a Policía Nacional contra unha parte dos siareiros que se manifestaron dende a praza de España ata o campo de Riazor para reclamar unha selección galega oficial e permanente, que poida participar en competicións oficiais. Unhas 2.000 persoas participaron na marcha segundo os organizadores, aínda que a policía non confirmou este dato. Varias testemuñas afirmaron que os incidentes comezaron cando un grupo de persoas intentaron subir polo mastil da bandeira española instalada na Coraza do Orzán para arrancala.
Nese momento, varios axentes baixaron de dúas furgonetas e bateron contra os siareiros coas súas porras, o que caldeou aínda máis o ambiente. A pesar de que os manifestantes botaron a correr para non seren alcanzados pola policía, tiveron tempo para causar destrozos no paseo marítimo. Dende a coraza do Orzán ata o campo de fútbol non quedou unha papeleira no sitio, incluso as de pedra foron arrincadas e tiradas pola rúa. Aproveitando a confusión, tamén romperon os cristais de varios soportes publicitarios, bancos e farolas.
O chan da avenida Pedro Barrié de la Maza quedou cheo de lixo, de cristais e de botellas, aínda que persoal de limpeza do Concello se encargou de recoller todo o que tiraran durante o partido, de xeito que cando o público saiu do estadio, xa non quedaba testemuña da batalla campal que se vivira unhas horas antes. A carga policial tamén foi criticada polas persoas, entre elas moitas familias, que neses momentos se encontraban no paseo marítimo. Os axentes subiron as furgonetas á Coraza, onde comezou a carga, e despois continuaron nestes vehículos por parte do paseo a unha grande velocidade, segundo varias testemuñas poñendo en risco a integridade das persoas que alí se encontraban. Coa intención de seguir dispersando aos siareiros violentos -só unha parte dos que participaron na manifestación- continuaron coas furgonetas ata o edificio onde se encontra o Playa Club. Houbo xente que se tivo que arrimar ás paredes do edificio, nas proximidades da entrada á cafetería, para evitar ser alcanzados pola policía, que tamén disparou pelotas de goma para alonxar ás persons que estaban causando destrozos.
Os siareiros tiraron botellas de cristal cara á avenida, alcanzando a varios vehículos e a unha ambulancia que pasaba en sentido contrario ao que seguía a manifestación, e incluso chegaron a ferir a un reporteiro gráfico. Outro fotógrafo resultou alcanzado por unha porra da Policía Nacional. Segundo os efectivos locais, chegáronse a queimar varios contenedores e algúns dos participantes na marcha, armados con bengalas dende o comezo, tiraron cócteles molotov contra os axentes, quenes parece que non practicaron ningunha detención. Tampouco houbo ningún ferido grave, segundo confirmou a Cruz Vermella, desprazada no lugar por se algún asistente ao partido necesitaba atención médica.
Texto sacado de LA OPINION A Coruña

GALIZA 1 -ECUADOR 1 (II)








