O vindeiro xoves esperamos ter xa disponible o número 14 de Dende as Bancadas, como é habitual con abundante contido político-futboleiro, pero con novidades importantes con respecto a números anteriores, como é o feito de que trocamo-las fotocopias pola imprenta, e que contamos con catro páxinas a toda cor. En formato Din A3, conta con 32 páxinas. Entrevistamos ó Frente Blanquiazul, achegámonos á relación fútbol-política no Ulster, seguimos cun novo capítulo da nosa propia historia fanzineira, os Rude Fans Veneziamestre fan a súa propia crónica do Coruña-Celta da campaña pasada, falamos do recente Catalunya-Euskal Herria, do Rambo turco, e de moito máis.
30 Outubro 2006
CELTA 1-SEVILLA 2

Pinto, Ángel, Tamas, Contreras, Placente (Aspas, 46), Iriney, Pablo García, Núñez (Perera, 66), Cannobio, Nené (Lequi, 66), Baiano.
Mal partido o xogado polo Celta ante un Sevilla superior que foi merecedor da victoria, inda que ben puidemos salvar un punto no derradeiro intre de non ser polo erro do penalti lanzado por Baiano e do posterior remate, case que a porta valeira, de Contreras tralo rexeite do porteiro sevillista, no minuto 88 de encontro.
O Celta comezou ben o encontro, cun tempraneiro gol de Nené ós 6 minutos, pero pouco a pouco os andaluces fixéronse co dominio do encontro, o que lles permitíu atoparse con bastantes ocasións de gol, e con sendos goles nos minutos 30 e 61, o segundo deles nun grave erro de Núñez. Unha vez máis, un espléndido Pinto evitou un maior número de goles encaixados.
Con esta derrota, o Celta quédase na zona morna da táboa, pero cun futuro complicado en vista dos vindeiros encontros que se avecinan. Para comezar, o domingo toca a cancha do Real Madrid, para proseguir co Recreativo en Vigo e o Coruña en Riazor. E entre medias, UEFA e copa.
O máis preocupante desta derrota, é que de catro encontros como locais en liga, o Celta caíu derrotado en tres ocasións. Se ben o día do Barça xustificouse a derrota tralo bo encontro dos nosos xogadores, unido á mala sorte e á desafortunada actuación arbitral, tanto no encontro ante o Osasuna como neste ante Sevilla, o equipo deixounos unha imaxe moi mala e preocupante de cara ó futuro. A deixadez amosada en diferentes fases do encontro, sobre todo durante o primeiro tempo, é certamente alarmante. No apartado anecdótico, neste encontro, no que Pinto facía o seu número 100 en primeira división, producíuse a volta a Balaidos de Jesuli, unha das ratas que nos mandaron a 2ª e que saltou do barco como o que é, sen pasar pola segunda. Tivemos a sorte de telo a escasos metros calentando durante o segundo tempo, e nós encargámonos de lembrarlle o que boa parte do celtismo sinte por el. Seguramente todavía estanlle a pita-los oídos. Que lle dean.
25 Outubro 2006
NOVO MATERIAL
Están elaborándose os novos chubasqueiros de Celtarras. Cun pouco de sorte, poderán estar o día do Eintracht, o vindeiro xoves. Non sabemo-lo prezo exacto, pero supoñemos que éste estará arredor dos 20 euros.
CAMPOBASSO 2-NARNESE 0
INVASIÓNS EUROPEAS
Polo que contan, os dous choques que o noso equipo disputará en Vigo na liguilla da UEFA traerá a Vigo a varios milleiros de siareiros rivais. Co Eintracht chegarán uns 2.000, mentres que cos turcos do Fenerbahce poderían achegarse ata 3.100 os siareiros desplazados, despois de que venderan as 2.500 entradas solicitadas nun primeiro intre, e de que haxan solicitado 600 máis ó noso clube. Esperemos que eses días a nosa bancada presente un extraordinario ambente para contrarrestar a masiva presenza de supporters visitantes. E por suposto, todos moi cedo no lugar de costume para ir quentando motores. Lembrade que apenas queda unha semana para o encontro ante os alemáns.
