30 Setembro 2006
29 Setembro 2006
25 ANOS DE MUJIKA

A pasada fin de semana, os nosos camaradas da Peña Mújika celebraron os seus 25 anos de existencia e de apoio constante á Real Sociedade. Para os festexos que levaron a cabo, con partidos de fútbol, exposicións, comidas, concertos,... convidaron a representantes de diversos colectivos de siareiros cos que confraternizaron durante todo este tempo. Unha representación de Celtarras non faltou á cita, e estivo presente nos diferentes actos levados a cabo dende o sábado ata o domingo, con presenza dalgúns xogadores do conxunto txuri-urdín incluida. Como sempre, o trato destes compañeiros connosco foi fenomenal, e coma sempre que pisamo-lo seu país, sentímonos como no noso propio.
Dende Celtarras felicitámolos por eses 25 anos ó pe do cañón, apoiando sempre á súa Erreala e loitando contra o fascismo e por unha Euskal Herria ceibe.
ZORIONAK
MUJIKA TALDEA SEGI AURRERA!!
O OUTRO CELTA-STANDARD
CELTA 3-STANDARD 0

Esteban, Placente, Tamas (Contreras, 67), Lequi, Ángel, Iriney (Jonathan Vila, 80), Oubiña, Nené, Núñez, Jorge (Canobbio, 70), Baiano.
26 Setembro 2006
FINALMENTE, ÁS 21:00 HORAS
CHEGADA DOS BELGAS
25 Setembro 2006
ALUSIÓNS
E así, entre os tímidos asubíos dun Balaidos xa baleiro agás os incombustibeis Celtarras (hoxe impresionantes) rematou este pesadelo tamén coñecido coma a cuarta xornada de liga.
CELTA 2-OSASUNA 0

Pinto, Ángel, Placente, Lequi, Contreras, Oubiña, Iriney (Perera, 60), Gustavo López (Núñez, 78), Cannobio, Nené (Aspas, 78), Baiano.
Pésimo encontro o xogado polo Celta, que non foi quen de sacar nen tan sequera un so punto ante un rival que tampouco fixo demasiados merecementos como para acada-la súa primeira victoria en Balaidos en toda a súa historia en primeira división. O colexiado do encontro, un auténtico paiaso, tamén asinou un lamentable encontro, actuando cunha permisividade bastante grande ante as entradas dos xogadores rojillos, mentres que cos nosos xogadores non se medíu tanto, sendo a guinda do pastel a escandalosa expulsión do recén renovado Ángel, cando todavía quedaban 25 minutos de xogo e o encontro marchaba con 0-1 no marcador.
O que comeza a ser preocupante, é o nivel que están a amosar os dous mediocentros, que repercute negativamente na elaboración das xogadas de ataque. Tanto Oubiña como Iriney están a convertirse nunhas máquinas de perder balóns. A Iriney non se lle pode pedir moito máis que loita, porque son evidentes as súas carencias técnicas. O galego, pola súa banda, semella ser outro xogador dende a súa convocatoria coa selección do país veciño, e dende que soan cantos de serea sobre o interese de grandes equipos por el. Está a demostrar que dende a modestia pode ser un grande xogador, pero que cando un crese un galáctico, pódese xogar rozando a mediocridade.
Tralo encontro de onte, ante un Balaidos con moi pouco público (e verémo-lo xoves), foi moita a xente que abandoou o campo coa sensación de que algo non marcha, e a lembranza da tempada da Champions xa está na mente de cada un. E o panorama non resulta moi alentador, tendo en conta que os dous vindeiros compromisos ligueiros serán ante o Rácing en Santander, cancha que históricamente sempre se nos deu fatal, coa paréntese do pasado ano, e ante o Valencia en Balaidos, xusto nun intre no que os do ex-céltico Silva están a amosar un alto nivel de xogo. Se non gañaramos ningún deses dous choques, é moi probable que nos ollaramos inmersos en postos de descenso, dos que, por experiencia propia, sabemos do difícil que é sair de aí, inda que quede moita liga por diante.
Por se isto fora pouco, sabemos do pésima que é a nosa hinchada, que en canto as cousas non marchan todo o ben que se espera, uns optan por abandoar ó equipo e outros polos berros e asubíos dende as bancadas, creando unha tensa situación entre equipo e afición nada aconsellable. Iso sí, logo todos van a Plaza América a face-lo idiota cando se acada algo. Onte, por exemplo, houbo quen esperou a que sairan do estadio xogadores como Baiano ou Iriney para emprendela contra eles, como se ésta fora a mellor receta paa mellora-las prestacións do equipo. Parécenos lamentable certas actitudes dun amplo sector do campo que se fai chamar celtista.
23 Setembro 2006
DESEMBARCO BELGA