GALIZA 1-ECUADOR 1





27 Dezembro 2006

COMUNICADO

Comunicado d@s pres@s independentistas galeg@s, das cadeas espanholas
08/12/2006
Como já vinhemos anunciando, o nosso Organismo Popular Anti-repressivo está a celebrar polas comarcas do País umha série de actos reivindicativos pol@s pres@s independentistas, entre os quais os jantares e ceas solidárias de convívio que visam socializar as demandas de repatriaçom e liberdade para a Giana Gomes e o Ugio Caamanho,assi como a recadaçom de recursos económicos para afrontar as exigências da dispersom carcerária.
No último realizado por enquanto, que foi efectuado na passada fim-de-semana polo comité comarcal de Ceivar-Compostela, deu-se leitura ao comunicado que das cadeas espanholas de Cáceres e Brieva nos figérom chegar @s pres@s independentistas, e que reproduzimos na íntegra a continuaçom:
"Desde que nos detivêrom a 23 de Julho de 2005, nós @s 2 vemos imagens da Galiza principalmente por meio das televisons espanholas. Assi é que nos demos de conta de que o que a Espanha vê ou quer ver em nós é sempre gente chorando. Se umha vaga de incêndios arrasa o território, aparecem imagens de pessoas labregas chorando; se há inundaçons, choram comerciantes; se naufragam marinheiros, choram viúvas; se numha vila umha família esfameia e um menino morre de inaniçom, mais lágrimas. Achamos que num ano e meio nom vimos nem um/ha so(a) galeg@ airad@ na T.V. Tamém nom vimos nengum rindo.
Nom é que nos preocupe o que pense de nós o espectador espanhol. O que acontece é que esta deformaçom mediática exprime um desejo e um propósito do Estado, a materializaçom dos quais si nos afecta directamente. Entre outras cousas, mantendo-nos pres@s.
O povo galego nom foi assi tan dócil como se quer pensar na Espanha. Isso sabemo-lo nós, sabem-no os meios de comunicaçom galego-espanhóis e sabe-o especialmente a Policía. Que se ignore no estrangeiro e que essa ignoráncia se conserve é labor dela. Na última década, em concreto, a principal expressom radical de resistência do povo consistiu na proliferaçom de sabotagens desorganizadas e anónimas por todo o País, de níveis técnicos diversos e alvos tam amplos quanto as formas em que agridem a comunidade e o território: veículos do exército, sedes do P.P. e do P.S.O.E., projectos de infra-estruturas lesivas coa Terra, escravagistas, especuladores, polícias e jornalistas aditos ao regime fôrom assinalados por acçons de sabotagens que socialmente se atribuem a sectores do Independentismo e, em menor medida, anarquistas, por muito que @s activistas da luita ilegal sempre preferírom o mutismo, deixando que os próprios actos se explicassem a si mesmos.
Após dez anos quase sem detençons de importáncia e, em todo o caso, sem nengum/ha activista encarcerad@, a dinámica de luita alarga-se a mais sectores e crece em intensidade e contundência. Os corpos policiais, pressionados por um governo ansioso por fechar os conflitos revolucionários internos para ocupar-se coas mans livres do Islamismo, aperta o cerco a independentistas e anarquistas, multiplica seguimentos e controlos, e pratica a cada vez mais detençons.Nós @s 2 fomos capturad@s em Santiago e encarcerad@s em prisons madrilenas logo de relacionar-se-nos cum ataque bombístico que o mesmo dia sabotara a sede de Caixa Galicia na capital. Poucos meses despois, as detençons, ordenadas pola Audiencia Nacional a instáncias da Guardia Civil, afectariam a direcçom da organizaçom juvenil A.M.I., bem como militantes populares e especialmente dos centros sociais. Só a nós @s 2, no entanto, se nos denega a liberdade provisória por enquanto.
Dispersad@s a centenares de quilómetros da nossa Pátria, a muitas horas de viagem das nossas famílias e amizades, a experiência da prisom tem sido avondo procelosa para nós. Agressons, plantes, dispersom, isolamento, castigos e denúncias tenhem acompanhado o nosso percorrido por diferentes presídios onde nunca deixamos de achar tamém a solidariedade doutr@s pres@s polític@s e tamém d@s galeg@s e internacionalistas que se ocupárom de enviar-nos todos os ánimos e as forças que pudêssemos necessitar. Encontrámos tamém o orgulho e o poder da simples vontade, da simples negaçom, e dessa maneira conseguimos pequenas vitórias carcerárias que fam com que, no momento de escrever estas linhas, a situaçom esteja estável e sem mais enfrentamento que o que implica que umhas pessoas estranhas nos encerram um dia trás outro nas celas e empecem-nos sair daqui.
Entretanto, o nosso sumário continua aberto e Policía e Guardia Civil pretendem ainda empregá-lo para engaiolar mais independentistas e atribuir-nos a maior quantidade de delitos possível. Por enquanto, desconhecemos tanto a petiçom fiscal final quanto a data de juízo, que até poderia celebrar-se no ano que vem cumha prórroga prévia da prisom preventiva.
Quererám que nós tamém choremos, digo eu. Porém, se deixamos de sorrir é por umha breve e bem justificada ira, igual que se deixássemos de construir a Galiza nom seria para chorarmos sobre os seus escombros, mas para defendê-la de quem tenta a sua demoliçom. Que fotografem isso".
Outono de 2006
Giana Rodrigues Gomes, presa independentista galega no cárcere espanhol de Brieva (Ávila).
Ugio Caamanho Sam-Tisso, preso independentista galego no cárcere espanhol de Cáceres.