ALAVÉS 0-CELTA 0
Esteban, Aspas, Tamas, Contreras, Lequi, Ángel, Pablo García, Iriney, Jorge Larena (Canobbio, 83), Guayre, Perera (Núñez, 67).
Mal encontro o disputado por Alavés e Celta na estrea do noso equipo na competición de copa deste ano. O Celta saíu claramente a defende-lo resultado inicial e evitar que o conxunto basco acadara algún gol. Agora todo queda pendente do encontro de volta en Balaidos.
No aspecto negativo, destacamos a expulsión de Ángel, a baixa forma do recén recuperado Pablo García, e o mal xesto de Vázquez ó non contar con Yago para este encontro, cando todos apostaban pola súa presenza no once inicial.
No aspecto negativo, destacamos a expulsión de Ángel, a baixa forma do recén recuperado Pablo García, e o mal xesto de Vázquez ó non contar con Yago para este encontro, cando todos apostaban pola súa presenza no once inicial.
Esteban, cun par de intervencións meritorias ratificou a idea de que o Celta ten unha das mellores, se non a mellor, parella de porteiros de toda a primeira división.
23 Outubro 2006
FASCISTAS FÓRA DA GALIZA
ARIZMENDI FACHA
O dianteiro do Coruña Arizmendi, ideolóxicamente da mesma corda que o descerebrado Salva Ballesta, celebrou o gol que anotou esta mesma xornada ante o Atlético de Madrid erguendo o seu brazo dereito ó modo fascista, lembrándonos ó impresentable de Di Canio, que tanta polémica ten suscitado en Italia por realizar acenos semellantes nas celebracións dalgúns dos seus goles. O dianteiro, que xa nalgunha ocasión exhibira a súa ideoloxía fascistoide sacando por exemplo a bandeira española co polo, sorprendeunos no encontro deste sábado sacando a súa zarpa a pasear con toda tranquilidade, e diante dun grupo que agora dí ser antifascista pero que semella que como este tipo mete goles para o seu equipo, se lle perdoa. En fín, cousas de ultras. Sei doutros que tamén van de super ultras antifas e que logo tamén aplauden e corean o nome de Salva por ser ex-xogador do seu equipo. Son dúas probas máis de que no estado español, as palabras ultra e antifascista non casan moito que digamos. É por iso que Celtarras nunca se considerará un grupo ultra, e sempre seremos antifascistas. Non sabemos se acadariamos botar do Celta a un facha déstes, pero o que sí está claro, é que na nosa cidade non o ía pasar todo o ben que quixera.
ATHLETIC 0-CELTA 1

Pinto, Ángel, Contreras, Lequi, Placente (Tamas, 84), Iriney, Oubiña, Núñez, Canobbio, Nené (Guayre, 62), Baiano (Aspas, 76).
O encontro disputado en San Mamés tivo un nome propio, que non foi outro que o do recentemente renovado Xose M. Pinto, que deixounos unha grandiosa actuación cunha serie de memorables intervencións ante os disparos dos atacantes do conxunto roxibranco que nos permitiron voltar para Vigo cos tres puntos no peto. Coas súas enormes paradas, fixo que a portería céltica rematara por primeira vez no que vai de liga sen encaixar un so tanto.
Por xogo e ocasións, o Celta non foi merecedor dos tres puntos, xa que tralo gol acadado por Baiano no minuto 6 de encontro, o Athletic comezou pouco a pouco a meter atrás ó noso equipo, e comezaron a sucederse as ocasións rivais, algunhas delas moi claras, pero que entre a xa mencionada actuación do noso porteiro, así como pola falla de definición dos xogadores bascos, puidemos acada-la nosa segunda victoria consecutiva en liga, coa que comezamos a sair da cola da clasificación.