Os nosos camaradas de UI96 informáronnos onte de que a presencia de membros do seu grupo en Vigo o vindeiro xoves estará en torno á treintena. En canto cheguen dirixiranse ó noso lugar de reunión habitual. Confirmáronnos que tamén hai sete autobuses de 50 prazas cada un con siareiros do Standard para viaxar ata a nosa terra; ademais, bastante xente desplazarase en avións. Dos Hell-Side, o outro grupo importante do Standard, e co cal os UI96 comparten bancada, ideoloxía e diferentes actividades, descoñecemos todavía en qué número se achegarán ata Vigo para presencia-lo encontro. Segundo estes dados, cremos que o conxunto belga podería estar arroupado en Balaidos por uns 500 siareiros, así que esperemos que haxa unha boa presencia de celtistas nas nosas bancadas para que os Conceicao, Sa Pinto, Rapaic e compaña non se sintan como na súa casa.
22 Setembro 2006
VALADO EN FONDO
REEDICIÓN COLANTES
CELTA-STANDARD

O encontro do vindeiro xoves ante o Standard belga dará comezo ás 21:30 horas, co que haberá tempo dabondo para montar unha boa festa cos nosos amigos belgas que se acheguen a Galiza.
Por outra banda, sinalar que despois de olla-los prezos para dito encontro, se ésta é a forma que ten prevista a nova directiva para rematar con tanta cadeira baleira en Balaidos, pois mal imos. Cremos abusivo que se cobre 15 euros nunha bancada como Fondo, e inda máis que os socios teñamos que pasar por caixa para poder presencia-lo reencontro do noso equipo coa competición de UEFA. Os socios de Fondo pagarán 3 euros en categoría adulto, mentres que carné xové e xuvenil terán que aboar 2 e 1 euro, respectivamente.
DOMINGO, 20:00 HORAS
20 Setembro 2006
DETENCIÓNS PONTEAREAS

Fai varios días informamos da detención de dous antifascistas en Ponteareas. Os mozos, militantes independentistas, foron postos en liberdade despois de estar detidos dende a tarde do día 12 ata a media mañá do 13. As detencións producíronse no centro social Baiuca Vermella, despois de que membros da Garda Civil non os atoparan nos seus respectivos postos de traballo, onde preferirían telos detido para dese modo crear unha maior alarma social e ocasionar ós detidos un maior dano no ámbito laboral.
Os dous mozos foron acusados de pintar de cor rosa unha placa de homenaxe ó dirixente fascista José Antonio Primo de Rivera e a unha nómina de ‘Caídos por España’ da comarca que ainda está grabada na igrexa da Oliva de Salvaterra. Eses feitos de sabotaxe contra a iconografia da Ditadura militar que arrasou Galiza entre 1936 e 1975 tiveron lugar o pasado 25 de agosto.
Na foto superior pódese observa-lo estado da placa trala sabotaxe.
18 Setembro 2006
ESPANYOL 2 CELTA 1