26 Dezembro 2006

TRASLADO DE CASTELAO

Trala súa morte no exilio de Arxentina, Castelao foi soterrado no cemiterio de Chacarita en xaneiro de 1.950, no Panteón do Centro Galego. Castelao tiña un sono: voltar á Patria só cando ésta fóra ceive. E abofé que non puido cumplilo despois de que a Xunta de Galiza, por medio dos mesmos que o perseguiron, decidira traslada-los seus restos mortais no ano 1.984 dende Arxentina ata Bonaval, nas proximidades de Compostela, co conseguinte mal estar e cabreo de moitos galegos. Nestas imáxenes ollamos os enfrontamentos que se produciron na súa chegada, e que moitos de vós seguramente nunca olláchedes con anterioridade. Documento máis que interesante.


22 Dezembro 2006

SIAREIR@S GALEG@S

Lembrade que xá se poden facer os carnets de Siareiros Galegos, a 5 euros, na Pola na pola, no Café do Faro, na Revolta e no Faisca. Co carnet tes dereito a unha entrada para o vindeiro encontro amigábel da nosa selección nacional ante a de Ecuador.

GALIZA-ECUADOR

21 Dezembro 2006

CELTARRAS EN RIAZOR

Aproveitando a visita do Vigo Stick o pasado sábado ó pavillón de Riazor para a disputa do encontro de liga ante o Liceo, varios compoñentes do noso grupo quedáronse en Coruña para presencia-lo segundo tempo do encontro Coruña-Athletic cos nosos camaradas de HNT, cos que puideron celebrar a victoria visitante. Dos Blues, pouco que comentar. Na súa liña.

CELTA 0-ERREALA 0


Pinto, Ángel, Lequi, Tamas, Placente, Iriney, Jonathan Vila (Cannobio, 86), Gustavo López (De Ridder, 79), Nené, Jorge Larena (Perera, 67), Baiano.

Quinto empate consecutivo en liga e unha xornada máis na que o noso equipo non é quen de facer que os tres puntos en xogo se queden en Vigo. O frío da tarde noite de onte fixo que tanto os xogadores como os poucos siareiros congregados en Balaidos se contaxiaran desas baixas temperaturas, e o encontro non será dos que pasen precisamente á historia; inda así, o Celta ben puido gaña-lo partido, xa que sen chegar a desplegar un grande xogo, sí que se amosou bastante superior ó conxunto donostiarra, e ata enviáronse dous balóns ó pau, tivéronse diversas ocasións, e mesmo producíronse un par de xogadas dubidosas dentro da área errealista que se reclamaron como penaltis.

Destacar tamén a presencia en Vigo dunha quincena de membros da Peña Mújika, que acudiron á bancada de Río Baixo acompañados dalgúns membros de Celtarras, coas entradas que lles conqueríu o seu clube. Permañecerán connosco en Vigo de festa ata o sábado, día no que regresarán a Euskal Herria.