O importante do choque, independentemente do xogo do equipo, foi acadar esa necesitada victoria ante os vindeiros compromisos ligueiros que nos enfrontarán en Balaidos con Sevilla e o sorprendente Recreativo e como visitantes a Real Madrid e Coruña.
Outra boa nova do encontro de onte foi a estrea ligueira do canario Guayre, unha vez recuperado da súa lesión.
Agora, o noso equipo permanecerá en Euskal Herria á espera do encontro de copa que este martes o enfrontará ó Alavés en Gasteiz.
Salientar, como cada ano, a tremenda festa que se vivíu dende o sábado entre a celtarrada desplazada a terras bascas e mailos nosos grandes camaradas de HNT, que unha vez máis foron uns excelentes anfitrións, e agora seremos nós quenes lles devoltaremo-lo trato recibido no encontro da segunda volta en Balaidos. Eiquí estaremos a esperalos.
20 Outubro 2006
RESULTADOS UEFA

Tralos encontros disputados onte no noso grupo da UEFA, o Palermo e mailo Newcastle ratifícanse como os teoricamente rivais máis fortes cos que nos imos topar no grupo. Os italianos vencían 1-2 na úa visita ó Eintracht despois de remontar un gol en contra, mentres que os ingleses facían o propio vencendo por 1-0 no seu estadio ós turcos do Fenerbahçe, con gol anotado no derradeiro tramo do encontro. Os italianos tamén acadaron o gol da súa victoria cando o encontro tocaba xa ó seu remate.
Na seguinte xornada, a disputar dentro de dúas semanas, o noso equipo entrará xa en liza, e de acada-la victoria ante os de Frankfurt, faría que éstes se quedaran bastante descolgados das prazas que dan acceso á seguinte rolda da competición, xa que quedarían sen puntuar con dúas xornadas disputadas e todavía coa súa xonada de descanso pendente. No outro encontro da vindeira xornada, o Newcastle visitará a cancha do Palermo.
16 Outubro 2006
CELTARRAS, CONTRA O RACISMO
Durante o encontro de onte, o noso colectivo sacou unha faixa coa lenda NOM AO RACISMO, coa que unha vez máis queremos deixar clara a nosa postura contra este cancro que tan inmerso está na sociedade actual, e como lamentablemente non podía ser doutro modo, tamén no mundo do deporte. Ésta é a nosa resposta contra a investigación aberta pola Federación española (a mesma que segue a consentir a exhibición de simboloxía fascista con total impunidade en diferentes campos do estado español, tal como voltamos a comprobar nesta mesma xornada) contra o noso clube por berros de corte racista lanzados por un pequeno sector da bancada contra o xogador camerunés Samuel Eto´o no primeiro encontro do presente campionato ligueiro disputado en Balaidos. Contra eses impresentables ignorantes que cuspen o seu racismo contra xogadores negros de equipos rivais, pouco ou nada temos que dicirlles. Se queremos erradica-lo racismo, non podemos quedar de brazos cruzados e debemos actuar. O noso colectivo, como ten amosado nos seus preto de 20 anos de historia, segue e seguirá a loitar contra os racistas, tanto dentro como fóra dos estadios.
Dous compañeiros do grupo Smoked Heads 1986 do Campobasso italiano, que onte asistiron ó encontro connosco, quixeron levarse esta faixa para pendurala no seu propio campo, agora que comeza a Semana europea contra o racismo na que moitos grupos de siareiros antifascistas europeos sacarán, como ven acontecendo nas derrairas tempadas, faixas en contra do racismo e maila xenofobia. En canto teñamos algunha fotografía da nosa faixa pendurada no campo do Campobasso, poderedes ollala neste mesmo blog.
CELTA 3-VALENCIA 2

Pinto, Ángel, Placente, Lequi, Tamas, Iriney, Oubiña, Gustavo López (Núñez, 21), Cannobio, Nené (Contreras, 82), Baiano (Perera, 76).