Dous erros defensivos condearon ó noso equipo á segunda derrota céltica da tempada, o que fai que nos situemos na zona baixa da táboa clasificatoria. O Celta, que non foi nen moito menos inferior ó conxunto catalán, gozou dun maior número de ocasións, algunha delas tan claras como a que tivo Oubiña no derradeiro tramo de encontro ó mandar fóra un balón que só tiña que empurrar coa testa despois dun magnífico centro de Gustavo López.
Tras chegar ó descanso con empate sen goles tras un bo primeiro tempo dos xogadores vigueses, o arranque do segundo tempo comezou co gol do espanyolista Moisés no minuto 48, ó que respostou rápidamente Cannobio cun golazo de falta directa no 51. De seguido, o 1-2 puido subir ó marcador, pero o porteiro camerunés do Espanyol evitouno cunha boa estirada, e no ataque seguinte, no minuto 54, os locais acadaban o seu segundo gol, por mediación de Jonatas, que rematou a placer e sen oposición ningunha un pase dun compañeiro.
Unha vez máis, Vázquez tardou demasiado en levar a cabo unha sustitución que trocara o rumbo do encontro. Lamentablemente, Perera entrou ó campo con apenas 10 minutos de xogo por disputarse, e abofé que se notou a presencia no terreo de xogo do segundo punta, pero o tempo voaba e se chegaba ó remate do encontro sen modificación algunha no marcador.
En definitiva, sorprendente derrota nun encontro no que, como mínimo, debeuse de sacar polo menos un punto. O Celta segue a ser, unha tempada máis, experto en resucitar a equipos con problemas. Neste senso, menos mal que o Osasuna venceu hoxe e non chegará a Vigo sen puntos no seu casilleiro.
16 Setembro 2006
ESTREA VICTORIOSA
Finalmente, Giovanella recibía esta mañá a mala nova de que non podería xogar este encontro por mor da tan mentada sanción por dopaxe; inda así, o xogador brasileiro declarou que seguirá loitando por poder xogar en vindeiros encontros.
Os goles do encontro producíronse do seguinte modo: 0-1 Saad; 1-1 Indiao; 2-1 Gustavo Marques; 2-2 Javi Limones; 3-2 Daniel; 3-3 Seco; 3-4 Javi Limones; 3-5 Nuno; 4-5 Indiao; 5-5 Gustavo; 6-5 Purao.
15 Setembro 2006
STANDARD 0-CELTA 1

Esteban, Ángel, Placente, Tamas, Lequi, Iriney, Oubiña, Gustavo López (Núñez, 78), Cannobio (Jonathan Vila, 89), Nené, Baiano (Perera, 78).
O Celta regresou ás competicións europeas coa súa vixéxima victoria en UEFA, despois do solitario tanto acadado por Gustavo López no minuto 37 de encontro. É incrible que este xogador, actualmente nun extraordinario momento de xogo, tivera que mendiga-la súa renovación fai escasos meses. En fín, cousas do fútbol e do Celta.
Pese ó esplendido resultado colleitado, que moitos terían asinado antes do pitido inicial, quedouse coa sensación de ocasión perdida para ter sentenciado a eliminatoria, posto que o Celta amosouse moi superior ós belgas en diversas fases do encontro, con numerosas chegadas á área rival, que nembargantes non chegarían a bo porto.
O Standard, pola súa banda, apenas agobiou ó Celta, inda que tamén é certo que gozou dalgunhas ocasións moi claras, con tiro ó pau incluído, que tamén nos fixeron temer pola victoria.
Salienta-la boa actuación de Esteban, que semella que suplirá a Pinto neste torneo. A estrea de Tamas tamén foi satisfactoria, amosándose coma un central sóbrio que sustituíu á perfección ó sancionado Contreras. No derradeiro minuto de xogo, Vázquez fixo debutar co primeiro equipo ó canteirán Jonathan Vila.
Haberá, pois, que esperar ó encontro de volta para finiquitar unha eliminatoria encarrilada pero nen moito menos sentenciada. Os belgas recuperarán a varios xogadores para o encontro de Balaidos, como o portugués Sa Pinto. O noso equipo recuperará para entón a Contreras, e con moita probabilidade, a Jorge Larena.
13 Setembro 2006
4 CANTEIRÁNS NA ESTREA EUROPEA
DETIDOS EN PONTEAREAS
Dende eiquí, a nosa solidariedade cos detidos. ¡¡Liberdade inmediata!!
12 Setembro 2006
HORARIO ESPANYOL-CELTA
PARTE DE BAIXAS