19 Dezembro 2006

LEVANTE 1-CELTA 1


Pinto, Ángel, Lequi, Contreras (Jonathan Vila, 76), Placente, Tamas, Oubiña, Gustavo López (Núñez, 60), Nené, Cannobio (Jorge Larena, 60), Baiano.
Un punto e grazas. Trala boa imaxe do pasado xoves en Palermo, o noso equipo amosou en Valencia a súa faciana máis pobre, e o que semellaba que podía ser unha nova victoria tralo estupendo gol de Baiano ós 59 segundos de encontro, tornouse en dominio do equipo local, que acadou o empate ós 50 minutos de encontro, e que ben puido levarse a victoria. Unha vez máis rematouse sufrindo máis da conta, inda que finalmente acadouse un punto que lle permite ó Celta seguir colocado na zona media da táboa de clasificación. O dado máis positivo do encontro estivo na participación de Jonathan Vila, que coas lesións de Oubiña e Aspas erexíuse na representación galega do equipo neste encontro. Este novo empate supón o cuarto consecutivo en liga. Algúns xogadores, como o brasileiro Nené, están pedindo a voces sair do once inicial e deixar o seu posto a outros xogadores con menos oportunidades ata o dagora, pero o míster segue empeñado en contar sempre cos mesmos xogadores independentemente do seu estado de forma. Na vindeira xornada, Balaidos despedirá o ano cun importante encontro contra a Erreala, que chegará a Vigo despois de acada-la súa primeira victoria do campionato. Ogallá os donostiarras comecen a gañar encontros e sair dos postos de descenso, inda que desexamos que a súa racha de victorias teña un paréntese no encontro deste mércores a partires das oito do serán.

15 Dezembro 2006

SPARTAK DE MOSCOVA-CELTA


O Spartak, conxunto da capital rusa, será o vindeiro rival do noso equipo para a eliminatoria de dezaseisavos da UEFA. A ida terá lugar en Rusia (14/15 de febreiro de 2.007), mentres que Balaidos albergará o encontro de volta (22 de febreiro). E ollo porque no caso de pasar de rolda, o seguinte rival sairía da eliminatoria Werder Bremen-Ajax.

PALERMO 1-CELTA 1


Esteban, Ángel, Lequi, Contreras, Placente, Oubiña, Iriney, Gustavo López (Tamas, 87), Nené (Núñez, 89), Cannobio (Jorge Larena, 90), Baiano.

Inda que se acadou o obxectivo previsto, que non era outro que a clasificación para a rolda de dezaseisavos de final da UEFA, temos que lamentar o inxusto do resultado, xa que o noso equipo fixo un encontro que ben mereceu gañar por dominio e ocasións, sobre todo nun primeiro tempo que semellou un monólogo céltico dende o primeiro minuto de xogo, no cal un activo Cannobio xa obrigou ó cancerbeiro local a levar a cabo unha extraordinaria estirada para evita-lo primeiro tanto da noite. Entre as ocasións máis claras, destaca o lanzamento de Nené no minuto 33 que se foi ó longueiro da portería palermitana. No segundo tempo, o Palermo saíu máis enchufado ó encontro do que o fixera na rimeira parte, e as forzas equilibráronse, así como as ocasións para un e outro equipo. O Celta adiantouse no marcador ós 57 minutos cun gol acadado entre Baiano e mailo defensa Cassani, mentres que no minuto 70, un despiste da nosa zaga permitíu a Tedesco acada-lo tanto do empate. A partires dese intre tocou sufrir un pouco, pero o equipo soubo defende-lo empate con acerto. Adeus ó grupo da morte pola porta grande, e agora a pensar no vindeiro rival, que sairá dun dos oito equipos procedentes da fase de grupos da Champions League.

11 Dezembro 2006

CELTA 1-VILA REAL 1


Pinto, Ángel, Placente, Tamas, Contreras, Iriney, Oubiña, Gustavo López (Aspas, 69), Nené (Núñez, 78), Cannobio, Baiano (Perera, 89).

O Vila Real nunca puntuara en Vigo, e a cousa semellaba que ía continuar así unha tempada máis despois dunha media hora inicial onde o Celta foi bastante superior en xogo ós nosos rivais, e sobre todo tralo gol acadado no minuto 17 por Baiano despois dun magnífico centro de Gustavo López. Pero pouco a pouco o Celta foi recuando e deixando que os amarelos se fixeran dominadores do encontro. Inda así, ben puidemos incrementa-la renda ó noso prol antes do descanso nunha inmellorable ocasión que Nené errou cando moitos xa cantabamo-lo segundo tanto da tarde. Xa no segundo tempo, no minuto 64 de encontro, o uruguaio Forlán puña o empate no marcador tras sacarse da manga un espléndido zapatazo dende fóra da área, que sorprendeu por completo a Pinto. Nos derradeiros intres de encontro, o disparo cruzado de Baiano ben puido deixa-los tres puntos en Vigo, pero o esférico marchouse fóra lambendo o pau. Mala sorte, e novo encontro como local que non se gaña; o gafe segue vivindo en Balaidos.