Bo e intenso partido o que nos brindaron Celta (sobre todo) e Valencia, con cinco tantos e ocasións dabondo para que se rexistrara un maior número de goles. Tralas dúas derrotas sufridas nos encontros anteriores en Balaidos ante Barcelona e Osasuna, o noso equipo non podía permitirse un novo fracaso en Vigo, o que motivou unha saída bastante forte dos nosos xogadores, con tiro ó pau de Oubiña incluido. Pero sería o Valencia quen se adiantaría no marcador no minuto 40 cun novo gol que nos fan a balón parado. Pero a piques de chegar ó tempo de lecer, un enoxado Baiano acadaba o gol do empate, e antes do pitido final dese período mesmo puidemos xa remonta-lo gol inicial.
Cando sí chegou a remontada foi no primeiro tramo do segundo tempo, cando Iriney e Cannobio anotaron nos minutos 51 e 55, respectivamente, con sendos disparos dende fóra da área. Con 3-1 no marcador, Núñez puido acadar o 4-1 tras unha extraordinaria galopada, pero o seu remate foise ó pau. Cun Celta desatado, chegou un grave erro de Lequi no minuto 62, que propiciou un novo tanto valencianista, co que voltaron os nervios ó equipo e á bancada, cando o encontro semellaba case que finiquitado. Por sorte, xa non habería máis modificacións no marcador, inda que tanto Celta como Valencia gozaron dalgunha clara ocasión para facelo.
Para os amantes das estadísticas, sinalar que facía máis de seis meses que Cañizares non recibía tres goles nun encontro, e case que seis anos que o noso equipo non derrotaba en Balaidos ó cadro valencianista.
No aspecto negativo, o partido deixounos a lesión de Gustavo López (inda que por sorte, a priori non semella moi grave) e unha nova expulsión de Vázquez, que anunciou públicamente na rolda de prensa posterior ó encontro que en principio non voltará en bastante tempo a sentarse no banco como mínimo nos primeiros tempos, ó carón dos liñas. A partires dagora ten previsto comeza-los partidos dende o palco.
DIARIO LAS PROVINCIAS (Valencia)

Si Cañizares tiene enemigos en muchos campos, que los tiene, en Balaídos no es la excepción. Ayer, tras su regalo, escuchó repetidas veces como el público más radical coreaba irónicamente su nombre. ¡Cañizares, Cañizares! Y cada vez que el balón llegaba a sus dominios y lo detenía, aún sin apuros, la grada coreaba ¡ays! con sorna.
14 Outubro 2006
O ALAVÉS-CELTA, TELEVISADO
Finalmente, o Celta acadou que o Alavés accedera a adianta-lo encontro de copa ó martes 24 de outubro, e deste modo levará a cabo unha mini concentración en Euskal Herria tralo encontro do domingo anterior en Bilbo. O que tamén quedou confirmado, é que a TVG dará en directo este encontro de ida correspondente á rolda de dezaseisavos de final, cuio comezo quedou fixado para as 20:45 horas do serán.
13 Outubro 2006
VIGGO MORTENSEN

O destacado actor Viggo Mortensen, un dos máis cotizados da actualidade e protagonista de numerosas películas, como por exemplo A profecía, A tenente O´Neill, Psycho, O Señor dos aneis ou a recente Alatriste, paseouse, tal como ollamos na foto superior, coa súa camisola do Celta no Festival Internacional de Cine de Toronto celebrado recentemente. E é que semella que o feito de coincidí-lo seu nome co da nosa cidade, ademais da súa paixón futboleira, fíxo que se enamorara do noso equipo, e sorprendeu a todo o mundo que o víu paseándose entre as demais estrelas do mundo do cine ó lucir a elástica celeste. Boa publicidade para o noso equiopo, e inda por riba sen custarnos nen un euro.