George Lucas foi operado (con éxito, segundo confirmaron os médicos que levaron a cabo a operación) na tarde-noite de onte na clínica de Fátima, e agora estará non menos de catro meses de baixa, inda que o propio xogador, nun ataque de optimismo tras sair do quirófano, declarou que contaba con estar xogando en tres meses. Ogallá acerte no seu pronóstico, e dende eiquí desexámoslle unha perfecta recuperación.
Á longa tempada que o brasileiro estará afastado dos terreos de xogo, súmanselle Pablo García (baixa por un mes), Guayre (outro tanto) e De Ridder (entre dous e tres meses de ausencia). A este panorama hai que engadirlle o esguince que padeceu jorge Larena no ligamento externo dun dos seus xeonllos no adestramento de onte, e que fai que tamén sexa dúbida, cando menos, para o encontro ante o Standard. Na fotografía ollámolo precisamente no intre no que abandoaba o adestramento.
Por se isto fora pouco, á longa lista de mancados para este xoves, hai que engadirlle tamén a baixa do chileno Contreras, por mor da sanción que todavía tiña pendente tralo derradeiro compromiso europeo do Celta, fai tres tempadas no campo do Arsenal. Esta sanción fará, con toda probabilidade, que Vázquez conte coa participación do romanés Tamas no equipo titular.
11 Setembro 2006
CRÓNICA XORNADAS SS.GG.
O Encontro deu comezo às 11h30 no Campo da Junqueira com a organizaçom dum campionato de futebol 7 entre equipas conformadas polas Assembleias Comarcais de Siareir@s Galeg@s. Durante toda a manhám as equipas desputarom com intensidade um campionato organizado em base a cruces entre Assembleias que rematarom com a desputa dumhas semifinais e umha final. A final foi desputada entre umha das equipas de Vigo, concretamente do CS A Revolta, e a equipa da Assembleia de Compostela, que finalmente foi a que se proclamou com a vitória neste I Encontro nacional. Após o campionato celebrou-se um jantar popular na própria Junqueira que serviu para recuperar-se da intensidade dos jogos.
Já pola tarde, às 19h00, foi o momento para a reflexom com as mesas-redondas que decorrérom no Palácio de Congressos de Ponte Vedra. Na primeira mesa, intitulada "A cultura das bancadas: passado, presente e futuro dos grupos de siareir@s da Galiza", participarom membros de Fende Testas, do Compostela, de Riazor Blues, da Corunha, de Furya Granate, de Ponte Vedra, de Grada Vermelha, de Ourense e de Celtarras, de Vigo. A mesa-redonda estruturou-se arredor de várias questons plantexadas polo moderador, companheiro de Siareir@s Galeg@s, que servirom para exprimir as experiências dalgumhas das principais claques galegas antifascistas.
A seguir deu comezo a segunda mesa-redonda, intitulada "A importáncia do desporto de base nas selecçons galegas", na que participárom Antom Santos, do jornal Novas da Galiza, que fixo umha interesante expossiçom do papel social do desporto, e um membro do Estrela Vermelha, equipa de futebol do bairro das Fontinhas em Compostela, que achegou a experiência deste clube desportivo e a enorme potencialidade do associacionismo de base.
As mesas-redondas puxérom o ponto e final a este I Encontro de Siareir@s Galeg@s, já que finalmente e ficou suspendido o concerto organizado para encerrar as jornadas por causa dumhas maniobras às que as organizaçons populares comezamos a estar acostumados e habitualmente tenhem como protagonistas a governos municipais auto-proclamados de esquerda.
Texto sacado da páxina web http://siareirasgalegas.org
NOVAS CAMISOLAS
Así mesmo, tamén vos informamos de que todavía quedan á venda suadeiras e bufandas da tempada anteiror. As gorras están xa esgotadas.
10 Setembro 2006
GRAVES LESIÓNS

Confirmadas as malas espectativas con respecto ás lesións de Pablo Garcia e Lucas.
Segundo un primeiro diagnóstico, e a falla de confirmación con novas probas médicas, o brasileiro pode ter unha fractura da testa do peroné, e podería perderse boa parte do campionato, ó ter que estar, como mínimo, uns seis meses de baixa.
Pola súa banda, o uruguaio semella ter unha rotura de fibras, co que estará un mes aproximadamente no dique seco, co que se perderá finalmente a eliminatoria completa ante o Standard. Fernando Vázquez, en declaracións á Radio Galega fai escasos intres, asumíu a súa culpa por alinear ó centrocampista charrúa cando non se atopaba todavía nas mellores condicións físicas.
NÁSTIC 1-CELTA 2