Unha vez máis, os siareiros do Celta (como ben sendo habitual últimamente, arredor dos 12.000) amosaron a súa faciana máis crítica e fría co equipo, que tivo o seu punto álxido cando Vázquez fixo o derradeiro troco do encontro. Unha fortísima pitada estivo acompañada de berros de ¡fóra, fóra! contra o adestrador, que outro sector do campo tentamos de contrarrestar cos nosos habituais berros de apoio para o equipo. Nesta ocasión, ademais, resultou que o troco levouse a cabo porque Baiano lle pedira precisamente ó adestrador sair do campo por problemas físicos. É preocupante a actitude de boa parte da bancada, que se achegan a Balaidos predispostos a montala contra o noso propio equipo ou o adestrador.

10 Dezembro 2006

NOVO MATERIAL CCCP

Para o encontro Celta-Vila-Real xa estarán á disposición de todos e todas os novos isqueiros, chapas e rifas do CCCP. Colabora cos celtarras represaliados. Do mesmo modo, quen non acudira ó concerto desta noite tamén poderá mercar aínda as entradas do mesmo (5 euros) para colaborar en plan fila cero.

05 Dezembro 2006

CONCERTO SOLIDARIO


Este vindeiro SÁBADO 9 de DECEMBRO, na SALA ANOETA a partires das 22:00 horas, haberá concerto solidario cos CELTARRAS represaliados. Finalmente os nosos colegas de NAO non poderán tocar, así que o concerto queda composto polos seguintes grupos:
EL YUYO (MUSIKA PA´ODIAR DENDE O MORRAZO)

CONTRA LEGEM (STREET-PUNK DENDE COMPOSTELA)

ROHIPNOLL (HARDCORE-PUNK DENDE VIGO)

04 Dezembro 2006

MALLORCA 2-CELTA 2


Pinto, Aspas, Tamas, Contreras, Placente, Oubiña, Iriney (Perera, 67), Jorge Larena (Dani Abalo, 78), Nené, Cannobio, Baiano.

Punto con sabor a victoria tralo 2-0 que o conxunto local chegou a ter ó seu prol ó inicio do segundo tempo. O certo é que tanto Mallorca como Celta gozaron de numerosas ocasións, e calquera dos dous equipos ben puido levarse a victoria.

Tras unha primeira parte na que o noso equipo amosou un ton bastante discreto ante un Malloca que saíu moi forte, o Celta espertou nun segundo tempo onde mellorou en moito a súa imaxe. Baiano, no minuto 56, e Perera de penalti no 85, despois de ter que repetilo pola entrada de xogadores na área antes de que o extremeño pateara o balón, igualaron os goles locais acadados con anterioridade.

Unha das notas positivas do encontro foi a estrea co primeiro equipo en competición oficial dun novo canteirán, Abalo, rematando o Celta o encontro con tres xogadores galegos sobre o terreo de xogo.

Con este novo punto, o Celta segue a ser, xunto a un Barça que tamén empataba a domicilio nesta xornada, o mellor visitante do campionato. Agora toca mellora-los resultados en Balaidos, onde o vindeiro domingo recbiremos a un rival incómodo como é o Vila Real, que chegará a Vigo con tres puntos máis que nós. E a ver se imos recuperando xogadores. Polo de pronto, o que sí poderá estar é Gustavo López, que cumplíu a súa sanción neste encontro en Mallorca.