A LIGUILLA DA UEFA, POLA TVG
Sabiamos que os encontros de Balaidos ante Eintracht e Fenerbahce serían televisados en directo pola Televisión de Galiza, pero fallaba por confirmar se os encontros de Newcastle e Palermo poderían ollarse tamén por televisión no noso país. Semella que as negociacións chegaron a bo porto, e deste modo, os que non vos desplacedes ás illas de Inglaterra ou Sicilia poderedes seguir eses encontros pola pequena pantalla.
09 Outubro 2006
O ALAVÉS PARA COMEZAR
Non está a ter sorte o noso equipo cos sorteos nesta tempada. Dos posibles rivais que podían tocarlle en sorte nesta primeira rolda (para o Celta) do torneo de copa, tendo en conta a nosa categoría de equipo europeo, foi a tocarnos o rival que sen dúbida semellaba, xunto ó Málaga, máis complicado: o Alavés. Na tempada do derradeiro descenso do noso equipo xa nos tocara medirnos con eles en cuartos de final, cando tamén militaban en segunda división, pasando o equipo basco á seguinte rolda. Esperemos que desta volta non se repita o desenlace, inda que non será doado, tendo en conta o apretado e complicado calendario que afrontaremos nas vindeiras semanas, sumado ó mal que habitualmente se nos ten dado o campo de Mendizorrotza. As datas dos encontros serán 0 25 de outubro en Gasteiz e o 8 de novembro en Vigo.
08 Outubro 2006
06 Outubro 2006
SUPPORTERS COSENZA

Inda que xa non é recente, publicamos esta fotografía da hinchada antifascista do Cosenza italiano porque non tiveramo-la oportunidade de mirala ata o dagora, e resúltanos bastante curiosa, ó poder ollarse a nosa bandeira nacional ó carón da do Kurdistán, na parte inferior dereita. Da gusto atoparse con sorpresas así.
DOMINGO ÁS 17:00
Inda que o Valencia disputará o mércores seguinte un encontro da Copa de Europa, o partido da vindeira xornada entre o Celta e mailo equipo che non se adiantará ó sábado, e éste disputarase o domingo día 15 de outubro ás 17:00 horas.
03 Outubro 2006
CALENDARIO UEFA
Primeira xornada: Descansamos, 19 de outubro
Segunda xornada: Celta-Eintracht, 2 de novembro
Terceira xornada: Newcastle-Celta, 23 de novembro
Cuarta xornada: Celta-Fenerbahçe, 30 de novembro
Quinta xornada: Palermo-Celta, 14 de decembro
Segunda xornada: Celta-Eintracht, 2 de novembro
Terceira xornada: Newcastle-Celta, 23 de novembro
Cuarta xornada: Celta-Fenerbahçe, 30 de novembro
Quinta xornada: Palermo-Celta, 14 de decembro
O GRUPO DA MORTE
Celta, Newcastle, Palermo, Eintracht e Fenerbahçe completan, sen lugar a dúbidas, o grupo máis duro dos oito sorteados. Mala sorte para o noso equipo, inda que a nota positiva é que poderemos vivir unhas grandes noites europeas. Ademais, a priori non somos inferiores a ningún destes catro rivais.
02 Outubro 2006
SORTEO DA UEFA
Mañá martes, a partires das 12 da mañá, estaremos todos atentos ó sorteo que se celebrará na sede da UEFA en Nyon para forma-los grupos da UEFA nos que quedarán encadrado-los 40 equipos todavía vivos na competición. En total sairán 8 grupos de 5 equipos cada un, pasando á fase de dezaseisavos de final os tres primeiros clasificados de cada un, ós que se sumarán os terceiros clasificados de tódolos grupos da Champions League. A liguilla, como a meirande parte de vós xa saberedes, disputarase a unha soa volta, disputando cada equipo dous encontros na casa e dous fóra.