Pinto, Ángel, Lucas (Núñez, 58), Contreras, Lequi, Oubiña, Pablo García (Placente, 20), Gustavo López (Aspas, 58), Nené, Cannobio, Baiano.
Houbo que sufrir ata o derradeiro minuto de xogo para poder traerse para Galiza os tres primeiros puntos do campionato. Tras chegar con empate sen goles ó tempo de lecer, Baiano adiantou ó Celta no minuto 48 ó rematar un centro de Gustavo López, ventaxe que durou ata o minuto 66, no que o xogador do Nástic Portillo anotou o empate, ó transformar un riguroso penalti; finalmente, o brasileiro Nené anotou o definitivo 1-2 no minuto 73, ó rematar un bo pase de Cannobio. O encontro tivo pouca historia, e sen realizar un grande encontro, o noso equipo impúxose grazas á nosa superioridade técnica.
A nota negativa do encontro atopámola nas lesións de Pablo Garcia e Lucas. O uruguaio Pablo Garcia resentíuse dos problemas que lle fixeron ser dúbida ata o derradeiro intre ós 20 minutos do primeiro tempo, o que pode facerlle perde-lo encontro de UEFA do xoves. No segundo tempo, Lucas tamén se tivo que retirar tras sufrir un forte golpe, e a súa lesión, polas imáxenes da televisión, non ten boa pinta.
A UEFA, POLA TVG
O STANDARD METE MEDO

O Standard, que todavía non acadara ningunha victoria nas catro xornadas anteriores do campionato belga, semella que coa chegada do novo adestrador, o ex-portero internacional Michel Preud´homme, quer troca-lo rumbo, e acadou onte unha contundente victoria na súa visita ó campo do Lierse, ó que venceu por 1-3 (chegou a ir vencendo 0-3). Esta victoria, a poucos días do seu encontro ante o Celta, serve para que os que pensaban que esta eliminatoria chegaba nun mal momento de forma para os de Liexa se decaten de que a cousa non vai a ser nada doada. Iso sí, o rival do Standard na tarde de onte é o pechacancelas da liga, cun único punto acadado en cinco partidos disputados.
09 Setembro 2006
UGIO E GIANA LIBERDADE