03 Dezembro 2006

PARECIDOS RAZOABLES



Nesta mesma semana europea, o Livorno italiano e o Maccabi Haifa israelita disputaron na cancha dos livornesi o seu encontro correspondente á cuarta xornada da liguilla da UEFA. A hinchada local aproveitou a ocasión para solidarizarse cos palestinos. ¿Provocaión?. Pois está claro que non, xa que a hinchada de Livrono caracterízase tamén por trasladar habitualmente ós terreos de xogo os problemas políticos e sociais. Se en Vigo pediamos a liberdade para o Kurdistán, en Livorno pedían a liberdade para Palestina. Que viva a solidariedade internacional.

A FAIXA DO KURDISTÁN


Tralos moitos comentarios e críticas (tanto censurándonos como alabándonos) xurdidas trala exhibición da faixa elaborada por Celtarras para o encontro ante o Fenerbahçe turco, na que se solicitaba liberdade para o pobo kurdo, queremos aclarar varias cousas.

O colectivo Celtarras sempre se caracterizou, ó longo dos nosos 20 anos de historia, por non dar as costas a problemas sociais, políticos ou humanitarios, e dende a nosa bancada teñen saido faixas de solidariedade cos nosos mariñeiros, cos asteleiros, cos traballadores do Metal, cos veciños de Guixar, cos insubmisos, con Palestina, con Timor, etc.

A presencia dun equipo turco no noso estadio era unha magnífica ocasión para dicirlle a ese estado que eiquí coñecemos e denunciamos a realidade que padecen millóns de kurdos, víctimas dun brutal sometemento dende fai varias décadas por parte do estado turco.

A nosa faixa non pretendía en ningún intre provocar ós siareiros visitantes, se non berrar contra o xenocidio que se está a cometer contra o pobo kurdo. En todo caso, sí que foron eles os que tiñan gañas de provocar coa exhibición dunha bandeira do Coruña.

O noso colectivo non se manifesta contra tódolos turcos, nen moito menos. Estamos contra os turcos que sí levan a cabo ou aceptan a opresión do Kurdistán, pero sabemos que tamén hai moitos turcos que están a apoiar a causa kurda, cos cales tamén nos solidarizamos.

Do mesmo modo denunciamos a intervención policial en Fondo, xa que en ningún intre insultamos a Turquía nen rachamos ou queimamos simboloxía dese país. ¿Por que se fai ese amplo desplegue policial en Fondo cando en ningún intre amosamos unha actitude violenta?.

Qen queira ver na nosa faixa unha acción provocadora e non solidaria, está bastante afastado da realidade e da nosa verdadeira intención, pero cada un que pense o que queira.

Para rematar, queremos solidarizarnos coas persoas expulsadas do campo sen motivo algún, e agradecer a presenza dunha representación de cidadáns kurdos na nosa bancada animando ó noso Celta.

CELTARRAS EN INGLATERRA

Xa temos disponibles a crónica e fotos dos nosos compañeiros por terras inglesas con motivo do pasado encontro da UEFA entre Celta e Newcastle. Poderedes lela no vindeiro número de Dende as Bancadas, pero xa vos adiantamos que será bastante divertida.

02 Dezembro 2006

O OUTRO CELTA-FENERBAHÇE

Seguimos a falar do Celta-Fenerbahçe. No aspecto ambental, unha vez máis a afición do Celta amosou o patética que pode chegar a ser, con menos de 10.000 siareiros presentes no campo cando o equipo estaba a xogarse algo tan importante como o seu futuro europeo. Contrariamente ó resto de Balaidos, a nosa bancada sí que presentou un magnífico aspecto, e cunha animación continua durante os 90 minutos, que só se víu alterada mediado o primeiro tempo trala actuación policial na nosa bancada para roubarnos unha faixa que o único que pedía era liberdade para o pobo kurdo, víctima dun sen fín de atrocidades por parte do goberno turco. Así é como entenden eles a súa liberdade de expresión. Semanas atrás, esa mesma policía adicabase a tirar ó lixo as bandeiras galegas que portaban os siareiros célticos que ían presenciar no Bernabeu o Real Madrid-Celta. Así funcionan as cousas na súa bonita democracia. A súa intervención estivo acompañada de asubíos por boa parte do campo, e a súa posta en escea rematou con antidisturbios desfilando mesmo por Marcador, e segundo nos contaron (nós non o vimos), requisando tamén unha ikurriña nesa bancada, algo que semella do máis absurdo, pero que vindo de quen ven xa non debería sorprendernos.