Trala eliminación de equipos como o Schalke 04, Marsella ou Estrela Vermella, o noso equipo estará inmerso no bombo dos segundos cabezas de serie, evitando deste modo ó resto de equipos encadrados neste mesmo bombo, e que non son outros que o Bruxas, Glasgow Rangers, Basilea, AZ Alkmaar, Sparta de Praga, Paris Saint Germain e Lens. Ademais, nesta liguilla o Celta non poderá coincidir con ningún equipo do estado español. Tampouco poderán tocarnos dous equipos dun mesmo país; é dicir, se por exemplo nos tocara do primeiro bombo o Parma, xa non poderiamos emparellarnos nen con Palermo nen Livorno.
Así estarán repartido-los equipos que poden tocarnos nos grupos 1, 3, 4 e 5. De cada grupo sairá un único rival para o Celta:
Bombo 1: Newcastle, Panathinaikos, Parma, Ajax, Bayer Leverkusen, Feyenoord e Auxerre.
Bombo 3: Besiktas, Palermo, Heerenveen, Partizan de Belgrado, Rápid de Bucarest, Wisla Cracovia e Slovan Lilberec.
Bombo 4: Blackburn Rovers, Livorno, Fenerbaçe, Austria de Viena, Hapoel de Tel-Aviv, Grasshopers e Dinamo Bucarest.
Bombo 5: Tottenham, Eintratch de Frankfurt, Macabbi Haifa, Sporting de Braga, Nancy, Ob Odense, Mlada Boleslav e Zulte Waregem.
As datas dos encontros serán o 19 de outubro, 2, 23 e 29/30 de novembro, e 13/14 de decembro. As dúas derradeiras xornadas, ó non coincidir con partidos de Champions League, dividiranse en dou días.
Ó tratarse de grupos con número de equipos impar, cada un terá que descansar unha xornada. Deste modo, se ó Celta tocáralle comezar xogando coma visitante e lle tocara descansar nunha das dúas primeiras xornadas, a UEFA xa non voltaría a Balaidos ata o 23 de novembro.
01 Outubro 2006
RÁCING 1-CELTA 1

Pinto, Aspas, Placente, Contreras, Tamas, Oubiña, Iriney (Jorge, 83), Nené, Gustavo López, Cannobio (Lequi, 90), Baiano (Perera,88).
Podemos afirmar que o Celta deixouse dous puntos en Santander. O Celta gozou de maiores e mellores ocasións que o seu rival (con tiro ó pau de Baiano incluido, nos primeiros compases do encontro) pero a falla de puntería evitou unha victoria do Celta. Iso sí, a cousa tamén puido ser peor, tendo en conta que foi o Rácing quen se adiantou no marcador, grazas a un testarazo do xigantón Zigic ós 24 minutos de xogo, e que mesmo erraron un penalti no tempo de desconto do segundo tempo.
Ante a falla de puntería, tivo que ser un pouco habitual en tarefas goleadoras como é Iriney quen conqueríu perfora-la portería racinguista cun sensacional zapatazo dende o borde da área grande no minuto 55 de encontro.
Inda que o Celta deixou unha boa imaxen no segundo tempo, Vázquez voltou a tardar cicais demasiado en botar man da xente do banco. o primeiro dos tres trocos que levou a cabo, non foi realizado ata pouco antes do minuto 40 do segundo tempo, co partido tocando ó seu remate. Ademais, a entrada de Perera co partido a piques de rematar non é a mellor forma de lima-las asperezas que actualmente semellan existir entre o adestrador e mailo dianteiro. Ademais da obrigada ausencia do inxustamente sancionado Ángel, ben sustituido polo canteirán Aspas, chamou a atención a entrada de Tamas no once titular sustituindo ó arxentino Lequi.
No plano puramente anecdótico, salientar que nesta ocasión o Celta empregou o seu uniforme habitual, feito qu non aconteceu nunca nos derradeiros anos cando se visitou o Sardinero, xa que o Celta sempre acostumou a disputa-los encontros nese campo coa segunda equipación, tendo en conta a cor branca da camisola racinguista.
Subscrever:
Mensagens (Atom)