Seguindo a linha de trabalho inaugurada no passado Dia da Pátria, data em que se cumpria um ano da queda d@s militantes independentistas Giana Gomes e Ugio Caamanho em Compostela, e a sua imediata transferência e internamento em penais da Espanha, o nosso organismo anti-repressivo continua visibilizando nas ruas do País as demandas de repatriaçom e liberdade para @s pres@s.
REPATRIAÇOM, porquanto a dispersom que o Estado Espanhol lhes vem aplicando desde o momento da queda vulnera a própria "Ley Orgánica General Penitenciaria" espanhola (L.O.G.P. 1/1979),assi como tamém artigos de normativas europeas, extracomunitárias, consideraçons do "Defensor del Pueblo", autos de diversos "Juzgados de Vigilancia Penitenciaria" do Estado, e inclusive sentenças do Tribunal Constitucional espanhol.
De facto,o próprio encarceramento d@s militantes galeg@s por parte do tribunal estrangeiro "Audiencia Nacional" da Espanha viola tamém o princípio de territorialidade que a própria "Constitución Española" proclama (art. 24. 2 da C.E: direito ao encausamento por parte dum tribunal natural do lugar onde sucederam os factos de que se esteja acusad@). O tribunal político que vem sendo a "Audiencia Nacional" de Madrid mostra a sua face de tribunal de excepçom polo simples facto de ter encausad@s @s militantes galeg@s.
Devemos denunciar que a dispersom que o Estado Espanhol adoita aplicar desde há bem anos (por parte de governos do PP e do PSOE) à(o)s pres@s polític@s nom nace dumha arbitrariedade ou incumprimento das suas leis que obedeça à negligência no concernente aos direitos das pessoas presas, mas a umha estratégia repressiva bem planificada, que visa o afastamento d@s pres@s do seu contorno social, obrigando a familiares e amizades a se deslocarem centenas de qm. para poder visitar @s militantes, estendendo assi a pena às pessoas do seu círculo, aplicando realmente um segundo encarceramento à(o)s pres@s, isolando-@s da realidade do seu País.
Nos casos concretos d@s pres@s independentistas,lembremos que a dispersom é exercitada engadindo-se-lhe a transferência periódica de cárcere, dado que já passárom polos penais espanhóis de Soto del Real (C.P. Madrid V), Brieva (Ávila), Navalcarnero (Madrid IV) e Cáceres. Tamém o regime FIES aplicado habitualmente à(o)s pres@s polític@s coarcta as suas relaçons com o meio exterior,sofrendo a censura e restriçom das comunicaçons (tanto orais quanto escritas), denegando-se-lhes visitas com algumhas pessoas ou contacto telefónico.
LIBERDADE, porquanto o regime de prisom preventiva aplicado a Gomes e Caamanho desde o momento da sua queda contradi a própria legalidade espanhola, que afirma que os temas judiciais concernentes às pessoas presas "serám tratados polos tribunais com especial preferência". No entanto, as leis penitenciárias espanholas permitem que um/ha pres@ se atope até 4 anos na cadeia sem mediar sentença condenatória.
Lembramos que a Audiência Nacional de Madrid já denegou duas vezes a petiçom de liberdade provisional para Gomes e Caamanho solicitada polas suas defesas, entanto @s mantém em prisom sem juízo. Para contrarrestar os efeitos da prisom, aumentados pola estratégia do Estado com a medida ilegal da dispersom, apelamos a todas as pessoas para que fagam chegar o seu apoio solidário à presa e ao preso independentistas, à vez que a estender ao largo do País as reivindicaçons da sua repatriaçom e liberdade. Neste sentido, convidamos todas aquelas pessoas e colectividades interessadas em receber material de denúncia do encarceramento e dispersom de Ugio Caamanho e Giana Gomes para a sua distribuiçom a que se ponham em contacto com nós no correio ceivar@ceivar.org.
O nosso organismo compromete-se a enviar, gratuitamente, o citado material aos endereços que se nos asignem. Por outra parte, convidamos a um trabalho voluntário de denúncia (pintadas, reparto de material, murais, faixas, etc.) do encarceramento e a dispersom d@s pres@s independentistas a todas as pessoas.
Por parte de CEIVAR, anunciamos que intensificaremos nos próximos meses, em todas as comarcas da Galiza, as iniciativas necessárias para ampliar a socializaçom das demandas sobre @s pres@s: É O SEU DIREITO! Os endereços a que se pode escrever à presa e ao preso independentistas som:
GIANA RODRIGUES GOMES Centro Penitenciario de Brieva Módulo azul Carretera de Vicolozano Apartado 206 Código Postal 05194 Brieva, Ávila Espanha
UGIO CAAMANHO SAM-TISSO Centro Penitenciario de Cáceres Carretera de Trujillo, s/n Apartado 480 C.P.10004 Cáceres Espanha
Texto sacado da páxina web http://www.ceivar.org
STANDARD-CELTA, ÁS 20:30
Así mesmo, e segundo puidemos ler hoxe no xornal Faro de Vigo, xa se confirmaron os horarios dos vindeiros dous encontros ligueiros; o Espanyol- Celta disputarase o vindeiro domingo ás 20:00 horas, mentres que o Celta-Osasuna disputarase ás 18:00 horas do domingo seguinte.
08 Setembro 2006
SANCIÒN DE ANTIVIOLENCIA
Nesta sanciòn notamos certo resquemor co noso equipo entre as altas instancias do fùtbol estatal, ante o feito de presentar a Giovanella como novo xogador do Celta de fùtbol sala esta mesma semana, no que eles consideran como un pulso que o xogador brasileiro e o propio clube queren botarlles.
PONTEVEDRA 2-CELTA 0
Pola sùa banda, a sorpresa saltou no grupo Norte, onde o Coruña quedou fòra das semifinais trala sùa segunda derrota da liguilla, esta vez ante o Lugo.
As semifinais quedan do seguinte modo: Ràcing de Ferrol-Celta e Pontevedra-Lugo. As dùas eliminatorias disputaranse tamèn a un ùnico encontro (no noso caso, no campo de A Malata, en Ferrol), e todavìa estàn por confirma-las datas e horarios.
NOVAS AUSENCIAS