Da hinchada rival, dicir que finalmente apenas serían uns 600 os presentes nas bancadas de Balaidos, pese a que dende diferentes medios informativos e dende o mesmo Celta se especulara cunha auténtica invasión turca días antes. Ó final, nada de nada; nen milleiros de turcos polas rúas da nosa cidade, nen milleiros de turcos sen entrada, nen milleiros de turcos incontrolados… o que sí houbo foi unha pequena representación kurda na nosa bancada, cos cales contactamos nos días previos ó encontro, e que se presentaron coas súas bandeiras de Ocalan incluidas. Había que ver as súas facianas cando se comezou a saca-la faixa de FREEDOM FOR KURDISTAN, acompañada polos berros de Kurdistán Liberdade. Dende eiquí o noso apoio e solidariedade cos dous homes ós que a policía expulsou do campo porque sí. Seguindo coa hinchada visitante, ésta apenas se deixou notar no interior do estadio, salvo no intre no que se sacou dita faixa, cando tentaron racha-lo cordón policial para achegarse ata a bancada de Fondo. Increíble e violenta a reacción dos turcos, que obrigaron a policía a levar a cabo unha pequena carga para restablece-la orde naquela zona do campo. Pero non foron eles os únicos en alterarse, xa que dende a Tribuna se obrigaba a retira-la nosa ¿insultante? faixa de inmediato. Foi entón cando medio cento aproximadamente de antidisturbios entraron na nosa bancada para que a nosa mensaxe non seguira difundíndose por máis tempo. A propia policía turca (supoñemos que eran eles ou delegados da UEFA, pero decantámonos máis pola primeira hipótese) non deixaron de fotografiar e grabar a nosa bancada e a de Marcador durante todo o que restaba de primeiro tempo.

FORZA CELTA E... FREEDOM FOR KURDISTAN

CELTA 1-FENERBAHÇE 0


Esteban, Ángel (Gustavo López, 21), Placente, Tamas, Contreras, Oubiña, Iriney (Perera, 72), Aspas, Nené, Cannobio, Baiano (Yago, 90).

Por fin chegou unha nova victoria céltica en Balaidos, e para nada foi doado acadala, ante un grande equipo como é o turco, feito a golpe de talonario e co mítico Zico no banco dirixindo ós seus xogadores. O Celta necesitaba esta victoria para chegar á derradeira xornada da UEFA dependendo de sí mesmo. Cun empate en Sicilia continuamos en Europa, e cremos que ata unha derrota nos serviría de rematar en empate o Fenerbahçe-Eintracht (xa que empatados a puntos cos turcos, supoñemos que sería o noso equipo quen remataría, grazas a esta victoria, por enriba na clasificación).

O encontro comezou con varias ocasións de gol ó noso prol, pero nembargantes foi o Fenebahçe quen gozou dunha ocasión moito mellor para adiantarse no marcador cando o colexiado asubiou un penalti que un novamente sensacional Esteban se encargou de parar. Pouco a pouco, o encontro foi decaendo en intensidade e calidade, e xa no segundo tempo os nosos rivais gozaron de diversas ocasións de gol, con dous tiros á madeira incluidos. Cando a cousa pintaba bastante gris para os nosos intereses, un arreón final do Celta (como se soe decir nestes casos, máis co corazón que coa testa) provocou unha falta preto da área do Fenerbahçe que Cannobio transformaría en gol cando quedaban pouco máis de dez minutos para o remate deste importantísimo choque. A partires deiquí, tocou sufrir ata o asubío final, mais o resultado xa non sufriría alteración algunha para a nosa ledicia.

Este encontro deixounos unha nova lesión no cadro céltico. Esta vez foi Ángel o que se mancou, tendo que retirarse do terreo de xogo no primeiro tramo do encontro. Inda que non é grave, sí que lle impedirá estar no encontro de Mallorca.