Nas derradeiras horas atopàmonos cunha nova recaida de Guayre na sùa recente lesiòn, cando dìas atràs xa contabamos coa sùa participaciòn nos vindeiros encontros. Outro que tamèn voltou a caer lesionado foi o xogador holandès De Ridder, que mesmo poderìa ser baixa ata dous meses por mor dunha tendinite. En fìn, que o tema dos xogadores do Celta coas lesiòns semella o conto de nunca acabar.
06 Setembro 2006
SETEMBRO COMPLETO

Coa cita copeira de hoxe mesmo ante o Pontevedra às 19:00 horas, o Celta inicia un mes de setembro bastante cargado en canto a partidos oficiais se refire. Tras este encontro onde o Celta se xoga o primeiro posto do grupo sur da Copa Galiza, o noso equipo afrontarà a continuaciòn tres encontros como visitante entre liga e UEFA. Despois de viaxar a Catalunya para enfrontarnos ò Nastic do galego Luis Cèsar na procura dos primeiros puntos trala inxusta derrota ante o Barcelona no arranque ligueiro (vindeiro domingo às 19:00 horas), o xoves 14 chegarà a estrea europea na cancha do Standard, para voltar tres dìas despois ò campionato ligueiro no campo do Espanyol. Tras descansar entre semana, o Celta rematarà o mes con dous encontros como local, o dìa 24 ante o Osasuna en liga e o 28 ante o Standard na que serà a volta desta eliminatoria da UEFA.
Noutra orde de cousas, semella que a enfermerìa vaise baleirando, e asì, o canario Guayre xa està disponible de novo, inda que agora terà que porse as pilas para acadar un optimo estado de forma canto antes. Pablo Garcìa, pola sùa banda, tamèn semella recuperado das sùas doenzas, e inda que nun primeiro intre temìase pola sùa recuperaciòn para o encontro de Tarragona, o uruguaio poderìa ser da partida ante os catalàns, algo bastante probable tendo en conta ademais o encontro de sanciòn que deberà cumplir Iriney trala expulsiòn do encontro anterior.
O CELTA Ò TALEGO
05 Setembro 2006
REAPARICIÓN DE GALIZA



As selecciòns galegas de balonmàn feminino (o domingo dìa 3 en Porriño) e masculino (o sàbado dìa 2 en Pontevedra) reapareceron con sendas victorias ante as de Tunisia por 26-25 e 45-32, respectivamente. Houbo un grande ambente nàmbolos dous encontros, con presencia de Siareiros Galegos incluida. Mentres a victoria do noso combinado nacional masculino foi contundente, a victoria das nosas rapazas foi moito màis sufrida, tal como reflexa esa mìnima victoria por un solitario gol de diferencia. As xogadoras africanas mesmo chegaron a ir por diante no marcador en diversas fases do encontro. Pola sùa banda, o partido do sàbado disputouse baixo un ritmo frenètico, para gozo dos alì presentes, que ademais tamèn puideron divertirse do lindo coa espectacularidade de moitos dos goles acadados.
As fotos, correspondentes ò encontro do sàbado, foron sacadas da web www.vieiros.com
CELTA-STANDARD

O partido de volta desta primeira rolda (para o Celta) da UEFA 06/07 traerá ata a nosa cidade a unha treintena de compoñentes do grupo de siareiros antifascistas do conxunto belga UI 96, que xa se puxeron en contacto connosco. Este grupo é convidado habitualmente ó torneo anual que organiza a hinchada antifa do St. Pauli, e de seguro que pasamos unha boa xornada de enchoupada con eles. Inda que se definan como ultras, termo co que non nos identificamos, é sabido que por eses lares esa palabra non ten as mesmas connotacións fascistas que no estado español. Esperamos que se leven unha boa lembranza da súa estadía en Galiza.
XORNADAS DE SS.GG.

O vindeiro sàbado dìa 9 teràn lugar en Pontevedra as primeiras xornadas de SSGG na cidade do Lèrez con diferentes actividades que se extenderàn ò longo de todo o dìa, como campionato de fùtbol (no que participaràn membros de Celtarras dentro do equipo de SSGG Vigo), xantar popular, charlas, concerto,... Non faltes à cita, que a cousa promete. Para màis informaciòn, contactade con Siareir@s Galeg@s - Comarca de Vigo no mail vigo@siareirasgalegas.org
04 Setembro 2006
ARRINCAMOS
Por suposto, tamén traeremos a este blog novas de diversa índole que acontezan en Galiza.


